Documentos / Organización Obreira e as loitas de 1972 en Vigo Vigo, 15 de outubro de 2001
A estrutura de Organización Obreira
A estrutura de Organización Obreira (OO), unha vez realizada a escisión, era a seguinte:
O Comité Central estaba formado por: Abelardo Collazo (Alfonso); Antonio de “Barreras” (Napo); Ramón González (Valentín); Manuel Pousada; Luís Alonso Riveiro (Ponte); e Hierro Chomón (Julián).
A Fronte Militar (unha estrutura de caracter defensivo): Abelardo Collazo e Hierro Chomón.
Axitación e Propaganda: “Napo” (o aparato estaba baixo o control de Xil Araúxo, que mantiña relación exclusiva con Abelardo Collazo).
CZ1: “Valentín”; Xesús Chaves (Castelao); Xosé Ánxel García Méndez (Óscar); Feijoo (“Issac”, un estudante). Esta zona contaba con tres células: Barreras, 7 militantes; Citroën, 3 militantes; Freire, catro militantes. E un subcomité, con tres células: de bairros, 4 militantes; de estudantes, 10 militantes no Inst. Feminino, Inst. Masculino, Calvário e a Guia; unha célula de talleres, con Baena Made e “Juan”.
CZ2: “Alfonso”, Carlos Santiago e Suso. Estaba integrada por tres células: Vulcano con 3 militantes; Ascón con 2 militantes; e Reyman con 1 militante.
CZ3: Mara, Ánxel Collazo (Foucellas), Zazo. Esta zona contaba con duas células: Álvarez, 4 militantes; da construción, con “Alfonso”, “Foucellas”, Zazo e “Julián”.
En total pouco máis de 50 militantes, pero que estaban situados nas principais factorias da cidade. Por outra banda, daquela a xente organizada era exclusivamente a vangarda. |