Guia elemental para a escrita do galego 
Normativa dos mínimos

LimiarPor razóns históricas que a ninguén se lle escapan, ainda non está conseguido o desenvolvimento normal da nación galega. A imposibilidade manifesta de rexer con plenitude o próprio destino (imposibilidade debida á opresión política, económica, cultural e lingüística que está a sofrer Galiza por parte do estado español) é un elemento fundamental para entendermos hoxe a situación do idioma. Mália ser certo que nos últimos tempos o galego acadou certos espazos, ainda de maneira restrinxida, que até non hai moito lle eran vedados (televisión, xustiza...), tampouco é menos certo que, socialmente, no que atinxe ao seu uso, se produciu un retroceso patente. As próprias estatísticas oficiais (Mapa Sociolingüístico) dan conta desta situación: a utilización do galego ao longo do século XX sofre unha míngua constatábel do monolingüismo en galego (de avós a netos), que está a levar ao risco do bilingüismo (desde logo nada harmónico, mália a estratéxia confusionista que neste senso está a manter o governo do PP _e outras forzas estatais_) e, en consecuéncia, a unha ameaza de progresiva españolización dos traballadores e traballadoras e da sociedade galega en xeral. Con todo, a língua galega segue a ser moi maioritariamente a língua que empregan os cidadáns e cidadás de Galiza, xa que dous terzos teñen o galego como a sua língua habitual. Tamén, e debido aos motivos históricos a que se aludia antes, caberia indicar que existe un problema evidente de alfabetización na nosa língua de boa parte da povoación galega. Pense-se que a (tímida e insatisfactória) incorporación do galego ao sistema educativo é bastante recente e que, polo mesmo, non afectou a moitos galegos, que foron educados en español, ainda tendo como única língua de uso cotián a galega. Estes dous problemas, a perda de usos do noso idioma e o seu escaso coñecimento escrito por boa parte dos galegos e galegas, non están a ter solución por parte dos poderes públicos, os cais desprezan ou ignoran todo o que atinxe á nosa língua e, por suposto, todo o que atinxe á identidade da nación galega. A Política Lingüística (?) que teima en levar a cabo a Xunta do PP, coa anuéncia do governo central, é de pura inanición para o galego: gastan-se centos de millóns en supostas actividades de promoción lingüística, de nula rendibilidade, e que van parar a intereses espúrios ben diferentes aos da extensión do galego (lembren-se as dúcias de millóns dados a empresários que sistematicamente vetan calquer iniciativa a prol da língua galega ou mesmo que reprimen o seu uso). Cumpre-lle, pois, ao sindicalismo nacionalista, e ao nacionalismo en xeral, o sermos bandeira da normalización lingüística do noso pobo, actuando con absoluta coeréncia e fidelidade ao idioma en todas as nosas actividades e liderando iniciativas reais de extensión do uso do galego. Esta Guia elemental para a escrita do galego, confeccionada polo Servizo de Normalización Lingüística da nosa central sindical e que hoxe editamos, pretende ser un instrumento máis na loita en favor da restauración plena de usos da língua galega, xa que con ela temos a man un manual de consulta persoal para todos os compañeiros e compañeiras que queiran servir-se da nosa língua con maior corrección e unha ferramenta útil para mellorarmos a calidade lingüística de todas aquelas comunicacións públicas da CIG. Xan Carballo Executiva Confederal da CIG 

Ás voltas coa línguaA nosa central sindical fixa entre os seus obxectivos o "pularmos pola completa normalización lingüística do idioma próprio de Galiza". E un dos princípios de carácter xeral de que se dotou é a normalización, definida nos seguintes termos: "A CIG expresa-se en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza e promove a sua completa normalización. Respeita o uso das distintas formas da escrita entre a sua afiliación". A prioridade, por tanto, que aparece reflectida (en asuntos de língua) é o da normalización lingüística do galego, quer dicer, a sua extensión no uso social e asemade a sua mellor utilización, porque é ben sabido que prestixiar unha língua pasa por falá-la en todos os contextos, mais tamén por utilizá-la coa maior corrección. É certo que o galego vén arrastando unha liorta normativa que, ás veces, semella non ter fin, cousa esa, a da liorta, que é comun á história de moitas outras línguas e de moitos outros países. Asi e todo, o grao de socialización deste conflito e a sua, en ocasións, absurda politización deu lugar a acedos enfrentamentos (alguns non superados) que en nada beneficiaron o avanzo social que precisa o noso idioma. Máis que nunca, cumpriria un verdadeiro consenso que xuntase na volta dunha norma para a nosa língua a todas as persoas, colectivos, entidades, asociacións, partidos, etc., que manifestan dia a dia o seu compromiso co galego e con Galiza. Entrementres, a nosa central vén optando por se identificar coa chamada "normativa dos mínimos" ou "de consenso", utilizada por un espectro social non pequeno e ben dinámico da sociedade galega. Esta Guia elemental para a escrita do galego que elaboramos no Servizo de Normalización Lingüística da CIG suxeita-se, pois, á normativa dos mínimos, mália a dificuldade evidente que ten fixar un xeito estándar de grafar unha língua e mesmo unha proposta de norma como a devandita. Nós servimo-nos basicamente, tomando-as como referéncia, de duas publicacións: as Orientacións para a escrita do noso idioma, editadas pola AS-PG (Asociación Sócio-Pedagóxica Galega) en 1980, e mais a Nova Gramática para a aprendizaxe da língua, coordenada pola APLL (Asociación de Profesores de Língua e Literatura) e editada por Via Láctea en 1988. O resultado é a seguinte proposta básica, que debe tentar homoxeneizar ese pequeno caos lingüístico que percebe calquer persoa que mire atentamente as publicacións que dá á luz a nosa central sindical. Finalmente, quixéramos lembrar que o Servizo de Normalización Lingüística está a aberto a cantas consideracións se nos queiran formular ou propor, pois nalgunha medida o seu dinamismo indicará o compromiso radical da afiliación e das estruturas da central coa normalización e extensión de usos do noso idioma. Ao cabo, como homes e mulleres deste sindicato nacionalista e de clase, sabemos que na cuestión da língua non podemos quedar nunha simple declaración de intencións e debemos ir máis aló. En definitiva, sabemos que o galego é demasiado importante como para andar ás voltas con el. Rafa Villar CIG-Normalización Lingüística 

Usos dalgunhas letrasAlfabeto galego a, b, c, d, e, f, g, h, i, l, m, n, ñ, o, p, q, r, s, t, u, v, x, z. Non pertencen ao alfabeto galego o j, o k, o w e o y. Son letras que só se utilizan de xeito moi restrinxido: Símbolos e siglas: km = quilómetro; W = oeste... Nomes estranxeiros: Nova York; Keynes - keynesiano... Palabras non adaptadas: Rugby; Kremlin...
Letras h Levan h inicial palabras como: Hoxe, horizonte, história, Henrique, harmonia, hedra... Non levan h inicial: Achar, encher, ermo, irmán, irmandade, oco, ombro, orfo, ovo, inchar, ola (saúdo)... Non existe h no meio de palabra: Aí, baía, proibir, coerente, veículo, alcool, reabilitación, adesión, inumano, inábil... [agás en palabras unidas con guión: pre-histórico, sobre-humano...] b, v Levan b as acabadas en bel e derivados: Posíbel, probábel, rendíbel... posibilidade, probabilidade, rendibilidade... posíbeis, probábeis, rendíbeis... Tamén se escriben con b palabras como: Baleiro, abril, branco, probar, pobre, febreiro, libre, libro, palabra, abondo, beira, ribeira, basco, árbore, deber, escreber, haber, nobre, polbo, raiba, albanel, embargo, rebentar, bolboreta, chibo, abutre, receber, desbotar, labor, sorber... Os derivados de móbel: Mobilización, imóbel, automóbel, imobilismo... A terminación verbal en ba: Xogaba, andábamos, berraban... Pola contra, grafan-se con v palabras como: Louvar, ouvear, varrer, avó, avogado, governo, governamental, povo, gravar, gravata, pavillón, vermello, verniz, vulto, Cristovo, Estevo, varanda, escarvar, esvarar, envergadura, absolver... Tamén se escriben con v os derivados de mover: Movimento, movida, promover...
Grupos consonánticos mn; nm; nn Aluno, calúnia, coluna, hino, solene, conivéncia, inovar, perene... Comover, emudecer, imóbil, imerso, imigración, emenda... Excepcións: Amnistia, amnésico, omnipresente, indemnización, connosco, comunmente... ct; cc Cc e ct precedidos de i e u perden o c: Conduta, conflito, produción, ditadura, tradutor, construción, vítima, vitória... [exceptuan-se a esta norma cultismos como ficción, adicción, adicto, veredicto, convicto, convicción, fricción...] Cc e ct precedidos de a, e ou o, como norma xeral, manteñen-se: Obxecto, obxectivo, dirección, conxectura, acción, reacción, proxecto, traxectória, aspecto, nocturnidade, sector, sección, directo... Perden o c palabras como: Acidente, prática, atitude, aceder, acesório, ocidente... Trocan o c por i ou u: Suxeito, aceitar, reitor, leitor (leitura [pero: lectivo, leccionar...]), perfeito, perfeición, defeito (defeituoso [pero: defectivo, defectíbel...]), doutor, doutrina, efeito [pero: efectuar, efectivo...], eleición (eleito, eleitorado [pero: electivo]), respeito, respeitar, oitavo, seita [pero: sectário, sectarismo], outubro... pt; pc; ps; pn Como regra xeral, manteñen-se: Aptitude, apto, réptil, hipnotizar, captar, captación, acepción, opción, exípcio, psicoloxia, psicanálise, pneumonia, pneumático... Perde-se o p en palabras como: Setembro, sétimo... Tamén nas acabadas en scrión e scrito: descrición, inscrición, subscrición, adscrición; descrito, inscrito, subscrito, adscrito. Muda o p en i: Aceitar, receita, conceito [pero: conceptual, concepción...]... bl, cl, fl, gl, pl / br, cr, fr, gr, pr Claro, clase, bloquear, exemplo, explicar, glória, planta, pluma, público, publicar, globo, fluído, duplicar... Prazo, aprazar, branco, cravar, cumprir, dobrar, dobregar, empregar, escravo, frauta, frecha, frouxo, igrexa, obrigar, pracer, praia, prata, soprar, suprir [pero: suplente], recruta, regra, singradura, prazo... x / s Levan x: Exame, exaltar, excelente, excepción, exclamar, exclusivo, existir, existir, experimento, explicar, expor, expropriar, exterior, extinguir, extraer, extraordinário, exacto, reflexión, auxílio, taxa, máximo... Levan s: Estratéxia, esplendor, espontáneo, espléndido, estrutura, escéptico, espectador, estrear... Escavar (escavación), escusa (escusar), espólio, esplanada, estender [pero: extensión, extenso], espremer, estranxeiro, estraño, estremeño, isento...
Outros grupos consonánticos A tendéncia xeral é á sua conservación: Abstraer, advertir, significar, dogmático, ignorante, instrución, significado, técnica, transmitir, consciéncia, translado, psicolóxica, constante, substáncia, insubmisión... Ainda que hai casos en que se perde o primeiro dos elementos: Anédota, anedótico, Inácio...

Regras de Acentuacion*| *As maiúsculas tamén deben levar acento (seguindo as mesmas regras das minúsculas): ÁFRICA; SAÚDE; ADMINISTRACIÓN; SECRETÁRIO |
Palabras agudas (acento na última sílaba)
Levan acento gráfico as acabadas en a, e e o (+n, +s): Café, camións, alguén, mazás, avó... Nesta regra incluen-se os verbos contraídos con pronome: Contá-la, facé-lo... Non levan acento gráfico as acabadas en i e u (+s) ou en consoante que non sexa nin n nin s: Aqui, algun, levou, animais, tabus, asi, xuvenis, papel, cantar, feliz, señor, ademais...
Palabras graves (acento na penúltima sílaba) Levan acento gráfico as acabadas en i e u (seguidas ou non de consoante) e as acabadas en consoante distinta de n ou s (l, r, x e z): Lápis, táxi, vírus, carácter, móbil, posíbel, tórax, González... Levan acento gráfico i e u tónicos (precedidos de vogal) que formen sílaba en por si ou con s: Aí, moíño, saúde, saída, raíces, baía, saía, ruído, miúdo, xuízo, Luís, país, egoísta... Non levan acento gráfico i e u cando forman sílaba con consoante distinta de s ou con outra vogal: Ainda, raiz, sair, Raul, triunfo, constituinte, xuiz... saiu, atribuiu, lingüista... Non levan acento gráfico i e u tónicos ao non estaren precedidos de vogal: Maria, rua, habia, sua...
Palabras esdrúxulas (acento na antepenúltima sílaba) Levan acento todas: Área, bébedo, música, cámara, tóxico, pésame, traballábamos, collíamos... Tamén se consideran esdrúxulas as acabadas en consoante + ia, ie, io, ua, ue, uo (seguida ou non de consoante) [son abundantes as acabadas en ácia, áncia, éncia, ícia, ício], con tonicidade na sílaba anterior, que é a que vai acentuada: Língua, contínuo, resíduo, democrácia, ciéncia, secretário, cámbio, barbárie, bilíngüe...
Casos especiais Acento diacrítico (que diferéncia palabras): Á / a: Dixo que a irmá ia á escola a Lugo. Dá / da: Non dá nada da casa. É / e: El é alto e ti es baixo. Fóra / fora: Ela fora para fóra. Máis / mais: Falou máis alto, mais ninguén lle fixo caso. Nó / no: Fixo un nó no cinto. Nós / nos: Non nos dixeron que era para nós. Vén / ven: Ela vén se eles non a ven. Vés / ves: Se vés de Vigo en tren, non ves a ponte. Vós / vos: Vós facedes o que vos peta. Póla / pola: A pola vai pola outra póla. Pór / por: Non hai que se pór asi por iso. Palabras compostas: Se non levan trazo seguen as mesmas regras que as simples: Vaivén, ultramar... Se levan trazo, cada elemento debe acentuar-se por separado: Galego-portugués, ciéncia-ficción... Apañá-las, construí-lo; reparti-lo... Palabras monosílabas: Non levan acento*: Xa, fe, cans, tren, sol... | * Exceptuan-se a esta norma os monosílabos que deben levar acento diacrítico: á, dá, pór, só... |
Advérbios acabados en mente: Non levan acento: Fácil > facilmente. Solidário > solidariamente. Comun > comunmente. Pronomes demostrativos, interrogativos e exclamativos: Como norma xeral, non levan acento: Este, ese, aquel, cal, como, quen, cando, canto, onde, (por) que...

Sinais de interrogación e exclamaciónPrescinde-se normalmente do signo inicial e só se marca o final: Onde estabas? Vai-te xa! ! ?

O xénero das palabrasPalabras femininas Son femininas as palabras acabadas en axe: A porcentaxe, a viaxe, a aldraxe, a chantaxe, a homenaxe, a vantaxe... Excepcións: O traxe, o paxe, o garaxe. Tamén son femininas: A análise, a árbore, a calor, a cor, a cute, a desorde, a dor, a énfase, a frente, a marxe, a orde, a equipa, a orixe, a paréntese, a ponte, a suor, a vertixe, a auga, a arte...
Palabras masculinas Son masculinas as acabadas en ume: O costume, o cume, o legume, o lume... Excepcións: A servidume, a acedume. Tamén son masculinas: O cárcere, o couce, o dote, o leite, o sangue, o ubre, o cal, o mel, o sal, o sinal, o labor, o nariz, o riso, o diadema, o estrataxema, o paradoxo, o samba...

Formación do plural (Regras)Palabras acabadas en vocal ou en n + s Bisturi > bisturis. Illó > illós. Hindu > hindus. Lei > leis. Rei > reis. Boi > bois. Salón > salóns. Refén > reféns. Capitán > capitáns....
Acabadas en r, s e z + es Calor > calores Cor > cores Lugués > lugueses Capataz > capataces Vez > veces Feliz > felices... Excepcións: O martes > os martes O lápis > os lápis
Acabadas en l Acabadas en al, el, ol, ul > ais, eis, ois, uis: Nacional > nacionais Papel > papeis Caracol > caracois Azul > azuis Caníbal > caníbais Posíbel > posíbeis Túnel > túneis... Excepcións: Aquel > aqueles Cónsul > cónsules Acabadas en il: Palabras agudas il > is: Civil > civis Infantil > infantis Barril > barris... Palabras graves il > eis: Fácil > fáceis Difícil > difíceis Fósil > fóseis Útil > úteis Réptil > répteis... Palabras monosílabas. Por regra xeral + es: fol > foles Val > vales Mel > meles El > eles... Excepcións: Sal > sais Sol > sois


Terminacións e comezos de palabras problemáticosPalabras acabadas en aria* | *Ainda que na fala a terminación mais comun destas palabras é en eria, na escrita preferirá-se a terminación aria. Non é correcta a terminación eiria: libreiria, enfermeiria... |
Acabadas en aria (a maior parte): Libraria, secretaria, consellaria, drogaria, enfermaria... Acabadas en eria ou aria: Bateria, cristaleria, galeria...
Acabadas en bel* | *A terminación comun na fala é ble (favorable...), mais na escrita vai-se optar pola forma bel (favorábel...). |
Acabadas en ábel; íbel: Aceitábel, amábel, considerábel, denunciábel, estábel, favorábel, razoábel, críbel, exixíbel, preferíbel, posíbel... Plural: ábeis; íbeis: Aceitábeis, amábeis, considerábeis, denunciábeis, estábeis, favorábeis, razoábeis, críbeis, exixíbeis, preferíbeis, posíbeis... Acabadas en ébel; óbel; úbel: Indelébel, móbel (automóbel, imóbel), solúbel (insolúbel, irresolúbel), volúbel... Plural: ébeis; óbeis; íbeis: Indelébeis, móbeis (automóbeis, imóbeis), solúbeis (insolúbeis, irresolúbeis), volúbeis...
Acabadas en cia, cio / za, zo Acabadas en cia, cio (maioritárias) Audácia, falácia, palácio, notícia, início, negócio, dúcia... Belixeráncia, distáncia, releváncia, vixiláncia... eséncia, xeréncia... Audiéncia, ciéncia, eficiéncia, paciéncia, suficiéncia*... Siléncio, denúncia, anúncio... Comércio, consórcio, divórcio... | *Mália haber tendéncia da língua popular a eliminar o i da terminación iéncia: Céncia, pacéncia..., a lingua culta conserva o i: Ciéncia, paciéncia... (pero: aparéncia). |
Acabadas en za, zo En aza: Graza (desgraza, desgrazado [pero: agraciar]). En azo: Cansazo, espazo [pero: espacial], pazo. En eza: Avareza, Veneza [pero: veneciano]. En ezo: Prezo (aprezo, desprezo, desprezar, prezar, menosprezar [pero: apreciar, apreciábel, depreciar]). En iza: Cobiza (cobizar, cobizoso), xustiza (inxustiza, xusticeiro), Galiza*. *A forma viva na fala é Galicia, mais por coeréncia histórica do nacionalismo, e por ser hoxe a forma do portugués actual (frente á española Galicia), opta-se por Galiza. Non parece moi recomendábel o uso con artigo: A Galiza, Na Galiza. |
En izo: Servizo, xuízo (prexuízo). En anza: Franza, perseveranza, finanza (financeiro). En enza: Avenza, convalecenza, crenza, diferenza (indiferenza [pero: diferenciar, diferenciábel, diferencial, diferenciación]), doenza, licenza [pero: licenciado, licenciatura], nacenza (renacenza), pertenza, presenza [pero: presenciar], querenza, sentenza [pero: sentenciar]. En erzo: Terzo (terza, terzar [pero: terciário]).
Acabadas en ente, iente, inte En ente Verbos en er: Ardente, combatente, corrente, escrebente, fervente, pertencente, vertente, vivente... Verbos en ir: Adquirente, atraente, concernente, dormente; lucente (relucente), servente... afluente, congruente, consecuente, influente... En iente Ambiente, consciente, deficiente, ingrediente, paciente, suficiente... Conveniente (inconveniente), interveniente, proveniente, expediente, nutriente, sobresaliente... En inte seguinte, contribuinte, constituinte, sainte...
Acabadas en iño, iña, iñar / ino/ ina/ inar En iño, iña, iñar (menos abundantes) Andoriña, piña, toniña, baíña, cociña, espiña, raíña... Aliño, golfiño, adiviño, biscaíño, comiño, daniño, mariño, meiriño, mesquiño, moíño, pergamiño, sete-mesiño, torbeliño, viciño... Acariñar, adiviñar, aliñar, embaiñar, subliñar... En ino, ina, inar (máis abundantes) Bucina, cortina, esquina, gabardina, medicina, oficina, rapina... Asasino, destino, divino, ensino... Asasinar, destinar, determinar...
Acabadas en án, á / ano, ana En án, á (menos abundantes) Aldeán, aldeá; ancián, anciá; castelán, castelá; cidadán, cidadá; irmán, irmá; san, sa... Tamén acaban en án: Man, verán... E en á: Mañá, mazá, ra... En ano, ana (máis comuns) Americano, americana; humano, humana; paisano, paisana; republicano, republicana; romano, romana; urbano, urbana; veterano, veterana... Tamén acaba en ana: semana
Acabadas en idade / iedade En idade (maioria) Ambigüidade, antigüidade, brevidade, enfermidade, falsidade, gravidade, mocidade, novidade, idade, soidade... En iedade solidariedade, neciedade, ansiedade, saciedade, arbitrariedade, obrigatoriedade, seriedade...
Acabadas en dade / tade En dade (maioria) En rdade: Herdade, verdade, puberdade, liberdade... En ldade: Crueldade, igualdade, dificuldade, faculdade, lealdade... En ndade: Bondade, divindade, irmandade... [pero: vontade] En tade En stade: maxestade, potestade... metade, vontade...
Acabadas en eira, eiro / era, ero En eira, eiro (máis abundantes) Barreira, cafeteira, liteira, mangueira, palmeira... Brasileiro, inteiro, obreiro, sendeiro, xardineiro, xusticeiro, financeiro... En era, ero Cera, esfera, atmosfera, espera, galera, pantera, quimera, primavera... Bolero, salero, sincero...
Outras terminacións: Acabadas en se, xe, ite, te, pole Análise, antítese, crise, dose, énfase, hipótese, parálise, psicose, síntese, tese, praxe, sintaxe, apendicite, hepatite, diabete, metrópole... Acabadas en isar Analisar, paralisar... Acabadas en imento Verbos en ir: Cumprimento, descobrimento, divertimento, sentimento... Verbos en er: Acontecimento, agradecimento, coñecimento, desenvolvimento, mantimento, movimento, nacimento, procedimento, recebimento, recoñecimento, rendimento...

ContracciónsPreposición en En + o, a, os, as: No, na, nos, nas. En + un, unha, uns, unhas: Nun, nunha, nuns, nunhas. En + este... ese... aquel... isto, iso, aquilo: Neste... nese... naquel... nisto, niso, naquilo. En + outro... algun, algunha... alguén, algo: Noutro... nalgun, nalgunha... nalguén, nalgo. En + el, ela, eles, elas: Nel, nela, neles, nelas.
Preposición de de + o, a, os, as: Do, da, dos, das. De + un, unha, uns, unhas: Dun, dunha, duns, dunhas. De + este... ese... aquel... isto, iso, aquilo: Deste... dese... daquel... disto, diso, daquilo. De + outro... algun, algunha... alguén, algo: Doutro... dalgun, dalgunha... dalguén, dalgo. De + el, ela, eles, elas: Del, dela, deles, delas. De + aqui, ali, aí: Daqui, dali, daí. [Tamén se admite: de aqui, de ali, de aí]
Preposición por Por + o, a, os, as: Polo, pola, polos, polas.
Preposición con con + o, a, os, as: Co, coa, cos, coas. Con + un, unha, uns, unhas: Cun, cunha, cuns, cunhas.
Preposición a a + o, a, os, as: Ao, á, aos, ás.
Demostrativos este, ese, aquel + outro, outra, outros, outras Estoutro, estoutra... esoutro, esoutra..., aqueloutro, aqueloutra...


O artigo determinado -o, a, os, as- (Observacións)Despois de formas verbais rematadas en r e s; dos pronomes nos, vos, lles e nós, vós; de ambos, ambas; todos, todas; e mais e tras, hai unha tendéncia moi estendida na fala a pronunciar ese son s ou r final como l. Con todo, esta tendéncia non se debe representar no galego escrito [contra a opinión da normativa ILG-RAG (norma "oficial"), que argumenta a prol do seu reflexo escrito]: Norma "mínimos"
Abrir a porta
Colles as cousas
Nós os dous
Todas as tardes
Ambos os irmáns
Tras a porta | Norma "oficial"
Abri-la porta
Cólle-las cousas
Nó-los dous
Tódalas tardes
Ámbolos irmáns
Trala porta |
É obrigatório o uso do artigo determinado diante de posesivo (meu, teu, seu, noso, voso...) + nome: Esta é a miña casa. Non: Esta é miña casa. Como excepción a esta norma, pode-se citar o caso dos nomes de parentesco: Túa nai é meiga.

DemostrativosEste, estes, esta, estas / isto. Ese, eses, esa, esas / iso. Aquel, aqueles, aquela, aquelas / aquilo. Ainda que na fala existan: esto, eso, aquelo; iste, ise; estos..., na escrita aparecerán as formas arriba indicadas. 

Sobre os verbos en galegoPrimeira Non existen verbos compostos con haber (haber + particípio) Dixera > Non había dito. Faláramos > Non habíamos falado...
Segunda Os verbos acabados en cer (agás facer e dicer) son regulares Agradezo > Non agradezco. Conduzas > Non conduzcas... Os rematados en ucir tamén son regulares Conducin, conduciu > Non conduxen, conduxo. Reproducin, reproduciu > Non reproduxen, reproduxo. Os rematados en uir son do mesmo xeito regulares Incluo, inclues, inclue... incluen > Non incluio, incluies, incluie... incluien. Constituo, constitues, constitue... constituen > Non constituio, constituies, constituie... constituien.
Terceira Son verbos acabados en er (2ª conxugación): Acabados en bater, romper, verter, querer, ceber: Bater, combater, rebater, debater, abater; concorrer, discorrer, escorrer, percorrer, recorrer, transcorrer; interromper, irromper, prorromper; verter, converter, inverter, perverter, reverter, subverter (pero: advertir e divertir); requerer (pero: adquirir, inquirir); conceber, perceber, receber. Arrepender, derreter, dicer, elexer, encher, erguer, escreber, espremer, tender, ferver, morrer, render, renxer, sofrer, toller, tremer, viver, xemer. Son verbos acabados en ir (3ª conxugación): Compelir, expelir, repelir, demolir; converxir, emerxir, diverxir, submerxir; abstrair, atrair, detrair, distrair, extrair, retrair, retrotair, subtrair (pero: traer). Cair, esvair, posuir, investir, tosir, pedir, seguir, servir...
Cuarta Verbos acabados en ir con alternáncia na raiz: Tipo servir: Sirvo, serves, serve, servimos, servides, serven. Igual que servir: Sentir (asentir, consentir, resentir), seguir (conseguir, perseguir, proseguir), mentir (desmentir), ferir...
Tipo fuxir: Fuxo, foxes, foxe, fuximos, fuxides, foxen. Igual que fuxir: Acudir, bulir, consumir, cuspir, lucir, xurdir, subir, sacudir... E tamén: cobrir (descobrir, encobrir, recobrir), dormir, engolir, tosir...
Quinta Ir + verbo en infinitivo: Ir mercar, vai levar, imos facer É incorrecto (Ir a + verbo en infinitivo): Ir a mercar, vai a levar, vamos a facer


Pronome persoalColocación dos pronomes Os pronomes persoais átonos (obxecto directo ou indirecto) van colocados, por regra xeral, despois do verbo: ¿Pode-se? Dixo-me que non; Soubo-o de imediato... É inadmisíbel en galego: ¿Se pode?; Me dixo... Mais hai unha série de casos, como por exemplo os seguintes, en que isto non se cumpre e o pronome vai situado antes do verbo: Nas frases negativas: Non mo aceita; Nunca lle fai caso... Cando os indefinidos (algo, alguén, ambos, bastante, calquera, mesmo, ningún...) van antes do verbo (xa que atraen o pronome canda eles): Algo se sabe [comparar con: Sabe-se algo]; Calquera o coñece; Ninguén a atura... Cando boa parte dos advérbios (acaso, incluso, xa, seica, ainda, axiña, só, sempre, ben, cedo, mal, tarde...) van antes do verbo: Ainda o vin onte; Xa vo-lo dixen; Sempre nos chama; Ben o sabes... Exceptuan-se: hoxe, mañá, onte, despois, antes...: Hoxe vin-te; Mañá digo-cho; Despois falamo-lo... Nas frases introducidas por exclamativos ou interrogativos (quen, que, cando, canto...): Cando o viches? Quen te chamou? Canto lle gustou! Nas frases dependentes doutras, normalmente introducidas por conxuncións (que, porque, como, para que...): Espera que me escoite; Fixo-o como lle cadrou; Estivemos porque nos convidou... Cando se trata dun infinitivo ou un xerúndio, dan-se várias posibilidades: Infinitivo ou xerúndio despois de preposición (de, en, sen...). Duas posibilidades: De me avisares = De avisares-me. Sen se decatar = Sen decatar-se. En nos xuntando = En xuntando-nos... Infinito e xerúndio subordinado a un verbo principal. Duas posibilidades: Pode-se facer = Pode facer-se [pero non: Se pode facer] Estou-no vendo = Estou vendo-o [pero non: O estou vendo]... Verbo persoal e infinitivo ou xerúndio despois de negación (non, nunca...). Duas posibilidades: Nunca o poderia entender = Nunca poderia entendé-lo; Non me está vendo = Non está vendo-me... Infinitivo subordinado a un verbo principal mediante conxunción (que) ou preposición (de). Tres posibilidades: Hai-se que mover = Hai que se mover = Hai que mover-se [pero non: Se hai que mover]. Debe-nos de escoitar = Debe de nos escoitar = Debe de escoitar-nos [pero non: Nos debe de escoitar]...
Unión do pronome ao verbo ou a outro pronome mediante trazo (-): Utiliza-se o trazo (-) para unir un pronome persoal cando este vai colocado xusto despois do verbo: Falar-me; dixo-nos; buscou-te; facer-se; contou-cho, levar-vos; propor-llo; emprestou-vo-lo... Cando se trata do pronome nos e o verbo acaba en mos (1ª persoal do plural), perde-se o s do verbo: Fagamo-nos; imo-nos; deixábamo-nos... Utilización de -o, -a, -os, -as / -lo, -la, -los, -las / -no, -na, -nos, -nas. Usa-se -lo, -la, -los, -las cando o verbo remata en r ou s: Levar > levá-los. Coller > collé-lo. Abrir > abri-la. Cantas > canta-la. Collemos > collemo-las. Zurcíades > zurcíade-lo... Usa-se -no, -na, -nos, -nas: Cando o verbo acaba en ditongo (ai, ei, oi, eu, iu, ou) ou en n: Colleu > colleu-no. Deixou > deixou-nas. Fai > fai-nos. Viu > viu-na... Cando o verbo acaba en n (perde-se este n): Levan > leva-na. Agardaron > agardaro-nos*... * É ben non confundir: Agardaron + nos = agardaron-nos [a nós] / agardaron + os = agardaro-nos [a eles]. Usa-se -o, -a, -os, -as no resto dos casos: Saúda > saúda-o. Contaba > contaba-os. Collo > collo-as... Utiliza-se o trazo (-) para unir un pronome persoal (nos, vos, lles) con outro pronome persoal (o, a, os, as): Contar+nos+o > contar-no-lo. Pediu+vos+as > pediu-vo-las. Levas+lles+lo > levas-lle-lo. Cantábades+ nos+a > cantábades-no-la...

Anexo 1 (Problemas lingüísticos)Uso de x e non de i: Conxuntura, non coiuntura. Proxecto, non proiecto Traxecto, non traiecto...
Uso de ll e non de x: Antollo, non antoxo. Aparellador, non aparexador. Acobillo, non cobixo. Baralla, non baraxa. Burbulla, non burbuxa. Parella, non parexa. Partilla, non partixa...
Uso de l e non de ll: Apelido, non apellido. Apostilar, non apostillar. Argola, non argolla. Atropelo, non atropello. Beleza, non belleza. Calo, non callo. Camelo, non camello. Capela, non capilla. Castela, non Castilla. Colar, non collar. Costela, non costilla. Crioulo, non criollo. Chanceler, non canciller. Degolar, non degollar. Engolir, non engullir. Estaleiro, non astilleiro. Falecer, non fallecer. Querela, non querella. Selo, non sello. Vasalo, non vasallo.
Non levan l entre vogais: Adiante (adiantar); águia, anxo [pero: anxelical]; avoengo, cabaza (cabazo, cabaceira); cambra; ceo [pero: celeste, celestial], coar (coador, coadoiro, coadura); cor (corar, corante, corado [pero: colorido, colorista, coloración, colorir, colorar, decolorar, colorante, bicolor, incoloro]); dianteiro; dor (doer, doenza, doente, adoecer, dorido [pero: doloro, indoléncia, indolente]); embigo [pero: umbilical]; evanxeo [pero: evanxélico, evanxelizar, evanxelista]; gabián; ínsua; moa (moer); natureza [pero: naturalismo, naturalidade, naturalizar]; receo (recear, receoso); só (soa, soidade [pero: solitário]); sair (saída, sobresair [pero: sobresaliente]); saúdo (saúda, saudar, saudación); saúde (saudábel [pero: salubre, salubridade]); táboa [pero: taboleiro]; tea (tear [pero: telón]); veo [pero: vela, velar]; vixiar (vixía, vixiante (adx.) [pero: vixiláncia, vixilante (subs.)]; voo (voar, voador, voante (adx.) [pero: volante (subst.), volátil]); vontade [pero: voluntário, voluntarioso, voluntariado, voluntariedade, involuntário]; xear (xeada [xelo, conxelar, conxelado, conxelador, xélido]).
Uso de n e non de ñ: Albanel, non albañil. Cabana, non cabaña. Dano, non daño. Destino, non destiño. Dona, non doña. Engano, non engañar. Ganáncia, non gañáncia. Inocente, non iñocente. Oficina, non oficiña. Pano, non paño. Pestana, non pestaña. Rapina, non rapiña. Sinal, non señal. Xardineiro, non xardiñeiro. Si levan ñ: Entraña; enxeño; estaño; estraño; gañar; montaña; puño; torbeliño.
Non levan n entre vogais: Abotoar; ameaza (ameazar, ameazador, ameazante); area (areal, areoso, areeiro [pero: arenífero]); abotoar; amoestar (amoestación); amontoar (amontoado); apisoar (apisoadora); avea; balea; cadea (cadeado, encadear, encadeamento); campá (campaíña [pero: campanário, campaneiro, acampanar]), cardeal [pero: cardinalício, cardinalato]; cea (cear [pero: cenáculo]); comadroa; conter (contido); coroar (coroar [pero: coronário]); deostar (deostado); freo (frear, desenfrear, refrear); doar (doazón, doador [pero: donativo]); empadroar (padroado, empadroamento [pero: padrón, patrono, patronal, patrocínio]); enseada; enxaboar; entoar (entoación, desentoar [pero: tónico]); estrea (estrear, reestrear); galardoar (galardoado); la [pero: lanar, laneiro, lanudo, lanuxe]; lagoa; latoeiro; limoeiro (limoada); lua (luar [pero: lunar, lunático]); moeda (moedeiro [pero: monetário]); mosteiro [pero: monástico]; órgao [pero: organizar, organización, organismo]; perdoar (perdoábel, imperdoábel); persoa (persoal, impersoal [pero: personalidade, personalismo, personalista, personalizar, personaxe, personificar, impersonalidade, impersonalizar]); pregoar (pregoeiro); razoar (razoábel, razoamento [pero: racional, irracional, racionalizar]); saba; serea; soar (soante, resoar, consoante [pero: sonoro, sonata, resonáncia, consonáncia, consonántico]); tebra [pero: tenebroso, tenebrista]; terreo (terreal); vaidade (vaidoso); vea [pero: venoso]; xerar (xeración, xerador [pero: dexenerar, dexeneración, rexenerar, rexeneración]); xeral (adx.) [pero: xeneral (subs.); xeneralizar; xeneralidade, xeneralización]). Si levan n entre vogais (ademais dos casos vistos arriba): Abandonar; acondicionar; apaixonar; escena; escenário; centena; centenário; condena (condenar, condenado); ordenar (desordenar); prisioneiro; semana; sirena; sereno; trono; zona.
|