-Folga empresas auxiliares da mina de Meirama

GalizaCIG-

Volver a Actualidade
 
 
  A CIG e os representantes dos mineiros instaron os partidos políticos a que atopen de inmediato solucións satisfactorias para os traballadores das auxiliares
-Auxiliares carbón
Unha representación do sindicato e dos traballadores entrevistouse con membros dos grupos parlamentarios do PSOE, BNG e PP
A CIG pídelle firmeza aos partidos políticos na defensa dos dereitos do persoal das auxiliares do carbón
A CIG e unha representación dos traballadores das auxiliares das minas de Meirama e As Pontes pedíronlle firmeza aos tres grupos parlamentarios galegos para que fagan valer ante o Ministerio de Industria as resolución da Cámara autonómica en defensa dos dereitos destes operarios a incorporárense as empresas principais.
  A CIG de As Pontes entende que o peche da mina de lignito pardo da localidade se debe acometer dando satisfacción a todos os intereses afectados
-Moción de apoio
Instará a Industria que xestione a incorporación a Endesa dos operarios que reúnan os requisitos marcados polo Miner II
O Concello de As Pontes aproba unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina
A Corporación municipal de As Pontes aprobou por unanimidade unha moción de apoio aos traballadores das auxiliares da mina, nun pleno extraordinario o 23 de xaneiro. O Concello pediralle ao Ministerio de Industria que xestione a incorporación a Endesa de todos os operarios das contratas e subcontratas que reúnan os requisitos marcados polo Plan Miner II.
  UGT e CCOO son os responsábeis de que os mineiros de Meirama sexan os únicos do Estado que non se beneficien das prexubilacións do Plan Miner II
-Auxiliares Meirama
É indecente que UGT e CCOO pretendan arrogarse méritos cando son responsábeis de que os mineiros fiquen excluídos do Miner II
Os avances no futuro laboral do persoal das auxiliares de Meirama producíronse grazas á mobilización
Os avances producidos no conflito das auxiliares de Meirama, como o mantemento dos postos de traballo dos mineiros durante seis meses máis desde o peche do xacemento, ocorrido o pasado 31 de decembro, débense á capacidade de mobilización que amosaron os operarios. A última convocatoria de folga serviu para forzar a Masa, Soluziona e Fergo a garantir o traballo na mina até o próximo verán.
  A CIG trasladará estas irregularidades a todas as instancias políticas e non descarta que se retomen as mobilizacións
-Manobra caciquil
Medio centenar de traballadores das auxiliares participan en As Pontes nunha asemblea no local do sindicato nacionalista
UGT e CCOO confabúlanse para excluír afiliados da CIG das incorporacións a Endesa
A CIG denuncia a opacidade do proceso de selección de 80 traballadores das auxiliares que se incorporaron a Endesa en As Pontes. Da lista foron excluídos operarios afiliados á central nacionalista, algúns deles con 30 anos de traballo na mina. A CIG non dubida en responsabilizar desta manobra caciquil a UGT e CCOO, presentes na Comisión de Seguimento do Plan Miner II, da que foi excluída.
  Aprázase ao 19 de novembro a folga, que ía comezar o 16 de outubro
-Aprazada folga
Os mineiros conceden un mes para que frutifiquen as propostas das empresas e de Industria e para beneficiarse do Plan Miner II
Aprazada até o 19 de novembro a folga nas auxiliares de Meirama
Os mineiros das auxiliares de Meirama decidiron en asemblea aprazar até o 19 de novembro a folga, que estaba previsto que comezase o 16 de outubro. Os traballadores optaron por agardar un mes para comprobar se se materializan as propostas das empresas auxiliares e a da Consellaría de Industria.
  A convocatoria de folga foi determinada polos traballadores en asemblea
-Esixen Plan Miner II
Os traballadores recrimínanlle a estes dous sindicatos que non reclamen a aplicación do Plan Miner II para as auxiliares da conca
Os mineiros de Meirama recórdanlle a CCOO e UGT que a folga foi acordada en asemblea
Alejandro Barreiro, presidente do Comité de Masa Galicia en Meirama, recórdalle a CCOO e UGT que a convocatoria de folga na mina foi determinada polos propios traballadores en asemblea. Recrimínalles que se contenten coas alternativas propostas por Masa Galicia mentres renuncian á aplicación do Plan Miner II para os traballadores das auxiliares de Meirama.
  UGT e CCOO incumpren o acordo da asemblea das auxiliares de Meirama
-Incumpren acordo
Os dous sindicatos españois aseguraran que ían respectar todo o que determinasen os mineiros das auxiliares do carbón
UGT e CCOO descólganse da decisión da asemblea de convocar a folga en Meirama
UGT e CCOO incumpriron a decisión adoitada en asemblea polos mineiros das auxiliares de Meirama de ir á folga a partir do 15 de outubro. Os dous sindicatos españois faltaron novamente ao seu compromiso de respectar todo o que determinasen os traballadores da mina.
  Non hai acordo que garanta o seu futuro laboral
-Irán á folga o 15
A decisión foi adoptada o 29 de setembro en asemblea de traballadores
Os mineiros das auxiliares de Meirama irán á folga a partir do 15 de outubro
Os preto de 200 mineiros das auxiliares de Meirama irán a folga a partir do 15 de outubro. A decisión foi tomada o 29 de setembro no decurso dunha asemblea de traballadores nas instalacións da mina, á que asistiron representantes da CIG, CCOO e UGT. A convocatoria será formalizada nos vindeiros días.
 
Antecedentes
13/09/2007 Os operarios celebrarán unha asemblea o día 15 na mina de Cerceda na que determinarán novas medidas
A CIG cualifica de indecente o Goberno español por facer distincións entre os mineiros galegos
08/09/2007 Os operarios consideran moi grave a discriminación que fai Ricardo Varela con respecto aos compañeiros de As Pontes
O conselleiro de Traballo esquécese dos mineiros das auxiliares de Meirama
03/08/2007 Ministerio de Industria e a patronal exclúen ao persoal das subcontratas dos criterios de incorporación ás empresas
A última documentación do Plan Miner agudiza a discriminación dos mineiros galegos
19/07/2007 O ministro non cre prudente que o plan social para a minería integre ao sector auxiliar
A CIG considera inadmisíbeis as declaracións de Clos que deslexitiman o acordo do Congreso para o carbón
12/07/2007 Aproveitaron a visita á cidade do ministro de Industria, Turismo e Comercio
Traballadores das auxiliares do carbón e delegados da CIG demandan en Ferrol solucións polo peche das minas
28/06/2007 O presidente da Xunta amosa unha actitude submisa fronte ao Ministerio de Industria
Touriño demostra a súa falta de compromiso cos traballadores das auxiliares do carbón
14/06/2007 As dúas forzas políticas comprométense a emprender iniciativas na defensa do futuro laboral destes operarios
Os mineiros das auxiliares do carbón reúnense en Santiago co BNG e PP
20/04/2007 Celebrarase unha asemblea para fixar un novo calendario de mobilizacións
Os traballadores das auxiliares da minaría do carbón levan a Compostela as súas demandas
19/04/2007 As asembleas de traballadores son as convocantes dos paros e a CIG é a única central que os secunda
Os mineiros das auxiliares desmenten UGT e CCOO e sinalan que foron chamadas á folga
18/04/2007 Os traballadores de Meirama cortaron o tráfico ferroviario entre A Coruña e Santiago durante media hora
Os mineiros das auxiliares endurecerán as medidas de protesta
12/04/2007 A CIG esíxelle á Delegación do Goberno español que interceda ante a Comisión de Seguimento do Plan Miner II
Trescentos mineiros reclaman en A Coruña solucións para o persoal das auxiliares do carbón
11/04/2007 Haberá manifestación o día 11 de abril, que partirá ás 12 horas da praza da Palloza de A Coruña
Novo éxito da folga das auxiliares do carbón na segunda xornada de paro
29/03/2007 O paro foi total nas minas de Meirama e As Pontes
Seguimento do 100% da folga convocada pola CIG nas empresas auxiliares do carbón
23/03/2007 A CIG respaldou, desde o inicio, ás demandas dos traballadores
O Congreso aproba que os traballadores das auxiliares do carbón se beneficien das prexubilacións e recolocacións
14/03/2007 Os dereitos dos operarios das auxiliares seguen sen ser recoñecidos
A CIG apoia convocatoria a folga dos traballadores das minas de lignito de Meirama e As Pontes
29/01/2007 Lignitos de Meirama segue negándose a incorporar estes operarios ante o peche da mina de Cerceda o 31 de decembro de 2007
A CIG urxe á Comisión do Plano Miner II e a Limeisa unha solución global aos traballadores das auxiliares do carbón
04/10/2006 Máis de 500 persoas demandan alternativas para os traballadores das auxiliares de Meirama en Ordes
30/09/2006 Demandan solucións para os 220 despedimentos que provocará o peche da mina
Apoio masivo dos Comités de Empresa das auxiliares á manifestación convocada para o sábado en Ordes
26/09/2006 Os traballadores ratificaron en asemblea a convocatoria de manifestación para o día 30 en Ordes
Limeisa mantén o desinterese polos 220 despedimentos que provocará o peche da mina de Cerceda
20/09/2006 Convocan unha manifestación en Ordes o sábado 30 de setembro
Os traballadores das auxiliares de Meirama exixen que se efectivicen as prexubilacións e recolocacións
27/07/2006 Novas xornadas de folga na minaría do carbón de Cerceda e As Pontes
20/07/2006 A CIG considera un descrédito para CCOO e UGT, que non se sumaron á folga
Comezou a folga nas minas de carbón cun seguimento do 100%
14/07/2006 Hai un compromiso de acordo sen ratificar pola ausencia de Endesa na xuntanza e a mobilización se mantén
A CIG fai un chamamento a CCOO e UGT para que secunden a folga nas minas de Cerceda e As Pontes
12/07/2006 Desde as 23:00 horas do 19 de xullo até as 24:00 horas día 20, e desde as 23:00 horas do 25 de xullo ás 24:00 horas do 27
Anúnciase convocatoria de folga nas minas galegas do Carbón, Limeisa e Endesa e Auxiliares
16/05/2006 O BNG demanda no Parlamento de Galiza medidas para os traballadores das auxiliares do carbón
08/05/2006 Galiza discriminada no Plan do Carbón asinado por CCOO e UGT
10/03/2006 Só recibirá 135 dos 195 millóns que lle corresponderían tendo perdido xa 140 no período 1998-2005
A CIG considera que o reparto dos fondos do Plan do Carbón 2006-2012 discriminan a Galiza
09/02/2006 O preacordo alcanzado retrasará a efectivización dos despidos
Desconvocada a folga de Masa Galicia
07/02/2006 Ante a pretensión da Empresa de despedir a 30 traballadores
Folga indefinida de Masa Galicia na mina de Meirama
26/01/2006 No período 1998-2005 tan só recibiu 64 dos 200 millóns que lle correspondían
Galiza discriminada no reparto de fondos mineiros
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 29/01/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta