-Folga Construción

GalizaCIG-

Volver a Actualidade
 
 
  Entrevista a Xosé Xoán Melón, secretario nacional da Federación da Construción da CIG
-Entrevista
Entrevista con Xosé Xoán Melón
Apoiado por ampla maioría o Preacordo que pon fin á folga da Construción
O luns 15 de outubro tiñan lugar asembleas nos locais da CIG para debater o Preacordo para un novo Convenio provincial da Construción en Pontevedra, asinado na madrugada do 11 de outubro para desconvocar a folga que afecta aos 45.000 traballadores do sector, ao conseguir un “Convenio histórico”, conquerindo moitas das súas demandas.
  5º xornada folga Construción provincia Pontevedra
-Vídeo CIG
Continúan as manifestacións e o paro masivo
As cuestións salariais e de maior peso quedan sen resolver nesta segunda etapa da folga da Construción
A quinta xornada de folga na Construción de Pontevedra obtivo de novo o apoio masivo dos traballadores, que acudiron ás marchas polo centro de Vigo, así como continuaron paradas as obras da provincia. Paralelamente nas negociacións os temas máis importantes como xornada, tempo de desprazamento e melloras salariais están pendentes.
  4º xornada folga Construción provincia Pontevedra
-Vídeo CIG
Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción por cuarto día
Unha nova xornada de folga comezou no sector da Construción da provincia de Pontevedra este martes 9 de outubro, con novas mobilizacións e negociacións desde o luns 8 á tarde, e na que se chegaron a acordos nos temas máis sinxelos como os permisos, a duración do convenio ou a xubilación parcial.
  3º xornada folga Construción provincia Pontevedra
-Vídeo CIG
Folga consolidada na terceira xornada
Dóbrase a participación na manifestación polo centro da cidade de Vigo dos traballadores da Construción
Remata a primeira quenda de xornadas de folga da Construción nesta primeira semana de outubro cunha avaliación “moi satisfactoria”, e que posibilita afrontar as futuríbeis negociacións coa patronal con grande forza e unidade. O máis destacábel deste último día foi o grande aumento de participación na manifestación polo centro de Vigo.
  Paralizado o TAV de Lalín, principal infraestrutura pública que se está a construír en Galiza.
-FC 2ª xornada
Manifestación polo centro de Vigo
Páranse as obras do Ave en Lalín nunha segunda xornada de folga na Construción masiva
No segundo día da folga da Construción pola negociación dun Convenio provincial digno para os traballadores deste sector houbo piquetes que se desprazaron até novas zonas como o norte da provincia e que conseguiron paralizar as obras da maior obra pública da provincia: a construción dun dos tramos do tren de alta velocidade.
  Seguimento masivo na 1ª xornada da folga da Construción
-1ª xornada folga
Seguimento masivo
Éxito na primeira xornada da folga da Construción na provincia de Pontevedra
Desde as sete e cuarto da mañá grupos de piquetes comezaban a facer a súa labor desde os locais sindicais e chegaban á inmensa maioría dos centros de traballo do sector da Construción para informar da folga. Atopan a maioría das obras paradas e podían achegarse a zonas máis illadas para logo desprazarse ás doce á Porta do Sol, onde se concentraban diante da sede da Patronal.
  A folga da Construción comezará o 2 de outubro
-Folga 2 outubro
A CIG advirte do posíbel incremento da conflitividade no sector
Apoio unánime dos traballadores da Construción á folga convocada a partir do día 2 de outubro
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra manifestaron o seu apoio unánime á folga convocada para o próximo 2 de outubro nas diversas asembleas en toda a provincia. A Federación da Construción valora moi positivamente as mostras de adhesión e advirte dos problemas que se están a dar na negociación colectiva doutros convenios do sector.
 
Antecedentes
26/09/2007 Xuntanzas con todos os sindicatos
Asemblea dos traballadores da Construción en Vigo preparando a folga da vindeira semana
20/09/2007 Os paros serán os días 2, 3, 4, 9 e 10 de outubro e indefinidos a partir do 16 do mesmo mes
Convocada a folga da Construción na provincia de Pontevedra
08/09/2007 A patronal presenta proposta provocadora
Ruptura das negociacións do Convenio Provincial de Pontevedra da Construción
13/06/2007 Se nunha semana non hai resposta convocarase folga indefinida no sector na provincia de Pontevedra
CIG-Construción reúnese coa APEC para fixar unha data máxima para a Mesa Negociadora do Convenio
25/05/2007 Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
24/05/2007 Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
23/05/2007 Xosé Xoán Melón, secretario nacional de CIG-Construción:
“Se o noso obxectivo se cumple o 23 e 24 convocaremos folga indefinida na Construción a mediados de xuño”
09/05/2007 Queren promover mobilizacións conxuntas para que se negocie o Convenio colectivo
A Federación da Construción da CIG convoca a CCOO e UGT para frear a precariedade no sector
20/04/2007 A CIG desenvolverá unha campaña de información cara a iniciar de inmediato mobilizacións
Rotas as negociacións do Convenio provincial da Construción en Pontevedra
01/03/2007 Os pactos de contención salarial fan do Estado español o único da UE en 10 anos no que os salarios medran por debaixo da inflación
Concentración por un Convenio provincial da Construción fronte á Patronal en Vigo
14/02/2007 Co 51% da representación sindical
A CIG sitúase como primeira forza na Construción na provincia de Pontevedra
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 16/10/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta