-Folga Ensino

GalizaCIG-

Volver a Actualidade
 
 
  Malia estar convidado impiden a entrada de Anxo Louzao ao CEIP Agra do Muíño
-Impiden entrada
Anxo Louzao intentou entregar un escrito a Sánchez Piñón mentras membros da Federación concentrábanse pola xornada reducida
Impiden ao secretario nacional de CIG-Ensino entrar no CEIP Agra do Muíño malia estar convidado
O 14 de setembro inaugurábase oficialmente o curso no recén construído CEIP Agra do Muíño de Ames coa presenza do presidente da Xunta e da conselleira de Educación. Coincidindo co acto, CIG-Ensino realizou unha concentración para manifestar rexeitamento á eliminación da redución de xornada, e Anxo Louzao intentou entregar un escrito a Sánchez Piñón. Malia estar convidado impedíuselle a entrada.
 
  Disparidade de horarios entre colexios pola supresión da xornada reducida
-Xornada reducida
Unha das unidades de educación infantil do CPI de Carral conta con 26 alumnos, o que excede o límite legal
A supresión da xornada reducida no ensino xa ocasiona problemas na comarca coruñesa
Disparidade de horarios entre colexios por intereses das empresas de transporte escolar, obras e remodelacións que aínda non foron rematadas, carencias de centros educativos en barrios coruñeses como Novo Mesoiro ou Os Rosais son parte dos problemas cos que arrinca o novo curso nas comarcas de A Coruña, Bergantiños e Costa da Morte.
  CIG-Ensino entrega 8.611 sinaturas pola xornada reducida na Consellaría Educación
-Consulta xornada
As sinaturas dos profesores foron entregadas no rexistro de Educación
O 79% do profesorado demanda o restabelecemento da xornada reducida
A CIG-Ensino presentou o pasado 20 de xuño, no rexistro da Consellaría de Educación, ás sinaturas da Consulta realizada ao profesorado afectado polo cambio de xornada. Dun total de 10.965 profesores/as asinaron a consulta 8.611, o que supón un 78,53%.
  Cespa Contén: Convenio xusto xa
-Xornada reducida
Ten convocado para o martes 29 de maio concentracións nas sete cidades máis Burela
CIG-Ensino propón aos centros escolares que soliciten a xornada lectiva continua reducida para xuño e setembro
Os delegados provinciais de Educación veñen de remitir aos centros escolares, que até o de agora viñan gozando de xornada matinal durante os meses de xuño e setembro, unha circular na que dan de prazo até o 1 de xuño para que os centros poidan solicitar a modificación da xornada nestes meses.
  A CIG considera fraude un acordo que non varía ningún aspecto convocatoria folga
-Acordo-Fraude
Non varía a primeira proposta da Consellería naqueles aspectos polos que se convocou ao persoal a mobilizarse e facer unha folga
CIG-Ensino considera unha fraude o acordo asinado por Educación, as patronais e outros sindicatos
Diante do acordo asinado o luns día 21 de maio pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, as patronais do sector e as organizacións sindicais FETE-UGT, FSIE, CCOO e USO, para o Ensino Concertado, a CIG-Ensino manifesta que é unha fraude para o profesorado do sector.
  Folga ensino privado concertado polo calendario escolar
-Folga Ensino
A participación do profesorado chegou até un 90% e a concentración en San Caetano reuniu a máis de 2.000 persoas
Éxito da folga do ensino privado concertado contra a eliminación da xornada continua reducida
A CIG-Ensino fixo unha valoración moi positiva da folga no ensino privado concertado e da manifestación, convocadas o 9 de maio, contra a imposición do calendario escolar eliminando a xornada continua reducida dos meses de xuño e setembro, secundando a convocatoria todas as organizacións sindicais do sector.
  Convocatoria consulta profesorado sobre o calendario escolar
-Calendario escolar
Mantén a convocatoria de folga no ensino privado concertado para o mércores 9 de maio
A CIG-Ensino convoca unha consulta ao profesorado sobre o calendario escolar
A CIG-Ensino, a través do seu secretario nacional, Anxo Louzao, fixo unha valoración altamente positiva da participación na folga e na manifestación do día 3, xa que entende que o profesorado manifestou maioritariamente o seu rexeitamento ao tipo de xornada que se pretende impor.
  Máis do 72% do profesorado pola xornada reducida continua
-Folga Ensino
Case 4.000 docentes participaron nunha manifestación que saiu da Praza do Toural e percorreu Santiago até a Consellaría
Folga masiva contra a eliminación da xornada reducida continua no mes de xuño e setembro
Máis do 72% do profesorado afectado pola eliminación da xornada matinal reducida de xuño e setembro por parte da Consellaría secundou a folga convocada pola CIG-Ensino. A folga tivo incidencia en todos os centros de educación infantil e primaria, educación especial, unitarias e CRAs.
  CIG-Ensino mantén a folga do 3 de maio
-Folga Ensino
Denuncia as manobras antidemocráticas e sectarias da Consellaría para desmobilizar ao profesorado
A CIG-Ensino mantén a convocatoria de folga para o próximo día 3 de maio
A CIG-Ensino vén de reiterar a súa decisión de manter a convocatoria de folga para o próximo día 3 de maio, en demanda do mantemento da xornada continuada e reducida nos meses de xuño e setembro, e acusou á Consellaría de actuar de forma “antidemocrática, parcial e partidaria” por intentar desmobilizar ao profesorado.
  Convocada folga no Ensino para o 3 de maio
-Folga Ensino
Está convocada en defensa do mantemento da xornada matinal continua
Fixados sen acordo os servizos mínimos da folga do 3 de maio no Ensino
Na mañá do xoves 26 de abril, a CIG-Ensino foi chamada pola Consellaría de Educación para fixar os servizos mínimos para a folga que ten convocada xunto co STEG para o día 3 de maio. A Consellaría fixounos malia non terse chegado a un acordo.
  Entrega de sinaturas e cabazas a Educación polo calendario escolar
-Cabazas a Educación
Fixo ademais entrega dunha nova remesa doutras 1.200 sinaturas do profesorado
CIG-Ensino dá cabazas a Educación en repulsa á imposición da eliminación da xornada continuada matinal
A CIG-Ensino fixo o 24 de abril unha entrega de cabazas á conselleira de Educación para mostrar simbolicamente a reprobación e suspenso do profesorado á súa actitude autoritaria e antidialongante na imposición dun calendario escolar regresivo no que se suprime a xornada matinal continua.
  Concentracións contra proposta Calendario escolar Consellaría
-Calendario escolar
CIG-Ensino e STEG convocan folga o xoves 3 de maio e manifestación en Compostela ás 11:30 desde a praza do Toural
Máis de 2.300 profesores/as concentráronse polo mantemento da xornada matinal en xuño e setembro
A CIG-Ensino valora moi positivamante o importante seguimento das concentracións do profesorado convocadas polo sindicato nacionalista e secundadas por máis de 2.300 mestres e mestras (Santiago 500, A Coruña 500, Vigo 500, Ourense 300, Lugo 200, Burela 70, Pontevedra 300).
 
Antecedentes
18/04/2007 O mércores 18 ás 19:00 horas en todas as Comarcas
CIG-Ensino convoca a todo o profesorado a concentrarse contra a proposta de calendario da Consellaría
17/04/2007 A eliminación desta pode ter unha incidencia negativa no alumnado
CIG-Ensino entrega no rexistro de Educación 6.425 sinaturas contra a supresión da xornada continuada
14/04/2007 Máis de un millar de mestres participaron na manifestación convocada en Compostela
O profesorado de Tecnoloxía, Plástica e Música súmase maioritariamente á folga pola maior carga horaria
11/04/2007 Paro e manifestación en Compostela o xoves 12 de abril polo recorte horario de Música, Tecnoloxía e Plástica
CIG-Ensino anuncia mobilizacións contra a proposta de calendario presentada pola Consellaría de Educación
31/03/2007 A CIG-Ensino valora positivamente esta decisión
A Consellaría de Educación vai reconsiderar a proposta de cargas lectivas da ESO
28/03/2007 CIG-Ensino lamenta esta posición inamovíbel a pesar de avalar a demanda máis de 5.000 sinaturas do profesorado en catro días
A Consellaría de Educación mantén a proposta de eliminar o horario en xornada matinal en xuño e setembro
24/03/2007 Protestan así pola redución de carga horaria nos ámbitos artístico e tecnolóxico, fundamentais na formación básica do alumnado
O profesorado de Plástica decide non participar nunhas xornadas da Consellaría de Educación
22/03/2007 A Consellaría retira a proposta de calendario ante a presión sindical
Preto de mil profesores/as secundan a mobilización convocada pola CIG-Ensino
21/03/2007 O mércores 21 de marzo, ás 11:30 horas, con saída da Praza da Quintana
Manifestación do profesorado de Tecnoloxía, Música e Plástica en Compostela
15/03/2007 Relixión incrementa o mínimo exixido fixado polo MEC, tendo maior carga docente que tecnoloxía, música e educación plástica e visual
CIG-Ensino demanda da Consellaría que reconsidere a súa proposta de currículo da ESO
06/03/2007 Denunciou que non se estea fomentando a participación do profesorado na elaboración dos currículos
CIG-Ensino lamenta a cerrazón da Consellaría a aceptar propostas de distribución horaria das materias da ESO
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta