-Folga Serrabal e Ferroatlántica

GalizaCIG-

Volver a Actualidade
 
 
  Suso Seixo adiantou a decisión de traballadores e sindicatos de iniciar mobilizacións máis contundentes.
-Máis contundentes
Adiantan que impedirán o paso das máquinas á mina cando comecen as obras do tren nos terreos do xacemento
Se non se cambia o trazado do TAV, os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica endurecerán as mobilizacións
Os representantes da CIG e UGT e os presidentes dos Comités de Empresa de Ramsa e Ferroatlántica en Sabón, Cee e Dumbría anunciaron, en rolda de prensa, que non lles queda máis opción que endurecer as mobilizacións, realizándoas mesmo na campaña electoral, en resposta á pasividade amosada polo Goberno galego no conflito.
  Os empregados da mina de Serrabal impediron cos seus camións o segundo intento de ADIF para entregar as actas
-Impiden asinar actas
Concentráronse unha vez máis diante da Casa Consistorial de Vedra
Traballadores de Serrabal frustran de novo a sinatura da expropiación da mina
Traballadores da mina de Serrabal e das factorías de Ferroatlántica de Sabón e Cee-Dumbría concentráronse o 27 de novembro diante da Casa Consistorial de Vedra para impedir a sinatura das actas de expropiación dos terreos da mina por parte de representantes do ADIF e de RAMSA, a empresa concesionaria da explotación do xacemento.
  Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica demandaron garantías de continuidade para os seus postos de traballo
-Conflito Serrabal
A folga foi seguida masivamente nas distintas plantas
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica colapsan Compostela demandando garantía dos postos de traballo
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica, apoiados polos compañeiros das empresas auxiliares que desenvolven a súa actividade nas plantas de Serrabal, Cee e Sabón, percorreron as rúas de Compostela, este xoves 25 de outubro, en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade, ao seu paso pola mina, e de garantías de continuidade para os seus postos de traballo.
  O 25 de outubro xornada de folga e manifestación en Compostela
-Folga o 25
Celebrarán unha manifestación con saída ás 11:00 horas da estación de tren de Compostela
Folga en Serrabal e Ferroatlántica o próximo xoves, día 25 de outubro
Os traballadores de Ramsa, concesionaria da explotación da mina de Serrabal, e os de Ferroatlántica en Cee e Sabón, acordaron convocar unha xornada de folga o xoves 25 de outubro e unha manifestación que percorrerá as rúas de Compostela en defensa dos postos de traballo e en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade.
  Os representantes do ADIF desistiron na entrega de actas de expropiación
-ADIF desiste
Colgaron unha nota informativa na entrada do Centro Sociocultural de Sergude
O ADIF anula os actos de sinatura das actas de expropiación de terreos para construír o trazado do TAV
Tras dos infrutuosos intentos por entregar e asinar as actas de expropiación de terreos da mina de Serrabal afectados pola construción do Tren de Alta Velocidade, os representantes do ADIF desistiron. Nas xornadas do días 10 e 11 de outubro colgaron unha nota á porta do centro Sociocultural de Sergude anunciando que esta quedaba suspendida.
  A solución: o tren por outro lado para garantir os postos de traballo.
-O tren por outro lado
Os operarios concentraranse o 10 e 11 de outubro diante do Centro Sociocultural de Sergude, en Boqueixón
Impiden novamente a entrega das actas de expropiación dos terreos da mina de Serrabal
Operarios de Serrabal e dos centros de traballo de Ferroatlántica de Cee, Dumbría e Sabón volveron impedir cunha concentración diante da casa consistorial de Vedra realizada o 9 de outubro a entrega das actas de expropiación dos terreos da mina.
  Demandan un cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo.
-Folga o 25/10
Trescentos operarios esixen a paralización das expropiacións ante a Delegación do Goberno español
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica irán a folga o 25 de outubro
Os Comités de Empresa de Ramsa e de Ferroatlántica de Cee-Dumbría e Sabón (Arteixo) anunciaron a convocatoria de folga para o 25 de outubro. Ao mesmo tempo, trescentos operarios concentráronse o 4 de outubro diante da Delegación do Goberno español en A Coruña para esixir a paralización das expropiacións dos terreos da mina.
 
Antecedentes
03/10/2007 Denuncian que o ADIF pretende expropiar máis terreo do previsto inicialmente
Os traballadores impiden a entrega das actas de expropiación de terreos da mina de Serrabal
27/07/2007 Recibiron á presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, á entrada da Catedral
Os traballadores de Serrabal reivindican no Día da Patria o cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade
24/07/2007 Os comités de empresa, CIG e UGT denuncian que ADIF rise deles e do Parlamento
Os postos de traballo presentes e futuros de Ferroatlántica e Serrabal non están garantidos
13/07/2007 Camiñaron desde Redondela até Vigo para visbilizar a súa protesta
Zapatero non recolle o informe preparado polos traballadores de Serrabal e Ferroatlántica
11/07/2007 O xoves 12 de xullo desde Redondela
Os Comités de Empresa de Serrabal e Ferroatlántica irán a pé até Vigo en demanda dunha xuntanza con Zapatero
29/06/2007 Aproban por unanimidade a iniciativa para saber cal é a afectación real do trazado do TAV sobre a mina de Serrabal e o emprego
O Parlamento apoia a celebración dunha xuntanza entre Administración, Grupo Villar Mir e organizacións sindicais
26/06/2007 Queren saber a afectación real da mina, senón pararán os tres centros de traballo
Os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica exixen unha xuntanza con Industria, Traballo e Villar Mir
21/06/2007 A reunión entre sindicatos, traballadores, ADIF, técnicos e Xunta remata sen acordo
Sen avances no conflito de Serrabal
06/06/2007 Os traballadores afectados polo trazado do tren de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
05/06/2007 Anuncian accións sorpresa para presionar á Administración galega e a Fomento
Os traballadores de Serrabal exixen o posicionamento da Xunta sobre o trazado do TAV “sen ambigüidades”
28/04/2007 Comprometeuse a respostar en 15-20 días e se non é así adoptaranse medidas
Touriño acepta estudar o cambio de trazado do TAV ao seu paso por Serrabal
24/04/2007 Arredor de 2.000 persoas participaron na manifestación celebrada en Compostela
Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo de Serrabal e Ferroatlántica
14/04/2007 Demandan o cambio de trazado do TAV para garantir os postos de traballo
Os Comités de Ramsa e Ferroatlántica en Cee e Sabón convocan unha manifestación para o sábado 21
21/03/2007 Desde o 2003 piden á Administración un cambio de trazado do TAV que posibilite a explotación e garanta os postos de traballo
O conselleiro de Industria, Fernando Blanco, apoia ás demandas dos traballadores da mina de Serrabal
15/03/2007 Os conselleiros de Industria e Traballo confirman que recibirán aos comités de Empresa
Traballadores de Ferroatlática cortan o tráfico diante da Xunta en demanda dun cambio de trazado
25/11/2006 Demandan un trazado alternativo do Tren de Alta Velocidade
Os traballadores da Mina de Serrabal cortan o tráfico na estrada entre Santiago e Ourense
06/10/2006 Os traballadores da mina do Serrabal paralizan as obras do TAV en demanda dun cambio do trazado
18/08/2006 CIG-Metal manifesta a súa oposición ao trazado do TAV ao seu paso por Vedra e Boqueixón
09/08/2006 Para garantir a viabilidade da explotación mineira e o mantemento da totalidade dos postos de traballo
Os traballadores da mina de Serrabal seguen a mobilizarse por unha modificación do trazado do TAV
29/07/2006 Critica que se centre o problema nos cartos ao empresario e non nos postos de traballo
CIG-Químicas cuestiona a indemnización de 325 millóns a Villar Mir polo peche da mina de Serrabal
14/07/2006 Demandan un cambio de trazado do AVE para que se manteñan os postos de traballo
Os traballadores de Ramsa e Ferroatlántica en Sabón e Cee concéntranse en San Caetano
07/04/2006 Os traballadores de RAMSA preocupados polas informacións publicadas a respecto do trazado do AVE
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/12/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta