-Primeiro de Maio 2007

GalizaCIG-

Volver a Actualidade
 
 
  12.000 nas rúas coa CIG no 1º de Maio
-Celebración
A manifestación de Vigo foi a máis numerosa con 8.000 persoas
A CIG mobiliza a máis de 12.000 persoas no 1º de Maio
Baixo os lemas “Contra os recortes das prestacións sociais” e “Galiza Nación, Autodeterminación” percorreron as rúas de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ferrol, A Mariña e Ribeira máis de 12.000 persoas convocadas pola CIG, con motivo do 1º de Maio. A manifestación de Vigo foi a máis numerosa do país, cunha participación que rondou as 8.000 persoas.
  Manifestación do 1º de Maio 2007 en Vigo
-Vídeo CIG
O Primeiro de Maio en imaxes
Este video elaborado por FESGA resume, en imaxes, a mobilización do Primeiro de Maio en Vigo. Inclúe ademais a intervención do secretario xeral da CIG, Suso Seixo, e unha escolma do percorrido da manifestación que contou con máis participación de todas as que se convocaron en Galiza con motivo da conmemoración do Día do Internacionalismo Proletario.
  Concerto contra a Precariedade de CIG-Mocidade
-Concerto
Éxito malia a intensa chuvia no Parque de Castrelos
Milleiros de persoas participaron do II Concerto contra a Precariedade da CIG Mocidade
Foron moitos os mozos e mozas, e xentes de moi distintas idades, quen fixeron parte do II Concerto contra a Precariedade organizado pola CIG Mocidade na Comarca de Vigo. Todo un éxito, de organización e traballo, e tamén de festa e reivindicación desde pola tarde até ben entrada a noite no Parque de Castrelos.
Manuel Mera (CIG)
1º de maio, entre o pacto e a loita

Fai algúns anos que non se estaban a vivir tantos conflitos laborais a un tempo. Paros e protestas na sanidade por mor da carreira profesional, no ensino polo horario reducido no vran, nas ITV de Pontevedra pra librar os sábados pola tarde, en Atento porque decidiu pechar a empresa, en Serrabal e nas auxiliares térmicas de Meirama e As Pontes xa que se ve en perigo a súa continuidade, nas contratas do naval da provincia de Pontevedra...
  Eixo, voceiro de SOG, integrado na ING
-1º Maio 1977
Manuel Mera (CIG)
O Primeiro de Maio vai 30 anos: Entre a ditadura e a transición
Un xornal, daquela progresista, titulaba a información encol do acontecido o Día Internacional da Clase Traballadora de 1977 do seguinte xeito “Máis de medio cento de detidos, manifestacións na rúa, mitins e festas”, adicándolle máis páxinas que ningún outro ao tema. O primeiro de maio dese ano foi domingo e os xornais do martes salientaban os principais feitos, por exemplo, que en Vigo houbo 8 detidos e numerosos mallados pola policía...
  1º de Maio: Non aos recortes da protección social
-Calendario
“Galiza nación, autodeterminación” será o outro lema de cabeza das manifestacións
A CIG reclamará o 1º de Maio, en todas as cidades do país, “Non ao recorte das prestacións sociais”
As manifestacións convocadas pola CIG nas sete cidades, Viveiro, Vilagarcía e Ribeira, para conmemorar o 1º de Maio estarán encabezadas por dous lemas principais: “Non ao recorte das prestacións sociais”, en denuncia da política que se está a seguir de esganar o sistema público de protección social, e “Galiza nación, autodeterminación”.
Actos da CIG no 1º de Maio
Comarca Hora Saída dende
Vigo 12:00 Cruce da Doblada con Urzaiz
A Coruña 12:00 Praza de Vigo
Compostela 12:30 Praza Roxa
Ferrol 12:00 Avenida de Esteiro (fronte local CIG)
Pontevedra 12:30 Praza da Ferrería
Ourense 12:00 Pavillón dos Remedios
Lugo 12:30 Ronda da Muralla (Edificio Sindical)
A Mariña 12:00 Praza de Lugo en Viveiro
Ribeira 12:00 Praza do peixe, fronte ao local da CIG
  Ás 18:30 Concerto contra a Precariedade de CIG-Mocidade
-Concerto
Entrevistamos a Nao, Festicultores e Skárnio
Concerto contra a precariedade da CIG Mocidade o 1 de Maio en Vigo no Parque de Castrelos
Por segundo ano consecutivo a Mocidade da CIG en Vigo organiza a segunda edición do Concerto contra a Precariedade. Desde a CIG Mocidade fan un chamamento á asistencia a este acto como “unha forma lúdica de reivindicar os nosos dereitos no Día do Internacionalismo Proletario”.
  Ás 14:00 xantar da CIG no Parque de Castrelos
-Xantar
Utilizaranse só produtos agropecuarios locais do Baixo Miño e do Condado e haberá postos de venda directa ao público
O Sindicato Labrego encargarase de organizar o xantar do 1 de maio para a CIG en Vigo
O Sindicato Labrego Galego, como xa fixera o ano pasado, será o encargado de organizar o xantar do 1 de maio para a Confederación Intersindical Galega (CIG) en Vigo, que se fará no Parque de Castrelos, a carón do anfiteatro, a partir das 14:00 horas.
  Presentación 1º de Maio en Vigo e Pontevedra
-Presentación
A manifestación central será en Vigo
Roldas de prensa en Vigo e Pontevedra para presentar os actos convocados para o 1 de Maio
As comarcas de Vigo e Pontevedra presentaron este xoves en rolda de prensa as mobilizacións e actos convocados polo 1 de maio nestas dúas comarcas. En Vigo, ademais desta manifestación central, tamén organizaron un xantar de confraternidade, e un concerto contra a precariedade da CIG Mocidade.
  Presentación 1º de Maio en A Coruña
-Presentación
A marcha sairá ás 12:00 horas da Praza de Vigo
Presentada a manifestación do 1º de Maio en A Coruña
A CIG presentou ante os medios a manifestación do Primeiro de Maio que percorrerá as rúas coruñesas. Ao igual que no resto de marchas que organiza a central por todo o país, os lemas elixidos son “Contra os recortes no sistema de protección social” e “Galiza Nación, Autodeterminación”.
  Presentación 1º de Maio en A Mariña
-Presentación
“Non ao recorte das prestacións sociais” e “Galiza nación, autodeterminación” serán os lemas da marcha
CIG-A Mariña manifestarase en Viveiro o 1º de Maio, ás 12 horas desde a Praza de Lugo
Na Mariña, a manifestación partirá o 1º de Maio ás 12 horas dende a Praza de Lugo en Viveiro e rematará na Praza da Fontenova. Posteriormente no monte San Roque está organizado un xantar para afiliados/as e simpatizantes.
  1º de Maio: Manifestación, xantar e concerto
-Asemblea
Falouse tamén de mutuas e violencia de xénero
Asemblea comarcal de delegados e delegadas en Vigo para preparar o 1 de Maio
Este martes 17 de abril tiña lugar no salón do Concello de Vigo unha Asemblea comarcal de delegadas e delegados que servía para difundir o material da mobilización do 1 de Maio, así como do concerto que organizará a CIG Mocidade ese mesmo día ás 18:30 horas en Castrelos, mais tamén para informar e debater sobre outros temas sociais e sindicais de importancia.
  1º de Maio: Non aos recortes da protección social
-Celebración
“Galiza nación, autodeterminación” será o outro lema de cabeza das manifestacións
A CIG reclamará o 1º de Maio, en todas as cidades do país, “Non ao recorte das prestacións sociais”
As manifestacións convocadas pola CIG nas sete cidades, Viveiro, Vilagarcía e Ribeira, para conmemorar o 1º de Maio estarán encabezadas por dous lemas principais: “Non ao recorte das prestacións sociais”, en denuncia da política que se está a seguir de esganar o sistema público de protección social, e “Galiza nación, autodeterminación”.
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/05/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta