| Unión Local de Carballo | 09/07/2004 |  | O pasado 19 de xuño foi constituída formalmente a Unión Local de Carballo coa celebración da Asemblea Constitutiva da Unión Local. Coa participación de 30 delegados e delegadas foron elexidos por unanimidade o pleno de Actuación Sindical para a nova Unión Local e a Executiva Local. |  |  |  |  |  |
| Aos ricos párenlles os bois e aos pobres os cans | 06/07/2004 |  | Chama a atención a tendencia dos xestores públicos a solucionar os problemas a base de subvencións para os que máis teñen. ¿Que hai moito contrato temporal? Subvencionamos aos empresarios que fagan contratos fixos. ¿Que a vivenda está cara? Subvencionamos aos que teñen varias vivendas co fin de que as poñan en aluguer. Artigo de Clodomiro Montero Martínez. |  |  |  |  |  |
| Galegos e galegas en Euskal Herria | 23/06/2004 |  | O departamento de Migración da CIG ven de apresentar no XIX Dia de Galiza en Euskal Herria a exposición “Galegos en Euskal Herria”. Oito paneis compoñen esta exposición, que se cadra tamén poderia chamarse Galiza en Euskal Herria. |  |  |  |  |  |  |  |  |  |
| Conferencia de Adrián Sotelo organizada pola CIG | 21/06/2004 |  | O xoves 24 de xuño, ás 20 horas no Paraninfo da Universidade de Vigo (rúa Porto nº1) o sociólogo Adrián Sotelo Valencia pronunciará unha conferencia, cuio tema será “Globalización, dependencia e precariedade laboral”. |  |  |  |  |  |
| O persoal de telemárketing di non á precariedade | 10/06/2004 |  | Nin os servicios mínimos abusivos impostos pola patronal, nin a contratación de persoal para cubrir aos traballadores e traballadoras en folga, impediron que o paro no sector de telemárketing fora un éxito. |  |  | A folga convocada por CIG, CGT, CCOO e UGT no sector de telemárketing para o día 9 de xuño contou cun respaldo maior se cabe que os paros parciais efectuados ao longo do último mes. (Ver reportaxe gráfica). |  |  |  |  |  |
| Mobilización en Compostela de 1.200 delegadas/os da CIG | 03/06/2004 |  |  | O mércores 2 de xuño a CIG realizou dúas mobilizacións en Santiago de Compostela, nas que participaron uns 1.200 delegados e delegadas de todas as comarcas da nación, desprazándose en numerosos autobuses e coches particulares á capital de Galiza. |  |  |  |  |  |
| Contratación temporal fraudulenta | 03/06/2004 |  | O traballo sindical a nivel de empresa é básico na loita cotián contra a temporalidade, nomeadamente no control do fraude na contratación. (...) Os rapaces e as rapazas queren traballo fixo e con dereitos, os mozos e mozas de agora non son bechos raros, queren o que queremos todos. Artigo de Clodomiro Montero Martínez. |  |  |  |  |  |
| Alarma social | 03/03/2004 |  | Cando tras un partido de fútbol a prensa e os siareiros falan máis do arbitro que do xogo, é síntoma dunha mala arbitraxe. Coa sentencia que condena a tres compañeiros da CIG de Lugo acontece o mesmo, a propia sentencia está a crear máis alarma social que os feitos xulgados. Artigo de Clodomiro Montero Martínez. |  |  |  |  |  |
| Oito mil persoas levan á cidade de Lugo a dignidade obreira, polas liberdades e contra a represión | 01/03/2004 |  | Uns minutos despois das doce do mediodía do domingo 29 de febreiro daba comezo a manifestación convocada pola Plataforma en Defensa das Liberdades para esixir unha xustiza igual para todas e todos, e contra o recorte de dereitos e liberdades, convocatoria á que acudiron máis de 8.000 persoas de toda Galiza que levaron á cidade de Lugo dignidade obreira contra a represión. |  |  |  | |  | Antón Castro, integrante de Fuxan os ventos, fixo unha canción en solidariedade coa temática dos tres compañeiros condenados de Lugo, que cantou entre os aplausos dos/as alí presentes. |  | Fronte aos xulgados, e desde o palco instalado para o remate da manifestación, falaron o responsábel comarcal da CIG de Lugo, Xosé Ferreiro, Guillerme Roi Rouco, un dos condenados e Xurxo Souto, que deu leitura ao manifesto da Plataforma en Defensa das Liberdades. |  |  | Non estamos a pedir favores, nin clemencia, nin compaixón, nin misericordia. Como traballadores e traballadoras, como cidadáns libres e coa cabeza moi alta ¡esiximos xustiza! |  |  |  |  |  |
| Comezou a quinta e última quenda da folga de fame por unha Xustiza igual para todas e todos | 27/02/2004 |  |  | Ás doce da mañá, na quinta quenda entraban tres novos folguistas: Paulo Carril, secretario comarcal de CIG-A Coruña, Carme Vázquez, secretaria comarcal en Lugo de CIG-Ensino, e Maite Álvarez, da Executiva Comarcal da CIG en Lugo. |  |  | Carlos Slepoy, avogado do Caso Pinochet e desaparecidos na Arxentina, e Antonio Segura, avogado e presidente da Asociación Libre de Avogados, deron unha rolda de prensa na caravana fronte aos xulgados de Lugo. |  | O mércores 25 de febreiro tivo lugar no salón de actos do Instituto Lucus Augusti o foro debate organizado pola CIG de Lugo “A evolución das liberdades”, no que interviron Carlos Slepoy, Antonio Segura, Xosé Anxo Brandariz, Roque Méndez Robleda e Xermán Vázquez Díaz. |  |  |  |  |  |
| Na caravana da CIG os ánimos tras 15 días de folga de fame están moi por riba das baixas temperaturas | 26/02/2004 |  |  | Na xornada do mércores 25, os folguistas (Miguel Malvido, Xerardo Alvaredo e Antonio Niño) estiveron acompañados por membros da sección sindical do Banco Pastor de A Coruña, por membros da Executiva Nacional da Federación do Tranporte, polo Comité de Empresa da RTVG, e por membros da comarca da CIG de Ferrol. Pola mañá, os músicos rusos Alex e Anatoli, puxeron alegría e son na caravana fronte aos xulgados. Pola tarde, os músicos Mini e Mero, de Aquenlla, actuaron tamén no mesmo emprazamento. |  |  |  |  |  | No serán do martes 24, o colectivo de magos Waldemar de Lugo ofreceu unha actuación na que participaron os magos Antón, Teto e Rafa. |  |  |  |  |  |
| A caravana da folga de fame da CIG chega ao seu día 14 acompañada da maxia e das mostras de apoio | 25/02/2004 |  | Aínda que están a sofrer unhas baixísimas temperaturas na cidade de Lugo, continúa a folga de fame da CIG que comezara o 11 de febreiro baixo o lema “Xustiza igual para todos e todas” pola condena a máis de 14 anos de cárcere e máis de 11.000 euros de multa a tres traballadores de Lugo por formaren parte dun piquete na folga xeral do 20 de xuño de 2002. |  | O luns 23 de febreiro ás 12 da mañá realizábase o cuarto cambio de quenda na folga de fame. Deixaban a folga Carme Antas, Rosa Garrido e Fernando Leiro, e comezaban Miguel Malvido, secretario nacional de CIG-Metal, Xerardo Alvaredo, membro da Executiva Comarcal de Lugo, e Antonio Niño, axente sindical de Lugo. |  | O luns 23 de febreiro, a caravana tamén recibiu a visita musical do trío “Strañiky”, un trío musical que normalmente toca nas rúas do casco vello de Lugo, formado por un ruso, un cubano e un bielorruso, e que amosou coa súa actuación a solidariedade cos traballadores condenados. |  |  |  |  |  |
| Máis mostras de solidariedade | 23/02/2004 |  | Ademais das numerosas persoas que se achegan á caravana para amosar a sua solidariedade cos compañeiros condenados por participar nun piquete informativo na folga do 20 de xuño de 2002, pasan o día cos compañeiros e compañeiras en folga de fame rotativa, delegados/as da central sindical, cadros de dirección e personalidades de todo tipo. |  |  | Na foto da esquerda, Emilio López, deputado do BNG no Parlamento autonómico. Á dereita, o grupo “O trasniño do bosque”, de Lugo, en plena actuación como mostra de solidariedade cos compañeiros inxustamente condenados. |  |  |  |  |  |
| A folga de fame rotatoria xa vai no décimo día | 21/02/2004 |  | Co excelente ánimo e en bo estado físico, as compañeiras Carme Antas, Rosa Garrido e o compañeiro Fernando Leiro, afrontaron esta nova xornada, a décima desde que comezou a folga, en solidariedade cos tres traballadores condenados e como denuncia á utilización perversa que se fai da Xustiza por parte do Goberno e o PP que o sustenta. |  |  |  | |  |  |  |  |  |
| A terceira quenda entrou na folga de fame rotatoria | 20/02/2004 |  | A nova –e novena– xornada da folga de fame rotatoria promovida pola CIG viu o xoves 19 ao mediodía a entrada da terceira quenda de sindicalistas: as compañeiras da Executiva Confederal, Carme Antas e Rosa Garrido, xunto co compañeiro Fernando Leiro (comité empresa CETSSA) colleron o relevo para proseguiren con esta medida de protesta. |  |  | |  |  |  |  |  |
|