-Axenda sindical

GalizaCIG-

Volver a Actualidade
Actos e mobilizacións | Conflitos | Cronoloxía
 
 
SubirActos, mobilizacións, conflitos
  A socioloxía da educación trata de contextualizar a educación no seu contorno social, político e económico
-Xornadas
Galiza no mundo, educación e sociedade
I Xornadas de Socioloxía da Educación
CIG-Ensino e a AS-PG desenvolverán, entre os días 26 de marzo e 17 de abril , as primeiras Xornadas de Socioloxía da Educación, baixo o título “Galiza no mundo, educación e sociedade” en A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago, Vigo e Ferrol. A inscrición pódese facer na páxina de CIG-Ensino.
26/03/2008
17/04/2008
Galiza

Xornadas Socioloxía Educación
  O Comité de Empresa tamén acordou realizar unha manifestación o 31 de marzo diante do Concello de A Coruña
-Folga o 12/04
O 31 de marzo manifestaranse diante do Concello de A Coruña
Os traballadores de Albada irán a folga o 12 de abril
Os traballadores da planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de A Coruña que xestiona a empresa Albada irán á folga o 12 de abril como medida de protesta para que a dirección sente a negociar o Convenio Colectivo.
31/03/2008
Albada
A Coruña
10:30h

Manifesta-
ción
 
 
SubirConflitos
  Os traballadores decidiron desconvocar o paro do 8 de marzo, porén advirten que permanecerán vixiantes para que se cumpran os compromisos.
-Suspenden folga
Os empresarios de sector acordaron constituírense en asociación patronal
Suspéndese a segunda xornada de folga nas instalacións deportivas coruñesas
O persoal das instalacións deportivas da provincia de A Coruña decidiu en asemblea suspender a xornada de folga do 8 de marzo. Nunha mediación do Consello Galego de Relacións Laborais, os empresarios do sector aceptaron constituírense como asociación patronal, requisito indispensábel para poder negociar o convenio colectivo coa parte social.
08/03/2008
Deportes
Provincia
A Coruña

Folga 5 e 8 de marzo

Desconvo-
cada
  Delegados/as de CIG-Ensino concentráronse diante da Consellaría de Educación para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades
-Recurso reposición
Celebrou unha concentración diante da Consellaría de Educación
A CIG presenta un recurso de reposición pola súa exclusión dos Consellos Sociais das Universidades
Delegados e delegadas de CIG-Ensino concentráronse na mañá de onte –mércores 5 de marzo–, diante da Consellaría de Educación, para denunciar a exclusión da central dos Consellos Sociais das tres Universidades galegas. Presentouse, no rexistro da Consellaría, un recurso de reposición para que se rectifique esta decisión.
05/03/2008
Recurso reposición
Compostela
11:30h

Concentra-
ción
  Os traballadores de Serrabal desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio de trazado do TAV ao seu paso pola mina
-En campaña
Serrabal segue de cerca a campaña electoral
De mitin con Touriño
“Touriño prometiches e logo non cumpriches” foi unha das consigas máis coreadas polo comité de recepción que agardaba ao presidente da Xunta á súa chegada ao mitin do domingo 2 de marzo en Compostela. Eran os traballadores de Serrabal e Ferroatlántica que desenvolven unha campaña paralela á electoral en demanda do cambio de trazado do Tren de Alta Velocidade ao seu paso pola mina.
02/03/2008
Serrabal e Ferroatlán-
tica

Mitin Touriño
  Haberá paros de 24 horas todos os mércores até a readmisión dos 30 despedidos de Ingemarga
-Esixen a readmisión
O cadro de persoal parará todos os mércores en sinal de protesta
300 persoas esixen en Guitiriz a readmisión dos 30 despedidos en Ingemarga
Por volta de 300 persoas saíron ás rúas de Guitiriz o pasado 1 de marzo para expresar o seu apoio e esixir a readmisión dos 30 despedidos da empresa Ingemarga. Ao mesmo tempo que se desenvolvía a marcha, os comercios da vila pecharon en solidariedade cos empregados represaliados.
01/03/2008
Ingemarga
Guitiriz
12:00h

Manifesta-
ción
  O despedimento atenta contra a lexislación actual en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes
-Discriminación
A CIG convoca unha concentración diante do seu centro de traballo, a Estación de Servicio Bens
Despiden un empregado por gozar do permiso de paternidade
A empresa Estación de Servicio Bens SL despediu un traballador despois de que gozase do permiso de paternidade para exercer o dereito legal a conciliar a súa vida persoal, familiar e laboral. O caso xa foi posto en coñecemento da Inspección de Traballo e tamén se denunciará no Xulgado do Social, onde se solicitará a nulidade do despedimento por se tratar dun exemplo claro de discriminación.
28/02/2008
Estación Servizo Bens
A Coruña
12:00h

Concentra-
ción
  CIG-Servizos valora positivamente o acordo pois se acadaron practicamente todos os puntos da plataforma sindical
-Desconvocada folga
A folga queda desconvocada
A asemblea de traballadores de Cespa en A Coruña aproba un acordo coa empresa
Non haberá folga no servizo de limpeza viaria e de recollida do lixo na cidade de A Coruña logo de que a asemblea de traballadores de Cespa aprobase o preacordo que atinxiran a parte social e a empresa na última xuntanza da mesa de negociación do novo convenio colectivo.
03/03/2008
Cespa
A Coruña
00:00h

Desconvo-
cada Folga
  Adolfo Campos Panadero, alcalde de Dozón, sentouse de novo no banco dos acusados.
-Prevaricación
Atentado contra o dereito dos traballadores
Visto para sentenza o xuízo da funcionaria acosada desde 1999 contra o alcalde de Dozón por prevaricación
As palabras de Ana Lois Navaza, a presentación de probas periciais, sentenzas e testemuñas volveron ratificar o acoso laboral no Concello de Dozón. A CIG reclama que se inhabilite ao alcalde e que se recoñeza o delito cometido por Adolfo Campos Panadero por prevaricación, atentar contra o dereito dos traballadores, falta de medidas de seguridade no posto de traballo, lesións e discriminación por ideoloxía.
19/02/2008
Pontevedra

Xuízo contra o alcade de Dozón por prevarica-
ción
  Está convocada unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo
-Folga na estiba
Os traballadores repróchanlle a “Portos de Galicia” que non asine un acordo salarial
O persoal da estiba de Ribadeo, Celeiro e Burela estará de folga até o 2 de marzo
O persoal da estiba e desestiba dos portos de Ribadeo, Celeiro e Burela está convocado a unha folga que se estenderá desde o 18 de febreiro até o 2 de marzo. De non haber acordo neste período, os paros converteríanse en indefinidos desde o día 10 do vindeiro mes.
18/02/2008
Ribadeo, Celeiro e Burela

Folga estiba
  Vendidos por UGT e CCOO e ante a imposibilidade de seguir coa convocatoria de folga, CIG-Transporte retira o calendario de paros
-Vendidos!
Estas dúas centrais asinan un acordo que impide que os traballadores perciban as cantidades atrasadas de 2007
UGT e CCOO venden os operadores de guindastres autopropulsados
UGT e CCOO asinaron coa patronal o 18 de febreiro un acordo sobre o primeiro Convenio Galego de Guindastres Autopropulsados que resulta lesivo para os intereses dos traballadores do sector. As dúas centrais españolas avalaron coa súa rúbrica, entre outros aspectos negativos, que os operadores de grúas non perciban os atrasos correspondentes ao ano pasado.
18/02/2008
Guindastres autopropul-
sados Galiza

Folga

Desconvo-
cada
  Limpezas Cliner “non respecta o convenio colectivo, despedindo a catro traballadores/as e reducindo nun 50% a xornada a outros cincuenta”
-Cumprir o Convenio
Contra os despedimentos
Concentración por unha subrogación cos mesmos dereitos en Limpezas Cliner
Nova mobilización dos traballadores e traballadoras de Limpezas Cliner, empresa que subrogou o seu servizo de limpeza nas oficinas do Banco Santander a Limpezas Cíes, o que está a provocar despedimentos e recortes de xornada e dereitos laborais.
15/02/2008
Limpezas Cliner
Vigo

Concentra-
ción
  Ao traballador o botaron por presentarse como delegado sindical na candidatura da CIG
-Represión sindical
Contra a represión sindical
Concentración pola readmisión do traballador despedido no Campo de Golf de Domaio
Un numeroso grupo de delegados e delegadas sindicais, afiliados e afiliadas, desprazábanse até o Campo de Golf Ría de Vigo, en Domaio (Moaña) para mobilizarse na defensa dos dereitos sindicais e contra o despedimento dun traballador, ao que botaron por presentarse como delegado sindical na candidatura da CIG.
08/02/2008
Campo Golf
Domaio
Moaña
11:00h

Concentra-
ción
  Os cerca de 75 operarios de Atefrisa en Galiza secundaron ao 100% a primeira xornada de folga indefinida
-Paro 100%
Os operarios denuncian a perda constante de poder adquisitivo
Paro do 100% na primeira xornada da folga indefinida dos traballadores de Atefrisa
Os cerca de 75 operarios de Atefrisa en Galiza secundaron ao 100% a primeira xornada de folga indefinida, que se desenvolveu o 7 de febreiro. Este día concentráronse diante da central térmica de Meirama e da refinaría de A Coruña, onde realizan traballos de califugado.
07/02/2008
Atefrisa
A Coruña

Folga indefinida
  CIG-Administración do Estado aposta por un Corpo de Inspección de calidade debidamente regulado
-Corpo Inspección
Existen discriminacións retributivas
Os Inspectores de Pesca Marítima estarán de folga o 29 de xaneiro
A CIG-Administración do Estado denuncia a falla de vontade da Administración do Estado para regular a situación laboral dos Inspectores de Pesca Marítima, dependentes funcionalmente do Ministerio de Agricultura Pesca e Alimentación. Estes traballadores estarán de folga o 29 de xaneiro.
29/01/2008
Inspectores Pesca Marítima

Folga
  Os Colexios veterinarios apoian as demandas de estabilidade laboral dos traballadores e traballadoras de Tragsega.
-Estabilidade laboral
Concentración o martes 29 ás 12:00 horas no Polígono do Tambre, diante de Tragsa
Traballadores/as de Tragsega mobilízanse para denunciar a política de contratación da empresa
A empresa pública Tragsega SA, pertencente ao Grupo TRAGSA, prescinde de máis de 75 traballadores en Galiza (veterinarios e administrativos) para efectuar as Campañas de Saneamento Gandeiro de 2008, incumprindo o RD 5/2006 e a Lei 43/2006 que obriga a realizar contratos indefinidos con dous o máis encadeados cunha duración de 24 meses nun intervalo de 30 meses.
29/01/2008
Tragsega
Compostela
12:00h

Concentra-
ción
  Marcha de cinco quilómetros, desde a nave industrial en Tebra até o centro de Tomiño
-Marcha a Tomiño
“Defendemos o que é noso”
Máis de 200 persoas maniféstanse cos traballadores de Marbar reclamando xustiza
Pasadas as once e media da mañá os traballadores e traballadoras de Marbar deixaban pechadas as instalacións da nave industrial, que levan toda a semana defendendo, con quendas noite e día, para comezar unha marcha de máis de cinco quilómetros até o Concello de Tomiño.
25/01/2008
Marbar
Tomiño
11:00h

Manifesta-
ción
  Co acordo, quedan desconvocadas as distintas mobilizacións previstas
-Acordo
CIG, CCOO e UGT valoran moi positivamente o acordo e desconvocan as mobilizacións
Recoñécese a carreira profesional a todos os traballadores e traballadoras das contratas do Sergas
CIG, CCOO e UGT conseguiron, a media noite do luns 21 de xaneiro, asinar un acordo segundo o que, “pola parte empresarial, faise recoñecemento expreso do dereito do persoal pertencente ás distintas contratas do Sergas que teñen recoñecida a equiparación salarial, á percepción económica do equivalente ao importe da chamada carreira profesional”.
23/01/2008
Contratas Sergas
Compostela

Sinatura acordo
  Criterios razonábeis para a xornada única
-Xornada única
Concentración de delegados/as o mércores 16 de xaneiro, ás 11:30 horas diante da Consellaría
Convocatoria unitaria para reclamar de Educación un novo proxecto de orde para a xornada única
O 27 de decembro CIG-Ensino, CCOO, UGT, ANPE, STEG e CSIF, presentaban na Mesa Sectorial Docente non Universitaria un escrito para reclamar un novo proxecto de orde sobre implantación da xornada única e demandar unha entrevista con carácter de urxencia. Ante a falta de resposta da Consellaría acordaron, de forma unitaria, convocar unha concentración de delegados/as.
16/01/2008
Consellaría Educación
11:30h

Concentra-
ción
  CIG-Correos anuncia a convocatoria dunha concentración diante da oficina de A Ramallosa (Teo) o sábado 19 de xaneiro
-Correos Teo
Convocan unha concentración diante da oficina o sábado 19 de xaneiro ás 13:00 horas
CIG-Correos denuncia o mal funcionamento do servizo en Teo por falta de persoal de reparto
En xaneiro de 2005, Correos entregou, aos traballadores de Correos de Teo, unha proposta de reforma baseada nun estudo feito no ano 2004, que estabelecía a necesidade de aumentar o cadro de persoal de Correos en Teo en 3,5 persoas máis. Malia o tempo transcorrido ese incremento non se efectivizou.
16/01/2008
Oficina Correos
A Ramallosa
13:00h

Concentra-
ción
  A folga foi seguida masivamente e transcorreu sen incidentes
-Seguimento masivo
Cun seguimento do 90%, empresas como Atento, Bosch ou Eurocen estiveron practicamente pechadas
Telemárketing: Unha folga con carácter galego
A folga convocada pola CIG e a CGT no sector de Telemárketing tivo un seguimento de arredor do 90% nas grandes empresas de Galiza. Empresas como Atento, Bosch ou Eurocen estiveron practicamente pechadas. No total do sector en Galiza a participación situouse nun 80%, a maior de todo o Estado.
21/12/2007
Telemárke-
ting Galiza

Folga
  Convocada xornada de folga para o día 21 de decembro, venres
-Folga o 21
Concentracións o día 12
Folga e mobilizacións para exixir melloras laborais na Atención Primaria do Sergas
Os sindicatos CIG, UXT, CCOO, SATSE, CSIF e CESM constituíron unha plataforma unitaria para consensuar as súas reivindicacións no campo da Atención Primaria da sanidade pública galega. Desde esta rede anunciaron un calendario de medidas de presión para esixir melloras laborais.
21/12/2007
Sergas
Galiza

Folga
  Concentracións dos funcionarios e funcionarias da Administración xeral do Estado contra a perda de poder adquisitivo
-Poder adquisitivo
Protagonizan tres concentracións ao longo da semana
Funcionarios/as diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra contra a perda de poder adquisitivo
A cidade de Pontevedra acolle ao longo desta semana tres concentracións diante da Subdelegación do Goberno en Pontevedra dos funcionarios e funcionarias da Administración xeral do Estado porque durante a actual lexislatura os salarios dos traballadores/as públicos continúan a perder poder adquisitivo.
21/12/2007
Admon xeral do Estado
Pontevedra

Concentra-
ción
  Un grupo de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios cantou unha panxoliña moi especial á Administración municipal
-Cantaron panxoliñas
Tres meses sen aulas
Os alumnos de Artes e Oficios cantan panxoliñas no concello de Vigo para que comecen as clases
De novo volven ser noticia os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios, que levan numerosas mobilizacións, concentracións, foliadas e diversas protestas para reclamar que comecen as aulas nesta escola municipal.
20/12/2007
Artes e Oficios Vigo
13:00h


Concentra-
ción
  Os traballadores teñen desde o ano 2005 os seus salarios conxelados
-Folga polo Convenio
Polo Convenio Colectivo
Comeza a folga en Unión Fenosa que afectará a toda Galiza e durará toda a fin de semana
As centrais sindicais CIG, CCOO e USO convocaron desde este venres 16 de novembro ás 15:00 horas unha folga en Unión Fenosa que durará toda a fin de semana para presionar á dirección da empresa e que se retomen as negociacións do Convenio Colectivo, pendente desde finais de 2005.
30/11/2007
Unión Fenosa
Folga
16 ao 18, 23 ao 25 e 30/11.
  Aprázase ao 19 de novembro a folga, que ía comezar o 16 de outubro
-Aprazada folga
Os mineiros conceden un mes para que frutifiquen as propostas das empresas e de Industria e para beneficiarse do Plan Miner II
Aprazada até o 19 de novembro a folga nas auxiliares de Meirama
Os mineiros das auxiliares de Meirama decidiron en asemblea aprazar até o 19 de novembro a folga, que estaba previsto que comezase o 16 de outubro. Os traballadores optaron por agardar un mes para comprobar se se materializan as propostas das empresas auxiliares e a da Consellaría de Industria.
19/11/2007
Auxiliares Meirama

Folga
  Protestas polo bloqueo do Convenio colectivo da Sanidade privada de A Coruña
-Convenio colectivo
A negociación do Convenio segue paralizada desde marzo pasado
O persoal da Sanidade privada retomará as mobilizacións na provincia de A Coruña
Os representantes da CIG, CCOO e UGT na Sanidade privada anunciaron a volta ás mobilizacións na provincia de A Coruña en protesta polo bloqueo do Convenio colectivo. Os sindicatos denuncian que o 80% do persoal cobra menos de 800 euros ao mes.
15/11/2007
Sanidade privada
A Coruña

Concentra-
cións 25 e 31/10; 8 e 15/11
  Cespa retirará as sancións ao Comité de Folga
-Acordo en Cespa
Desconvocada a folga
Os traballadores de Cespa conseguen a retirada das sancións ao Comité de Empresa
Despois dunha xuntanza celebrada na Delegación de Traballo, e na que estaba presente o Comité de Cespa, a empresa e representantes da Administración, acordaron distintas medidas para poñer fin ao conflito aberto nesta empresa de limpeza, e conseguindo o obxectivo básico de que se lle retiraran as sancións ao Comité de Folga.
08/11/2007
Cespa
Vigo

Folga indefinida

Desconvo-
cada
  Folga indefinida o 24 de outubro nas canteiras, empresas de áridos e graniteiras por un convenio único
-Folga indefinida
Por un Convenio único de Canteiras, Áridos e Graniteiras
CCOO e CIG convocan folga indefinida no sector da Pedra desde o 24 de outubro
Despois dunha asemblea de traballadores en O Porriño, os sindicatos CIG e CCOO decidiron convocar para o 24 de outubro unha folga nas canteiras, nas empresas de áridos e graniteiras para conseguir un convenio único para este sector, que afecta a máis de 5.000 traballadores na provincia de Pontevedra e que tería carácter indefinido.
24/10/2007
Pedra provincia Pontevedra

Folga indefinida
  Plocor-2 négase readmitir dous empregados despedidos por reclamar melloras laborais
-4ª xornada folga
O cadro de persoal permanece unido e valora positivamente o transcurso da folga
Os operarios de PLOCOR-2 acusan a UTE de levar o conflito a unha calexa sen saída
O 18 de outubro foi a cuarta xornada de folga indefinida na UTE PLOCOR-2, encargada da conservación e mantemento da autovía A-6, N-VI e N-640. A CIG e os traballadores valoran positivamente o transcurso do paro.
19/10/2007
UTE
Plocor 2

Folga indefinida
  Entrevista a Xosé Xoán Melón, secretario nacional da Federación da Construción da CIG
-Entrevista
Entrevista con Xosé Xoán Melón
Apoiado por ampla maioría o Preacordo que pon fin á folga da Construción
O luns 15 de outubro tiñan lugar asembleas nos locais da CIG para debater o Preacordo para un novo Convenio provincial da Construción en Pontevedra, asinado na madrugada do 11 de outubro para desconvocar a folga que afecta aos 45.000 traballadores do sector, ao conseguir un “Convenio histórico”, conquerindo moitas das súas demandas.
16/10/2007
Provincia Pontevedra

Folga Construción

Preacordo
  Non aos acosos, dignidade no traballo
-Vídeo CIG
A traballadora, que se atopa de baixa laboral, fora agredida días atrás pola xefa
Unha mobilización da CIG consegue que unha empregada do xeriátrico de Coirós cobre
Arredor de cincuenta persoas participaron na concentración de repulsa á agresión sufrida por unha traballadora da residencia de anciáns “Fonte do Santo” de Coirós. Os participantes no acto, organizado pola CIG o 6 de outubro, non abandonaron o lugar até que os responsábeis do xeriátrico lle pagaron a nómina a esta empregada.
06/10/2007
Xeriátrico
Coirós
12:00h

Concentra-
ción
  Educación non está a resolver deficiencias inicio curso escolar
-Inicio curso escolar
Sinalan problemas canto a profesorado, prazas de comedores, libros de texto ou horarios
Educación non está a resolver os diferentes problemas que se evidencian coa posta en marcha do curso escolar
A posta en marcha do curso escolar está evidenciando diferentes problemas que a Consellaría de Educación non está a resolver. Entre outros, CIG-Ensino sinala as deficiencias canto a profesorado, prazas de comedores, libros de texto ou problemas canto a cadros de persoal e redución de horarios dos docentes.
21/09/2007
Ensino
Galiza

Mantemen- to xornada matinal xuño e setrembro
  Os afectados obras Porto Exterior A Coruña solicitan cesamento de Macario Fernández-Alonso
-Piden cesamento
O presidente da Autoridade Portuaria de A Coruña actúa de mala fe e elude os seus compromisos co colectivo de damnificados
Os afectados polas obras do Porto Exterior esixen o cesamento de Fernández Alonso
Os mariñeiros afectados polas obras do Porto Exterior de A Coruña solicitan ao presidente da Xunta e á conselleira de Política Territorial o cesamento inmediato de Macario Fernández-Alonso como presidente da Autoridade Portuaria coruñesa.
19/09/2007
Afectados Porto Exterior
A Coruña
  Acordo para asinar o Convenio traballadoras das contratas de limpeza hospitais SERGAS
-Acordo Convenio
Acordo na negociación do Convenio de Limpeza de Hospitais
O persoal das contratas equiparan as súas condicións económicas ás do persoal subalterno do SERGAS
Tras dun longo período de mobilizacións e de innumerábeis xuntanzas chegouse a un acordo para asinar o Convenio que afecta a traballadoras/es das contratas de limpeza dos hospitais do SERGAS da provincia de Ourense, actualmente representadas por EUOLIMP e a UTE FERPESA-EXTRACO.
19/09/2007
CHOU Ourense

Negociación Convenio Limpeza Hospitais
  Readmitido o traballador do guindastre municipal de Vigo
-Readmitido
Setex Aparki readmite o traballador despedido
Desconvocada a folga no servizo municipal de guindastre de Vigo
O traballador do servizo municipal de guindastre do Concello de Vigo que fora despedido pola concesionaria, Setex Aparki, foi readmitido pola empresa logo dunha mediación na Inspección de Traballo que se estendeu durante catro horas. Por tanto, o cadro de persoal desconvocou a folga que tiña previsto iniciarse a partir das 00:00 do 17 de setembro.
17/09/2007
Vigo
00:00h

Xornada de folga do guidastre municiapal
 
 Máis conflitos: 2007 | 2006-2005
 
 
SubirCronoloxía
  Máis de 640.000 cidadáns galegos viven con menos de 570 euros ao mes
-Salarios dignos
Actos da CIG en Ferrol
Mil persoas secundan a manifestación nacional do 10 de Marzo
Por volta de mil persoas participaron en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo.
10/03/2008
Dia Clase Obreira Galega
Ferrol
19:30h

Manifesta-
ción
  Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida en 2007, foron os galardoados
-Premios CIG
Xosefa Baamonde, histórica da CIG-Ensino, foi homenaxeada polo seu compromiso inquebrantábel coa educación en galego
A CIG outorga o Premio do Día da Clase Obreira Galega aos traballadores da Construción
Os traballadores da Construción da provincia de Pontevedra, protagonistas da principal mobilización desenvolvida en 2007, foron os galardoados na segunda edición do Premio do Día da Clase Obreira Galega, que celebrou a CIG o 4 de marzo nunha gala en Compostela á que asistiron 200 persoas, entre sindicalistas da central e representantes de organizacións políticas, culturais e sociais do país.
04/03/2008
Compostela
16:00h

Premio Día da Clase Obreira Galega
  CCOO e UGT asinaron nos últimos 7 anos coa patronal uns Acordos de contención que fixan o incremento salarial tan só no 2%
-Salarios dignos
Os preto de 2.000 traballadores/as corearon consignas como “Este IPC, para Rajoy e ZP”
Delegados e delegadas da CIG demandan nas rúas de Compostela “Salarios dignos contra a carestía da vida”
Baixo o lema “Salarios dignos contra a carestía da vida” percorreron as rúas de Compostela preto de 2.000 delegados e delegadas da CIG desde a Alameda até a Praza de Praterías, que se quedou pequena para acoller a todas e todos os asistentes. Unha mobilización para chamar á clase traballadora galega a loitar, nos convenios colectivos, contra a precariedade e por melloras salariais.
21/02/2008
Compostela
11:00h

Manifesta-
ción
  O artigo 37 do Decreto daría lugar á supresión do reparto domiciliario en todo o rural galego.
-Derrogación Decreto
Culmina así a campaña informativa e de sensibilización comezada pola CIG hai meses
Concentración diante do Parlamento pola derrogación do decreto que elimina o reparto do correo no rural de Galiza
Delegados/as de CIG-Correos concentráronse na mañá do xoves 14 de febreiro diante do Parlamento de Galiza en demanda de que os grupos parlamentarios insten ao goberno central para que se derrogue o RD 503/2007, que regula a prestación dos servizos postais, polas graves repercusións que terá para os galegos e galegas que viven no rural.
14/02/2008
Parlamento Galiza
11:30h

Concentra-
ción
  Nas xornadas de formación se contará coa presenza do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.
-Formación sindical
O venres 18 ás 10:00 horas en Compostela
Xornadas internas de formación político-sindical con Rafa Díez Usabiaga, secretario xeral de LAB
A CIG organiza, o próximo venres día 18 de xaneiro, unhas xornadas internas de formación político-sindical en Compostela, nas que se contará coa presenza do secretario xeral de LAB, Rafa Díez Usabiaga.
18/01/2008
Compostela
10:00h

Xornada formación
  180 persoas participaron na Xornada de Presentación de Resultados do Gabinete de Saúde Laboral da CIG
-Saúde Laboral
Este gabinete da CIG deu a coñecer dúas novas guías de prevención de riscos no traballo
180 persoas asisten á Xornada de Presentación de Resultados de Saúde Laboral
180 persoas encheron o salón de actos do Hotel Congreso de Compostela, onde na mañá do 11 de decembro se realizou a Xornada de Presentación de Resultados da actividade que desenvolveu durante este ano o Gabinete de Saúde Laboral da CIG. No acto déronse a coñecer dúas guías de prevención de riscos no traballo.
11/12/2007
Compostela
10:00h

Xornada de formación
  Sindicalismo feminino, logros e retos
-Encontros Muller
Sindicalismo feminino
Comezan os XII Encontros Sindicais da Muller en Vigo
Desde as nove da mañá, mulleres participantes das centrais sindicais comezaban unhas xornadas de traballo que xa son habituais ano pos ano na Comarca de Vigo. E é que daban comezo os XII Encontros Sindicais da Muller que este ano levaban por título “Sindicalismo feminino, logros e retos”.
23/11/2007
Vigo
09:00h

Encontros sindicais muller
  Homenaxe a Fernando Hoyos
-Homenaxe
O martes 6 de novembro en Vigo ás 20:30 horas
Galiza Sempre homenaxea a Fernando Hoyos, xesuita vigués morto en Guatemala en 1982
O Paraninfo do antigo Reitorado da Universidade será o escenario do acto de homenaxe a Fernando Hoyos que, organizado pola Fundación Galiza Sempre, terá lugar o martes 6 de novembro ás 20:30 horas e no que intervirán Santiago Domínguez, Gustavo Luca de Tena e Enrique Corral.
06/11/2007
Vigo
20:30h

Homenaxe a Fernando Hoyos
  Xornadas de debates sobre o franquismo contemporáneo
-Debates franquismo
O 23 e 24 de outubro en Compostela
A Fundación Galiza Sempre organiza debates sobre o franquismo contemporáneo
Estas xornadas de debate organizadas pola Fundación Galiza Sempre levan por título “O franquismo contemporáneo: memoria e secuelas”. Abordaranse temas como a clandestinidade, a vida galega baixo a ditadura, a represión franquista nos anos 60 e 70 ou a herdanza política franquista. As conferencias terán lugar no Auditorio da Fundación Caixa Galicia.
23/10/2007
Compostela
17:15h

Debates franquismo
  Terán que cumprir 7 anos de cadea se a presión social non o remedia
-Presión social
A marcha sairá da Alameda compostelá ás 12:30 horas do domingo 21 de outubro
A CIG chama a participar na manifestación convocada en apoio aos veciños do Eixo
A Unión Comarcal da CIG de Compostela chama a participar na manifestación convocada para o próximo domingo 21 de outubro en solidariedade cos veciños da parroquia compostelá do Eixo. Os tres condenados terán que cumprir, se a presión social non o remedia, sete anos de cárcere a partir do próximo 31 de outubro.
21/10/2007
Compostela
12:30h

Manifesta-
ción apoio veciños
O Eixo
  Polo uso da bici, por espazos e vías ciclistas, por un transporte sostible e ecolóxico.
-Vigo en bici
Sairá ás 11:30 da Praza do Rei
A CIG de Vigo apoia a manifestación deste domingo en bicicleta pola mobilidade sostíbel
Este domingo 30 de setembro, despois de celebrarse a semana da mobilidade en toda Europa, a cidade de Vigo tomará o relevo na reivindicación dunha mobilidade máis sostíbel e unha cidade máis humana con unha manifestación en bicicleta, convocada pola Asociación de Amigos e Usuarios da Bicicleta ‘A Golpe de Pedal’, e apoiada pola CIG.
30/09/2007
Vigo
11:30h

Domingo en bicicleta
  Non ao plus dos altos cargos
-Plus altos cargos
Os funcionarios/as asistentes manifestaron o seu rexeitamento ao plus dos altos cargos
Preto de 500 delegados/as da CIG dos sectores de Administración pública concéntranse ante San Caetano
Arredor de 500 delegados/as da CIG déronse cita diante da sede da Xunta de Galiza para manifestar o seu rexeitamento á disposición adicional 17ª, máis coñecida como “plus de altos cargos”, que permitirá aos funcionarios e funcionarias ex altos cargos obter de por vida, un complemento de destino de 14.721 euros anuais.
26/09/2007
Compostela
11:30h

Concentra-
ción contra plus altos cargos
  O BNG intentará se derogue o plus de altos cargos
-Economía social
Celebrarase o 26 de setembro a partir das 11:15 horas no salón de actos da CIG-A Coruña
Xornada de divulgación da Economía social
O salón de actos da CIG de A Coruña acollerá o mércores 26 de setembro, a partir das 11:15 horas, unha xornada de divulgación da Economía social na que se dará conta de diversas experiencias na materia.
26/09/2007
A Coruña
11:15h

Xornada Economía social
  Profesionais de todo o Estado español compartiron experiencias
-Riscos laborais CEE
Expertos de todo o Estado compartiron experiencias durante dous días no Pazo de Mariñán
Clausurado o Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's
Concluíron o Encontro e a Xornada de Expertos en Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego (CEE's) que organizou o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG no Pazo de Mariñán. Profesionais vidos de todo o Estado español compartiron experiencias durante dous días.
25/09/2007
A Coruña
10:00h

Xornadas prevención Riscos Laboraris CEE
  Aforo completo nas Xornadas de Conciliación e Igaualdade
-Xornada conciliación
Foron organizadas pola CIG da Comarca de Vigo
Máis de 100 persoas enchen o aforo das Xornadas sobre Conciliación e Igualdade no marco laboral
O venres 21 a sala de conferencias do Centro Social Caixanova de Vigo acollía as Xornadas sobre o novo panorama que se abre en cuestión de xénero despois dos cambios nas leis galegas e españolas. Debate, alto interese das ponencias e moi boa participación foron as notas dominantes neste encontro.
21/09/2007
Vigo
09:00h

Xornadas Conciliación e igualdade laboral
  Unha nova PAC para labregos e labregas
-Reclaman nova PAC
Na manifestación participaron 6.000 persoas da CNA, COAG e CPE, e coincidiu coa celebración do Consello Agrícola da UE
Centos de labregas/os da Galiza desprazáronse a Porto organizados polo SLG para reclamar unha nova PAC
Coincidindo coa reunión do Consello de Ministros de Agricultura da Unión Europea, máis de 6.000 labregos/as da Península Ibérica concentráronse o 17 de setembro en Porto para rexeitar a reforma da Política Agraria Común proposta pola Comisión Europea e para reclamar unha nova política agrícola europea.
17/09/2007
Porto, Portugal

Manifesta-
ción por outra PAC
 
 Máis cronoloxía: 2007 | 2006 | 2005
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta