| Contra a carestía da vida, salarios dignos |
10/03/2008 |
 |
A Unión Comarcal considera un insulto á
clase traballadora galega a visita que o monarca español realizará á cidade este día
A
manifestación de Ferrol será o acto central da CIG o 10 de Marzo
A tradicional manifestación de
Ferrol será de novo o acto central da CIG o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega. A marcha partirá
ás 19:30 horas do local do sindicato e rematará no Cantón. A Unión Comarcal manifesta
o seu total rexeitamento á visita que o monarca español fará a Ferrol neste día tan
sinalado para os traballadores do país.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita,
dobre resposta |
08/03/2008 |
 |
8 de marzo, Día da Muller Traballadora
Loitando
contra a dobre presenza: dobre loita, dobre resposta
A Secretaría da Muller da CIG
vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo
o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta”. Unha campaña que, alén de
denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión
que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Contra a carestía da vida, salarios dignos |
21/02/2008 |
 |
Contra a carestía da vida
Salarios
dignos
Na CIG tomamos a decisión de
mobilizarnos como Central Sindical para denunciar socialmente a perda constante da capacidade adquisitiva dos salarios.
Diferentes causas poden explicar as razóns polas que a clase traballadora está pagando un tributo
a modo de imposto, no que unha parte importante das nosas retribucións son transferidas á contabilidade
e beneficios das empresas; e cando os índices de pobreza dispáranse en Galiza, asociados a baixos
salarios e pequenas pensións.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Convenios e salarios dignos, sindicalismo galego |
10/03/2007 |
 |
|
Mil persoas secundan en Ferrol a manifestación
da CIG no Día da Clase Obreira Galega
10
de Marzo: Amador e Daniel, a loita continúa
 Cartaz en pdf. |
 |
| Mil persoas marcharon por Ferrol na manifestación
organizada pola CIG no Día da Clase Obreira Galega. Os actos comezaron no Inferniño cunha ofrenda
floral perante a estatua dedicada a Amador Rei e Daniel Niebla. A manifestación partiu deste mesmo lugar
e rematou no Cantón, onde o secretario comarcal da CIG, Xesús Anxo López Pintos, e o secretario
xeral, Suso Seixo, pronunciaron os discursos políticos. |
|
|
 |
 |
| Caixa de Resistencia e Solidariedade |
01/01/2007 |
 |
Na loita, resistir é vencer
Actívase
a Caixa de Resistencia e Solidariedade da CIG
O 1 de xaneiro de 2007 activouse a Caixa
de Resistencia e Solidariedade da CIG. “A Caixa de Resistencia Confederal constitúese como un acto de Solidariedade
de tódolos traballadores e traballadoras afiliadas á Confederación Intersindical Galega, co
obxecto de aumentar a eficacia sindical respaldando a súa acción nas folgas...”. (Artigo 1º
do Regulamento da Caixa de Resistencia Confederal).
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Non á nova contrarreforma laboral e social |
––/05/2006 |
 |
Balanzo do “Acordo para a Mellora do Crecemento
e do Emprego” asinado por CCOO, UGT, CEOE e Goberno estatal
Unha
nova negociación de costas á clase traballadora
O Acordo para a Mellora do Crecemento
e o Emprego que veñen de subscribir o Goberno estatal, a Patronal e os sindicatos CCOO e UGT supoñe
un novo capítulo da saga das reformas laborais negociadas e pactadas de costas á clase traballadora,
sen información nin participación ningunha por parte dos colectivos aos que se pretende regular.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Sinistralidade laboral, responsabilidade patronal |
10/03/2006 |
 |
10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
Sinistralidade
laboral, responsabilidade patronal
Naquel 10 de marzo do ano 1972 o que
demandaban os traballadores da Bazán en Ferrol podería ser considerado hoxe unha reclamación
de soberanía política para Galiza e un aserto anticonstitucional senón tivésemos conseguido
aínda o dereito a negociar os nosos convenios no noso país, nas empresas e nos nosos sectores.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Emprega o “a” |
08/03/2006 |
 |
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
Nomear
en feminino evita discriminacións no traballo
A Confederación Intersindical
Galega pretende coa campaña “Nomear en feminino evita discriminacións no traballo” difundir o emprego
dunha linguaxe con perspectiva de xénero. Un dos aspectos máis importantes na loita pola igualdade
real entre mulleres e homes pasa por poñer fin ao uso sexista da lingua, que non só reflexa a desigualdade
entre os sexos, senón que contribúe en gran medida a reforzar esta situación.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| Mobilicémonos contra a Directiva Bolkestein |
14/02/2006 |
 |
Contra a Directiva Bolkestein, manifestación
o martes 14 de febreiro as 11:30 horas na Praza da Palloza de A Coruña
A Unión Europea quere aplicar duras medidas contra os dereitos dos traballadores
A Unión Europea quere aplicar
medidas de flexibilidade e ampliación da xornada laboral, consideración do tempo de traballo inactivo
como xornada non laboral, medidas de desregulación para abaratar a man de obra como se fose mercadoría
e liberalización de sectores básicos de prestación pública que poderían ser
privatizados.
 Cartaz en pdf. |
 |
 |
 |
| 4º Congreso CIG: Organización e loita |
28/05/2005 |
 |
Organización e loita, garantía de
dereitos e liberdades
IV
Congreso da Confederación Intersindical Galega
Os días 28 e 29 de maio terá
lugar o IV Congreso da CIG baixo o lema “Organización e loita, garantía de dereitos e liberdades”.
O proceso precongresual comezou hai seis meses co debate das ponencias e a elección de delegados que representarán
a todas as estruturas e a afiliación no mesmo.
Documentos IV
Congreso CIG |
 |
 |
 |
| Contra a perda de poder adquisitivo e polo emprego
na nosa terra |
01/05/2005 |
|
|
 |
 |
| Na defensa dos dereitos sociolaborais |
10/03/2005 |
 |
10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega,
manifestacións en Pontevedra e Ferrol
Na
defensa dos dereitos sociolaborais
As protestas dos operarios da Bazán,
exixindo un convenio de factoría en oposición ao que había de ámbito estatal, foron
o xermolo do conflito que o Goberno quixo rematar cun peche patronal e á represión policial que deixou
dous mortos, Daniel e Amador, e ducias de feridos o 10 de marzo de 1972 en Ferrol.
En
defensa das liberdades socio-laborais
Reportaxe
gráfica |
 |
 |
 |
| Emprego e oportunidades para as mulleres |
08/03/2005 |
 |
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
Emprego
e oportunidades para as mulleres
Dos datos facilitados polo Instituto
Galego de Estatística, a través da Enquisa de Poboación Activa, temos que subliñar,
un ano máis, o dato da inactividade das mulleres, superior en 20 puntos ao dos homes. Os datos reflicten
que a taxa de actividade dos homes é dun 63,8% e a das mulleres un 45,5%. É dicir, hai un 55,5% de
mulleres inactivas fronte a un 36,2% de homes. |
 |
 |
 |
| Vota NON a esta Constitución Europea |
20/02/2005 |
 |
Por unha Europa dos pobos, solidaria e con xustiza
social
Esta
Constitución Europea NON
O vindeiro 20 de febreiro realizarase
no Estado español o Referendo para aprobar ou non a Constitución Europea. En principio, todo sinala
que a participación vai ser moi baixa; non pode ser doutro xeito xa que a preparación deste documento
básico se fixo á marxe dos cidadáns e cidadás, ás agochadas. |
 |
 |
 |
| Transformación da Secretaría da
Muller da CIG |
05/02/2005 |
 |
Desaparece como colectivo para formar parte das
estruturas de goberno do sindicato
Apróbase
por unanimidade a transformación da Secretaría da Muller da CIG
Con 92 votos a favor aprobábanse
os relatorios a debate no Congreso Extraordinario da Secretaría da Muller, celebrado o 5 de febreiro en
Compostela. Diste xeito, desaparece a Secretaría da Muller como colectivo para pasar a formar parte da estrutura
de goberno da Confederación Intersindical Galega. |
 |
 |
 |
| 1984-2004, 20 anos da 1ª folga xeral galega |
14/02/2004 |
 |
A CIG vai realizar exposicións, conferencias
e varias publicacións sobre o tema durante todo o ano
O
14 de febreiro cúmprense 20 anos da primeira folga xeral galega
O 14 de febreiro cúmprense vinte
anos da primeira folga xeral galega, por tal motivo a CIG vai realizar durante todo o ano diversos actos, aos que
se lle dará abondosa difusión, e editar varias publicacións para conmemorar a data. |
 |
 |
 |
| Salário digno, emprego fixo |
10/03/2003 |
 |
Salário
digno, emprego fixo
É o lema para conmemorar unha
data tan sinalada, un día no que simbolizar a loita das traballadoras e traballadores galegos por mellorarmos
as nosas condicións de vida e de traballo, así como a loita por conquistar un marco próprio
de relacións laborais e a plena soberanía política para o noso povo.
Perto de 3.000 persoas nas manifestacións do Día da Clase Obreira
Galega
Nas dúas manifestacións
realizadas co gallo do Día da Clase Obreira Galega mobilizáronse en Ferrol e Vigo unhas mil cincocentas
persoas en cada unha das dúas cidades galegas. Este ano a convocatoria tiña como lema: “Salario digno,
emprego fixo”. |
 |
 |
 |
| En Galiza, convénios galegos, emprego e
salários dignos |
01/05/2002 |
 |
1º de Maio, Dia do Internacionalismo Proletário
Salários
dignos, convénios galegos
Son moitas, demasiadas, as razóns
que temos neste 1º de Maio a clase traballadora para mobilizar-nos, e son maiores se sumamos a nosa condición
de galegos e galegas a toda agresividade política do Partido Popular en matéria de rendas, de fiscalidade,
de reformas laborais, educativas, de pensións e de diminución das prestacións sociais.
A
CIG acada este ano as maiores manifestacións do 1º de maio
Reportaxe gráfica |
 |
 |
 |
| As migracións e a súa integración
socio-laboral na comarca de Vigo |
22/03/2002 |
 |
Xornada de debate
As migracións e a súa integración socio-laboral na comarca
de Vigo
A globalización e as políticas
neoliberais aplicadas na terceira parte do mundo trouxeron como consecuencia o desprazamento de millóns
de persoas que deambulan por distintos espacios xeográficos na procura dun traballo e unha vida digna. |
 |
 |
 |
|