-Dados sobre Galiza / História de Galiza

GalizaCIG-

Ir á páxina de inicio
Dados sobre Galiza
 

TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | História de Galiza

Situación xeográfica de Galiza

 
 

Território


Superfície: 29.434 km2.

Altitude: A maior parte do território de Galiza, o 51,66%, está a unha altitude entre 200 e 600 metros sobre o nível do mar. Do 48,34% restante, o 16,93% está a menos de 200 metros de altitude, o 24,67% entre os 600 e 1.000 metros e o 6,74% restante en cotas que superan os 1.000 m de altitude.

Costa: Galiza comprende 1.195 km de costa moi recortada, que dá orixe ás rias de Baiona, Vigo, Pontevedra, Arousa, Muros e Noia, Corcubión, Camariñas, Corme e Laxe, A Coruña, Betanzos, Ares, Ferrol, Cedeira, Ortigueira, O Barqueiro, Viveiro, Foz e Ribadeo.

Límites: Os límites de Galiza son: polo leste, as autonomias españolas de Astúrias e Castela-León; polo sul, Portugal; polo oeste, o Océano Atlántico; e polo norte, o Mar Cantábrico.

Uso da terra: A terra dedica-se a cultivos no seu 19, 5%; a prados, no 12,8%; a usos forestais, no 61,17% (dos que o 27,45% son para monte madeirábel); e o resto (7,25%) é improdutiva.

Clima: As temperaturas médias nas principais cidades galegas, segundo dados do ano 1993, foron as seguintes: A Coruña, 14,3ºC; Lugo, 11,2ºC; Ourense, 13,9ºC; Santiago de Compostela, 12,4ºC; e Vigo, 13,5ºC.

Precipitacións: A Coruña, 1.010 litros por metro cadrado; Lugo, 1.088 l/m2; Ourense, 810 l/m2; Santiago de Compostela, 1.872 l/m2; e Vigo, 1.695 l/m2.

Humidade relativa: O grao de humidade relativa média (1993) foi: A Coruña, 80%; Lugo, 80%; Ourense, 72%; Santiago de Compostela, 85%; e Vigo, 81%.

Dias despexados (1992): Vigo, 108; Santiago de Compostela, 71; Ourense, 67; A Coruña, 59; e Lugo, 28.

Volver ao princípio


TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | História de Galiza


Povoación


Povoación: O censo de 1991 daba unha povoación de 2.720.000 persoas de feito e 2.732.000 de direito. Segundo a rectificación dos padróns municipais de 1996, a povoación de direito era de 2.743.760 habitantes.

En 1787 a povoación de Galiza estimaba-se no 12,9% do total do Estado español. Desde entón diminuíu constantemente até o 6,9% actual, especialmente por mor da emigración.

Emigración: Calcula-se que no século XIX emigraron 900.000 persoas de Galiza. No século vinte, e só entre os anos 1900 e 1960, cara a América foron 1.467.000 habitantes. Desde 1960 a 1980 a emigración calcula-se en 500.000 persoas máis. En total, desde primeriros de século, perto de 2.000.000 de emigrantes de xeito permanente, o que vén a supoñer o 40% dos nacidos no país e o 2/3 da povoación actual de Galiza. Ainda hoxe viven na emigración perto dun millón de galegos, asi como vários millóns de fillos e netos de galegos.

Os principais pontos de destino permanente da emigración foron Arxentina, Cuba, Uruguai, Brasil e Venezuela, en América; e Euscadi, Barcelona e Madrid, no estado español. Pero tamén cabe destacar Panamá, Estados Unidos, Colómbia, Peru, República Dominicana, Austrália e Canadá, asi como unha corrente migratória a Portugal, especialmente á cidade de Lisboa.

Cidades e vilas: A capital de Galiza, Santiago de Compostela, conta con 91.043 habitantes.

A povoación nos concellos das cidades máis importantes de Galiza é: Vigo, con 290.582 habitantes; A Coruña, 254.822; Ourense, 98.207; Ferrol, 85.557; Lugo, 78.587; e Pontevedra, 51.404.

Nas vilas máis importantes: Monforte de Lemos, 15.907 habitantes; Marin, 14.521; Vilagarcia de Arousa, 13.267; As Pontes, 10.422; Carballo, 10.381; Betanzos, 9.224; Ribeira, 9.019; Burela, 7.743; O Barco de Valdeorras, 7.588; O Carballiño, 7.476; Verin, 7.094; O Grove, 6.831; Noia, 6.644; Lalin, 6.463; A Estrada, 6.218; Sárria, 6.202; A Guarda, 6.154; Redondela, 5.848; Viveiro, 5.821; Cambados, 5.610; e Cangas, 5.466.

Hai 25.665 aldeas e lugares con menos de 100 habitantes; 3.148 que teñen entre 101 e 500 habitantes; 289 povoación entre 5.001 e 2.000 habitantes; 48 vilas entre 2.001 e 5.000 habitantes; 22 vilas entre 5.001 e 20.000 habitantes, e sete cidades con máis de 50.000 habitantes.

Evolución e tipo de povoamento: No ano 1950 a poboación residia nun 13,8% nas cidades; nun 1,6% nas vilas (de 5.001 a 20.000 habitantes); nun 7,2% nas poovacións (entre 1.001 e 5.000); e nun 77,1% nos lugares e aldeas de menos de 1.000 habitantes.

No ano 1991, para os mesmos valores, as cifras eran: 31,07% nas cidades, 6,58% nas vilas, 9,85% nas povacións, e 52,49% nas aldeas e lugares. Nas aldeas e lugares de menos de 500 habitantes vivian 1.282.373 persoas, o 47,13% da povoación total de Galiza.

Galiza é ainda hoxe unha nación rural, mália que o sector primário ocupara en 1991 ao 19% da povoación.

Volver ao princípio


TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | História de Galiza


Idioma


O galego é a lingua maioritária e co-oficial en Galiza.

O coñecimento do galego é o seguinte: entende-no o 97,7% da povoación, fala-no o 91,4%, le-no o 49,9% e escrebe-no o 34,8%.

O uso do galego é o seguinte: usa-o sempre o 55% da povoación; ás veces, o 33, 37%; e nunca, o 6%. Do resto, non consta.

Entre a povoación activa (censo 1991) fala-no sempre: no agro e pesca, o 90,5%; na indústria, o 53,3%; na construción, o 92,3%; e nos servizos, o 42,1%.

Ten o galego como língua inicial: o 76,9% da clase baixa; o 72,6% da clase média-baixa, o 52,1% da clase média e apenas un 29,6% da clase média-alta.

Durante séculos o castelán foi imposto como língua polo Reino de España. Desde a caída da dictadura franquista, coa imposición do modelo autonómico, o galego é idioma co-oficial. O castelán ou español é o idioma cotián dos meios de información, das empresas e dos estratos economicamente máis fortes da sociedade galelga, e ten priviléxios evidentes frente ao galego. Hai unha emisora de rádio e outra de TV pública que transmiten só en galego, asi como un xornal e un semanário, ambos de empresas privadas.

Volver ao princípio


TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | História de Galiza


Emprego


Un dos problemas máis graves da Galiza actual é a falla de traballo, especialmente asalariado, que ten como consecuéncia unha enorme taxa de paro, ao que hai que engadir a eventualidade laboral (un 34% dos contratos de traballo), a temporalidade e a precariedade. O desemprego afecta sobretodo á mocidade, ás mulleres e aos maiores de 45 anos. Asi mesmo, os salários en Galiza son máis baixos que a média do estado español. Esta desigualdade incrementa-se moito máis nas áreas industriais, nas áreas onde se concentran os servizos turísticos, e no aparello administrativo do Governo central.

Ano

Agro/Pesca

Indústria

Construción

Servizos

Ocupación

1976

579.350

205.150

93.650

325.380

1.205.502

1980

471.180

183.290

105.510

327.460

1.089.420

1984

448.860

164.610

71.850

330.510

1.089.420

1988

408.410

150.200

87.390

395.650

1.043.638

1992

282.370

160.140

97.640

434.200

976.342

1996

235.210

142.110

94.480

439.120

912.916

Galiza, nas duas últimas décadas, perdeu 290.000 postos de traballo, especialmente na agricultura pero tamén no sector industrial. A entrada na Unión Europea e os acordos péevios ao ingreso afectaron á produción naval e aos sectores lácteos e pesqueiro.

Pola sua banda, a povoación asalariada praticamente se mantivo estancada nos últimos vinte anos, mentres diminuía dun xeito abraiante a povoación activa e medraba o paro.

Ano

Povoación activa

Parados/as

Asalariados/as

1976

1.225.416

19.910

494.430

1980

1.146.060

54.640

500.080

1984

1.192.504

134.690

453.490

1988

1.189.198

145.560

509.610

1992

1.162.402

186.060

553.530

1996

1.121.066

208.150

538.770

 Na actualidade, a povoación ocupada en Galiza por actividade é a que se reflecte no cadro seguiente:

Povoación ocupada por ramas de actividade económica

Actividade económica

1995

1996 

Agricultura, gandaria, caza e selvicultura

215.800

183.400

Pesca e piscultura

30.500

33.200

Indústrias extractivas

9.500

7.900

Produción, transporte e distribución de enerxia eléctrica, gas e auga

3.300

5.800

Coquerias, fabricación de produtos químicos e produción de metais

171.100

18.100

Fabricación de produtos metálicos. Construción de máquinas e material mecánico

12.800

13.600

Fabricación de material de transporte

22.400

27.500

Indústrias de productos alimentários, bebidas e tabacos

29.800

25.000

Indústrias de téxtil, coiro e calzado

14.100

20.200

Indústrias de madeira e cortiza

11.900

11.000

Indústrias de papel, artes gráficas e edición

5,200

4,400

Outras indústrias manufactureiras

12.400

13.100

Construción

95.900

97.200

Comércio por xunto e polo miúdo

105.900

111.400

Venda, reparación e mantimento de veículos a motor. Gasolineiras

24.100

22.300

Hoteis, restaurantes e bares

47.100

39.600

Transporte e comunicación

42.900

44.000

Institucións financeiras e de seguros

16.500

18.200

Educación

46.500

46.900

Sanidade

36.700

36.800

Administración pública, defensa e S.S.

45.500

41.900

Outros servizos

68.200

78.100

TOTAL

914.100

899.400

Volver ao princípio


TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | História de Galiza

 

Economia


Produción: Galiza ten o 7% da povoación do estado español e produce o 82% da produción agrária, o 42,7% da pesqueira, o 19,3% da produción mineira, e o 12,2% da enerxia eléctrica, cun 7,6% da povoación activa. Pero os/as asalariados/as na indústria son só o 5,6% e a produción industrial o 4,3%. O Produto Interior Bruto (PIB) por traballador/a ocupado/a só chega ao 71,5% da média do estado español. Galiza é a maior produtora de peixe, madeira, leite, millo, patacas, caolin, lousa e granito do Estado español. A capacidade de compra por habitante en 1986 consideraba-se do 62,3% respeito da média da Unión Europea.

Poñemos como exemplo desta capacidade produtiva primária, que maoritariamente non se transforma no país, os seguintes cadros sobre produción de enerxia eléctrica, produtos de canteira, madeira e pesca.

Produto

1989

1993

Madeira (m3)

42,40

52,00

Pesca (peso)

59,70

53,00

Pesca (valor)

42,70

38,70

Carne bovino (tm)

10,00

11,10

Carne ave (tm)

14,60

12,20

Leite (tm)

33,00

30,90

Minaria (tm)

15,30

14,60 (1992)

Enerxia eléctrica (tm)

11,40

11,50 (1992)

Fonte: IGE

Esta produción, para unha povoación que representa o 6,9% do total do estado español en 1995. Por outra parte, o peso da economia galega no conxunto do Estado praticamente permaneceu estancado.

Porcentaxe da economia galega no estado español

 

1955

1975

1979

1985

1991

1996

PIB G/EE

5,99 

5,61 

6,20 

5,81 

5,72 

5,75 

Indústria G/EE

3,63 

4,56 

5,05 

5,30 

5,24 

5,17 

Fonte: BBV, FIES

Comércio exterior: Reflecte-se a seguir, en grandes números, o comércio exterior galego a partir das Táboas Input-Output de 1980 e 1990.

Relacións de bens e servizos de Galiza co exterior

Lugar/conceito

Exportacións

Importacións

Saldo

Cobertura

Estado español

393.967

83,47

405.115

-11.148

97,03

Resto do mundo

78.415

16,53

178.617

-100.202

85,30

Total 1980

472.382

100,00

583.732

-111.350

80,96

Estado español

1.214.593

80,93

1.163.461

51.132

104,38

Unión Europea

228.036

15,20

205.994

22.042

111,21

Resto do mundo

57.840

3,87

146.641

-88.801

39,04

Total 1990

1.500.469

100,00

1.512.848

-12.379

99,20

Comproba-se que Galiza ten unha balanza de bens e servizos equilibrada. Mais, durante 1996, o comércio exterior cos países de fóra do estado español praticamente está igualado, tal como se pode ver no cadro seguinte:

Comércio exterior (agás estado español) - Ano 1996

Área/conceito

Importacións

%

Exportacións

Saldo

Cobertura

Unión Europea

485.362

64,33

567.781

82.419

116,98

Resto de Europa

30.838

4,10

26.304

-4.533

85,30

Estados Unidos

33.750

4,45

17.281

-16.469

51,20

Resto do mundo

205.359

27,12

124.591

-80.767

60.67

Total

755.310

100,00

735.958

-19.351

97,44

  Volver ao princípio


TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | História de Galiza


Institucións


Galiza está dividida en:

Catro províncias.

Trescentos quince concellos.

Ten un Parlamento autonómico con 75 deputados, elexidos cada catro anos. A composición actual do Parlamento de Galiza (eleccións do 19 de xuño de 2005) é de 37 deputados/as conservadores do Partido Popular (PP), 25 deputados/as socialdemócratas do Partido Socialista Obrero Español (PSOE) e 13 deputados/as nacionalistas de esquerda do Bloque Nacionalista Galego (BNG).  

 
 
História de GalizaVolver ao princípio
 

TerritórioPovoación | Idioma | Emprego | Economia | Institucións | Dados sobre Galiza

 
 

Cronoloxia histórica de Galiza

3500 aC Período megalítico. De importáncia en Galiza con moita mámoas, antas, dolmens.
1200-1000 aC Povos indoeuropeos invaden Galiza, traendo a cultura do bronce.
1000-300 aC Povos celtas chegan a Galiza. Nacimento da cultura castrexa. Idade de Ferro.
135 aC Xúnio Bruto fai incursións en Galiza.
60 aC Xúlio César afianza a sua presenza en Roma.
29-17 aC Augusto consegue o definitivo asentamento, comeza a romanización. Sobre esta data Estrabón xa fala dos Kallaikoi (galegos).
77 O censo romano dá 175.000 habitantes libres no convento de Braga, 166.000 no de Lugo e 240.000 no de Astorga.
411 Chegada dos suevos, que fundan un reino que dura case que dous séculos con capital en Braga. Suman entre 30.000 e 50.000.
500 Chegada dos bretóns. Estabelecen-se na área de Bretoña, Mondoñedo, na mariña de Lugo.
572 Segundo Concílio Bracarense. Afonda na organización administrativa da Igrexa sueva.
585 Invasión visigoda e anexión do Reino suevo.
714 Chegada dos musulmáns a Galiza. Grandes zonas non foron ocupadas.
740 Os musulmáns abandonan Galiza.
813 Descobrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago.
844 Chegada dos viquingos (procedian do leste de Irlanda). Hai sete invasións, que continuan até meados do século XI. A máis importante foi entre 966 e 968, permanecendo dous anos en território galego viquingos procedentes da Normandia.
910 Ordoño II, rei de Galiza.
982 Bermundo II, rei de Galiza.
997 Expedición de Almanzor.
106-1072 Reinado de Garcia. Esta e a última vez que Galiza ten rei próprio.
1092-1107 Raimundo de Borgoña, Conde de Galiza, só da parte norte.
1100 Xelmírez converte-se en bispo de Santiago de Compostela.
1110 Afonso Ramírez é coroado en Santiago como rei de Galiza.
1116-1117 Revoltas comunais en Santiago. A raíña Urraca é apedrada e arrastada polas ruas.
1126 Afonso I de Galiza converte-se en Afonso VII de León e Castela.
1128-1139 Afonso Henriques, conde de Portugal, subleva-se contra sua nai. Nace Portugal. Consuma-se a división de Galiza. No fin do século XII aparecen as primeiras composicións literárias en galego. Unha estrofa do poeta provenzal Raim-Baut de Vaqueiras e poemas do xograr Paio Soares de Taveirós, e do rei de Portugal Sancho I.
1248 Na conquista de Sevilla participan numerosos cabaleiros galegos.
1348 Peste negra.
1366-1387 Guerra de Sucesión.
1369 Fernando I de Portugal invade Galiza, sendo recebido con honras nas cidades, que lles abren as portas ás suas tropas.
1386 O duque de Lancaster desembarca na Coruña e entra triunfalmente en Santiago. Permanece coas suas tropas en Galiza até o ano seguinte, cando a peste negra o obriga a retirar-se.
1418 Os burgueses de Santiago organizan unha Irmandade para ceibar-se do señorio eclesiástico.
1419 Revolta en Ourense contra o bispo.
1431 Primeira Guerra Irmandiña. Comeza nas terras de Andrade e afecta ao norte do país. O seu dirixente é Roi Xordo.
1453-1454 A peste asola Galiza.
1466-1469 Revolucións Irmandiñas. Levantamento de 80.000 labregos, destrución de castelos. Penetran en Galiza tres exércitos nobiliários.
1472 Caen os derradeiros redutos irmandiños.
1483 Os consellos solicitan a galeguización da Santa Irmandade.
1483-1486 Comeza a castración e doma do Reino de Galiza polos reis de Castela. Estrañamento da nobreza.
1490 Instala-se en Ourense a primeira imprensa de Galiza.
1525 Fundación da Universidade de Santiago de Compostela.
1573 Perda dos direitos de arribada do comércio de América.
1575 Primer auto de fe da Inquisición.
1589 Drake cerca A Coruña e saquea Vigo.
1610 Comeza a introducir-se no Barbanza o cultivo do millo.
1617 Cangas é saqueada polos piratas berberiscos.
1622 Recuperación do voto en Cortes.
1633 Construción dunha armada galega para a defensa da costa.
1685 Os flamencos Adrán Roo e Baltasar Kiel instalan en Sada a primeira indústria téxtil do país, destinada a producir lona e velas para os navios da armada.
1726 Fundación do asteleiro real de Ferrol.
1741 Fundación da "Congregación de Naturales y Originarios de Galicia" en Madrid. É a primeira institución coñecida criada pola emigración.
1749 Comeza a construción da estrada A Coruña-Madrid.
1750 Novas artes de pesca e xeitos de salgar.
1773-1779 Expedicións de famílias galegas para povoar Uruguai e a Patagónia.
1797 Segundo o censo de Godoy, o país ten 1.400.000 habitantes.
1802-1812 Loita contra as tropas napoleónicas que invadirán toda a Península.
1815 Pronunciamiento de Polier na Coruña en prol dun réxime liberal. Ferrol une-se ao erguimento.
1820 Subleva-se a guarnición da Coruña conta o réxime absolutista. Suman-se as tropas de Ferrol, Vigo e Pontevedra.
1833 Desaparición formal do Reino de Galiza, que é dividido en cuatro províncias.
1846 Levantamento de Solis en Lugo. Organiza-se unha Xunta Suprema do Governo de Galiza. Solis é fusilado en Carral canda outros sublevados, despois de ser derrotado en Cacheiras.
1855 Motins en Santiago pola fame.
1856 Banquete de Conxo, acto no que participan Pondal e Murguia, para "dignificar a Galiza".
1861 Nace en Vigo Ricardo Mella, o máis importante teórico do anarquismo galego.
1863 Rosalia de Castro publica "Cantares Gallegos".
1865 Aparece en Ferrol o primeiro volume da "Historia de Galiza" de Benito Vicetto.
1868 Erguimento da escuadra de Ferrol contra Isabel II. Resisténcia ó cobramento das contribucións na província de Ourense.
1869 Revoltas dos republicanos en Ourense, que se estenden á Coruña.
1871 Resisténcia e amotinamento de labregos contra as contribucións en várias localidades (Dozón, Maceiras, Vilatuxe, Sárria, Quiroga, Chantada, Monforte, Ponteareas, Becerreá, As Nogais, Melide, Bóveda...). Amotinan-se máisde 1.500 labregos en Maceda contra os impostos.
1873 Cria-se o Partido Republicano Federal Galego, que reclama un governo próprio para Galiza. Inaugura-se o ferrocarril Santiago- Carril. Revolta en Xinzo e Bande. Motins labregos contra os impostos en várias vilas e bisbarras. Motins contra a chamada a quintas (incorporación ao exército).
1879 Funda-se o Centro Galego de Montevideo, o máis antigo do mundo.
1885 Aparece en Cuba "A Gaita Gallega", primeira publicación modema integramente en galego.
1889 Constitue-se en Compostela a Asociación Rexionalista Galega.
1891 Cria-se en Ferrol a primeira agrupación socialista de Galiza.
1901 Constitución da Unión Obrera Galaico-Portuguesa en Tui.
1907 Nacen as primeiras organizaci6ns agrárias.
1916 Fundación das Irmandades da Fala na Coruña. Inícia-se en Pontevedra a loita contra o sistema foral, que atinxirá a todo o país.
1918 A Asemblea Nacionalista de Lugo elabora un programa reivindicativo, reclama a coficialidade de galego e castelán.
1921 Constitución da Federación de Sociedades Galegas en Bos Aires.
1922 Fuco Gómez funda na Habana o "Comité Revolucionario Arredista Galego".
1924 Criannse en Pontedeume as primeiras cooperativas leiteiras de Galiza.
1926 O governo de Primo de Rivera aproba o Decreto Lei de redención forzosa dos foros.
1929 Nace ORGA (Organización Republicana Gallega).
1931 Fundación do Partido Galeguista.
1936 Referendo e aprobación do Estatuto de Autonomia.
1936-1939 Guerra Civil.
1940-1954 Actividade guerrilleira contra a ditadura franquista. Alta represión contra a esquerda e o galeguismo: fusilamentos, paseos...
1944 Castelao publica o "Sempre en Galiza". Constitue-se o Consello de Galiza, en Montevideo.
1950 Morte de Castetao en Bos Aires. Fundación da editorial "Galaxia".
1951 Fusilamento de Foucellas.
1958 Nace en Madrid o grupo "Brais Pinto".
1959 Primeiro Congreso da Emigración Galega en Bos Aires.
1959 Un comando secuestra a nave Santa María, dirixido por Pepe Velo.
1962 Protestas de labregos contra a concentración parcelária en Mazaricos.
1963 Constitución do Consello da Mocidade.
1964 Nacimento do Partido Socialista Galego e da Unión do Pobo Galego.
1965 Morte do guerrilleiro "Piloto" a mans da Garda Civil.
1967 Morte do guerrilleiro "Curuxas".
1968 Mobilización estudantil en Santiago de Compostela.
1972 Grandes folgas en Vigo e Ferrol en marzo e setembro. Morte de dous traballadores de Bazán. Dúcias de feridos e detidos. Nacen Organización Obreira e Galicia Socialista. En decembro nace Estudantes Revolucionários Galegos (ERGA).
1973 Constituen-se as Comisións Labregas (CCLL).
1974 Primeiro número do boletin "Eixo".
1975 Constitución do Sindicato Obreiro Galego e da Unión de Traballadores do Ensino de Galiza (UTEG). Morte de Moncho Reboiras pola policia franquista. Constitución da Asemblea Nacional Popular Galega. Folga durante a construción da central eléctrica de ENDESA nas Pontes.
1976 Constitue-se a Intersindical Nacional Galega, integrada por vários sindicatos sectoriais (SOG, UTEG, UTBG, UTSG, SGTM...). Folga do transporte de Pontevedra.
1977 Legaliza-se a Intersindical (Intersindical Nacional Galega, ING), Garcia Montes é nomeado primeiro Secretário Xeral da ING. Manifestación contra a construción da central nuclear de Xove. Mobilizacións labregas nas Encrobas. Folgas no camiño do Caramuxo e Metalúrxica. Despedimentos en Cablerias Conductoras. Folga da construción en Lugo. Comeza a loita dos traballadores/as de Corffi, O Porriño, contra o peche. Folga de 25 dias en Planosa, Vigo. Catro dias de folga na construción en Ourense.
1978 Folga do leite, eleicións ás Cámaras Agrárias. Xomadas de loita convocadas en toda Galiza pola ING. Loita de Ascón contra o seu peche. Folga da Construción en Lugo. A ING consegue 850 delegados nas primeiras eleicións sindicais.
1979 Convénio Marco CEOE-UGT. Folga do metal en A Coruña.
1980 Referendo do Estatuto de Autonomia. Galiza é recoñecida como nacionalidade histórica, pero con competéncias limitadas.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 03/08/2005
cig.informatica