Guia Laboral Básica 2000
Prólogo

Guia Laboral Básica 2000Esta Guía de Lexislación Laboral e Social, é un resume da lexislación e das normas que regulan os dereitos dos traballadores que son de aplicación en Galicia. Coa súa publicación a CIG pretende contribuir a difundir entre os representantes sindicais nacionalistas aspectos básicos do dereito do traballo que sexan de utilidade na acción sindical cotián.

Dende a anterior guía editada en Decembro do 1994, moitos foron os acontecementos sindicais e políticos e moitos os cambios ocorridos na lexislación que afecta ás relacións laborais. A CIG quere dar cumprimento ao compromiso de continuar coa edición e divulgación da lexislación laboral de xeito que sexa asequibel aos representantes dos traballadores.

Eiquí está, pois, esta nova edición actualizada a Xaneiro do 2000 introducindose no texto aquelas modificacións producidas polos recentes cambios lexislativos incluída a Lei de Presupostos para o ano 2000.

Na anterior guía faciamos crítica da reforma laboral do ano 94 que tan graves consecoencias tiveron nas condicións de vida e traballo dos asalariados galegos. Posteriormente deuse unha nova reforma laboral a do ano 97 que non so consolidou os elementos negativos da anterior senon que incorporou novas figuras como o abaratamento e as facilidades que se dan para o despido de traballadores por causas ouxetivas e que contou coa complicidade do sindicalismo español de CCOO e a UGT nun pacto social cun goberno de dereitas como o do PP que supón unha nova traición aos intereses dos traballadores.

Con posterioridade diversas reformas lexislativas introduciron mais flexibilidade na contratación de traballadores, que complementado coa introducción das Empresas de Traballo Temporal contribuiron consolidar un panorma de desemprego e precariedade laboral. Esta situación nos fai retroceder no tempo a condicións de traballo próximas ao exclavismo, onde se priva de todo dereito aos traballadores, recortando gravemente o dereito do traballo e cambiando a correlación de forzas nas empresas en favor dos empresarios e sobre de todo das grandes multinacionais. Esta situación introduce dificultades engadidas á hora de organizar aos traballadores e defender os seus intereses dende un sindicalismo xenuinamente de clase.

Dende o sindicalismo nacionalista que representa a CIG continuamos a loitar por políticas que favorezan o pleno emprego, un emprego de calidade que remate coa temporalidade e a precariedade. Pola reducción da xornada laboral a 35 hs. semanais sen reducción salarial. Pola ampliación da corbertura de desemprego a todos os parados. E por un salário social que dé cobertura aos mais desfavorecidos da sociedade, para facilitar a súa integración social e unhas condicións de vida dignas.

Por eso seguimos a pular por un Marco Galego de Relacións Laborais, para que Galicia teña plena capacidade para lexislar en materia laboral e social. Para iso poñemos en práctica un sindicalismo combativo, non pactista, de clase e participativo, impulsando que os traballadores galegos sexan os decisivos protagonistas do seu futuro.

No ano de Castelao, saúde e terra !!!

Vigo, xaneiro de 2000.

Xosé Lois Romero Falque,
secretario confederal de Formación Sindical


Ver a táboa de contidos | Descargar o documento



Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega

ÚLTIMA REVISIÓN: 04/02/2000