| |
|
|
| |
| |
|
Convenio de Aforro 2007
Polo Convenio Galego de Caixas de Aforros
|
 |
 Comunicado nº 10
25/10/2007
Poderán abrir polo serán,
os sábados e non hai ¼ de paga |
O 24 de outubro os sindicatos empresariais CCOO
e CSICA asinaron o Convenio de Aforro, o de menor apoio sindical na historia do sector. Nun alarde propagandístico,
dicían que conseguiran un ¼ de paga, a suba do Plus Convenio e librar ata o 50% dos xoves polo serán.
Unha vez analizado non atopamos o ¼ de paga, non libraremos o 50% dos xoves polo serán e inclúe
a posibilidade de abrir polas tardes e incluso os sábados. |
 Comunicado nº 9
11/10/2007
O preacordo abre a porta para abrir polas
tardes |
Mentres a CIG se mobilizaba en contra da apertura polas tardes, o resto da representación sindical e a patronal
mantiñan de novo reunións clandestinas nas que volvían a falar da apertura polas tardes. Este
preacordo non foi presentado na Mesa legalmente constituída para negociar o convenio. |
 Comunicado nº 8
26/07/2007
Todos querían abrir polas tardes |
Hoxe coñecemos que viuse dando un proceso
de negociación por fóra da mesa entre a patronal e o resto de sindicatos que forman parte da Mesa
de Negociación, que tiña como obxectivo a apertura das oficinas das caixas de aforro todos os días
pola tarde. A curto prazo poderíamos asistir á sinatura de un convenio de trámite con moi
escaso contido. |
 Comunicado nº 7
12/07/2007
As caixas rachan a negociación |
ACARL non presentou proposta de convenio e nun
acto de irresponsabilidade solicitou o aprazamento da negociación sen data, debido segundo as caixas ao
alto custe económico das propostas sindicais en comparación co convenio da banca privada. Nunha estimación
estritamente economicista, din que as plataformas sindicais teñen un custe global dun 16%. |
 Comunicado nº 6
18/06/2007
Desigualdade |
Tal e como estaba previsto, na reunión do
luns 18 os sindicatos presentaron propostas en materia de Igualdade e Conciliación da vida laboral e familiar.
Dende o principio da negociación os sindicatos explicaron as súas plataformas de xeito máis
que pormenorizado. Pola contra, a patronal continuou calada e sen facer ningún tipo de contrapropostas. |
 Comunicado nº 5
29/05/2007
Carreira Profesional e Mobilidade Funcional |
O día 29 de maio tivo lugar a reunión
prevista da Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Caixas de Aforros na que se abordou a materia relacionada
coa Carreira Profesional. Pola súa parte, a CIG incidiu tamén en medidas que teñen como fin
limitar e un dos puntos máis lesivos do anterior Convenio: a Mobilidade Funcional. |
 Comunicado nº 4
08/05/2007
Din que as caixas van ben, pero piden recortes
salariais |
As empresas recoñecen que as caixas van
moi ben, pero piden recortes salariais. Neste senso, continúan defendendo a eliminación da antigüidade,
transformándoa nunha retribución variable, entre outras cuestións. Isto foi rexeitado de plano
pola CIG, xa que sería transformar salario fixo en salario incerto. |
 Comunicado nº 3
20/04/2007
Os estupefactos |
Unha vez máis a negociación do Convenio
Colectivo das Caixas de Aforros dá mostras da degradación máis absoluta do Marco de Negociación
Centralista. Cando xa levamos 4 meses sen convenio, as Caixas aínda non fixeron ningún tipo de proposta
na Mesa Negociadora, tratando de dilatar ata o infinito a negociación. |
 Comunicado nº 2
29/03/2007
A patronal descubre as súas intencións |
Na primeira reunión do Convenio para as
Caixas de Aforro, a CIG fixo entrega da súa Plataforma e explicou as liñas básicas do que
debe ser o novo convenio colectivo. ACARL, pola súa parte fixo unha exposición xeral sobre contidos,
incidindo na necesidade de flexibilizar aínda máis a xestión dos recursos humanos. |
 Plataforma CIG para o Convenio de Aforro 2007 |
 Comunicado nº 1
08/03/2007
Comeza a negociación do Convenio |
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller
Traballadora, vén de constituírse en Madrid a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Aforro. Unha
vez máis, a CIG está presente nesta Mesa para que a voz dos traballadores e traballadoras das Caixas
de Aforros en Galiza se escoite directamente e para trasladar todas as súas xustas reivindicacións. |
|
| |
| |
|
XXI Convenio da Banca Privada
Polo Convenio Galego da Banca
|
 |
 Comunicado nº 10
21/06/2007
A CIG contestou a un mal preacordo con
mobilizacións |
Co preacordo acadado entre a patronal AEB e os
sindicatos CCOO e UGT, negociado fóra da mesa de negociación legalmente constituída, o sindicalismo
centralista pretende aplicar no sector o Pacto de Contención Salarial, que se traduce en perda de poder
adquisitivo para o ano 2007 e contención salarial para os vindeiros 3 anos restantes. |
 Comunicado nº 9
07/06/2007
Reflexión... para que? |
Rematadas as reflexións sobre as distintas
propostas tanto sindicais como patronais, e non dando máis de si a Mesa negociadora, a patronal comprométese
a traer unha nova proposta de Convenio para o día 20 de xuño. |
 Comunicado nº 8
19/05/2007
A negociación en punto morto |
Na reunión celebrada o 18 de maio, a CIG
rexeitou a proposta da patronal bancaria AEB, que pide unha reflexión por ambas partes cara a vindeira reunión
prevista para o día 7 de xuño. En todo caso a reflexión por parte da CIG xa está feita:
“se queremos que a patronal se mova, teremos que movernos”. |
 Comunicado nº 7
27/04/2007
A patronal responde...
á baixa |
Na reunión do 26 de abril, e despois de
lembrar que as reivindicacións sindicais implicaban un encarecemento dos custes nun 35%, a patronal fixo
unha proposta que está moi lonxe das reivindicacións dos traballadores/as. Seguen sen aportar solucións
aos problemas e sen introducir medidas que permitan participar da boa marcha das empresas. |
 Comunicado nº 6
19/04/2007
Ampliar horarios ou conciliar? |
Nunha mostra máis de prepotencia, na reunión
da Mesa negociadora do Convenio de Banca do 18 de abril, na que estaba previsto tratar da conciliación da
vida laboral e persoal, AEB non tivo reparos en falar de flexibilizar horarios estendendo a xornada partida para
todo o persoal. |
 Comunicado nº 5
29/03/2007
Fin da primeira parte |
Na reunión da Mesa Negociadora do día
28, a patronal volveu mostrar un total desinterese en achegarse, aínda que só fose minimamente, ás
diferentes propostas das centrais sindicais. Esta sesión baixo un xenérico epígrafe de “resto
de temas”, non foi unha excepción á postura intransixentemente negativista da AEB. |
 Comunicado nº 4
22/03/2007
AEB se repite: NON a todo |
As maratonianas xornadas dos días 20 (mañá
e tarde) e 21 pola mañá serviron para que os sindicatos, tal e como marcaron no calendario de negociación,
fixeran unha explicación pormenorizada e argumentada das súas propostas en materia de Xornada e Horarios,
Carreira Profesional e Igualdade. |
 Comunicado nº 3
15/03/2007
AEB rexeita as propostas sindicais en
salarios |
A patronal nega a perda salarial acumulada e propón
que se o IPC real a fin de ano é máis baixo que a suba que se estableza o persoal devolva salario.
A CIG incide en que é imprescindible ánimo e vontade de negociar e debe facerse unha adecuación
entre salario, perda de poder adquisitivo e os inxentes beneficios que están a recoller os bancos. |
 Comunicado nº 2
06/03/2007
Salarios: AEB non sabe, non contesta |
Comezan as negociacións cunha exposición
da Plataforma que presentamos á Patronal; pensamos que debemos incluír fórmulas redistributivas
que nos permitan participar da boa marcha económica das empresas. Dende a CIG queremos que suba de salarios
e redución de xornada (sábados libres) vertebren a negociación do Convenio da Banca Privada
2007. |
 Plataforma CIG para o XXI Convenio de Banca Privada |
 Comunicado nº 1
28/02/2007
Xa comeza a Negociación do XXI
Convenio |
CIG, ELA e LAB, insistimos no criterio de votación
de acordos por número de membros en mesa e non por porcentaxe de representatividade, e tamén manifestamos
a necesidade de constituír mesas negociadoras do convenio en Galiza e Euskalherria, amparándonos
no establecido no artigo 84 do Estatuto dos Traballadores. |
|
| |
| |
|
IV Convenio de Telemárketing
|
 |
Comunicado
nº 9
23/11/2007
Amplían no Convenio a temporalidade
no sector |
O sector de telemárketing ten por convenio
a taxa de temporalidade máis elevada do mercado laboral: o 70% do persoal de operacións ten contratos
temporais. Malia esta precariedade, os sindicatos CCOO e UGT conviñeron coas empresas ampliar a duración
dos contratos eventuais por circunstancias da produción. |
 Comunicado nº 8
05/11/2007
Pola unidade de acción cara a Folga |
Levamos once meses cos nosos salarios conxelados.
Subiron os alimentos, subiu a luz, subiron os combustibles, subiron as hipotecas e subiron especialmente os beneficios
das empresas de Telemárketing, pero os nosos miserables salarios cada día valen para menos. A patronal,
moi cómoda con esta situación, dedicouse novamente a reiterarse nos temas xa falados, sen presentar
unha proposta de convenio. |
 Comunicado nº 7
23/10/2007
Deslocalizan pero queren que o Convenio
quede como está |
O pasado 17 de outubro delegadas e delegados da
CIG concentrábanse ante a empresa Eurocen en A Coruña dando inicio ás mobilizacións
polo convenio. Estas concentracións continuarán de xeito rotatorio por todas as empresas de Telemárketing
de Galiza pois pretenden pechar o Convenio estatal cunha pequena suba salarial, sen garantías de mantemento
do emprego e facendo negocio. |
 Comunicado nº 6
11/10/2007
Mendigando na Mesa Negociadora non imos
conseguir nada |
Cando xa levamos máis de 10 meses sen Convenio
Colectivo, a patronal falou por primeira vez na Mesa Negociadora sen que fora para pedir despedimentos máis
baratos. Aínda que isto non significa que abandonasen esta pretensión, para eles é unha condición
“sine qua non”: ou abaratamos os despedimentos do persoal fixo, ou non hai acordo no resto de materias. |
 Comunicado nº 5
26/09/2007
As empresas queren despedimentos máis
baratos |
Previamente á reunión da Mesa Negociadora,
a patronal ACE remitiu á representación sindical unha proposta de modificación dos artigos
17 e 18 –os que a maior parte das empresas utilizan de xeito fraudulento co fin de rescindir contratos por obra
ilegalmente– coa que pretenden incluír nos mesmos ao persoal con contrato indefinido. |
 Comunicado nº 4
06/09/2007
Clasificación e Carreira Profesional |
Na reunión da comisión negociadora
se debateron os aspectos relacionados con Clasificación e Carreira Profesional, porén o traballo
realizado polos liberados sindicais de CCOO e UGT na Comisión creada ao efecto foi nulo. Non hai estudo
e, polo tanto, tampouco hai base para un novo acordo. É tempo da Unidade Sindical para mobilizar o sector. |
 Comunicado nº 3
08/06/2007
Convenio colectivo
afastado da realidade do sector |
Estamos asistindo a unha situación no sector
do Telemárketing totalmente absurda: as empresas están despedindo a milleiros de persoas, na mesa
negociadora piden que se faciliten aínda máis as posibilidades de despedir, e CCOO e UGT teñen
adquirido o compromiso de non mobilizar ao sector. |
 Comunicado nº 2
30/03/2007
Con despedimentos non é posible negociar
o Convenio |
Ante a celebración da reunión do
Convenio de Telemárketing prevista para o 28 de marzo, o Comité de Empresa de Atento (CIG, CGT, CCOO
e UGT) aprobou por unanimidade solicitar a todos os sindicatos presentes na Mesa negociadora a paralización
da negociación, en tanto non foran readmitidas as persoas afectadas polos despedimentos en todo o Estado. |
 Comunicado nº 1
14/03/2007
Tarde, mal e arrastro |
Dende a sinatura do III Convenio Colectivo Estatal
de Telemárketing por parte da patronal, CCOO e UGT, asistimos ao peche e deslocalización dun gran
número empresas con milleiros de despedimentos en Galiza e no resto do Estado. Para a CIG a negociación
colectiva debe ser un instrumento que contribúa a garantir os nosos postos de traballo. |
|
| |
| |
|
XX Convenio da Banca Privada
Polo Convenio Galego da Banca
|
 |
 ¿Quere a AEB un convenio?
23/05/2005 |
O Secretariado Nacional da Federación de
Banca vén de ratificar a súa negativa a subscribir o recentemente asinado Convenio Colectivo de Banca, tomando tamén a decisión de facer pública a última
intervención da representación da CIG na Mesa Negociadora, por entender que pode ser clarificadora
para todo o persoal do sector. |
 Comunicado nº 9
11/05/2005
A AEB xa ten Convenio |
Derrotado e preso o sindicalismo centralista e
tendo acadado a patronal os seus últimos obxectivos, a negociación do Convenio deuse por rematada.
Suba Salarial: 2005, 2,85% (a inflación en 3,5%); 2006, 2,65% sen cláusula de revisión. Sábados
e xornada: nada. Plano de Pensións: en canto á homologación do persoal posterior ao ano 1980,
nada. |
 Comunicado nº 8
28/04/2005
¿Un “Convenio de Transición”? |
O trío AEB-CCOO-UGT pretenden un “Convenio
de Transición”. Nos anteriores 10 anos o salario do persoal perdeu ata un 10% do poder adquisitivo; os beneficios
empresariais subiron no 2004 un 32%; o IPC-interanual está situado nun 3,4; os salarios dalgúns directivos
subiron neste ano 2005 un 8%. ¿De que “Transición” falan? |
 Comunicado nº 7
18/04/2005
Volva vostede mañá |
O anterior proceso de negociación caracterizouse polo aumento da conflitividade no sector
e as mobilizacións convocadas pola CIG en toda Galiza. Se a AEB continúa coa súa actitude
prepotente e de desprezo cara á representación legal dos traballadores/as, as empresas serán
responsables da ruptura da paz social. |
 Comunicado nº 6
07/04/2005
Máis do mesmo = Menos coma sempre |
Inexplicablemente a AEB non quere chegar a ningún
tipo de acordo ou diálogo en temas como: Axuda alimentaria, Vacacións, Licencias, Desprazamento de
25 km, Anticipos, Conciliación vida laboral e familiar, Créditos vivenda, Igualdade de oportunidades,
Discriminación salarial, Dereitos sindicais, Xubilación, Resolución extraxudicial de conflitos... |
 Comunicado nº 5
17/03/2005
Facendo tempo |
A AEB pretende que a negociación do Convenio
entre na mesma dinámica que nos anteriores procesos, mantendo unha posición intransixente, desprezativa
e insultante cara á representación legal dos traballadores/as. Nesta situación son cómplices
CCOO e UGT, que coa súa petición dunha suba salarial do 2% están entregando a negociación. |
 Comunicado nº 4
10/03/2005
Deterioro sen retorno da negociación
estatal |
As organizacións estatais nos sorprenden
nesta cuarta reunión mencionando o Acordo Interconfederal asinado polos sindicatos estatais CCOO e UGT e
as patronais CEOE e CEPYME. É ridículo que a esta altura da negociación xa os sindicatos estatais
poñan enriba da mesa un 2% de aumento salarial para 2005. |
 Comunicado nº 3
23/02/2005
23-F: AEB dálle un “golpe” á
negociación |
AEB anunciou que non presentará unha contraproposta,
e dedicou a maior parte do tempo a facer demagoxia sobre as distintas plataformas, en especial a defendida pola
CIG. Tamén indicou que está disposta a negociar cuestións que non impliquen un incremento
dos custes nin un recorte na flexibilidade e na mobilidade. |
 Comunicado nº 2
10/02/2005
O Convenio que todas e todos queremos |
Na reunión da Mesa Negociadora do día
10 a AEB non fixo mención ao pago de atrasos correspondentes á desviación do IPC do ano 2004.
Entendemos que co seu silencio se desdín do anunciado na anterior xuntanza. Pola parte social fixemos entrega
das distintas Plataformas
Sindicais, argumentando as diferentes
reivindicacións. |
| Plataforma
CIG para o XX Convenio de Banca Privada |
 Comunicado nº 1
02/02/2005
Constitución da Mesa Negociadora
do XX Convenio |
O día 2 de febreiro de 2005 levouse a cabo
a constitución
en Madrid da Mesa Negociadora do XX Convenio
Colectivo da Banca Privada, coa seguinte representación pola parte social: CCOO, 6 representantes; UGT,
4; CGT, 2; CIG, 1; ELA, 1 e LAB, 1. CIG, ELA e LAB mostraron desconformidade co reparto e distribución proporcional
da representación. |
|
| |
| |
|
Convenio de Seguridade Privada
|
 |
A CIG, que non acepta o acordo e mantén o compromiso de defender a igualdade
salarial, anuncia calendario de mobilizacións
O Convenio de Seguridade Privada asinado polos sindicatos españois divide
ao sector |
| A
CIG mantén en solitario a demanda do plus de perigosidade no convenio de Seguridade Privada |
| Actas das negociacións |
 |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta Final (15/03/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 26 (17/02/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 25 (08/02/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 24 (01/02/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 23 (25/01/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 22 (18/01/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 21 (12/01/2005) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 20 (28/12/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 19 (21/12/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 18 (16/12/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 17 (09/12/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 16 (01/12/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 15 (29/11/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 14 (25/11/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 13 (23/11/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 12 (18/11/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 11 (11/11/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 10 (04/11/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 09 (28/10/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 08
(21/10/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 07
(05/10/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 06
(21/09/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 05
(16/09/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 04
(09/09/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 03
(07/09/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 02
(20/07/2004) |
 Convenio de Seguridade Privada,
Acta nº 01
(06/07/2004) |
|
|
| |
| |
|
XIX Convenio da Banca Privada
Polo Convenio Galego da Banca
|
 |
 Comunicado nº 21
05/02/2004
Os de sempre e coma sempre |
Unha vez máis CCOO e UGT, suplantando á
Mesa Negociadora en reunións de cociña, volven impoñernos un convenio que non ten nada que
ver coas reivindicacións dos traballadores/as, poñendo en evidencia de novo que a negociación
colectiva en Madrid é un absoluto fracaso. |
 Comunicado nº 20
14/01/2004
Ano novo, AEB... vella |
AEB non mudou a súa posición e seguimos
sen coñecer unha proposta completa de convenio. Sen embargo cumpre denunciar a actitude represiva da Subdelegación
do Goberno en Pontevedra, que ten abertos expedientes sancionadores ao secretario comarcal de CIG-Banca en Vigo
e ao secretario comarcal de CIG-Pontevedra, pola manifestación do 21 de novembro. |
 Comunicado nº 19
10/12/2003
Non é o mesmo pedir recuperación
de poder adquisitivo que pedir un 2,5% |
A intermediación que solicitamos do Ministerio
de Traballo forzou á patronal a reunir de novo a Mesa. AEB desaproveitou a ocasión para tratar de
aproximar posicións e non fixo novas propostas. A mobilización é a única vía
posible, pedimos a vosa participación nas mobilizacións da CIG. A vindeira terá lugar o 19
decembro en Ourense, unha nova Manifestación Nacional da CIG. |
 Comunicado nº 18
27/11/2003
A CIG continúa as mobilizacións
e solicita a intermediación do Ministerio de Traballo |
Despois das manifestacións de Santiago e Pontevedra,
a CIG vén de convocar unha nova Manifestación Nacional para o día 19 de decembro en Ourense.
Por outra banda, solicitou oficialmente a intermediación da Dirección Xeral do Ministerio de Traballo
para que convoque ás partes a unha reunión co fin de recompoñer a Mesa de Negociación.
Primeiro paso para o desbloqueo da actual situación. |
 Comunicado nº 17
13/11/2003
AEB racha as negociacións e a
CIG convoca novas mobilizacións |
A reunión do día 13 de novembro foi
máis que breve: AEB abandonou a mesa de negociación. Escenifícase así a ruptura e afástase
definitivamente a posibilidade dun acordo a curto prazo. Evidenciase aínda máis a actitude prepotente
da patronal que vimos denunciando dende o primeiro día. Ante esta situación só queda retomar
o proceso de mobilizacións, con máis forza se cabe que ata o de agora. |
 Comunicado nº 16
31/10/2003
Daquelas augas veñen estes lodos |
A reunión do día 30 de outubro foi
como estaba previsto. A AEB fixo firme a súa proposta anterior, están por un convenio para este ano
2003 cunha suba salarial do 2,75%. Proposta que non facilita un avance real na negociación, simplemente
adiaría o actual desencontro de posicións para o ano 2004. |
 Comunicado nº 15
16/10/2003
Un agasallo envelenado |
O anticipo a conta do 2,75% é un agasallo
envelenado. AEB é consciente da perda do poder adquisitivo dos nosos salarios e trata de aproveitar esta
situación para dinamitar a negociación colectiva. A actualización do salario é un dereito,
non unha concesión da patronal. |
Comunicado
nº 14
02/10/2003 |
Dunha maneira prepotente e chulesca a patronal
AEB saldou a reunión sen falar de reducción de xornada e sábados libres, posiciónase
por un convenio curto que concretará na vindeira xuntanza. Unha patronal que menospreza a negociación
colectiva, merece unha resposta adecuada. |
Comunicado
nº 13
23/09/2003 |
Tras case nove meses de negociacións, desbotadas
as expectativas creadas, hai que darlle unha resposta á patronal como se merece, na liña de conquerir,
entre outras cousas, recuperación do poder adquisitivo dos salarios e reducción da xornada con libranza
de tódolos sábados. |
Comunicado
nº 12
22/07/2003
AEB bate o seu propio “récord” |
Despois do aprazamento da reunión, que estaba
fixada para o pasado día 10 de xullo, a xuntanza dura só 1 minuto e se pecha sen ningún tipo
de acordo. Fíxase unha nova data para o martes 23 de setembro. |
Comunicado
nº 11
26/06/2003 |
A patronal manifesta a súa posición
por primeira vez. Deixan pendente a proposta salarial e o tema de xornada para o final do proceso de negociación
e se posicionan a favor dun convenio de catro anos sen cláusula de revisión salarial. |
Comunicado
nº 10
05/06/2003 |
Cos puntos de Formación e Varios, que figuraban
na orde do día da sesión do 5 de xuño, quedou rematada a exposición das reivindicacións
que figuraban nas plataformas de tódolos sindicatos da Mesa Negociadora do convenio da banca. |
Comunicado
nº 9
27/05/2003 |
Cunha orde do día sobre Emprego e Saúde
Laboral, a CIG fixo especial fincapé na supresión de horas extraordinarias así como na eliminación
da contratación mediante ETT's; tamén propuxo a creación dun servicio mancomunado galego de
saúde laboral e a eliminación da cláusula de absentismo. |
Comunicado
nº 8
20/05/2003 |
Ante a imposibilidade de establecer uns mínimos
concretos para enfrontar con seriedade a negociación do XIX Convenio de Banca a CIG denuncia a actitude
prepotente e provocadora da Patronal AEB que di que non a todo e está prolongando irresponsablemente a negociación. |
Comunicado
nº 7
08/05/2003 |
Como vén sucedendo dende o inicio das negociacións,
nesta sesión, na que se tratou de Ciberdereitos e Complementos de Pensións, a AEB volveu dicir non
a todo. Non entenden que a tecnoloxía poida utilizarse para mellor comunicación entre os traballadores/as
e os seus representantes... |
Comunicado
nº 6
30/04/2003 |
Na xuntanza da Mesa Negociadora a patronal AEB
non concretou a súa proposta salarial, sobre a Igualdade de Oportunidades foron dicindo que non a tódalas
propostas e parécenlles desmesuradas as peticións dos sindicatos de reducción de xornada e
sábados libres. |
Comunicado
nº 5
14/04/2003 |
Sobre a Igualdade de Oportunidades, a CIG formulou,
como medida ineludible para empezar a afrontar con seriedade este problema, a eliminación das horas extras
ilegais e o rigoroso cumprimento do horario establecido en convenio. |
Comunicado
nº 4
04/04/2003 |
Unha cuestión previa formulada pola CIG
para unha Resolución por unanimidade da Mesa de Condena da Guerra en Iraq, foi rexeitada pola Patronal AEB,
quen dixo tamén que non a todas e cada unha das reivindicacións contidas nas distintas plataformas
sindicais. |
Comunicado
nº 3
07/03/2003 |
Na reunión de 6 de marzo da Mesa Negociadora
do Convenio, unha vez máis, quedou constatada a negativa por parte da patronal AEB á solicitude de
CIG, ELA e LAB, de constituír Mesas Negociadoras en Galiza e Euskadi. |
Comunicado
nº 2
28/02/2003 |
Os sindicatos nacionalistas CIG, ELA e LAB asinan
un escrito solicitando se constitúan as Mesas Negociadoras en Galiza e Euskalherría para negociar
convenios colectivos do Sector de Banca Privada nos ditos ámbitos, ó amparo das posibilidades que
contempla o artigo 84 do ET. |
Comunicado
nº 1
27/02/2003 |
O 27 de febreiro de 2003 constituíuse en
Madrid a Mesa Negociadora do XVIV Convenio Colectivo da Banca Privada. A Federación de Banca da CIG presentou
a súa plataforma en aras da consecución do Convenio Galego da Banca. |
|
| |
| |
|
Convenio de Aforro 2003
Polo Convenio Galego de Caixas de Aforros
|
 |
Transposición das categorías de auxiliares e oficiais 2ª
Próxima reunión da Comisión Mixta Interpretativa
do Convenio de Aforro |
Problemas
da transposición de categorías
Malia
que o proceso de transposición de categorías xa se realizou nalgunhas empresas, será nos vindeiros
meses cando se proceda a aplicar na maior parte do sector de Aforro |
 Traballo non admitiu o Convenio por vulnerar a lexislación laboral
básica |
O 5 de febreiro, a Dirección Xeral do Ministerio
de Traballo dirixiuse ás organizacións asinantes do Convenio de Aforro (CCOO, UGT e CSICA) comunicándolles
que varios artigos do mesmo non eran legais, obrigando á Comisión Negociadora a reunirse para modificar
o texto do pactado. |
 ¿Que é a mobilidade funcional? |
O novo Convenio Colectivo 2003-2006 introduce a
mobilidade funcional nas Caixas de Aforros. É dicir, a empresa pode impoñer unilateralmente a realización
de novas funcións ou proceder a un cambio de posto, sen que implique un ascenso de categoría ou nivel
salarial. |
 Comunicado nº 13
14/01/2004
Do dito ao feito hai un treito |
A CIG adheriuse ao preacordo de aforro con matices;
o noso foi un "si" crítico e así se trasladou aos traballadores/as. Mirabamos un equilibrio
entre os aspectos positivos e os negativos. O texto definitivo inclina a balanza cara ás empresas. O equilibrio
está roto e así non se pode asinar o convenio. |
 Comunicado nº 12
01/12/2003
Unha carreira profesional “virtual”? |
A carreira profesional que recolle o preacordo
é en grande parte unha carreira virtual, nomeadamente para os actuais Auxiliares "A" e Oficiais
2ª. O beneficio económico a curto prazo da transformación dos trienios en salario base é
a priori moi pequeno, cando non practicamente inexistente. |
 Comunicado nº 11
25/11/2003
A Asemblea de delegados/as de Aforro dá
un SI ao Preacordo pero con matices |
O día 25 novembro, os delegados/as do sector
de aforro da CIG reunidos en Asemblea aprobaron un si crítico ao preacordo de convenio acadado o día
20. Agora queda o máis difícil: redactar o texto definitivo e posteriormente negociar a aplicación
do mesmo en cada unha das empresas. Hai que renegociar practicamente tódolos acordos existentes a nivel
de empresa. |
 Comunicado nº 10
06/11/2003
Primeira proposta da Patronal |
Tras 11 meses, a patronal era consciente de que
o tempo do diálogo esgotábase. Así hai que entender a súa primeira proposta completa
de convenio. Aínda que lonxe das nosas posicións sindicais, estamos ante o primeiro avanzo desta
xeira de negociación. |
 Comunicado nº 9
14/10/2003
A voltas coas categorías |
A patronal trata de levar ao convenio colectivo
o que xa é unha realidade no sector: os “titulados”, o “persoal de informática”, os “axudantes de
aforros” e “oficios e actividades varias” son categorías a extinguir. Agora ben, a transformación
das categorías en niveis, non pode traducirse nunha perda de dereitos nin de salarios. |
Comunicado
nº 8
23/09/2003
ACARL pide máis tempo |
ACARL aparenta terlle collida a medida aos interlocutores
sociais estatais: as caixas de aforro están a marcar os modos e os tempos desta negociación. A data
de hoxe seguimos sen coñecer qué pensan as caixas deste convenio, e piden máis tempo para
seguir estudiando as propostas sindicais. |
Comunicado
nº 7
22/07/2003
A patronal deixa o convenio para setembro |
A patronal enumerou as materias sobre as que está
disposta a falar pero sen facer propostas concretas. Pouco a pouco imos coñecendo as intencións da
ACARL. Teremos que agardar ao 18 de setembro, data da seguinte reunión, para seguir coñecendo as
arelas das caixas de aforros. |
Comunicado
nº 6
02/07/2003
ACARL continúa sen facer pública
a súa proposta |
Non hai novidades na negociación que obriguen
a modificar as reivindicacións básicas dos traballadores e traballadoras, é máis, o
inicio do proceso de mobilizacións en todo o sector financeiro debe contribuír a fortalecer as posicións
sindicais. Non é o momento de cesións nin concesións ante a ACARL. |
Comunicado
nº 5
10/06/2003
Bloqueado o Convenio de Caixas de Aforros |
A Audiencia Nacional pode obrigar a comezar de
novo o proceso negociador e a ACARL permanece atrincheirada en posicións maximalistas. O Convenio está
nunha calella cega pendente de resolución xudicial. Proximamente estudiaremos novas medidas para tratar
de desbloquear a negociación. |
Comunicado
nº 4
20/05/2003
Vai para longo |
Na xuntanza da mesa negociadora a ACARL continuou
sen concretar as súas pretensións. Voltou repetir o seu discurso tremendista sobre a situación
económica actual e manifestou que aínda había que agardar algún tempo para ir despexando
algunhas incertezas, como por exemplo o IPC. |
Comunicado
nº 3
30/04/2003
Falan, pero non din nada |
A reunión da Mesa Negociadora do Convenio
de Aforro reduciuse a unha extensa exposición do secretario xeral da Patronal referida á situación
macroeconómica do Estado e do sector financeiro. Exposición moi pesimista plagada de excesivas referencias
e comparanzas cos bancos. |
Comunicado
nº 2
26/03/2003 |
O 25 de marzo tivo lugar a 2ª reunión
da Mesa Negociadora do Convenio de Aforro. A CIG propuxo unha Resolución a prol da paz e contra a guerra,
apoiada por CCOO e UGT. Solicitouse sensibilidade ás entidades para que permitan a participación
dos traballadores/as nos paros convocados. |
Comunicado
nº 1
06/03/2003 |
O 5 de marzo de 2003 constituíuse en Madrid
a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo das Caixas de Aforros. A Federación de Aforro da CIG presentou
a súa plataforma en aras da consecución do Convenio Galego de Caixas de Aforros. |
|
| |
| |
|
Base de Convenios Colectivos
Base de Convenios Colectivos en galego
|
|