| ||
| Normas estatutárias da CIG |
| (Aprobadas no II Congreso por 329 votos a favor, 49 en contra e 39 abstencións) |
Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Obxectivos Recollendo do património comun aquelas ideas forza máis reveladoras da nosa razón de ser como organización, explicitamos como obxectivos da CIG os seguintes:
Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Sindicalismo de clase: A CIG é unha organización sindical que afirma, dia a dia, o seu carácter de clase, adoptando as decisións que en cada momento considera, para mellor defender os intereses imediatos e xerais das traballadoras e dos traballadores galegos na perspectiva da transformación social. Nacionalismo: A CIG define-se como unha organización nacionalista porque Galiza é unha nación sen soberania política, ao servizo de intereses alleos, submetida e dependente económica, política e culturalmente. A procura da nosa soberania e o exercício do direito de Autodeterminación son para nós irrenunciábeis. Desde a nosa independéncia e autonomia sindicais, reclamamo-nos parte do movimento nacionalista galego. Autoorganización: Entendendo que nengun dos principais problemas de Galiza se pode resolver favorabelmente aos intereses do noso povo se este non toma consciéncia da sua própria identidade e traduce esa consciéncia en organizacións próprias e soberanas, a CIG é expresión da autoorganización das traballadoras e dos traballadores galegos. Solidariedade e internacionalismo: A CIG garante a unión e solidariedade de todos os traballadores e traballadoras con independéncia do sector no que ocupen as suas actividades, do território onde vivan ou das diferenzas e obstáculos que poidan existir. Asi mesmo, estamos vencellados á loita comun dos traballadores e das traballadoras do mundo pola sua completa emancipación e á dos povos que loitan pola sua liberación nacional. Democrácia e participación: A CIG entende a democrácia como valor universal, garante a igualdade de direitos da súa afiliación, asegura o funcionamento democrático de todos os seus órgaos de dirección e elexe todos os seus cargos democraticamente. Fomenta a participación sindical e as asembleas de afiliados e afiliadas, asi como as dos traballadores e traballadoras, como método para evitar o individualismo, o corporativismo e a burocrácia, e como unha maneira de facilitar a corresponsabilidade nos debates e na toma de decisións. Independéncia: A CIG é independente e soberana na toma de decisións. Autogoverrn-ase e non está suxeita a control de nengun partido político, grupo de poder económico, ideolóxico ou relixioso. Pluralismo: A CIG é unha organización plural. Nela conviven distintas sensibilidades e xeitos de entender a nosa sociedade, todas elas lexítimas e enriquecedoras. Respeita e fai respeitar a liberdade interna e a diversidade de opinións políticas e ideolóxicas, tanto individuais como colectivas. Garante a libertade de expresión e pensamento sen restricións de nengunha caste, cumpre e fai cumprir os Estatutos dos que libre e voluntariamente se dota. Transformación: A CIG é unha organización sindical transformadora. Para mellor defender e facer realidade os seus obxectivos, participa na vida sócio-política e fomenta, asi mesmo, a participación máis activa da sua afiliación. Unidade: A CIG persegue a máis completa unidade dos traballadores e das traballadoras de Galiza nunha Central Sindical Única Galega. Asi mesmo, propiciará a máis ampla e posíbel unidade de acción sindical para acadar os obxectivos fixados. Normalización: A CIG expresa-se en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza e promove a sua completa normalización. Respeita o uso das distintas formas de escrita entre a sua afiliación.
Título I Da definición, ámbito e obxectivos Artigo 1 A Confederación Intersindical Galega (en siglas, CIG) é unha organización sindical dos traballadores e das traballadoras galegas, constituída para a mellor defensa dos seus intereses, desde unha perspectiva de clase que aspira a unha Galiza plenamente soberana e sen explotación. A CIG expresa-se en galego, o cal defende como único idioma oficial de Galiza e promove a sua completa normalización. Respeita o uso das distintas formas da escrita entre a sua afiliación. Artigo 2 A CIG estabelece a sua sede social central en Vigo, na Avenida Gregório Espino, 47-entrechán. O Consello Confederal poderá decidir o cámbio do domicílio social. Artigo 3 A CIG constitue-se por tempo indefinido e goza de personalidade xurídica própria e de plena capacidade de obrar para o cumprimento dos seus obxectivos. Artigo 4 A CIG ten por ámbito territorial o de Galiza e nela poden participar todos os traballadores e todas as traballadoras que desempeñen ou busquen desempeñar un traballo asalariado, sen limitación nengunha. Artigo 5 A CIG ten como única língua a galega, defendendo-a como única língua oficial de Galiza e asumindo o compromiso de contribuir á sua normalización. Artigo 6 A CIG basea a sua actuación nos princípios e obxectivos fixados no seu Programa, nos acordos adoptados nos seus Congresos e nas resolucións dos órgaos do governo regulados nestes Estatutos. Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Dos membros Capítulo 1 Da condición de afiliado ou afiliada Artigo 7 Poderán-se afiliar á CIG todos os traballadores e todas as traballadoras de Galiza, independentemente da sua situación laboral como activos, parados, xubilados ou pensionistas. Artigo 8 Os traballadores autónomos, asi como os sócios de cooperativas e de sociedades anónimas laborais ou asimiladas que non teñan traballadores ou traballadoras asalariadas ao seu cargo, poderán participar na CIG nos termos que determine o Consello confederal. Igualmente aprobará a fórmula de adesión especial con que poidan vincular-se os traballadores e as traballadoras galegas residentes no exterior. Artigo 9 A afiliación é individual e voluntária, co único requisito da aceitación destes estatutos e respeito dos princípios e obxectivos, e sen que poida ser limitada por razóns de idade, sexo, nacionalidade, ideoloxia, relixión ou filiación política. Artigo 10 A condición de afiliado ou afiliada produce efeitos desde o dia seguinte ao da formalización da ficha de afiliación, que se entenderá realizada no momento da asignación dun número de afiliación, ainda que o exercício dos direitos de aceso aos servizos técnicos e de participación en eleicións internas non se poderá reclamar até que transcorran tres meses desde aquela data e se satisfagan as cotas correspondentes a ese período. Artigo 11 O afiliado ou a afiliada poderá causar baixa na CIG polas seguintes causas:
Capítulo 2 Do réxime de direitos e deberes Artigo 12 Son direitos dos afiliados e das afiliadas da CIG os seguintes:
Artigo 13 Son deberes dos afiliados e das afiliadas os seguintes:
Capítulo 3 Do réxime de garantias e sancións Artigo 14 A vixiláncia do respeito dos direitos estatutários dos afiliados e afiliadas da CIG, asi como a resolución das controvérsias na interpretación destes Estatutos, polos seus próprios termos ou en relación cos aprobados polos sindicatos ou federacións ou cos regulamentos internos, asi como a resolución dos recursos en matéria disciplinária, son competéncia da Comisión de Garantias. Artigo 15 A Comisión de Garantias está composta por seis membros que, xunto con catro suplentes, serán elexidos polo Congreso por maioria de dous terzos. Os seus membros non poderán ocupar cargos que impliquen a sua participación no Consello Confederal. Artigo 16 Na actuación da Comisión de Garantias rexerá o princípio de independéncia respeito de calquer órgao da estrutura da CIG. Os seus acordos adoptarán-se por maioria de dous terzos dos membros. Notificará ao Consello Confederal a iniciación de asuntos e remitirá-lle as resolucións que adopte, para efeitos de información do organismo. Apresentará un informe de actuación ante o Congreso e elaborará anualmente unha memória da sua actividade, que apresentará ante o Consello Confederal. Artigo 17 A Comisión de Garantias elaborará un Regulamento de procedimento que, de acordo con estes Estatutos, sistematice o seu réxime de actuación; ese regulamento, que ha de aprobar o Consello Confederal por maioria de dous terzos, conterá cando menos as seguintes matérias:
Artigo 18 Os afiliados e as afiliadas da CIG só poderán ser sancionados, logo de apertura de expediente disciplinário e co procedimento estabelecido nestes Estatutos e, no seu desenvolvimento, no Regulamento de procedimento disciplinário, polos seguintes motivos:
Artigo 19 O expediente disciplinário deberá ser instruído polo organismo de maior rango ao que estea adscrito, se é o caso, a persoa expedientada, exixindo-se para a sua resolución unha votación por maioria de dous terzos dos membros en primeira convocatória e de dous terzos dos asistentes en segunda. Artigo 20 Na tramitación do expediente, o afiliado ou afiliada deberá receber comunicación por escrito da sua apertura e ser convocada a persoa cunha antelación mínima de quince dias a unha reunión do organismo que vaia resolver, a fin de que sexa escoitada. Artigo 21 En función do grao con que se cualifique o feito motivo do expediente, o afiliado ou afiliada poderá ser sancionado con algunha das seguintes medidas:
Artigo 22 Sen perxuízo da resolución definitiva, cando a especial gravidade dos feitos o fixer necesário, o organismo competente para instruir o expediente poderá acordar no momento do seu início a suspensión cautelar dos direitos como afiliado ou afiliada, en resolución motivada que requererá o voto favorábel de dous terzos dos seus membros. Tal resolución poderá ser recorrida no prazo de tres dias polo suspendido ante a Comisión de Garantias, que ha de resolver no prazo de dez dias; a falta de resolución expresa no devandito prazo terá efeitos de estimación do recurso. Artigo 23 As resolucións definitivas dos expedientes disciplinários poderán ser recorridas polas partes ante a Comisión de Garantias no prazo de 15 dias desde a data de notificación desta, a cal no prazo de un mes desde o recurso adoptará unha resolución que confirme ou modifique a resolución recorrida. Para isto poderá solicitar das partes ou de calquer organismo da CIG canta documentación ou comparecéncias considere necesárias para resolver. En caso de desacordo coa resolución da Comisión de Garantias, quen resultase sancionado con algunha das medidas previstas nos apartados b) ou c) do artigo 21 poderá recorrer ante o Congreso da CIG, sen prexuízo do carácter executivo da sanción desde que se dite a resolución da Comisión de Garantias. Capítulo 4 Do réxime de incompatibilidades Artigo 24 O desempeño de calquer cargo ou responsabilidade na CIG implica, ademais da xenérica destes Estatutos, a aceitación particular das incompatibilidades que se regulan neste capítulo. Artigo 25 O desempeño de cargos ou responsabilidades que impliquen ser membro do Consello Confederal é incompatíbel con: Secretaria Xeral, Presidéncia ou cargos asimilados, ou portavoz público dunha organización política. 1. Parlamentário/a. 2. Alcalde/Alcaldesa ou concelleiro/a. 3. Cargo público de libre designación en calquer administración pública. 4. Participar a calquer nível e clase nas xerarquias de calquer confisión relixiosa. 5. Exercer calquer cargo ou responsabilidade de representación ou asesoramento ao servizo de asociacións empresariais. 6. Estar vinculado a unha empresa mediante contratos especiais de alta dirección ou modalidades asimiladas. Ademais, o desempeño de cargos directivos nos Coléxios Profisionais é incompatíbel co exercício de responsabilidades sindicais de dirección ou liberacións a calquer nível na CIG. Artigo 26 O desempeño de cargos ou responsabilidades nos órgaos executivos da CIG (Executiva Confederal, Executiva Comarcal ou Local, órgao executivo nacional dun sindicato ou federación) é incompatíbel co desempeño de cargos individuais de idéntico ámbito e función dunha organización política, asi como co exercício da responsabilidade de portavoz público desta en calquer ámbito. Artigo 27 O desempeño dos cargos de Secretário/a xeral, Presidente/a, Secretário ou Secretária nacional dun sindicato ou federación, e Secretário ou Secretária comarcal, é incompatíbel coa participación en candidaturas das organizacións políticas nas eleicións locais, galegas, estatais ou europeas. Artigo 28 O desempeño de calquer cargo, colectivo ou unipersoal, na central sindical (agás que a sua situación laboral sexa a de parado/a) é incompatíbel coa impartición de cursos retribuídos en CIG-Formación. A dita incompatibilidade estenderá-se a todas as persoas que realicen funcións de liberados/as da CIG, asi como a todas aquelas personas que, independentemente das funcións que desempeñen, perceban retribucións da CIG. Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Dos ámbitos de organización
Do ámbito sectorial Artigo 29 Sectorialmente, a CIG organiza-se en estruturas profisionais coa denominación de sindicato ou de federación, en que se agrupan os afiliados e afiliadas encadrados no correspondente sector en función da sua actividade ou orientación profisional/laboral. Todos os afiliados e todas as afiliadas da CIG son membros dun sindicato ou federación da central. Artigo 30 Para efeitos de adscrición sectorial dun afiliado ou afiliada en activo, poderá-se ter en conta a actividade principal do centro de traballo ou da subcontrata en que efectivamente traballe, ou ben a actividade principal da empresa ou administración pública para a que aquela preste servizos. En caso de desacordo entre os sindicatos ou federacións afectadas, o Consello Confederal poderá adoptar un critério de adscrición con vixéncia até que o acordo entre as estruturas sectoriais se produza. A adscrición sectorial dun afiliado ou dunha afiliada en situación de paro, e mentres permaneza como tal, realizará-se na estrutura que corresponda ao seu último traballo; no caso de ser demandante de primeiro emprego, na que resulte acorde coa sua orientación profesional/laboral e, se esta fose non específica, encadrará-se no sector de oficinas e despachos. Respeito do persoal próprio da CIG, estabelecen-se as seguintes regras de adscrición: a. quen realice funcións próprias de liberado ou liberada nunha estrutura sectorial, na Federación para a que desenvolva a sua actividade sindical, b. quen realice funcións de liberada ou liberado na estrutura nacional confederal ou nunha estrutura territorial, na Federación que corresponda pola sua última actividade, c. o resto do persoal, na Federación que corresponda polo sector de oficiñas e despachos. Artigo 31 Na CIG confederan-se actualmente os sindicatos ou federacións correspondentes á seguinte clasificación de sectores:
Duas ou máis destas Federacións constituídas poderán fusionar-se para constituir unha nova que substitua en todo ás orixinárias, prévio acordo de senllos Congresos extraordinários e coa ratificación do Consello Confederal, por maioria de 2/3. Asi mesmo, poderá constituir-se unha nova Federación cando se cumpran os seguintes requisitos e procedimento: 1. Que o sector da nova federación conte cun mínimo de 1.500 afiliados e afiliadas; a estes exclusivos efeitos, terá-se en conta o listado nominal da afiliación coas cotas ao dia. 2. Informe favorábel de 2/3, como mínimo, das Direccións Comarcais da CIG. 3. No caso de que a nova federación sexa produto da segregación de un ou vários sectores de actividade de unha ou de várias das federacións existentes, acordo en Congreso destas. 4. Ratificación do Consello Confederal da CIG, por maioria de 2/3. Artigo 32 Cada sindicato ou federación constituído na CIG terá personalidade xurídica própria e plena autonomia para delimitar a sua denominación e o seu funcionamento interno, para o cal ha de se dotar de estatutos e programa próprios, coa única limitación de non contradicer os estatutos e programa confederais. Artigo 33 Os sindicatos ou federacións constituídas na CIG elaboran e desenvolven a política sindical no seu sector, teñen a responsabilidade da negociación colectiva e da afiliación, e garanten a participación solidária na política sindical e nas actividades confederais. Esas faculdades serán exercidas con carácter transitório polos organismos confederais que correspondan nos sectores para os que non estea constituído o sindicato ou federación. Artigo 34 A sección sindical é a estrutura organizativa básica dos sindicatos ou federacións e da CIG. Está composta polo conxunto dos afiliados e afiliadas nunha empresa ou centro de traballo e a sua constitución e funcionamento será regulado polos estatutos do correspondente sindicato ou federación. Criará-se un rexistro confederal de seccións sindicais da CIG. Os traballadores e as traballadoras coa condición de non activos que manteñan unha vinculación de rendas coa empresa poderán participar na sección sindical desta un critério de ponderación (entre 1/2 e 1/3) na sua representación na forma que determinen os estatutos da federación respectiva, intervindo exclusivamente nos asuntos relacionados coas matérias que lles afecten sobre rendas e fundos sociais, ainda que non poderán en nengun caso intervir nos acordos relativos á convocatória de folga nese ámbito. Todo isto en tanto non se fixese efectiva a constitución dunha estrutura sindical própria dese colectivo nos termos que se prevén no artigo 31, caso no que se deberán estabelecer protocolos de colaboración aos efeitos da afectación á que se refire éste parágrafo, entre as estruturas sindicais afectadas e a nova constituída. Artigo 35 A sección sindical ten como faculdades mínimas as seguintes:
Capítulo 2 Do ámbito territorial Artigo 36 Territorialmente, a CIG organiza-se en estruturas comarcais e locais coa denominación de unións e seguindo critérios de afinidade xeográfica e de operatividade sindical, nas que se encadran os afiliados e as afiliadas do seu ámbito, que se poderán adscreber, á sua eleición, en función do seu lugar de residéncia ou o de traballo. Artigo 37 A unión comarcal é a estrutura básica de organización territorial da CIG, que define a política sindical comun no seu ámbito territorial, coordena a actividade sindical dos sindicatos ou federacións na comarca no que sexa comun, leva o rexistro de afiliación, dirixe e administra os locais e os servizos comuns da CIG na comarca, ten a responsabilidade no control da recadación de cotas, exerce as faculdades dos sindicatos ou federacións nos sectores en que aqueles non están constituídos e posue a representación confederal da CIG no seu ámbito territorial. Artigo 38 A CIG está hoxe estruturada nas seguintes unións comarcais:
Poderán constituir-se novas unións comarcais cando se cumpran os seguintes requisitos:
O Secretariado Confederal poderá acordar a constitución de comités intercomarcais con faculdades para coordenaren actuacións provinciais, especialmente en matéria de negociación colectiva, se é o caso, e de representación institucional que se teñan que decidir nese ámbito territorial. Artigo 39 Os órgaos competentes das unións comarcais aprobarán a constitución no seu seo de unións locais, a proposta das localidades afectadas e sempre que dispoñan de local, dun número mínimo de 500 afiliados e afiliadas e elexan unha executiva local. Artigo 40 As unións locais así constituidas exercerán no seu ámbito territorial específico as faculdades conferidas ás unións comarcais nos artigos 67 e 70 destes estatutos, agás en matéria de contratación de persoal e de apertura de locais ou aqueloutras que poidan entrar en contradición coas competéncias específicas das unións comarcais, sen prexuízo da dependéncia orgánica respeito destas últimas para todos os efeitos. Exercerán igualmente o direito de representación directa nos órgaos de governo das unións comarcais, nos termos regulados por estes estatutos. Capítulo 3 Do ámbito funcional Artigo 41 O Consello confederal, o Secretariado confederal e a Executiva confederal da CIG, no ámbito das suas respectivas competéncias, poderán acordar a constitución de comisións para abordar o desenvolvimento de tarefas ou funcións específicas que, pola sua especialización, aconsellen un traballo en estruturas funcionais monográficas. Artigo 42 A finalidade, competéncias, composición e vixéncia de tais comisións deberá-se conter no próprio acordo do organismo que as crie. Poderán elaborar un regulamento de funcionamento que deberá ser aprobado polo organismo que as criou, do cal dependen organicamente para todos os efeitos. Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Dos órgaos de governo
Dos órgaos confederais Artigo 43 No ámbito confederal nacional, son órgaos de governo da Confederación Intersindical Galega os seguintes:
Artigo 44 O Congreso é o órgao soberano da CIG e está composto por un número total de delegados e de delegadas que determinará o Consello Confederal no acordo de convocatória, cunha distribución que se realizará cos seguintes critérios:
Artigo 45 O Congreso celebrará-se con carácter ordinário unha vez cada catro anos, debendo convocar-se cunha antelación de seis meses. O Consello Confederal, órgao responsábel da sua convocatória, aprobará un regulamento para o período congresual e elaborará unha proposta de regulamento para as sesións do Congreso, a cal deberá ser aprobada por este ao seu início. Artigo 46 O Congreso da CIG ten as seguintes competéncias:
Artigo 47 Poderá convocar-se un congreso con carácter extraordinário. A sua convocatoria deberá estar avalada por 2/3 dos membros do Consello Confederal, ou ben por 1/3 da afiliación total, ou ben por un número de órgaos territoriais e/ou sectoriais que representen conxuntamente 2/3 da afiliación total. Entre a convocatória e a realización non poderán transcorrer menos de dous meses nen máis de seis. No acordo de convocatória, o Consello Confederal deberá aprobar un regulamento sobre a composición, documentación e ordenación da sua organización. O Congreso extraordinário só poderá analisar e pronunciar-se sobre o asunto que motivase a sua convocatória. Artigo 48 O Consello Confederal é o máximo órgao de dirección da CIG entre congresos e está composto por:
Artigo 49 O Consello Confederal reunirá-se ordinariamente 3 veces no ano a convocatória da Executiva Confederal, a cal igualmente tramitará as convocatórias extraordinárias oportunas por própria iniciativa ou por acordo do Secretariado Confederal ou a instáncia de 1/3 dos membros con direito a voto do Consello Confederal. Artigo 50 Son competéncias do Consello Confederal:
Artigo 51 O Secretariado Confederal está composto por:
Excepcionalmente, a auséncia ás reunións do organismo dos secretários ou das secretárias territoriais ou sectoriais membros deste poderá ser suprida, logo de comunicación, por outro cargo que designe o órgao de dirección respectivo. Artigo 52 O Secretariado Confederal reunirá-se ordinariamente cada mes e meio; será convocado pola Executiva Confederal, a cal tamén convocará, por iniciativa própria ou a instáncia de 1/3 dos membros do organismo, sesións extraordinárias nos asuntos que o requiran. Artigo 53 O Secretariado Confederal terá as seguintes competéncias:
Artigo 54 A Executiva Confederal está composta polo Secretário/a Xeral, o Presidente/a e outros dez membros elexidos polo Congreso, para exercer cada un deles, tanto a nível externo como interno, unha responsabilidade nacional específica através dunha Secretaria Confederal. O Consello Confederal ratificará a distribución das áreas de traballo e as responsabilidades específicas asignadas a cada secretaria confederal, que garantirán cando menos a atención das áreas de acción sindical, comunicación, emprego, formación ocupacional e contínua, relacións exteriores, formación sindical, gabinete técnico e de saúde laboral, institucional e organización. A Executiva Confederal deberá dotar-se dun Regulamento de funcionamento que determine o método de traballo interno, defina as matérias atribuídas a cada Secretaria Confederal e delimite os meios materiais de apoio ao traballo de cada área de responsabilidade. Artigo 55 A Executiva Confederal reunirá-se ordinariamente con carácter semanal por convocatória do Secretário/a Xeral, quen igualmente convocará sesións extraordinárias por própria iniciativa ou a instáncia do Presidente/a ou de 1/3 dos membros do organismo. Artigo 56 A Executiva Confederal exercerá mancomunadamente a representación xurídica, económica, patrimonial e legal da CIG, podendo delegar no Secretário/a Xeral ou, na sua auséncia, en calquer outro membro, estas faculdades para os únicos efeitos de outorgamento de poderes. Ten, ademais, as competéncias seguintes: a) Representación da CIG entre sesións do Consello Confederal. En representación da Executiva Confederal, as contas nacionais confederais serán asinadas mancomunadamente polo Secretário/a Confederal de Finanzas e o Secretário/a Confederal de Organización. Artigo 57 O Secretário/a Xeral é o cargo unipersoal elexido en congreso que exerce a máxima representación pública da CIG, impulsa e coordena o traballo dos organismos nacionais confederais e preside as sesións da Executiva Confederal e do Secretariado Confederal. Na sua auséncia, será substituído polo Presidente/a. Artigo 58 O Presidente/a é o cargo unipersoal elexido en congreso que preside as sesións do Consello Confederal, da Conferéncia Sindical e do Congreso, exercendo a responsabilidade directa, tanto a nível interno como externo, das áreas de traballo que teña asignadas. O Presidente/a representará á CIG nos actos públicos de especial releváncia, xunto co Secretário Xeral. Artigo 59 En caso de resultar vacantes os cargos de Secretário/a Xeral e Presidente/a, o Consello Confederal deberá decidir por maioria de 2/3 a forma de substitución até a realización do seguinte congreso.
Capítulo 2 Dos órgaos sectoriais Artigo 60 Os estatutos dos sindicatos ou federacións estabelecerán os órgaos de governo no seu respectivo ámbito, tal como prevé o artigo 32, tendo nese caso a consideración de órgaos de governo da CIG. Artigo 61 En todo caso, os sindicatos ou federacións deberán elexer un Secretário ou unha Secretária nacional, coas faculdades que determinen os correspondentes estatutos sectoriais asi como a de ser membros do Secretariado Confederal da CIG. Capítulo 3 Dos órgaos territoriais Artigo 62 A Asemblea da unión comarcal é o máximo órgao da CIG no seu ámbito territorial específico e está composta por un número de delegados e de delegadas que determinará a Dirección Comarcal no acordo de convocatória. Distribuirán-se cos seguintes critérios:
Artigo 63 A Asemblea comarcal realizará-se como mínimo unha vez cada catro anos e debe ser convocada cando menos con dous meses de antelación. A Dirección Comarcal, órgao responsábele da sua convocatória, aprobará un regulamento para a preparación da asemblea e elaborará unha proposta de regulamento para as sesións desta. Asi mesmo, a Dirección Comarcal convocará Asamblea Comarcal Extraordinária cando asi o soliciten ao menos 2/3 dos seus membros, ou ben un número de Federacións comarcais que representen cando menos 2/3 da afiliación, ou ben 1/3 da afiliación total da comarca. Entre a convocatória e a realización non poderán transcorrer menos de 1 mes nen máis de 3, e no acordo de convocatória estabelecerá o Regulamento de composición e organización, non podendo adoptar acordos sobre asuntos distintos aos que motivasen a sua convocatóra. Artigo 64 Son competéncias da Asamblea comarcal as seguintes:
Artigo 65 A Dirección Comarcal é o máximo organismo de dirección na comarca entre asembleas, coa seguinte composición:
En caso de que o/a responsábel comarcal dun sindicato ou federación sexa xa membro da Executiva comarcal, o seu posto na Dirección comarcal ocupará-o outra persoa que o sindicato ou federación designe. Artigo 66 A Dirección Comarcal reunirá-se coa periodicidade que se estabeleza, se é o caso, no seu regulamento de funcionamento, cun mínimo de unha vez cada tres meses, e será convocada pola Executiva Comarcal por própria iniciativa ou a instáncia de 1/3 dos membros do organismo. Artigo 67 Son competéncias da Dirección Comarcal:
A Dirección Comarcal, por acordo cando menos de 2/3, poderá decidir a constitución dun Secretariado Comarcal coas funcións que expresamente lle delegue; nese caso, o Secretariado estará formado pola Executiva Comarcal, os ou as responsábeis comarcais das Federacións, os Secretários ou as Secretárias Locais, e os ou as responsábeis comarcais dos Colectivos Interprofisionais constituídos no seu ámbito. Artigo 68 A Executiva Comarcal é o órgao executivo comarcal, elexido pola Asemblea comarcal. A Executiva Comarcal está composta por un mínimo de 7 membros nas comarcas de ata 5.000 afiliados e afiliadas, e 1 máis por cada 1.000 afiliados/as ou fracción nas comarcas a partir de 5.000, cun máximo de 11. Artigo 69 A Executiva Comarcal xuntará-se coa periodicidade que determine, se é o caso, o seu regulamento de funcionamento, cun mínimo de unha vez ao mes, por convocatória do Secretário/a Comarcal a iniciativa própria ou a instáncia de 1/3 dos seus membros. Artigo 70 A Executiva Comarcal ten as seguintes competéncias:
Artigo 71 O Secretário ou Secretária Comarcal é o cargo unipersoal de representación pública da unión comarcal, elexido pola Asemblea comarcal de entre os membros da Executiva, e que coordena a actividade da Executiva e a Dirección comarcal. Artigo 72 En caso de vacante sobrevida no cargo da Secretaria Comarcal, decidirá a Dirección Comarcal un novo nomeamento até a realización da seguinte Asemblea comarcal. Artigo 73 As Unións Locais que se poidan constituir conforme ás previsións destes estatutos disporán dos organismos de dirección que se adapten ás suas características de tamaño e de grao de complexidade organizativa, que deberán figurar no acordo de constitución adoptado pola Dirección Comarcal correspondente. Deberá funcionar cando menos unha Executiva Local composta por un número de entre 5 e 7 membros elexidos en Asemblea local de afiliados e afiliadas, coas funcións e condicións reguladas no artigo 40 dos estatutos. A Executiva Local deberá convocar Asemblea Local Extraordinaria cando asi o decida por maioria de 2/3 ou ben a instáncia de 1/3 da afiliación total no seu ámbito, tendo nese caso idéntico carácter e función aos regulados para a convocatória extraordinária no ámbito comarcal.
Capítulo 4 Das normas xerais de funcionamento Artigo 74 As reunións de calquer organismo dos regulados neste título dos estatutos considerarán-se validamente constituídas cando asistan a metade máis un dos seus membros en primeira convocatória ou un terzo en segunda, unha hora máis tarde, sempre que fose convocada no tempo e na forma regulada nas normas de funcionamento que lle sexan de aplicación, cun mínimo de 48 horas. Artigo 75 Os acordos dos órgaos da CIG adoptarán-se sempre por maioria simples dos membros asistentes, con excepción daqueles asuntos para os que os estatutos ou os seus regulamentos prevexan unha maioria cualificada específica. Artigo 76 De cada reunión dos organismos da CIG redactará-se acta na que constarán os asistentes e os acordos adoptados, con expresión, se é o caso, das votacións realizadas e das posicións particulares sempre que asi o solicite o interesado ou interesada e as achegue por escrito no mesmo acto da reunión. As actas dos organismos nacionais confederais serán-lles remitidas aos órgaos de dirección das unións comarcais e dos sindicatos ou federacións constituídas asi como aos membros do Consello Confederal. As actas dos organismos das estruturas territoriais e sectoriais, asi como as das comisións criadas no ámbito confederal nacional, se é o caso, serán-lle remitidas á Executiva Confederal. Para estes efeitos, terán a mesma consideración os documentos oficiais que as estruturas sectoriais e territoriais vaian debater nos seus respectivos congresos e os que resulten finalmente aprobados nestes. As actas dos organismos de dirección comarcal dos sindicatos ou federacións constituídas serán-lle igualmente remitidas á Executiva Comarcal correspondente. Artigo 77 A pertenza a un órgao de dirección da CIG implica o cumprimento da obriga de asisténcia asi como o particular respeito do réxime de incompatibilidades regulado nestes estatutos. A non observáncia de tais obrigas leva aparellada a baixa no organismo correspondente, logo de comunicación prévia á persoa afectada, ainda que a obriga de asisténcia considera-se incumprida cando se reitere por tres veces consecutivas sen xustificación. Artigo 78 O exercício de responsabilidades inerentes á condición de membro da Executiva Confederal é incompatíbel coa pertenza ao órgao executivo nacional dunha Federación ou ao órgao executivo comarcal dunha Comarca. Asi mesmo, o exercício dos cargos de Secretário ou Secretária Comarcal dunha U.Comarcal e de Secretário ou Secretária nacional dunha Federación é incompatíbel coa pertenza a calquer outro máximo órgao executivo de comarca, de federación ou confederal. A condición de membro da Executiva Confederal e o exercício dos cargos de Secretário ou Secretária Comarcal e de Secretário ou Secretária nacional dunha Federación leva implícita a dedicación e a dispoñibilidade preferente a tais cargos.
Capítulo 5 Do réxime eleitoral Artigo 79 Como norma xeral, os procesos electivos para os órgaos de governo da CIG regularán-se polo disposto nestes estatutos. Poderán-se estabelecer procedimentos eleitorais específicos cando asi o prevexan os regulamentos que desenvolven estes estatutos ou os estatutos dos sindicatos ou federación constituídas, sempre que non contradigan os mínimos que aqui se estabelecen. Artigo 80 Todos os cargos da CIG proverán-se mediante votación secreta e persoal. En casos determinados poderá-se admitir a votación a man alzada cando asi o considere unha maioria de dous terzos dos membros asistentes do órgao eleitor, ainda que ese acordo será ineficaz cando calquera dos membros reclame o exercício do direito á votación secreta. Artigo 81 A eleición de órgaos e cargos fará-se mediante a apresentación de candidaturas en listas pechadas, que deberán conter cando menos o número de persoas de que se compoña o organismo, sen prexuízo do estabelecido para a eleición da Comisión de Garantias. É responsabilidade do máximo órgao ou cargo executivo existente no ámbito en que se produce a eleición a apresentación dunha candidatura, cumprindo-se para estes exclusivos efeitos as seguintes regras:
Artigo 82 Poderán apresentar-se outras candidaturas, co mesmo requisito de composición, cando vaian avaladas cando menos por un número de membros do órgao eleitor igual ao 150% do número de postos que cobrir. Artigo 83 A composición do órgao elexido resultará da proclamación dos membros da lista única ou, se é o caso, da adscrición dos membros de cada lista apresentada en proporción directa aos votos acadados. Para estes efeitos, redondearán-se por defeito as fraccións até 0,49 e por exceso as superiores e, en caso de empate, será proclamado o candidato ou candidata da lista que máis votos totais obtivese. Artigo 84 Será en todo caso de aplicación directa o procedimento eleitoral regulado nos artigos anteriores nas eleicións que correspondan realizar polo Congreso e polo Consello Confederal, e de aplicación supletória para os demais casos. Non obstante, será igualmente obrigado en todos os casos cando se apresente polos seus promotores cando menos unha candidatura en lista pechada. Artigo 85 Cando por aplicación do previsto no artigo 79 se prevexa un procedimento electoral específico que implique a posibilidade de apresentación de candidaturas abertas, a lista deberá conter cando menos un número de membros igual ao de postos que cobrir e a votación efectuará-se na papeleta por un número máximo de candidatos ou candidatas igual ao 75% dos postos que cobrir, resultando proclamados aqueles ou aquelas que obtivesen o maior número de votos; en caso de empate, será proclamado o candidato ou candidata con maior antigüidade na afiliación. Artigo 86 No caso das listas pechadas, as vacantes que se poidan producir serán cobertas polo candidato ou candidata seguinte da mesma lista. No caso de listas abertas, polo seguinte en número de votos. Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Do réxime económico e patrimonial Artigo 87 Os recursos económicos da CIG están constituídos por:
Artigo 88 O Consello Confederal aprobará un regulamento financeiro que conteña as normas comuns a todos os órgaos da CIG en materia de xestión económica e de procedimento financeiro, que deberá rexer-se, entre outros, polos princípios de solidariedade e de equilíbrio económico entre as diferentes estruturas e que aplicará nas asignacións económicas os critérios de actividade asumida e de servizos xerais garantidos. Regulará especificamente:
Artigo 89 A cota será igual para todos os afiliados e afiliadas da CIG, ainda que se poderá estabelecer unha cota reducida para persoas con ingresos que non acaden cando menos o SMI vixente en cada momento, asi como para aqueloutros colectivos que determine o Consello Confederal no regulamento financeiro. Artigo 90 A responsabilidade inicial da xestión dos ingresos por cotas reside nas Unións Comarcais, que ordenarán as respectivas transferéncias por ese conceito a unha única conta confederal nacional que abrirá a ese exclusivo fin a Executiva Confederal, liquidando esta por trimestres coas estruturas territoriais e sectoriais correspondentes tais ingresos en función da participación acordada segundo os Estatutos e o Regulamento Financeiro. Artigo 91 A CIG dotará-se do património que resulte tanto da cesión do património sindical acumulado a que legalmente teña direito como da adquisición por calquer título de inmóbeis próprios. O património da CIG deberá estar rexistrado ao seu nome nos rexistros oficiais onde proceda, non aceitando en caso contrário responsabilidade nengunha sobre as cargas ou obrigas que a sua xestión puidese xerar. Artigo 92 A CIG poderá criar, por acordo do Consello Confederal, as Fundacións que considere de interese para o mellor cumprimento dos seus fins, estabelecendo con elas os acordos de colaboración que resulten de mútuo aproveitamento. Para estes efeitos, a CIG deberá constituir unha Fundación co fin de xestionar a formación profisional non regrada (ocupacional e contínua). Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Da comunicación
Artigo 93 En consonáncia cos Princípios da CIG incorporados a estes Estatutos, o idioma oficial da Confederación en todos os ámbitos e actividades, individuais ou colectivas, é o galego. Asi mesmo, na sua documentación e meios de expresión de calquer clase terá especial coidado na utilización dunha linguaxe non sexista. Artigo 94 A CIG editará como órgaos de expresión confederais próprios as publicacións periódicas cunhas características que aprobe o Consello Confederal. Tempo Sindical é o voceiro oficial da CIG. Artigo 95 A CIG inscrebe cos estatutos o anagrama da sua imaxe corporativa que se anexa. As suas posíbeis modificacións serán igualmente inscritas no rexistro correspondente. Artigo 96 A CIG utilizará un único carné, que será aprobado polo Consello Confederal e que conterá o anagrama da Confederación, asi como o específico da federación ou sindicato que corresponda. Artigo 97 A CIG asume como próprios o Hino galego e a Internacional. A bandeira da CIG é vermella, co seu anagrama no ángulo superior esquerdo en cor amarela. A CIG asume como própria a bandeira nacional galega coa estrela vermella de cinco pontas. Obxectivos | Princípios | Estatutos da CIG | Título 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7
Das modificacións orgánicas e dos estatutos
Artigo 98 A aprobación e modificación destes estatutos é competéncia exclusiva do Congreso da CIG, que requererá unha maioria de 2/3 en votación global. Igualmente exixirá o apoio dos 2/3 calquer modificación parcial das disposicións contidas no artigo 11, nos capítulos 2, 3 e 4 do Título II, no artigo 43, no artigo 75 e no capítulo 5 do Título IV. Artigo 99 As organizacións ou colectivos sindicais que asi o decidan poderán estabelecer fórmulas especiais de asociación ou integración na CIG, conforme ao mútuo interese. O acordo a que se chegue, coa denominación de protocolo, será aprobado polo Consello Confederal por proposta do órgao competente en función do ámbito, e deberá conter os termos organizativos, económicos e sindicais pactados, o seu período de vixéncia e os aspectos en que son de aplicación directa estes estatutos. Artigo 100 A desconfederación dun sindicato ou federación só poderá acordar-se en congreso extraordinário deste por maioria de 2/3. Artigo 101 A disolución da CIG, a fusión ou a integración nunha nova organización sindical só poderá acordar-se en congreso extraordinário por maioria de 2/3.
Disposicións Adicionais Primeira.- Do persoal. O Consello Confederal aprobará un Estatuto de persoal da CIG, no que se terán que definir: a delimitación das características básicas dos postos e cargos por razón da sua función, as modalidades de vinculación contractual e os seus efeitos, o réxime salarial e de dedicación, as condicións de incompatibilidade co exercício de actividades privadas e aqueloutras necesárias para a mellor regulamentación da relación entre a CIG e o persoal ao seu servizo. Igualmente, deberá contemplar o réxime de aplicación das suas normas ao persoal liberado que non teña a condición de asalariado da CIG. Todo o persoal con contrato ao servizo da CIG mantén con esta unha relación contractual de tipo laboral, encadrando-se na actualidade en dous grandes grupos:
Segunda.- Da afiliación. Para efeitos orzamentários e de exercício da representación interna que corresponda, entende-se a condición de afiliado ou afiliada como sinónima de cotizante. Para a sua determinación nun período utilizará-se a fórmula:
sendo N o total de ingresos por cotas nos doce meses anteriores e C o importe da cota vixente no mesmo período. Terceira.- Das comisións. En aplicación das faculdades previstas no artigo 41 destes estatutos, criarán-se cando menos as comisións seguintes: redacción do Tempo Sindical, Area Pública e Saúde Laboral. A Comisión de Area Pública dotará-se dunhas normas de funcionamento que permitan a coordenación efectiva das diferentes federacións que a compoñen, proporcionándo-lle unhas pautas de actuación que lle confiran capacidade real de adoptar acordos executábeis nos ámbitos comuns que se aproben, estabelecendo na sua composición as fórmulas de participación dos distintos órgaos de dirección das federacións que a compoñen. Cuarta.- Dos colectivos organizados interprofisionais. Complementariamente á acción sindical despregada polas estruturas sectoriais reguladas nestes Estatutos, a CIG atenderá as necesidades de organización interna e de proxección externa próprias dos colectivos sociais (muller, mocidade, pensionistas e xubilados, parados/as...) cunha presenza no mundo do traballo que posue características e identidade particularmente significativas. A Secretaria da Muller, a Secretaria da Mocidade e a (Secretaria) de Pensionistas e Xubilados son estruturas interprofisionais das que se dota a CIG para impulsar a sua política sindical en relación á situación da Muller, da Mocidade e dos Pensionistas e Xubilados, respectivamente, dentro do mundo do traballo e globalmente ante o conxunto da sociedade. Os colectivos interprofisionais criados na CIG terán autonomia, organización e denominación próprias, elexerán os seus próprios órgaos de dirección e rexistrarán os seus próprios Estatutos aprobados en Congreso, que non poderán contradicer os Estatutos confederais. Internamente, os colectivos interprofisionais así constituídos estarán representados pola sua Secretária Nacional ou polo seu Secretário Nacional no Secretariado Confederal e no Consello Confederal, con voz e con voto. Asi mesmo, designarán un ou unha representante con voz e voto nas Direccións Comarcais da CIG. Os colectivos interprofisionais constituídos na CIG orientarán coas suas análises e as suas propostas a política sindical confederal, territorial e sectorial sobre a Muller, a Mocidade e os Pensionistas e Xubilados, e deberán exercer a representación da CIG nas institucións e nos foros nos que a CIG participe para tratar os asuntos que directamente lles afectan. A CIG dotará aos colectivos interprofisionais constituidos dun orzamentto anual e dos meios necesários para o desenvolvimento do seu labor, nos termos que aprobe o Consello Confederal. As secretarias de cada colectivo interprofisional serán as encargadas de apresentar unha Memória de Actividades con periodicidade anual ante o Consello Confederal, que será o organismo encargado de avaliar o seu labor. Quinta.- Da participación da muller. A incorporación de mulleres na composición dos órgaos de dirección da CIG deberá ter como orientación xeral acadar un equilíbrio na relación afiliación/cargos no ámbito correspondente. Conforme a isto, deberá acadar-se antes do III Congreso unha presenza de cando menos un 30% de mulleres nos órgaos de dirección globalmente considerados. Sexta.- Da definición sectorial. En desenvolvimento da clasificación sectorial contida no artigo 31 destes estatutos, e sen prexuízo do mecanismo de adscrición da afiliación que regula o artigo 30, indican-se a seguir os sectores de actividade atribuídos a cada un dos sindicatos ou federacións da CIG:
Séptima.- Da organización territorial.
Disposicións Transitórias Primeira.- Das asembleas das estruturas territoriais. As estruturas territoriais da CIG deberán realizar as suas asembleas comarcais no prazo máximo do 31 de decembro de 1997. Segunda.- Da aplicación do réxime de incompatibilidades de cargos. A aplicación individual das incompatibilidades reguladas no artigo 78 destes Estatutos entre membros da Executiva Confederal e membros dos órgaos executivos dunha federación ou dunha comarca terá efeitos a partir da celebración do Congreso ou Asemblea correspondente e, en todo caso, no prazo máximo do 31 de decembro de 1997. O mesmo prazo máximo rexerá para a aplicabilidade individual das demais incompatibilidades estabelecidas no mesmo artigo 78. |
ÚLTIMA REVISIÓN: 22/06/2001 |