-Vídeos / Reportaxes gráficas / Cartaces

GalizaCIG-

Volver a Novas e PublicaciónsVolver a Actualidade
| Actualidade | Conflitos Empresas, Negociación Colectiva | Celebracións |
| Acción Sindical | Actos, Asembleas, Congresos | Entrevistas | Internacional |
 
Actualidade
 
Día da Clase Obreira Galega 12/03/2008
Contra a carestía da vida, salarios dignos
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'50'', espazo en disco: 19.645.366 bytes [18,7 Mb]). Realización: Zélia García.
Actos da CIG en Ferrol
Mil persoas secundan a manifestación nacional do 10 de Marzo
Por volta de mil persoas participaron en Ferrol na manifestación nacional que organizou a CIG no Día da Clase Obreira Galega. A denuncia da carestía da vida, a reclamación do Marco Galego de Relacións Laborais e a defensa da soberanía do país foron os eixes sobre os que xirou a marcha do 10 de Marzo.
As redeiras contra o furtivismo 23/01/2008
Enredadas na (i)legalidade
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'36'', espazo en disco: 18.383.942 bytes [17,5 Mb]). Realización: Zélia García.
Conseguen tirar compromisos
As redeiras ocupan a Inspección de Traballo e a Xunta en Vigo para reclamar medidas contra o furtivismo
O venres 22 de febreiro desde ás dez da mañá comezaba unha xornada de reivindicación e visibilización dos dereitos das redeiras, que desde distintos portos de Galiza chegaron a Vigo para reclamar medidas para rematar co traballo ilegal deste oficio, que xa supón un 67%, e que dana gravemente ao sector.
A CIG, segunda forza sindical en Galiza co 28,6% dos delegados/as 18/01/2008
Eleccións 2003-2007: A CIG é a segunda forza sindical en Galiza
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'57'', espazo en disco: 17.512.468 bytes [16,7 Mb]). Realización: Roi Ribeira.
O sindicalismo nacionalista avanza do 26,2% en 2003 ao 28,6% en 2007 e pasa a ser a segunda forza en Galiza
A CIG medra en máis de 1.000 delegados a súa representación nas eleccións sindicais
“Trátase dun resultado histórico que reafirma o modelo que representa a CIG e constata o avance do sindicalismo nacionalista”. Así avaliaba a Executiva Confederal da CIG os resultados do proceso de eleccións sindicais rematado o 31 de decembro. Uns resultados que a sitúan como segunda forza, con 5.623 delegados/as.
Agrávase o conflito dos mariñeiros e percebeiros 20/12/2007
Actuación fascista, brutal e sen precedentes
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'59'', espazo en disco: 21.039.014 bytes [20,0 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz.
“Foi unha actuación fascista, brutal e sen precedentes”, considera Paulo Carril
A policía carga outra vez contra mariñeiros e percebeiros
Agrávase o conflito dos mariñeiros e percebeiros damnificados pola construción do porto exterior coruñés. A policía española cargou na mañá do 19 de decembro contra uns corenta integrantes do colectivo que se concentraban ás portas da Autoridade Portuaria, onde se ía celebrar unha reunión do Consello de Administración do Porto.
Percebeiros e mariñeiros: “polo noso futuro e os nosos dereitos” 06/12/2007
A actuación policial saldouse con varios mariñeiros contusionados
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'38'', espazo en disco: 13.862.522 bytes [13,2 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz.
O colectivo de afectados polas obras do Porto exterior coruñés segue sen cobrar as indemnizacións
A policía reprime mariñeiros mentres Touriño celebra a Constitución española
A policía española desaloxou pola forza unha protesta de mariñeiros afectados pola construción do Porto exterior de A Coruña. Simultaneamente á carga, que se produciu na tardiña do 5 de decembro, na Delegación do Goberno celebrábase un acto solemne en honra á Constitución española.
Os traballadores do sector Deportes por un Convenio propio 23/11/2007
Os traballadores ocuparon por espazo duns minutos as oficinas da Dirección Xeral para o Deporte
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'', espazo en disco: 7.142.078 bytes [6,81 Mb]). Realización: Antón Álvarez Sanz.
Demandan un convenio colectivo propio
Os traballadores do sector de Deportes trasladan as súas protestas até a Xunta
Os traballadores/as do sector de Deportes e Espectáculos da provincia de A Coruña levaron o 22 de novembro as súas protestas até a Dirección Xeral para o Deporte da Xunta. Tras ocupar por espazo duns minutos as oficinas deste departamento, radicadas no Estadio de San Lázaro de Compostela, lograron ser atendidos por un asesor da Consellaría de Cultura e Deporte.
Aínda non comezaron as clases na Escola de Artes e Oficios de Vigo 18/10/2007
Aínda non comezaron as clases na Escola de Artes e Oficios de Vigo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'10'', espazo en disco: 12.573.768 bytes [11,9 Mb]). Realización: Zélia García.
Aínda non comezaron as aulas
Alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo maniféstanse pola falta de profesorado no centro
Diante do Marco, na rúa Príncipe de Vigo, un numeroso grupo de alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios concentrábanse cos seus instrumentos e moita música para denunciar a situación na que se atopa este centro, que con máis de 300 alumnos aínda non conta con profesorado para este curso.
Folga polo Convenio da Construción da provincia de Pontevedra 11/10/2007
5ª xornada da Folga da Construción
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'59'', espazo en disco: 28.851.292 bytes [27,5 Mb]). Realización: Zélia García.
Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción por cuarto día
Unha nova xornada de folga comezou no sector da Construción da provincia de Pontevedra este martes 9 de outubro, con novas mobilizacións e negociacións desde o luns 8 á tarde, e na que se chegaron a acordos nos temas máis sinxelos como os permisos, a duración do convenio ou a xubilación parcial.
Folga polo Convenio da Construción da provincia de Pontevedra 10/10/2007
4ª xornada da Folga da Construción
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'40'', espazo en disco: 23.534.370 bytes [22,4 Mb]). Realización: Zélia García.
Catro detidos na marcha de Vigo
Continúan as mobilizacións e o maioritario paro na folga da Construción por cuarto día
Unha nova xornada de folga comezou no sector da Construción da provincia de Pontevedra este martes 9 de outubro, con novas mobilizacións e negociacións desde o luns 8 á tarde, e na que se chegaron a acordos nos temas máis sinxelos como os permisos, a duración do convenio ou a xubilación parcial.
Non ás agresións na Fonte do Santo, xeriátrico de Coirós 09/10/2007
Non aos acosos, dignidade no traballo
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'02'', espazo en disco: 10.654.306 bytes [10,1 Mb]).
A traballadora, que se atopa de baixa laboral, fora agredida días atrás pola xefa
Unha mobilización da CIG consegue que unha empregada do xeriátrico de Coirós cobre
Arredor de cincuenta persoas participaron na concentración de repulsa á agresión sufrida por unha traballadora da residencia de anciáns “Fonte do Santo” de Coirós. Os participantes no acto, organizado pola CIG o 6 de outubro, non abandonaron o lugar até que os responsábeis do xeriátrico lle pagaron a nómina a esta empregada.
Folga polo Convenio da Construción da provincia de Pontevedra 05/10/2007
3ª xornada da Folga da Construción
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'25'', espazo en disco: 10.035.036 bytes [9,56 Mb]). Realización: Zélia García.
Folga consolidada na terceira xornada
Dóbrase a participación na manifestación polo centro da cidade de Vigo dos traballadores da Construción
Remata a primeira quenda de xornadas de folga da Construción nesta primeira semana de outubro cunha avaliación “moi satisfactoria”, e que posibilita afrontar as futuríbeis negociacións coa patronal con grande forza e unidade. O máis destacábel deste último día foi o grande aumento de participación na manifestación polo centro de Vigo.
Non ao derrubo da vivenda de Charo e Manolo! 01/10/2007
Non ao derrubo da vivenda de Charo e Manolo!
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 9'03'', espazo en disco: 9.480.022 bytes [9,04 Mb]). Realización: Zélia García.
Traballador do Naval e afiliado á CIG afectado
Os traballadores e veciños de Sampaio evitan coa súa presión o derrubo da casa de Charo e Manolo en Vigo
Nunha cidade na que hai máis de 2.000 edificios ilegais e unha especulación ilimitada unha familia de traballadores é ameazada co derrubo da súa vivenda pola demanda dunha veciña, descontenta cunhas reformas. O xuíz ordeou derrubar a casa e veciños/as, traballadores/as fixeron fronte á orde xudicial que tentou executar o Concello.
O persoal de Vimenca (Vilagarcía), abandonado polos empresarios 29/09/2007
O persoal de Vimenca e Áridos de Vilagarcía, abandonado polos empresarios
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'02'', espazo en disco: 8.753.308 bytes [8,34 Mb]). Realización: Zélia García.
Desde abril abandonaron esta empresa
Os traballadores de Vimenca e Áridos de Vilagarcía protestan diante da casa dos empresarios
Un colectivo de traballadores/as afectadas polo abandono de prefabricados de obra Vimenca e Áridos de Vilagarcía estiveron protestando nunha das rúas máis céntricas de Vilagarcía, na que vive un dos empresarios que deixou ao seu persoal contratado abandonado e que levan desde xuño sen cobrar o seu salario.
Limpezas hospitalarias de Ourense polo Convenio Colectivo 26/06/2007
Limpezas hospitais, Convenio XA!
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'54'', espazo en disco: 9.670.544 bytes [9,22 Mb]). Realización: Zélia García.
Este martes e mércores en Ourense
Dúas xornadas de mobilizacións das traballadoras de limpeza de CHOU polo Convenio
As máis de 170 traballadoras afectadas polo Convenio Colectivo do servizo de limpezas hospitalarias de Ourense volveron mobilizarse esta semana de novo durante dúas xornadas con concentracións mañá e tarde. A primeira delas foi diante do CHOU, a deste mércores foi no exterior das oficinas de Ferpesa, unha das empresas que ten contratados os seus servizos e que se nega a negociar.
Os ambulancieiros demandan o cumprimento do Convenio 25/06/2007
Os ambulancieiros do SERGAS demandan o cumprimento do Convenio
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'05'', espazo en disco: 25.665.420 bytes [24,4 Mb]). Realización: César Caramés.
Demandan que o SERGAS exixa á patronal o cumprimento do Convenio
Os traballadores de ambulancias concéntranse diante das oficinas do Sergas en Compostela
Traballadores de ambulancias e representantes da CIG concentráronse, o luns 25 de xuño, diante das oficinas do SERGAS de San Lázaro, en Compostela, en demanda de que se cumpra un Convenio que a CIG nin sequera asinou por consideralo insuficiente.
Convenio galego de Banca XA! Non aos pactos de Madrid! 21/06/2007
Convenio galego de Banca XA!
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'25'', espazo en disco: 9.830.766 bytes [9,37 Mb]). Realización: Zélia García.
Diante das sedes centrais dos principais bancos
A CIG contesta un mal preacordo no Convenio Estatal da Banca con unha concentración nacional en Vigo
O pasado xoves día 21 de xuño preto dun cento de delegados e delegadas da CIG do sector da Banca concentráronse ante as principais Entidades na cidade de Vigo para dar resposta á sinatura dun mal preacordo de Convenio estatal de Banca por parte da patronal AEB e os sindicatos españois CCOO e UGT.
Limpezas hospitalarias de Ourense, Convenio XA! 18/06/2007
Limpeza hospitais, convenio xa!
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'24'', espazo en disco: 9.638.047 bytes [9,19 Mb]). Realización: Pequeno.
Catro concentracións diante do CHOU
As traballadoras de limpezas hospitalarias mobilízanse pola negociación do convenio
A semana pasada en dúas ocasións e este luns 18 de xuño e o martes 19 as traballadoras do servizo de limpezas hospitalarias saíron ás portas do Complezo Hospitalario de Ourense a manifestarse pola negociación dun convenio, que ás empresas concesionarias se negan a dialogar, e non prevén ningún tipo de incremento salarial.
Folga en Ferroplast (O Porriño) por un Convenio digno 13/06/2007
Xornada de folga en Ferroplast por un Convenio digno
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'', espazo en disco: 9.467.510 bytes [9,02 Mb]). Realización: Pequeno.
Concentracións diante das instalacións
Folga masiva en Ferroplast por un convenio que recolla as demandas salariais e laborais dos traballadores/as
Este mércores 13 de xuño e o xoves 14 a CIG convocou folga na fábrica de Ferroplast despois dun intenso período de infrutuosas negociacións polo Convenio propio desta empresa do Metal situada en O Porriño. O seguimento da folga foi moi maioritario e este xoves continuarán as mobilizacións e asembleas de traballadores e traballadoras.
Intervención CIG na Asemblea Xeral de Caixa Galicia en A Coruña 09/06/2007
Concentración e intervención CIG na Asemblea Xeral de Caixa Galicia en A Coruña
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'27'', espazo en disco: 9.587.370 bytes [9,14 Mb]).
A CIG inicia un calendario de mobilizacións que poderán rematar coa convoctoria da primeira Folga na historia da Entidade
A situación laboral marcou a Asemblea Xeral de Caixa Galicia
O día 9 de xuño tivo lugar a reunión anual do máximo órgano de goberno da Caixa Galicia que estivo marcada pola situación laboral, tanto pola presenza dunha concentración da CIG na porta, como polo discurso do director xeral, como polo voto negativo dos representantes do persoal á xestión do exercicio 2006.
Peche dos traballadores de Serrabal nos Concellos de Cee e Vedra 05/06/2007
Por cen anos máis!!, peche no Concello de CEE
Descarga o vídeo. Concello de Cee. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'15'', espazo en disco: 16.942.547 bytes [16,1 Mb]). Realización: Roi Ribeira.
Os traballadores afectados polo trazado do tren de alta velocidade desconvocan temporalmente as medidas de presión
ADIF comprométese a presentar nunha semana un novo informe sobre o impacto do AVE na mina de Serrabal
ADIF comprometeuse a presentar no prazo dunha semana un novo informe sobre o impacto do trazado do AVE a seu paso pola mina de Serrabal, logo dunha xuntanza con representantes sindicais e cos conselleiros de Industria, Traballo e Política Territorial. Tras coñecer a medida, os traballadores desconvocaron os peches nas casas consistoriais de Vedra, Cee e Arteixo.
Este tren arruina a nosa mina!!, peche no Concello de Vedra
Descarga o vídeo. Concello de Vedra. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'36'', espazo en disco: 23.943.244 bytes [22,8 Mb]). Realización: César Caramés.
Folga Construción polo Convenio da provincia de Pontevedra (II) 24/05/2007
2º xornada Folga Construción provincia Pontevedra
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'01'', espazo en disco: 10.318.322 bytes [9,83 Mb]). Realización: César Caramés.
Ábrese a posibilidade de folga indefinida no sector a partir do 15 de xuño
Seguimento total da folga da Construción na provincia de Pontevedra na segunda xornada de mobilización
Este xoves 24 de maio volvían “traballar” desde primeiras horas da mañá os piquetes en toda a provincia, aínda que desta volta a maioría das empresas amencían xa pechadas. O paro ampliouse a zonas máis afastadas dos centros das cidades e vilas, e agora desde a Construción chega o momento das avaliacións e reflexións.
Entrevista a José Elorrieta, secretario xeral de ELA Sindikatua 01/06/2007
Entrevista a José Elorrieta, secretario xeral de ELA Sindikatua
Descarga o vídeo entrevista. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 24'20'', espazo en disco: 42.478.068 bytes [40,5 Mb]). Realización: César Caramés.
Poucos días antes de que ETA anunciara o final da tregua
Vídeo entrevista a José Elorrieta, secretario xeral de ELA Sindikatua
O vídeo que presentamos recolle unha entrevista realizada o pasado 1 de xuño ao secretario xeral de ELA Sindikatua, José Elorrieta. Un encontro no que explica os obxectivos estratéxicos da organización sindical e analiza a situación sociolaboral e política de Heuskal Herria. A entrevista realizouse a poucos días de que ETA anunciara o final da tregua.
Folga Construción polo Convenio da provincia de Pontevedra 23/05/2007
Folga Construción provincia Pontevedra
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'54'', espazo en disco: 13.075.558 bytes [12,4 Mb]). Realización: César Caramés.
Os traballadores do sector non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva desde hai 18 anos
Paro masivo na Construción con concentracións en Vigo e Pontevedra
Este mércores 23 de maio tiña lugar a primeira xornada de folga da Construción na provincia de Pontevedra, convocada pola CIG. Piquetes, paros masivos en toda a provincia e concentracións en Vigo e Pontevedra nesta primeira demostración de forza dos traballadores da Construción que desde hai 18 anos non enfrontaban unha folga pola negociación colectiva.
Correlingua 2007 en A Coruña 15/05/2007
Correlingua 2007 en A Coruña
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'00'', espazo en disco: 7.885.732 bytes [7,51 Mb]).
Catro mil rapaces e rapazas da cidade e das comarcas limítrofes reivindican o idioma nesta carreira popular
O Correlingua tomou as rúas de A Coruña
As expectativas non fallaron e o Correlingua 2007 foi todo un éxito en A Coruña. Baixo o lema “Galegando”, algo máis de 4.000 alumnos e alumnas de máis de 30 centros educativos da cidade e de diversas comarcas galegas participaron o pasado 15 de maio nesta carreira popular, que xa vai pola sétima edición.
Na defensa dos postos de traballo no Hotel Sarga de Cabanas 08/05/2007
Non ao feche do Hotel Sarga
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'24'', espazo en disco: 5.517.228 bytes [5,26 Mb]).
Instan ao Concello a que elabore o PXOM para garantir a continuidade do estabelecemento
Os traballadores/as do Hotel Sarga de Cabanas bótanse á rúa en defensa dos seus postos
Os perto de corenta traballadores/as do Hotel Sarga de Cabanas botáronse á rúa o 8 de maio en defensa dos seus postos. Amosan a súa preocupación perante un posíbel peche do estabelecemento e instan ao Concello a que modifique as normas subsidiarias da zona para asegurar a pervivencia do recinto hoteleiro.
ITVs da provincia Pontevedra en folga 04/05/2007
Folga ITVs provincia Pontevedra
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'19'', espazo en disco: 9.677.259 bytes [9,22 Mb]).
Continuarán en maio e xuño con paros os sábados á tarde
Concentración fronte á Delegación de Industria en Pontevedra nunha nova xornada de folga das ITV
Este venres partían ás 12 da mañá os traballadores en folga dos centros de traballo da ITV nunha marcha cara ás portas da Delegación da Consellaría de Industria, xa que reclaman da responsábel do servizo da ITV que non sexa só espectador neste conflito senón parte da solución.
Urxencias extrahospitalarias contra a explotación laboral 03/05/2007
Urxencias extrahospitalarias contra a explotación laboral
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'51'', espazo en disco: 8.891.672 bytes [8,47 Mb]).
Manifestación posterior até a Delegación Provincial
Concentración das traballadoras e traballadores dos PAC do Sergas en Vigo
Este xoves tiña lugar unha concentración desde ás 12 da mañá fronte ao Centro de Saúde de Rosalía de Castro dos traballadores e traballadoras do PAC da área sanitaria de Vigo, servizos de urxencia de Primaria, para demandar que se retome a Mesa de negociación pola mellora das súas condicións laborais e retributivas.
Manifestacións do 1º de Maio 2007 01/05/2007
Manifestación do 1º de Maio 2007 en Vigo
Descarga o vídeo de Vigo.
(Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 6'22'', espazo en disco: 17.028.983 bytes [16,2 Mb]). Realización: Roi Ribeira.
A manifestación de Vigo foi a máis numerosa con 8.000 persoas
A CIG mobiliza a máis de 12.000 persoas no 1º de Maio
Baixo os lemas “Contra os recortes das prestacións sociais” e “Galiza Nación, Autodeterminación” percorreron as rúas de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago, Ferrol, A Mariña e Ribeira máis de 12.000 persoas convocadas pola CIG, con motivo do 1º de Maio. A manifestación de Vigo foi a máis numerosa do país, cunha participación que rondou as 8.000 persoas.
Manifestación do 1º de Maio 2007 en A Coruña
Descarga o vídeo de A Coruña. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'42'', espazo en disco: 10.689.534 bytes [10,1 Mb]).
Manifestación do 1º de Maio 2007 en Compostela
Descarga o vídeo de Compostela. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 1'14'', espazo en disco: 3.093.208 bytes [2,94 Mb]). Realización: Roi Ribeira.
Por unha carreira profesional xusta no Sergas (III) 26/04/2007
Por unha carreira profesional xusta no Sergas
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 7'42'', espazo en disco: 9.764.326 bytes [9,31 Mb]).
Máis de 4.500 traballadoras e traballadores saíron ás rúas
Novo éxito da folga xeral pola carreira profesional en toda Galiza
Este xoves tiña lugar unha nova mobilización por unha carreira profesional non discriminatoria para os técnicos superiores sanitarios e o persoal non sanitario. O obxectivo era acadar un maior número de traballadores/as que na folga xeral do 29 e na manifestación de Compostela. Cumpriron o obxectivo con máis de 4.500 traballadores/as esta vez.
Por unha carreira profesional xusta no Sergas (II) 20/04/2007
Por unha carreira profesional xusta no Sergas
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'42'', espazo en disco: 9.338.790 bytes [8,90 Mb]).
En Vigo houbo manifestación e ocupación da Delegación do Sergas
Mobilización e convocatoria de folga xeral o xoves 26 pola carreira profesional xusta
Este venres volveron as mobilizacións na sanidade pública pola carreira profesional, con paros de 12:00 a 18:00 horas e concentracións e manifestacións en todo o país. O martes está convocada a Mesa Sectorial para abordar a negociación e de non haber avances unha folga xeral para o día 26.
Solucións para as auxiliares do carbón 19/04/2007
Solucións para as auxiliares do carbón
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'07'', espazo en disco: 8.197.094 bytes [7,81 Mb]).
Celebrarase unha asemblea para fixar un novo calendario de mobilizacións
Os traballadores das auxiliares da minaría do carbón levan a Compostela as súas demandas
Os traballadores das auxiliares do carbón concentráronse na mañá do xoves día 19 de abril diante das dependencias da Xunta de Galiza, en Santiago de Compostela, para demandar que se recoñeza o seu dereito a seren recolocados ou prexubilados unha vez remate a actividade das minas.
Por unha carreira profesional xusta no Sergas 13/04/2007
Por unha carreira profesional xusta no Sergas
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'18'', espazo en disco: 10.060.582 bytes [9,59 Mb]).
En Vigo máis de 1.000 persoas saen ás rúas
Novas mobilizacións e folga pola carreira profesional
O 13 de abril estaba convocada unha nova folga no Sergas e xornada de mobilización por unha carreira profesional digna para todo o persoal, xa que na actualidade se está a negociar a carreira profesional, método de avaliación e incentivo do traballo de técnicos superiores sanitarios, auxiliares de enfermería e todo o persoal non sanitario (celadores, administrativos, pinches...).
Traballadoras da limpeza en folga reciben a Bugallo en Lavacolla 27/03/2007
Traballadoras da limpeza do Concello reciben a Bugallo no aeroporto
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'39'', espazo en disco: 7.918.854 bytes [7,55 Mb]).
O alcalde regresaba dunha viaxe por América Latina
As traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Santiago demandan solucións a Bugallo no aeroporto
O pasado martes 27 de marzo, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, foi recibido no aeroporto de Lavacolla polas traballadoras do servizo de limpeza do Concello, en folga desde hai xa 58 días.
Brutal carga policial contra traballadoras/es de Atento en A Coruña 15/03/2007
Brutal carga policial contra traballadoras/es de Atento
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'35'', espazo en disco: 22.646.770 bytes [21,5 Mb]).

Brutal carga policial contra traballadoras/es de Atento
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 5'', espazo en disco: 1.037.402 bytes [0,98 Mb]).
A central nacionalista insta á Consellaría de Traballo a que constitúa unha mesa de negociación coa empresa e mais os sindicatos
A CIG denuncia a carga contra os traballadores/as de Atento e esixe a dimisión da subdelegada do Goberno
A CIG esixe a dimisión inmediata da subdelegada do Goberno español, Obdulia Taboadela, como responsábel da carga policial do 15 de marzo contra os traballadores/as de Atento, que se manifestaban en solidariedade cos 179 compañeiros/as despedidos o día anterior pola empresa.
Desaloxo do campamento de funcionarios no Obelisco de A Coruña 13/03/2007
Desaloxo pola forza campamento funcionarios A Coruña
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 4'05'', espazo en disco: 6.450.033 bytes [6,5 Mb]).
Os traballadores/as non desisten e permanecerán neste céntrico lugar até o 27 de maio
A policía desaloxa pola forza a acampada dos funcionarios/as coruñeses no Obelisco
Pouco antes da unha da madrugada do 13 de marzo, efectivos da Unidade de Intervención Policial da policía española, acompañados por axentes da policía local coruñesa, desaloxaron pola forza aos funcionarios/as municipais que levaban desde a tarde do día anterior acampados no Obelisco.
Manifestacións contra Bush en México 13/03/2007
Manifestacións contra Bush en México
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 9', espazo en disco: 23.958.930 bytes [22,8 Mb]).
A protesta foi convocada por organizacións políticas, sociais e sindicais, entre as que estaba o Sindicato Mexicano de Electricistas
Manifestacións contra Bush en México
Tanto en Mérida como en cidade de México houbo o martes 13 mobilizacións contra a visita do presidente norteamericano George Bush. Na capital de México manifestáronse varios miles de persoas que se dirixiron pola rúa Reforma ate a Embaixada norteamericana, diante da que se concentraron durante varias horas.
Ollanto Humala Tasso, presidente do Partido Nacionalista Peruano 11/03/2007
Ollanto Humala Tasso no XI Seminario PT México
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 17'26'', espazo en disco: 46.136.030 bytes [43,9 Mb]).
Presidente do Partido Nacionalista Peruano, acadou nas pasadas eleicións en Perú seis millóns de votos, un 47%
Discurso de Ollanto Humala no 11º Seminario organizado en México polo PT
Penduramos a intervención de Ollanto Humala Tasso, presidente do Partido Nacionalista Peruano, feita no 11º Seminario organizado polo ‘Partido del Trabajo’ de México, por entendérmonos que é de moito interese dado o pouco coñecemento que existe na Galiza sobre a súa traxectoria e obxectivos políticos.
Convenios e salarios dignos, sindicalismo galego 10/03/2007
Convenios e salarios dignos, sindicalismo galego
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 11'06'', espazo en disco: 25.041.671 bytes [23,8 Mb]).
Mil persoas secundan en Ferrol a manifestación da CIG no Día da Clase Obreira Galega
10 de Marzo: Amador e Daniel, a loita continúa
Mil persoas marcharon por Ferrol na manifestación organizada pola CIG no Día da Clase Obreira Galega. Os actos comezaron no Inferniño cunha ofrenda floral perante a estatua dedicada a Amador Rei e Daniel Niebla. A manifestación partiu deste mesmo lugar e rematou no Cantón.
Intervención de Dario Machado sobre propiedade social en Cuba 09/03/2007
Dario Machado no XI Seminario PT México
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 8'03'', espazo en disco: 18.839.622 bytes [17,9 Mb]).
A propiedade social como cultura na transición socialista cubana
Intervención de Dario Machado no Seminario de México
O profesor Dario Machado fixo unha corta, porén importante intervención, no XI Seminario Internacional de México, organizado polo Partido do Traballo, no que resumiu o seu relatorio sobre “A propiedade social como cultura na transición socialista cubana”.
Intervención de Hugo Moldis sobre escenarios posíbeis en Bolivia 09/03/2007
Hugo Moldis no XI Seminario PT México
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 12'54'', espazo en disco: 32.810.624 bytes [31,2 Mb]).
Intervención de Hugo Moldis no XI Seminario Internacional organizado polo Partido do Traballo de México
Bolivia, escenarios posíbeis
No Seminario Internacional de México, organizado polo Partido do Traballo, estivo Hugo Moldis que fixo unha análise sobre os catro escenarios posíbeis en Bolivia, nunha intervención de singular interese xa que Bolivia, despois de Cuba e Venezuela, é o país onde as transformacións políticas e sociais son máis fortes en América Latina.
Análise de Virgilio Hernández da viraxe á esquerda no Ecuador 09/03/2007
Virgilio Hernández no XI Seminario PT México
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 23'02'', espazo en disco: 61.357.800 bytes [58,5 Mb]).
Análise de Virgilio Hernández no XI Seminario Internacional organizado polo Partido do Traballo de México
Ecuador, viraxe a esquerda: Situación política e perspectivas
Virgilio Hernández fixo durante o XI Seminario Internacional realizado na cidade de México os días 9, 10 e 11 de marzo, organizado polo Partido do Traballo deste país, unha análise sobre a evolución da historia política recente do Ecuador e cales son as perspectivas que se abren despois da eleición de Rafael Correa como presidente.
Galiza en Venezuela 28/02/2007
Galiza en Venezuela
Descarga o tráiler. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'22'', espazo en disco: 28.574.836 bytes [27,2 Mb]). Realización: FESGA.
Realizado por FESGA en colaboración coa CIG
Presentado o documental Galiza en Venezuela no Consello de Cultura Galega
Galiza en Venezuela, documental de Fesga e colaboración da CIG, foi presentado o mércores 28 de febreiro na Fundación Torrente Ballester de Santiago de Compostela polo coordinador do proxecto Manuel Mera.
Pistoletazo de saída negociación Convenios de Banca e Caixas 15/02/2007
Contra a privatización da xestión dos servizos de emerxencias
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 3'48'', espazo en disco: 10.172.724 bytes [9,70 Mb]).
Coa Asemblea de delegados e delegadas do sector financeiro
A CIG dá o pistoletazo de saída para a negociación dos Convenios de Banca e Caixas de Aforros
O día 15 de febreiro tivo lugar en Compostela unha Asemblea nacional de delegados e delegadas da CIG en Bancos e Caixas de Aforros co fin de debater as respectivas Plataformas para presentar nas Mesas de negociación dos Convenios.
Contra a privatización da xestión dos servizos de emerxencias 14/02/2007
Contra a privatización da xestión dos servizos de emerxencias
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'51'', espazo en disco: 7.394.114 bytes [7,05 Mb]).
Demandan un servizo público galego de prevención, extinción de incendios e salvamento
Membros dos servizos de emerxencias maniféstanse en Compostela contra a privatización da xestión
O mércores 15 de febreiro traballadoras e traballadores dos servizos de emerxencias tomaron Compostela para manifestar a súa oposición á Lei de Emerxencias de Galiza. Unha Lei que contempla a privatización da xestión e que, para os convocantes, conculca un dereito fundamental: a seguridade.
Pola mellora da saúde no sector da Pedra 18/01/2007
Pola mellora da saúde no sector da Pedra
Descarga o vídeo. (Formato do vídeo: Windows Media Video [wmv], duración: 2'52'', espazo en disco: 14.702.532 bytes [14,0 Mb]).
Despois dunha numerosa Asemblea de delegados e delegadas
“Silicose, solución xa!”, manifestación en O Porriño pola mellora da saúde no sector da Pedra
O 18 de xaneiro tiña lugar en O Porriño unha Asemblea de delegados e delegadas que tratou da situación do sector da pedra e outros temas de interese sindical e nacional como a Caixa de Resistencia da CIG e o abandono das mesas de diálogo social. Despois unha manifestación de 500 persoas percorreu as rúas da cidade.
 
Volver a Novas e PublicaciónsVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2008
cig.informática


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta