| |
| Caderno de notas de informática |
|
| |
Ás voltas co Windows Update
Se ao facer o Windows Update en un Windows XP recibes
unha e outra vez a mensaxe “no se pudieron instalar algunas actualizaciones”, agora hai dispoñíbel
na Internet unha ferramenta que soluciona a maior parte dos problemas deste servizo do sistema operativo. A ferramenta
chámase WURT. O seu autor non quere que se enlace directamente, polo que para descargala
hai que ir a: http://software.hitoma.com/WURT/, e aceptar aí as condicións de uso (unha vez lidas, no
recadro vermello, premer en “I Agree”). Lembrar aquí que nun Windows 98 recentemente instalado, o servizo
Windows Update non funcionará até que actualicemos o Internet Explorer da versión 5 que ven
co sistema á versión 6 SP1
que é a derradeira dispoñíbel para ós 9x. Tamén, antes de meterse en leiras,
convén comprobar que a data do sistema sexa a correcta pois unha data incorrecta pode imposibilitar o funcionamento
de Wundows Update. Volvendo ao tema, WURT é unha ferramenta guiada que corre nunha ventá de DOS.
Está escrita en inglés e o valor proposto por defecto valerá para a maior parte das cuestións
que o guión expón. Porén, de se ter instalado o Internet Explorer 7, dicir non cando nos propoña
reinstalalo. Isto último, reinstalar a versión que teñamos instalada do Internet Explorer,
deberemos facelo se despois de correr WURT aínda o Windows Update resístese a funcionar dado que
este servizo é dependente do Microsoft Internet Explorer. Interesa en todo caso para Windows XP ter instalado
o Internet Explorer 7
(ademais xa non hai que validalo como orixinal). |
23/10/2007 |
| |
|
Luns, martes, mércores, xoves, venres...
Por fin imos poder ter no reloxo de Windows os días
e os meses en galego sen efectos
colaterais non desexados. Microsoft ten publicado un
parche que chama “Actualización Jet 4.0: Problemas derivados de ciertas opciones regionales y de idioma en Windows
XP (KB913296)” que dá solución aos problemas que, di Microsoft, “aparecen cuando la configuración
del LCID del idioma del sistema realizada en el Panel de control, Opciones regionales y de idioma, se ha establecido
en un idioma no compatible con Jet 4.0”. Resulta que o galego era un idioma incompatible co motor de bases de dados
Jet (Joint Engine Technology) e non nos dixeron nada.
O español, o vasco e o catalán si eran compatíbeis.
Pois iso, xaneiro, febreiro, marzo, abril,
maio, xuño, xullo... |
13/07/2006 |
| |
|
O programa da Renda e o interface de Windows
XP en galego
A Rede estase a facer eco (1,
2, 3) dos erros aquí xa observados dos distintos compoñentes
en galego que incorpora de serie Windows XP ou que se lle poden engadir. A polémica está centrada
arredor da mensaxe de erro "Error
en el acceso a datos. Instale ADO desde el CD o Internet"
que manda en determinadas circunstancias o programa da Renda 2005.
Este erro non é novo (xa
daba conta del cando comezara este caderno en 16/04/2004),
nin está relacionado co LIP (Language
Interface Pack) en galego como se está a afirmar
(eu xa non o instalo polo efecto colateral que ten). Este erro ten que ver coa posibilidade que dá o Panel
de Control de Windows (e que ven de serie) en "Configuración regional y de Idioma", ficha "Opciones
regionales" de pór o formato
numérico, moeda e data en galego, polo que bastará
fixalo a español ou calquera outro idioma como catalán ou vasco para que o programa da Renda 2005
funcione. Logo, feita a declaración, volta a pór en galego. Iso si, isto afecta a outros programas
que utilizan ADO (Access Data Object) como o ThumbsPlus Pro de Cerious Software
que en su versión 7 en español devolverá a seguinte mensaxe de erro: "[5015/8038] Error
de base de datos: La base de datos seleccionada no es una base de datos de ThumbsPlus Pro. Si está conectando
a una base de datos cliente/servidor de ThumbsPlus Pro, verifique con el administrador de la base de datos que
su cuenta de usuario tiene los privilegios apropiados.; [0-]". O dito, se non queremos ter problemas con ADO haberá que ter o reloxo en español
ou calquera outro idioma que non sexa o galego. É
un problema do compoñente que ven de serie co Windows. |
30/05/2006 |
| |
|
Para que Office
abra os documentos novos en galego
As versións de Microsoft Office XP e 2003 sempre
teñen a mala idea de abrir os documentos en branco en lingua castelá aínda que teñamos
predeterminado o galego como idioma en "Herramientas", "Idioma", "Definir idioma".
Para solucionar isto podemos facer o que sigue:
a)
Imos ao "Panel de Control", buscamos a icona "Configuración regional y de idioma" e
seleccionamos a ficha "Idiomas".
b)
Na ficha "Idiomas" prememos o botón "Detalles", que nos leva á fiestra "Servicios
de texto e idiomas del dispositivo de entrada".
c)
No manexador de listas "Idioma predeterminado del dispositivo de entrada" comprobamos se existe "Gallego
- Español". Se existe o seleccionamos e xa está. Se non, seguimos no paso d).
d)
Na primeira ficha "Configuración", hai un botón "Agregar". Ao premer nel aparece
a ventá "Agregar idioma de entrada".
e)
No manexador de listas "Idioma de dispositivo de entrada" procuramos "Gallego" e no manexador
"Distribución del teclado/IME" comprobamos que estea seleccionado "Español".
f)
Agora, outra vez na ficha configuración, no manexador "Idioma predeterminado del dispositivo de entrada"
fixamos "Gallego - Español". E para rematar lle damos a "Aceptar".
A próxima vez que creemos un documento novo en Word, este se iniciará en galego. |
05/11/2005 |
| |
|
Grave efecto colateral
ao instalar no XP o Language Interface Pack (LIP) en galego
Agora que se está a falar da inminente aparición
do Service Pack 2 para Windows XP, que se prevé dispoñible en agosto (aínda que parece presentará
certos problemas de compatibilidade), teño comprobado con arrepío que a instalación sobre
un Windows XP-SP1 do LIP en galego ten un grave efecto colateral: despois desta, NON
poderemos instalar no noso equipo novos dispositivos da clase CD-ROM.
Este bug (erro de programación), ademais, non se corrixe coa desinstalación do LIP, o sistema queda
tocado. De haber instalado este LIP, como xa fixemos moitos/as, será mellor que non precisemos por un tempo
dunha nova lectora de Cds, gravadora ou Dvd, pois ao colocala o noso equipo xa non rematará máis
de iniciar, e quedará ocupado coa lenda: "Hardware novo atopado. Unidad de CD-ROM"... sendo incapaz
de montar o novo volume de almacenamento. Aos/ás que non o tedes aínda instalado, vos recomendo NON instalar o LIP
polo de agora.
Para solucionar isto, atopei de momento dúas saídas. Unha primeira é reinstalar o Windows.
A outra, menos traumática, consiste en borrar unha clave do rexistro.
Se alguén ten un problema como o que aquí se describe, pode seguir os seguintes pasos:
a)
Apagar o equipo e desconectar a nova lectora, gravadora ou dvd (polo demais non teremos outra opción pois
a máquina estará "colgada").
b)
Acender.
c)
Unha vez iniciada a máquina, arrancar o editor do rexistro tecleando en "Iniciar" / "Executar"
o comando regedit. Se abre a ventá "Editor del Registro".
d)
Abrir (darlle sobre o +) a clave HKEY_LOCAL_MACHINE. Abrir "System", abrir "CurrentControlSet",
abrir "Control", abrir "Class", situarse enriba de "{4D36E965-E325-11CE-BFC1-08002BE10318}"
(ten que quedar a rama seleccionada en azul e na ventá da dereita os "Datos" para o "Nombre"
"Predeterminado" serán "Unidades de DVD/CD-ROM"), chamar ao menú de contexto
do obxecto co botón dereito do rato e seleccionar "Exportar". Asignamos un nome para o ficheiro
e lle damos a "Gardar". A rama do rexistro quedará salvada nun arquivo de tipo reg.
e)
Agora que xa dispoñemos dunha copia de seguridade da rama que imos modificar, buscamos na ventá da
dereita da rama seleccionada no "Editor del Registro" o "Nombre" "Installer32". Nos
situamos enriba del (queda seleccionado en azul). Premer no botón dereito do rato e no menú de contexto
darlle a "Eliminar". Logo, validar a ventá de confirmación co "Si" e xa está.
f)
Pechar todo, apagar o equipo, e volver a conectar a nova unidade de cd/dvd. Agora, ao arrancar de novo, o sistema
a instalará. Obviamente, o Windows segue "tocado", pero nos deixa traballar. |
17/07/2004 |
| |
|
Nero Burning ROM interactua con Pinnacle PCTV
Vision
Ás veces, cando se instala unha aplicación
deixa de funcionar outra. Isto ven a acontecer con máis frecuencia da razoable. É o caso da versión
6.3.1.17 do Nero
Burning ROM que interactua co paquete Pinnacle PCTV
versión 5.50. Así que se tes unha tarxeta PCTV de captura de televisión, ao instalar esta
revisión do software de gravación de CD probablemente deixarás de ver a tele e obterás
un erro coa seguinte firma: "AppName: vision.exe, AppVer: 2.7.5.0, ModName: unknown, ModVer: 0.0.0.0, Offset:
66812040". O problema está directamente relacionado con dous novos filtros do tipo "active x"
(directshow filter) que incorpora a versión, o NeQTADec.ax (QuickTime Audio Decoder v1.0.0.3) e o NeQTVDec.ax
(QuickTime Video Decoder v1.0.0.3), e que se ubican na carpeta \Archivos de programa\Archivos comunes\Ahead\DSFilter. |
06/07/2004 |
| |
|
Windows XP
en galego (nota01)
Desde o 11 de xuño está dispoñible, para o sistema operativo Windows XP, o Language
Interface Pack (LIP) en galego. Este se pode
descargar
da web de Microsoft (descarga alternativa desde a web
da Xunta). Tamén hai dispoñible
unha revisión
do dicionario de galego que ven co Office XP e co
Office 2003, que se pode descargar desde a páxina
web de Imaxin
Software.
(nota01) Tacháronse as ligazóns pois segundo se explica na anotación de 17/07/2004 se recomenda
NON instalar o LIP en galego. |
16/06/2004 |
| |
Problemas para
ter a data do reloxo en galego
Desafortunadamente, unha opción que xa existía
como é a de pór a data (o reloxo) en galego, e que se pode configurar mediante a icona "Opcións
rexionais e de idioma" do Panel de Control, segue sen ser recomendable polo efecto colateral que o seu uso
presenta, dado que ao activar esta opción deixará de funcionar adecuadamente o compoñente
de acceso a datos de Microsoft (MDAC). Así, se activamos a opción e iniciamos por exemplo o programa
de Facenda para a declaración da Renda 2003, obtemos o seguinte erro que
nos imposibilitará usalo: "Renta 2003. Error en el acceso a datos. Instale ADO (Access Data Object)".
Outro exemplo o temos co programa ThumbsPlus de Cerious Software
(administrador e catalogador de arquivos multimedia que usa bases de dados en formato Access de Microsoft) que
nos responde: "[5015/8038] Database error". Para logo dar: "[7236] ThumbsPlus could not open or
connect to the data base". Isto non ocorre se seleccionamos outras linguas como catalán o vasco. |
| |
Códecs de vídeo ACE borran clave
HKLM / RUN
Se temos instalado o paquete de códecs de vídeo
"ACE Mega CoDecS Pack
v5.95 Pro beta 2", moito coidado á hora da súa desinstalación. Este programa borra por
erro a clave HKLM / RUN do rexistro de Windows, que é a vía que utilizan moitos programas e servizos
para a súa carga ao inicio do sistema, entre eles os antivirus. Para podelo desinstalar con certa seguridade,
haberá que facer previamente unha copia de seguridade desta clave do rexistro. Para elo, ir a "Iniciar"
/ "Executar" e teclear regedit. Se abre a fiestra "Editor del Registro". Abrir (darlle sobre
o +) a clave HKEY_LOCAL_MACHINE. Abrir "Software", abrir "Microsoft", abrir "Windows",
abrir "CurrentVersion", situarse enriba de "Run" (ten que quedar seleccionado en azul), chamar
ao menú de contexto do obxecto co botón dereito do rato e seleccionar "Exportar" (en Windows
98, ir á opción "Exportar archivo del Registro / Rama seleccionada" do menú "Registro").
A clave quedará gardada nun arquivo tipo reg. Logo, unha vez desinstalado o paquete de códecs poderemos
repoñer a clave no Rexistro facendo dobre clic sobre o arquivo reg. Unha alternativa a este paquete de códecs
é o "K-Lite Mega Codec Pack"
ou a nova versión "ACE Mega CodecS Pack 6.01", que xa non presenta esta deficiencia. |
| |
Chequear por virus desde Internet
A firma Symantec ten un servizo en castelán para
testar o ordenador por virus desde Internet que pode ser de moita utilidade cando sospeitamos unha infección no noso
equipo. |
|