-Internacional / A CIG e o mundo

GalizaCIG-

Volver a InternacionalVolver a Actualidade
A CIG e o mundo
 
 

A acción sindical ten unha compoñente importante de relación internacional, tanto por razóns de solidariedade como pola necesidade de actuar coordenadamente nunha economía globalizada que ignora fronteiras e distancias.

Coherentemente con esta realidade a CIG, nos seus congresos, ven definindo unhas pautas de actuación que pasan por potenciar a súa presencia nos foros internacionais.

Esta presencia é para nós especialmente importante nos ámbitos de Europa, Latinoamérica e Mundo Lusófono.

En Europa, por ser o espazo xeográfico no que estamos inmersos, traballaremos polo establecemento de relacións bilaterais o máis amplas posíbeis.

En Latinoamérica, onde a emigración galega está especialmente presente, potenciaremos especialmente as relacións coas organizacións sindicais coas que temos coincidencias programáticas, de concepción política-sindical e de acción sindical.

No mundo lusófono, especialmente con Portugal, por termos en común a lingua.

O carácter plurinacional do Estado español ten o seu correlato na existencia de varias centrais sindicais nacionalistas. Unha fluída e permanente relación con elas é tamén unha prioridade nas relacións da CIG con organizacións non galegas.

A CIG estivo sempre aberta a manter relacións con todas as internacionis sindicais: FSM, CMT e CIOSL. No último congreso ratificouse esta posición, recoñecendo e valorando que a posición nidiamente antiimperialista de CMT e FSM favorecen as nosas relacións con elas dúas.

 
Volver a InternacionalVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 31/05/2004
cig.informatica