-Migración

GalizaCIG-

Volver
Emigrantes coma nós / Campaña de sensibilización contra a xenofobia e o racismo
Interpretación dos datos obtidos na enquisa de avaliación final da campaña
 
Unha vez realizadas as distintas actividades de sensibilización, fíxose unha segunda enquisa sobre a súa valoración da campaña.

Primeiramente sinalar que a un 61% das rapazas e rapaces que participaron lles pareceu moi interesante o tratado, a un 31% bastante interesante, a un 6% normal e a un 2% pouco interesante.

Sobre o seu coñecemento previo dos emigrantes: un 45% sinala un coñecemento medio, un 34% pouco, un 6% nada, e pola outra banda un 12% bastante e un 2% moito. Polo tanto recoñecen que o seu coñecemento é escaso, o cal reforza a necesidade de realizar este tipo de campañas con máis frecuencia.

Un 92% das rapazas e rapaces considera que con esta actividade puido coñecer os aspectos máis relevantes sobre os problemas d@s inmigrantes.

O obxectivo da campaña é proporcionar información acerca do tema inmigración, un 34% considera moi satisfeito dito obxectivo, un 50% bastante satisfeito, un 14% normal e un 2% pouco satisfeito.

Tendo en conta que a campaña pretendía facilitar o coñecemento da inmigración, sinalouse nunha escala o grao de adecuación do deseño da campaña, un 31% indicou que o deseño era moi adecuado, un 49% bastante adecuado, un 17% normal e tan só un 1% pouco e nada adecuado.

O labor informativo valorouse nun 57% como moi útil, nun 32% como bastante útil, nun 8% como normal en un 1% como pouco e nada útil.

Por último o 99% das rapazas e rapaces resposta que lle gustou asistir ás actividades.

Atopámonos polo tanto ante unha valoración indubidablemente positiva da campaña. Unha campaña que pola súa utilidade e éxito acadado convértese nun estupendo medio de sensibilización contra eses grandes obstáculos a unha convivencia pacífica entre os individuos: o racismo, a xenofobia, a discriminación por ser diferentes ou simplemente doutro lugar de procedencia. Son pensamentos que temos que procurar erradicar da nosa sociedade. Dirixímonos cara a mestizaxe, e debemos preparar as rapazas e rapaces cara a esa nova realidade. A súa boa educación depende de nós, «os adultos».
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 14/01/2001