| ||
| Guía do retorno / Compéndio de textos legais que fan referéncia á emigración de retorno | ||
| Axudas en favor das persoas emigrantes retornadas | ||
| As axudas que se recollen neste apartado están reguladas pola Orde Ministerial do 29 de agosto do 2000, pola que se estabelecen as bases reguladoras da concesión das axudas e subvencións públicas correspondentes aos Programas de actuación a favor das persoas emigrantes do Estado español (BOE do 14 de setembro). | ||
| 1. Axudas asistenciais extraordinárias para persoas emigrantes retornadas | ||
Obxecto Atender determinadas necesidades económicas das persoas emigrantes do Estado español ou familiares que convivan e dependan economicamente delas, para axudar a sufragar os gastos extraordinários derivados do feito do retorno. Persoas beneficiárias
Contia Será variábel, en función da causa que motive a solicitude e a situación económica e familiar da persoa interesada e co límite máximo de 750.000 pesetas. Requisitos Estar nalgunha das circunstáncias seguintes e sempre que exista un estado de necesidade:
Prazo e lugar de apresentación de solicitudes Esas axudas poden-se solicitar en calquer momento durante os dous anos imediatamente posteriores á data do retorno e en calquer dos Rexistros ou oficinas ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de novembro e, en todo caso, nas Áreas e Dependéncias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Governo respectivamente, correspondentes ao domicílio da persoa solicitante ou, se fose o caso, nas Direccións Insulares. Documentación a apresentar 1. As solicitudes de axudas apresentadas no Estado español polas persoas emigrantes retornadas formularán-se no modelo oficial e acompañarán-se da seguinte documentación:
2. Cando a solicitude a formule a persoa emigrante residente no exterior e que se encontre temporalmente no Estado español, achegará a seguinte documentación:
3. Cando as solicitudes se formulen polos familiares da persoa emigrante que estean temporalmente no Estado español, deberá-se aportar:
4. Cando a solicitude se formule polos familiares da persoa emigrante residentes no Estado español, deberá-se apresentar:
| ||
| 2. Axudas para facilitar a integración laboral das persoas emigrantes retornadas | ||
Obxecto Facilitar a integración laboral das persoas emigrantes retornadas do Estado español. Persoas beneficiárias Traballadores/as do Estado español retornados que desexen estabelecer-se como autónomos ou participar como sócios/as traballadores en Sociedades Cooperativas de traballo asociado ou en Sociedades Anónimas Laborais. Contia Será variábel, segundo as circunstáncias, e co límite máximo de 700.000 pesetas. Requisitos
Prazo e lugar de apresentación de solicitudes Estas axudas poden-se solicitar en calquer momento durante os dous anos imediatamente posteriores á data do retorno, sempre que a persoa solicitante non desenvolvese unha actividade por conta allea de duración superior a doce meses continuados desde a data do retorno ou non percebera, antes da solicitude da axuda, prestación de desemprego de nível contributivo durante un período superior a catro meses se esta se xerou na sua totalidade por traballo efectuado despois do retorno. As solicitudes poderán-se apresentar en calquer dos Rexistros ou oficinas ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de Novembro e, en todo caso, nas Áreas e Dependencias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Governo respectivamente, correspondentes ao domicílio da persoa solicitante ou, se é o caso nas Direccións Insulares. Documentación a apresentar As solicitudes de axudas apresentadas formularán-se no modelo oficial e acompañarán-se da seguinte documentación:
| ||
| 3. Axudas para o desenvolvimento de accións de información sócio-laboral e orientación en favor das persoas emigrantes retornadas | ||
Obxecto Accións de información sociolaboral, orientación e asesoramento encamiñadas a facilitar a inserción no mercado de traballo ou a promoción profisional das persoas emigrantes retornadas do Estado español. Persoas beneficiárias Poderán solicitar estas axudas as institucións ou entidades do estado español ou estranxeiras públicas ou privadas radicadas no Estado español que desenvolven actividades de información, asesoramento e orientación sóciolaboral en favor de emigrantes retornados do Estado español. Contia Subvención variábel segundo o interese e as características do Proxecto. Requisitos As accións a emprender deben axeitar-se a algun dos tipos seguintes:
Prazo e lugar de apresentación de solicitudes As solicitudes destas axudas presentarán-se antes do 30 de abril de cada ano e diante de calquer dos Rexistros ou oficinas ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de Novembro e, en todo caso, nas Áreas e Dependéncias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Governo respectivamente, correspondentes ao domicílio da persoa solicitante ou, se é o caso, nas Direccións Insulares. Documentación a apresentar As solicitudes destas axudas, apresentarán-se en modelo oficial, debendo ir acompañadas da seguinte documentación:
Non será necesário presentar os documentos exixidos nas letras a) e c) deste apartado cando os mesmos non sofresen modificación e xa estiveran en poder do órgano administrativo que debe resolver o expediente, sempre que asi se faga constar na solicitude. | ||
| 4. Axudas destinadas a promover a participación das persoas emigrantes retornadas en programas de formación profisional de carácter ocupacional | ||
Obxecto Propiciar a participación de emigrantes retornados do Estado español en actividades de preformación e formación profisional que teñan por obxecto facilitar a sua inserción no mercado de traballo ou a sua promoción profisional. Persoas beneficiárias Poderán solicitar estas axudas as persoas emigrantes retornadas e os familiares ao seu cargo en idade de formación profisional ou laboral, entendendo-se por familiares a cargo os unidos á persoa emigrante retornada por matrimónio ou parentesco, por consanguinidade ou afinidade até o segundo grao ou por adopción. Asi mesmo poderán solicitá-las as entidades españolas ou estranxeiras públicas ou privadas que teñan por obxecto as actividades sinaladas no ponto anterior. Contia A contia será variábel, segundo o custo da acción. Cando as accións que se realicen por entidades asi o requiran, a Dirección Xeral de Ordenación das Migracións poderá estipular a parte da axuda que se destina ás persoas participantes. Neste caso, a percepción da axuda será incompatíbel coa prestación por desemprego. Requisitos Para a solicitude destas axudas requere-se que as accións a desenvolver se encadren nalgún dos seguintes tipos:
Lugar e prazo de apresentación de solicitudes As solicitudes destas axudas apresentarán-se antes do 30 de abril de cada ano e diante de calquera dos Rexistros ou oficinas ás que se refire o artigo 38 da Lei 30/1992 do 26 de Novembro e, en todo caso, nas Áreas e Dependéncias Provinciais de Traballo e Asuntos Sociais das Delegacións ou Subdelegacións do Governo respectivamente, correspondentes ao domicílio da persoa solicitante ou, se é o caso nas Direccións Insulares. Documentación a apresentar As solicitudes formularán-se no modelo oficial acompañado da seguinte documentación: 1. Cando as solicitudes se formulen por persoas físicas:
2. Cando as solicitudes se formulen por persoas xurídicas:
| ||
| 5. Outras axudas de apoio á criación de emprego | ||
Existen outra série de axudas para fomentar o emprego autónomo e a formación de cooperativas e sociedades anónimas laborais que xestionan e conceden tanto a Administración Xeral do Estado como as Administracións das Comunidades Autónomas. Estas axudas, aínda que non son específicas para emigrantes retornados, tamén as poden solicitar. Consisten nunha série de subvencións en conceito de:
Solicitudes Apresentarán-se diante das Oficinas de Emprego se se trata de autoemprego, e, nos demais casos, nas Consellarias Sectoriais nas Comunidades Autónomas (ver Anexo II). Nestes Organismos poderá-se solicitar máis información sobre este tipo de axudas. Lexislación Orde do 21 de febreiro de 1986 (BOE do 27 de febreiro); Lexislación específica das Comunidades Autónomas. | ||
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2001 |