| ||
| Guía do retorno / Compéndio de textos legais que fan referéncia á emigración de retorno | ||
| Desemprego | ||
| O seu obxectivo é protexer a situación de quen, podendo e querendo traballar, non atopa emprego ao seu regreso ao Estado español. A protección por desemprego estrutura-se en dous níveis: | ||
| ||
| 1. Prestación por desemprego de nível contributivo | ||
a) Contido Ademais da prestación contributiva e da prestación por fillo/a a cargo, cando proceda, durante o tempo que duren as mesmas, o Instituto Nacional de Emprego realizará as cotizacións relativas á Seguridade Social, tanto na parte correspondente á empresa como unha parte da cotización da persoa traballadora. O INEM aboará o importe da prestación por desemprego, mentres que o INSS tramitará a prestación por fillo/a a cargo. b) Persoas Beneficiárias Teñen direito a esta prestación as persoas traballadores emigrantes que retornen ao Estado español por cesar a sua actividade laboral no estranxeiro e que cumpran determinados requisitos. c) Requisitos
d) Nacimento do direito O direito á prestación nace ao dia seguinte á data do retorno, sempre que a inscrición como demandante de emprego e a solicitude da prestación por desemprego se formule dentro dos 15 dias seguintes a esa data. De non o facer dentro do mencionado prazo, recoñecerá-se a prestación a partir do momento da solicitude, perdendo tantos dias de prestación como medien entre a data en que se debeu solicitar e aquela na que realmente se levou a cabo. e) Duración A duración da prestación estará en función dos períodos de ocupación cotizada nos seis anos anteriores á situación legal de desemprego, ou no momento en que cesou a obriga de cotizar. O período de prestacións mínimo é de 120 dias, e o máximo de 720 dias. f) Contia Determinará-se aplicando á base reguladora os seguintes tipos: o 70 % durante os cento oitenta primeiros dias e o 60 % a partir do dia cento oitenta e un. O importe da prestación por desemprego non será superior ao 170 % do salário mínimo interprofisional, agás cando o traballador/a teña fillos/as ao seu cargo, neste caso a contia máxima poderá-se elevar regulamentariamente en función do número de fillos, deica o 220 % do citado salário. O tope mínimo da prestación será o 100 % ou o 75 % do salário mínimo, segundo que o traballador/a teña ou non fillos/as ao seu cargo. O salário mínimo considerado, seria o vixente no momento do nacimento do direito, tendo en conta a inclusión da parte proporcional de duas pagas extraordinárias. g) Tramitación Na Oficina de Emprego máis próxima ao seu domicílio. Se se trata de traballadores do mar, nas Oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) ou, no seu defeito, nas Oficinas de Emprego. h) Prestacións por desemprego na sua modalidade de pagamento único Quen sexa titular do direito á prestación por desemprego de nível contributivo poderán recebe-la dunha vez sempre que:
Do importe total da prestación descontará-se o interese legal do diñeiro. Unha vez percibido o importe da prestación, nesta modalidade de pagamento único, deberá-se iniciar a actividade no prazo máximo dun mes e dar-se de alta no correspondente réxime da Seguridade Social. Durante o tempo no que se percebese a prestación por desemprego, de non ter optado a persoa interesada pola modalidade de pagamento único, o INEM aboará, na porcentaxe que se estipule, as cotas ao réxime da Seguridade Social ao que a persoa traballadora debe cotizar. Lexislación Real Decreto 1469/1981, Real Decreto 1167/1983, Real Decreto 322/1985, Real Decreto 625/1985, Real Decreto 1043/1985, Real Decreto 1044/1985, Real Decreto 2363/1985, Real Decreto 2621/1986, Real Decreto 2622/1986, Real Decreto 474/1987, O.M. 30.11.1987, Lei 8/1988, Lei 31/90, Lei 22/92, disposición adicional 2ª, Lei 21/1993, Lei 22/1993, O. M: 13.4.94, Real Decreto 120/1994, Real Decreto Lx. 1/1994, título 3º, Lei 42/94, artigo 46 e disposición final 3ª, Real Decreto 2189/1995, Real Decreto 43/1996, Resolución 11.7.96, Lei 13/1996, Lei 66/1997, O. M. 26.1.98. | ||
| 2. Subsídios por desemprego de nível asistencial | ||
2.1 Subsídio por desemprego para emigrantes retornados a) Contido Ademais da prestación económica, a persoa interesada ten direito á prestación de asisténcia sanitária e, se é o caso, á protección familiar. b) Persoas beneficiárias Poden aceder a este subsídio os traballadores/as que retornen do estranxeiro e non teñan direito á prestación por desemprego de nível contributivo mais cumpran os requisitos que se indican no apartado seguinte. c) Requisitos
d) Nacimento do direito O direito nace ao dia seguinte da finalización do prazo de espera dun mes desde a sua inscrición como demandante de emprego. A solicitude debe-se formular dentro dos quince dias seguintes á finalización dese prazo. De non o facer asi, o direito naceu ao dia seguinte da solicitude, reducindo-se a duración do subsídio en tantos dias como médien entre o momento en que nacera o direito de solicitá-lo en tempo e forma, e aquel en que efectivamente se solicitou. e) Duración Seis meses prorrogábeis por períodos semestrais até un máximo de dezaoito. f) Contia A contia do subsídio será igual ao 75 % do salário mínimo interprofesional (SMI) vixente en cada momento, excluída a parte proporcional de duas pagas extraordinárias. g) Tramitación Na Oficina de Emprego máis próxima ao domicílio da persoa interesada. Se se trata de traballadores do mar, nas Oficinas do Instituto Social da Mariña (ISM) ou, no seu defeito, nas Oficinas de Emprego. 2.2 Subsídio por desemprego para maiores de 52 anos Poderán aceder a este subsídio os emigrantes retornados que teñan máis de 52 anos, sempre que reúnan os requisitos que se indican a continuación: a) Requisitos
b) Contido O mesmo que o subsídio por desemprego. Ademais o INEM cotiza en favor da persoa traballadora pola continxéncia de xubilación. c) Nacimento, contia e tramitación Os previstos no apartado 2.1 d), f) e g) anterior. d) Duración Até que a persoa traballadora acade a idade que lle permita aceder á pensión de xubilación en calquer das suas modalidades. Lexislación Real Decreto 625/1985, Real Decreto Lei 3/1989,Lei 31/1990, Lei 22/1993, Real Decreto Lexislativo 1/1994, Lei 42/1994. | ||
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2001 |