|

|
 |
| Guía do retorno / Compéndio de textos legais que fan referéncia á emigración de retorno |
 |
| Educación |
| |
|
| |
| |
1. Homologación e validación de títulos e estudos estranxeiros de educación non universitária
|
| |
Homologación A homologación de títulos, diplomas ou estudos estranxeiros de educación non universitária supón a declaración da sua equivaléncia cos expedidos no Estado español para efeitos académicos. Validación A validación de estudos estranxeiros por cursos do Estado español de educación non universitária supón a declaración da sua equivaléncia para efeitos de continuar os estudos nun centro docente español. Solicitude Os expedientes de validación e homologación iniciarán-se a instáncia da persoa interesada, meiante solicitude axustada ao modelo oficial, dirixida ao titular do Ministério de Educación, Cultura e Deporte, que se apresentará preferentemente: - Na Subdelegación do Governo ou na Dirección Provincial do Ministério ou Área Funcional de Alta Inspección de Educación da Delegación do Governo da província ou Comunidade Autónoma onde vaia residir a persoa interesada.
- No Rexistro Auxiliar nº 1 do Ministério (Paseo del Prado nº 28, Madrid) ou no Rexistro Xeral (c/ Alcalá, nº 34, Madrid).
- Na Consellaria de Educación da Embaixada do Estado español ou na Oficina Consular correspondente ao lugar de residéncia da persoa interesada, no caso de persoas do Estado español residentes no estranxeiro.
Documentación As solicitudes deberán ir acompañadas dos documentos seguintes: - Título ou diploma oficial, a sua homologación se solicita ou, se é o caso, certificación oficial acreditativa da superación dos exames oficiais correspondentes.
- Certificación académica dos cursos realizados na que consten as asignaturas cursadas, as cualificacións obtidas e os anos académicos nos que se realizaron os cursos respectivos.
- Certificación acreditativa da nacionalidade da persoa solicitante, meiante apresentación do DNI ou a páxina correspondente do Libro de Família.
- Toda documentación que poda contribuir a unha mellor análise do expediente. Aconsella-se a apresentación de programas e carga horária lectiva para os estudos de formación profisional ou de ensinos especiais (artísticas, idiomas).
Os documentos expedidos no estranxeiro deberán estar legalizados e ir acompañados, se é o caso, da correspondente tradución oficial ao español. Non se exixe a legalización dos documentos expedidos polas autoridades académicas dos países/estados da Unión Europea, acreditativos de estudos realizados neses países/estados. Estudos que non precisan validación Non se deberá facer nengun trámite de validación de estudos cando se trate de alunado procedente de sistemas educativos estranxeiros que desexen incorporar-se a calquer dos cursos que integran no Estado español a Educación Primária ou a algun dos tres primeiros cursos da Educación Secundária Obrigatória. Resolución A competéncia para resolver os expedientes de validación e homologación corresponde ao Ministério de Educación, Cultura e Deporte. O prazo máximo para resolver é de tres meses a contar desde que o expediente estea cumprimentado. Porén, os centros docentes poderán admitir, con carácter condicional, a aqueles alunos e alunas con expedientes de homologación ou validación, iniciados e pendentes de resolución nas datas en que finalicen os prazos de admisión. Lexislación Real Decreto 104/1988, do 29 de xaneiro (BOE do 17 de febreiro); Orde 14 de marzo de 1988 (BOE do 17 de marzo); Orde do 30 de abril de 1996 (BOE do 8 de maio). |
| |
| |
2. Homologación de títulos estranxeiros de educación superior
|
| |
Homologación A homologación supón o recoñecimento da validez oficial, para efeitos académicos, de títulos superiores obtidos no estranxeiro. Solicitude O expediente iniciará-se a instáncia da persoa interesada, meiante solicitude axeitada ao modelo oficial, dirixida ao titular do Ministério de Educación, Cultura e Deporte, que se apresentará, preferentemente, no Rexistro Auxiliar do Ministério (Paseo del Prado nº 28, Madrid) ou no Rexistro Xeral (c/ Alcalá nº 34, Madrid). Documentación As solicitudes deberán ir acompañadas dos documentos seguintes: - Certificación acreditativa da nacionalidade da persoa solicitante, meiante apresentación do DNI ou a páxina correspondente do libro de família.
- Título orixinal do que se solicita a sua homologación ou certificación acreditativa da sua expedición.
- Certificación académica dos estudos realizados para a obtención do título na que consten a duración destes e as asignaturas cursadas.
Cando se trate de homologación de Títulos de Doutoramento, deberán-se acompañar tamén os seguintes documentos: - Memória explicativa da tese realizada, redactada en língua española, membros que compuxeron o xurado da tese e cualificación obtida.
- Fotocópia compulsada do título da Licenciatura, se este se obtivo nunha Universidade do Estado español, ou credencial acreditativa da sua homologación se se obtivo nunha Universidade estranxeira.
- En calquer caso, a documentación achegada pode-se completar co currículum académico e científico da persoa solicitante e cos programas correspondentes das asignaturas, onde se reflita o contido e a amplitude das mesmas.
- Os documentos deben ser oficiais, expedidos polas autoridades competentes e legalizados por via diplomática debendo ir acompañados, se é o caso, pola tradución oficial ao español. Non se exixe a legalización dos documentos expedidos pola autoridades académicas dos países/estados da Unión Europea, acreditativos de estudos realizados neses países.
Resolución A competéncia para resolver os expedientes de homologación corresponde ao Ministério de Educación, Cultura e Deporte. O prazo máximo para resolver é de seis meses. Probas de conxunto Só se poderá exixir a realización de probas de conxunto cando a formación acreditada non garde equivaléncia coa do Estado español. Nestes supostos, a resolución do expediente quedará en suspenso deica a superación da proba. Lexislación Real Decreto 86/1987, do 17 de xaneiro (BOE do 23 de xaneiro); Orde do 9 de febreiro de 1987 (BOE do 13 de febreiro); Orde do 21 de outubro de 1995 (BOE do 27 de xullo). |
| |
| |
3. Direito das persoas emigrantes retornadas a ingresar en Centros de Ensino
|
| |
Ao igual que toda a cidadania do Estado español, o alunado procedente da emigración ten direito a un posto escolar que lle garanta a educación obrigatória e, dentro dunhas determinadas condicións, ten direito a elexer Centro docente. Para ser admitida nun Centro é necesário reunir os requisitos académicos e de idade exixidos pola lexislación vixente, sen que esta admisión se poida condicionar ao resultado de probas ou exames. Tampouco se poderá estabelecer discriminación algunha por razóns ideolóxicas, relixiosas, morais, de raza/étnia ou de nacimento. As Delegacións do Governo nas Comunidades Autónomas fan pública unha relación de Centros sustidos cos fundos públicos. Critérios de admisión Cando nos Centros non existan prazas suficientes para atender todas as solicitudes de ingreso, rexerán os critérios seguintes: a) Prioritários - Renda anual da unidade familiar.
- Proximidade do domicílio.
- Existéncia de irmáns/ás matriculadas no Centro.
b) Complementários - Situación de família numerosa.
- Condición recoñecida de discapacidade física, psíquica ou sensorial no entorno familiar.
- Outros feitos obxectivos e relevantes, determinados e publicados con antelación polo Centro.
No aceso ao Bacharelato de Artes valorarán-se os resultados académicos do alunado en Artes Plásticas. O cámbio de nivel educativo dentro do mesmo recinto escolar, non requererá proceso de admisión sempre que existan vacantes. Solicitudes - As persoas interesadas apresentarán unha única instáncia no Centro no que solicitan praza en primeira opción, indicando a continuación até un máximo de seis.
- O prazo de apresentación de solicitudes de admisión será o comprendido entre o 15 de abril e o 7 maio de cada ano natural.
- O Órgao competente de cada Centro resolverá sobre a admisión das persoas solicitantes e publicará no taboleiro de anúncios as listas de persoas admitidas e non admitidas.
- As Comisións de Escolarización garantirán o cumprimento das normas sobre admisión de alunado.
Documentación a apresentar - Documento que acredite a idade do aluno/a.
- Fotocópia compulsada, se é o caso, do certificado de reserva de praza.
Para efeitos de pontuación poderá-se acompañar declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), acreditación da proximidade domiciliária, de existéncia de irmáns/ás, de família numerosa ou de condición recoñecida de discapacidade física no entorno familiar. Matriculación - Educación infantil e primária do 15 ao 30 de xuño.
- Resto dos ensinos do 1 ao 15 de xullo.
Lexislación Real Decreto 366/1997 do 14 de marzo (BOE do 15 de marzo), Orde 26.3.97 (BOE do 1 de abril) sobre compensación das desigualdades en educación, Real Decreto 299/1996 do 28 de febreiro (BOE 12 do 12 de marzo) sobre alunos/as con necesidades educativas especiais, Real Decreto 696/1995 do 28 de abril (BOE do 2 de xuño). |
| |
| |
4. Probas de aptitude para o aceso de persoas emigrantes con estudos estranxeiros validábeis a Faculdades, Escolas técnicas superiores e Colexios universitários
|
| |
A Universidade Nacional de Educación a Distáncia (UNED) organiza as probas de aptitude, que unha vez superadas, darán direito ao aceso ás Faculdades, Escolas Técnicas Superiores e Coléxios Universitários, sen prexuízo dos réximes especiais que se deriven de compromisos internacionais. Condicións - Ter cursado fóra do Estado español estudos estranxeiros validábeis polo Curso de Orientación Universitária (COU).
- Acreditar meiante documentos expedidos polo Ministério de Educación e Cultura, ter validados os estudos cursados no estranxeiro ou, no seu defeito, te-lo solicitado.
- Acompañar a solicitude de documentación acreditativa dos cursos realizados nos sistemas educativos estranxeiros, debidamente legalizados e traducidos.
- Acreditar a condición de residente no estranxeiro durante o tempo dos estudos meiante a certificación consular correspondente.
- En caso de non poder acreditar a sua residéncia no estranxeiro na forma estabelecida no apartado anterior, deberá probar a condición de emigrante consonte ao que determina a Secretaria Xeral Técnica do Ministério de Educación, Cultura e Deporte.
- A falta dalgun documento por razóns de calendário escolar, poderá-se aceitar a inscrición con carácter condicional.
Organización e prazos - As probas celebrarán-se en Madrid en duas convocatórias anuais, unha nos meses de xuño-xullo e outra en setembro.
- O Reitor da UNED estabelecerá a data, horas e lugares de realización das probas.
- En nengun caso o alunado realizará máis dun exercício por dia.
- Excepcionalmente e en razón do número de alunos/as organizarán-se probas naqueles países onde exista Consellaria de Educación ou onde o Ministério de Educación, Cultura e Deporte determine, a proposta da UNED.
Contido das probas As probas realizarán-se con carácter presencial, por escrito e en español, atendendo aos programas previstos con carácter xeral para o Curso de Orientación Universitária (COU) e comprenderán unha parte teórica e outra prática se así o requer a sua própria natureza e constará de dous exercícios: Primeiro exercício: Terá como obxectivo apreciar a formación xeral e a madurez do aluno/a relacionada coa comprensión de conceitos, emprego da linguaxe e a capacidade para traducir, relacionar, analisar e sintetizar. Constará de: - Comentário de texto: contestar a diversas preguntas relacionadas co texto, resumir o seu contido e redactar un comentário crítico.
- Lingua española: en relación ao texto do apartado anterior propoñerán-se ao alunado cuestións de língua relacionadas con ese texto. A duración deste exame conxunto será de duas horas e meia.
- Sobre un texto en língua estranxeira -inglés, francés, alemán, italiano ou portugués- de 250 palabras como máximo, contestará-se nunha hora sobre cuestións do mesmo, sen axuda do dicionário.
Segundo exercício: Para levar a cabo este exercício, ao tempo de formalizar a inscrición, deberá optar pola rama de Ciéncias ou Ciéncias Sociais-Humanidades e simultaneamente elexer tres matérias correspondentes á opción: - Opción Ciéncias:
Matemáticas I, Física, Química, Bioloxia, Xeoloxia e Debuxo Técnico. - Opción Ciéncias Sociais - Humanidades:
Literatura, História do Mundo Contemporáneo, Latin, Grego, História da Arte, Matemáticas II e Filosofia.
Este exercício consistirá en desenvolver por escrito un conxunto de perguntas relativas aos distintos temas das tres matérias seleccionadas, consonte á opción elexida. O tempo máximo de duración para cada unha das matérias será dunha hora e média.
Convocatórias - Cada aluno/a disporá dun máximo de catro convocatórias.
- Non se considerará consumida a convocatória se o aluno/a non se apresentase a nengun exercício.
- O aluno/a disporá de 10 dias, seguintes á publicación das cualificacións, para solicitar ao Reitor da UNED a revisión dos seus exercícios.
Lexislación Orde do 12 de xuño de 1992 (BOE do 18 de xuño); Orde do 4 de maio de 1994 (BOE do 11 de maio). |
| |
| |
5. Bolsas e axudas de estudos
|
| |
Co fin garantir a igualdade de toda a cidadania no exercício do direito á educación, o Ministério de Educación, Cultura e Deporte aproba anualmente bolsas e axudas de estudo que compensen as condicións socio-económicas desfavorábeis do alunado. Bolsas de estudo nos níveis universitários e médios - Para Licenciado/a, Enxeñeiro/a, Arquitecto/a, Diplomado/a, Mestre/a, Enxeñeiro/a Técnico, Arquitecto/a Técnico.
- Curso de aceso á Universidade para maiores de vinte e cinco anos polas Universidades non presenciais.
- Curso de adaptación para titulados do primeiro ciclo universitário que desexen proseguir estudos superiores oficiais.
- Arte Dramática, Grao Superior de Música e Restauración e Conservación de Bens Culturais.
- Estudos de Turismo cursados en escolas oficiais.
- Estudos cursados nos Institutos Nacionais de Educación Física.
- Curso de Orientación Universitária e primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
- Formación Profisional de segundo grao, curso de ensinos complementários e ciclos formativos.
- Ensinos dos graos elemental e médio de Música e Danza, Ciclos Formativos en graos médio e superior de Artes Plásticas e Deseño e Ensinos de Artes Aplicadas e Ofícios Artísticos.
- Estudos Relixiosos.
- Estudos de Idiomas realizados en escolas oficiais de titularidade das Administracións Públicas, incluídos o da modalidade de distáncia.
- Estudos militares.
- Os demais estudos especiais sempre que respondan a un plano de estudos ou currículo aprobado polo Ministério de Educación, Cultura e Deporte ou polas Comunidades Autónomas para a obtención dun título cunha validez en todo o território estatal.
Tipos de axuda - Axuda compensatória.
- Axuda por razón da distáncia do Centro docente.
- Axuda para gastos de residéncia do aluno/a fóra do domicílio familiar durante o curso.
- Axudas para gastos de material didáctico.
- Axudas para taxas académicas.
- Axudas para gastos determinados pola condición xurídica do Centro nos Ensinos Médios.
- Axudas para gastos derivados da realización do Proxecto fin de carreira e isención da taxa oficial de matrícula para Escolas Técnicas Superiores e Universitárias de Enxeñaria e Arquitectura.
As contias determinarán-se, anualmente, en función do tipo de Bolsa de estudo de que se trate e as características da persoa solicitante, variando de acordo ao estabelecido na Orde de Convocatória que dite o Ministério de Educación, Cultura e Deporte. Solicitudes - As solicitudes apresentarán-se acompañadas da documentación que determine a convocatória nos Centros docentes onde se vaian seguir os estudos.
- Os servizos diplomáticos e consulares do Estado español, en especial as Consellarias de Educación, informarán e prestarán a axuda necesária para a correcta cumprimentación dos impresos oficiais.
- Cando os ingresos ou os resultados académicos a acreditar procedan dun país estranxeiro, os correspondentes Órgaos de Selección requererán á persoa solicitante a achega da documentación que consideren necesária para eses efeitos.
Incompatibilidades - O desfrute das bolsas de estudo será incompatíbel coas de análogo carácter procedentes da Dirección Xeral de Ordenación das Migracións.
- Nengun aluno/a poderá percibir máis dunha bolsa/beca, aínda que realizara simultaneamente outros estudos.
- Son incompatíbeis con caisquer que se poidan receber doutras entidades públicas ou privadas coa mesma finalidade.
- Serán compatíbeis coas bolsas de estudo e de colaboración convocadas polo Ministério de Educación, Cultura e Deporte, como asi tamén cos Programas ERASMUS e TEMPUS.
Critérios para a sua concesión - Pagamento A concesión realizará-se consonte aos critérios de carácter económico e académico que se determinen na norma reguladora. Cando se trate de traballadores/as emigrantes ou os seus fillos/as, avaliarán-se os ingresos económicos aplicando un coeficiente correitor á renda familiar per cápita. Este coeficiente varia segundo o Estado/país de onde proceden os citados ingresos. - EE UU, Noruega, Suécia, Suíza, Alemaña, Dinamarca -coeficiente: 2,3.
- Franza, Áustria, Itália, Países Baixos, Bélxica, Luxemburgo, Áustrália, Canadá, Reino Unido -coeficiente: 1,5.
- Resto de Estados/Países -coeficiente: 1.
Lexislación Real Decreto 2298/1983, do 28 de xullo (BOE do 27 de agosto). |
| |
| |
6. Programas da Unión Europea dedicados á educación, á formación profisional e á mocidade
|
| |
A Unión Europea desenvolve unha série de programas de formación profisional destinados a aumentar as posibilidades de emprego, que van dirixidos a toda a cidadania comunitária e dos que, evidentemente, se poden beneficiar as persoas emigrantes do Estado español que retornan. Estes programas dividen-se en tres categorias principais: mobilidade dos estudantes, programas de formación e intercámbios de mocidade. - O programa SÓCRATES fomenta a mobilidade do estudantado, promovendo proxectos de cooperación e de intercámbio de ideas e coñecimentos entre científicos, investigadores e persoal académico. Tamén se conceden subvencións ás Universidades para organizar programas de estudos conxuntos e enviar estudantes a Universidades de Estados/países asociados da Unión Europea.
- No marco do programa LEONARDO, a Unión Europea estabeleceu programas de formación para fomentar que os traballadores/as europeos adquiran os coñecimentos e aptitudes necesários. Este programa promove a formación profisional para as mulleres e a mocidade, apoia proxectos destinados a impulsar a cooperación entre as Universidades e a indústria na esfera da formación tecnolóxica e fomenta a formación en matéria de novas tecnoloxias.
- O programa YOUTH da Unión Europea axuda á mocidade que non reúne os requisitos exixidos polos programas SÓCRATES e LEONARDO a adquirir experiéncias sobre a vida e as condicións laborais noutros Estados membros.
- O programa MOCIDADE CON EUROPA permite aos mozos e mozas de idades comprendidas entre os 15 e os 25 anos participar nunha grande diversidade de actividades de intercámbio.
Para solicitar máis información sobre estes programas de educación, formación e mocidade da Unión Europea, hai-se que dirixir a: Comisión Europea, Representación no Estado español. Paseo de la Castellana, 46, 28046 Madrid. Teléfono (91) 431 57 11. Outros enderezos de interese neste campo son: - Agencia Nacional "LEONARDO", c/ Argumosa nº 43- Pabellón 5º, 28012 Madrid. Teléfono (91) 506.54.93, fax (91) 506.57.17. A competéncia desta Axéncia Nacional asume-a a SubDirección Xeral de Formación Profisional regrada.
- "La Juventud con Europa". Instituto de la Juventud. c/ Marqués de Riscal 16, 28010 Madrid. Teléfono (91)347 78 37.
- Agencia Española para Bolsas de estudo "Erasmus" / "Sócrates". Ministério de Educación e Cultura. Consello de Universidades. Ciudad Universitaria s/n, 28071 Madrid. Teléfono (91) 549 66 78 / 549 77 00 (ext. 3303 / 3327).
Por outra parte, o Fundo Social Europeo leva a cabo diferentes accións para aumentar a competitividade, impulsar o crecimento e facer posíbeis os cámbios estruturais necesários para criar emprego e fomentar a solidariedade social na Unión Europea. A Iniciativa EMPREGO articula-se en torno a catro capítulos e liñas de actuación dirixidas a paliar os problemas específicos dos distintos grupos sociais con especiais dificuldades de inserción e consolidación no mercado de traballo. Estes catro capítulos son: - EMPREGO:Now, dirixe-se a fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres no emprego, especialmente meiante medidas de formación profisional e apoio ao aceso a empregos con futuro e a postos de Dirección.
- EMPREGO:Youthstart, está destinado a favorecer a integración no mercado de mozos e mozas (menores de 20 anos),que non posuen cualificación suficiente para aceder a un posto de traballo.
- EMPREGO:Horizon, ten por obxectivo o fomento da solidariedade social e a igualdade de oportunidades através da mellora das posibilidades de aceso ao mercado laboral de persoas con discapacidade.
- EMPREGO:Integra, ten por obxectivo mellorar o aceso ao mercado de traballo e as posibilidades de emprego das persoas máis vulnerábeis da socidade e grupos máis desfavorecidos.
A iniciativa ADAPT está destinada a contribuir á adaptación das persoas traballadoras ás transformacións industriais e a mellorar o funcionamento do mercado de traballo, antecipando-se aos cámbios estruturais, localizando áreas de crecimento, medindo o impacto das novas tecnoloxias e identificando as necesidades emerxentes de formación. Así mesmo intenta beneficiar aos traballadores ameazados de desemprego ou a aqueles que a sua formación sexa insuficiente ou inadaptada. Para maior información sobre Iniciativas e Proxectos do Fundo Social Europeo, hai-se que dirixir ao : Ministério de Traballo e Asuntos Sociais. Unidade Administradora do Fundo Social Europeo (UAFSE). c/ Pío Baroja 6, 1ª planta, 28071 Madrid. Teléfono (91) 409 09 41. Finalmente, debe-se sinalar que a Dirección Xeral de Ordenación das Migracións, Paseo de Pintor Rosales 44 - 46, 28008 Madrid, xestiona un programa de "Axudas para facilitar a libre circulación de mocidade traballadora e a sua inserción laboral" (OM do 29 de agosto de 2000, BOE do 14 de setembro), que contribue a facilitar o apoio ás iniciativas e programas auspiciados pola Comisión Europea. |
 |

|

 Confederación Intersindical Galega www.galizacig.com
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2001 |