-Migración

GalizaCIG-

Volver
Guía do retorno / Compéndio de textos legais que fan referéncia á emigración de retorno
Outras formas de protección social
 
1. Residéncias para persoas maiores
2. Outras prestacións e servizos destinados ás persoas maiores, e persoas necesitadas
3. Axudas e prestacións a persoas con discapacidade
4. Prestacións económicas non periódicas
 
 
1. Residéncias para persoas maioresVolver ao sumário
 

Son Centros de convivéncia, e o seu fin é proporcionar atención permanente e integral ás persoas anciás, mediante servizos de aloxamento, manutención, atención médica e sócio-cultural.

Clases de Centros segundo a sua titularidade

  • Públicos:

    poden depender do Instituto de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO), en Melilla, ou da Administración Autonómica ou mesmo Local.

  • Privados:

    dependentes doutros Organismos e Entidades privadas, como Cáritas e ordes relixiosas principalmente. Para aceder a estes exíxe-se unha série de requisitos e condicións que varian segundo o centro onde se vaia ingresar.


1.1 Residéncia do IMSERSO en Melilla

a) Requisitos:

  • Ter 60 anos de idade.

  • Ser pensionista da Seguridade Social española ou estar asimilado a esta condición en virtude do convénio internacional.

  • Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa, nen crónica terminal, nen estar afectado por trastorno mental que altere a convivéncia no centro.

Poderá ingresar tamén o/a cónxuxe da persoa pensionista ou a persoa que conviva maritalmente con esta, sempre que, neste último caso, se acredite que a convivéncia é anterior, cando menos, en tres anos á data da solicitude. Con carácter excepcional, en calidade de acompañante da persoa residente, poderá ingresar algun famíliar da mesma até o segundo grao de consanguinidade sempre que se demostre unha absoluta dependéncia da persoa pensionista.

b) Tipos de Centros

  • Válidos:

    destinados a persoas que se vallan por si mesmas.

  • Asistidos:

    para quen apresente algunha discapacidade que lle impida realizar por si mesmas as actividades imprescindíbeis da vida diária.

  • Mixtos:

    con prazas adaptadas ás duas situacións anteriores.

c) Solicitude

Formula-se no impreso oficial, asinado pola própria persoa interesada, e acompañará-se do oportuno informe médico e social, asi como do xustificante da pensión que percebe.

A solicitude apresentará-se diante da Dirección Provincial do IMSERSO de Melilla.

As persoas emigrantes poden solicitar a praza através das Representacións do Estado español no estranxeiro, que se encargarán de remeter o expediente á Dirección Xeral de Ordenación das Migracións para o seu translado aos Servizos Centrais do IMSERSO ou ben enviará-na directamente a esas Unidades Administrativas.

d) Admisión

A adxudicación de prazas leva-se a cabo segundo un baremo estabelecido para o efeito, obtendo-as quen acade a puntuación exixida.

A persoa beneficiaria contribuirá ao pagamento do seu aloxamento achegando unha porcentaxe da pensión que perceba.

Lexislación

Orde do 16 de maio de 1985 (BOE do 29 de maio).


1.2 Residéncias das Comunidades Autónomas

a) Requisitos

  • Ser maior de 65 anos (nalguns casos, 60 anos).

  • Ser residente nesa Comunidade Autónoma durante un tempo determinado, que vai desde un a cinco anos. No caso de persoas emigrantes do Estado español, abonda con ser orixinária desa Comunidade.

b) Solicitude

Formulará-se no modelo oficial que para o efeito teñan na correspondente Comunidade Autónoma, asinado pola persoa interesada, onde figurarán os seus datos de filiación.

Deberá-se acompañar dos oportunos informes médico e social, asi como do documento acreditativo da súa nacionalidade española e xustificante de ingresos.

Apresentará-se nas Consallerias competentes en matéria de Acción Social, nas Deputacións ou nos Concellos. As persoas emigrantes poderán tramitar a súa solicitude através das Representacións do Estado español no estranxeiro.

c) Admisión

A praza concede-se consonte ao baremo estabelecido para o efeito, no que se valorará preferentemente a carencia de meios económicos.

A Dirección Xeral de Ordenación das Migracións ten acordos asinados coa Xunta de Galiza (25 de xaneiro de 1984), co Overno de Canárias, (16 de abril de 1985), co Principado de Asturias (25 de xullo de 1985) e coa Xunta de Andalucia (13 de decembro de 1989) para a atención de anciáns emigrantes que desexen retornar á súa terra e a súa Comunidade Autónoma de orixe e carezan de meios económicos.

As persoas do Estado español que residindo no estranxeiro retornen ao Estado español e non poidan acreditar o período de residéncia exixido para ter direito á pensión non contributiva da Seguridade Social, poderán acceder ás prazas residénciais dos Centros para persoas maiores financiados con créditos asignados nos Orzamentos Xerais do Estado e naqueles concertados nos que a Administración do Estado contribúe ao seu financiamento.


1.3 Residéncia “El Retorno”

A residéncia “El Retorno”, situada no termo municipal de Alalpardo (Madrid) acolle aquelas persoas emigrantes do estado español retornadas que non pertenzan á povoación activa, calquera que sexa o país de procedéncia ou a Comunidade Autónoma de orixe, sempre que sexan válidos e carezan dos meios necesarios ou suficientes para subsistir por si mesmas e durante o tempo imprescindíbel para conseguir unha praza nunha residéncia na Comunidade Autónoma de orixe, debendo contribuír cunha cantidade que será sempre proporcional aos seus ingresos.

 
 
2. Outras prestacións e servizos destinados ás persoas maiores, e persoas necesitadasVolver ao sumário
 
  • Axudas a domicílio: como alternativa ao internamento en institucións pechadas. Inclúe servizos domésticos, atención médica, atención social, etc.

  • Adquisición e renovación de prótese.

  • Adaptación funcional ao fogar.

  • Turismo social para persoas maiores.

  • Teleasisténcia domiciliária.

  • Programa de vacacións para maiores.

  • Programa de termalismo social.

  • Fogares e Clubes.

Para acceder a estes servizos (agás o caso do turismo social), e Fogares e Clubes, ademais de carecer de meios económicos e famíliares para facer fronte á necesidade suscitada é preciso non desfrutar gratuíta e simultaneamente de prestacións que cubran os mesmos supostos.

Solicitude

Nas Consellarias das Comunidades Autónomas que teñan competéncias en matéria de Acción Social, nos Servizos Sociais dos Concellos, nas Direccións Provinciais do IMSERSO de Ceuta e Melilla e nas Deputacións Provinciais.

O turismo social só se solicitará nos Centros do IMSERSO de Ceuta e Melilla ou en Axencias de viaxes seleccionadas e para se beneficiar del é necesario ser pensionista ou acompañante deste.

 
 
3. Axudas e prestacións a persoas con discapacidadeVolver ao sumário
 

Para solicitar calquer recurso social por discapacidade é imprescindíbel a cualificación da mesma, que pode instar quen se encontre nesta situación e sexa menor de 65 anos.

Para obter esa cualificación deberán dirixir-se ás Direccións do IMSERSO de Ceuta e Melilla ou ás Consellarias correspondentes das Comunidades Autónomas.

Contido

a) Centros:

  • Centros de atención a persoas con discapacidade física.

  • Centros de recuperación de persoas con discapacidade física.

  • Centros de atención a persoas con discapacidade psiquíca.

  • Centros ocupacionais.

b) Prestacións económicas e sociais:

  • Asisténcia sanitária e prestación farmacéutica.

  • Subsídio de mobilidade e compensación por gastos de transporte.

  • Prestación por discapacidade de famíliares.

  • Axudas individuais do Réxime Unificado de Axudas Públicas a persoas con discapacidade.

Información e apresentación de solicitudes

Direccións do IMSERSO de Ceuta e Melilla e Consellarias correspondentes das Comunidades Autónomas.

Lexislación

Orde de 28 de febreiro de 1990 (BOE de 5 do marzo); Real Decreto 863/1990, do 6 de xullo (BOE do 7 xullo); Real Decreto 2/1992, do 10 de xaneiro (BOE do 11 de xaneiro), RD 620/81 do 5 de Febreiro (BOE do 6 de maio).

 
 
4. Prestacións económicas non periódicasVolver ao sumário
 
Cada Comunidade Autónoma, dentro do seu ámbito territorial, publica anualmente unha convocatória de prestacións individualizadas non periódicas para persoas en estado de necesidade, ás que se poden acollerse aquelas famílias carentes de recursos por esgotar prestacións por desemprego, enfermidade ou calquer outra circunstáncia como gastos extraordinários, abandono de família, etc.

Apresentación de solicitudes

Diante das Direccións do IMSERSO de Ceuta e Melilla ou diante das Consellarias das Comunidades Autónomas competentes en matéria de Acción Social ou nas Concellarias de Servizos Sociais dos Concellos onde estivesen empadroadas as persoas solicitantes.
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2001