-Migración

GalizaCIG-

Volver
Guía do retorno / Compéndio de textos legais que fan referéncia á emigración de retorno
Pensións
 
1. Pensións non contributivas do Sistema de Seguridade Social (invalidez e xubilación)
2. Pensións a favor das persoas emigrantes do Estado español retornadas que emigraron durante o período 1936-1942
3. Pensións Asistenciais por ancianidade
 
 
1. Pensións non contributivas do Sistema de Seguridade Social (invalidez e xubilación)Volver ao sumário
 

Trata-se de prestacións económicas do Sistema da Seguridade Social nun nível non contributivo, é dicer, previstas para aquelas persoas do Estado español necesitadas que non cotizasen á Seguridade Social ou o fixesen por un período inferior ao mínimo estabelecido para causar direito a unha pensión contributiva, sempre que carezan de recursos económicos para a sua subsisténcia.

Persoas beneficiárias

Poden aceder a elas quen reúna os seguintes requisitos:

1. Para xubilación

  • Ter xa sesenta e cinco anos.

  • Residir legalmente no território do Estado español e xa residir nel durante dez anos entre a data na que a persoa solicitante cumpriu os dezaseis anos e a do devengo da pensión, dos cais dous teñen que ser consecutivos e imediatamente anteriores á data de solicitude.

  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes.

2. Para invalidez

  • Ser maior de dezaoito anos e menor de sesenta e cinco.

  • Residir legalmente no território do Estado español e viver nel durante cinco anos, dos cales dous deberán ser imediatamente anteriores á data de solicitude.

  • Ter unha minusvalia ou enfermidade crónica, en grao igual ou superior ao 65 %.

  • Carecer de rendas ou ingresos suficientes. O recoñecimento destas pensións non contributivas da lugar á asistencia sanitária da Seguridade Social.

Incompatibilidades

Estas pensións son incompatíbeis entre si coas pensións asistenciais (FAS) e cos subsídios de garantia de ingresos mínimos e por axuda de terceira persoa da Lei de Integración Social dos Minusválidos (LISMI).

Complemento por necesidade de axuda doutra persoa

As persoas que teñan recoñecida unha pensión de invalidez non contributiva e acrediten un grao de minusvalia ou enfermidade crónica igual ou superior ao 75 % e necesitan a axuda doutra persoa terán un incremento na pensión dun 50 %.

Apresentación das solicitudes

As solicitudes deben ser apresentadas no Organismo que asumise estas competéncias nas diferentes Comunidades Autónomas e nas Direccións Provinciais do IMSERSO en Ceuta e Melilla.

Para calquer aclaración ou maior información, deben-se dirixir ás Unidades onde se debe apresentar a solicitude ou en calquer axéncia da Seguridade Social.

Lexislación

Real Decreto Lexislativo 1/1994, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social (BOE do 29 de xuño de 1994); RD 357/1991 do 15 de marzo (BOE do 21 de marzo); Real Decreto 118/1998, do 30 de xaneiro de modificación do anterior (BOE do 18 de febreiro).

 
 
2. Pensións a favor das persoas emigrantes do Estado español retornadas que emigraron durante o período 1936-1942Volver ao sumário
 
As persoas do Estado español que emigraron durante o período 1936-1942 como consecuéncia da guerra civil terán direito, cando retornen ao Estado español, a ser persoas beneficiárias de xeito transitório das pensións asistenciais por ancianidade estabelecidas en favor dos emigrantes do Estado español, sempre que cumpran todos os requisitos esixidos, agás o de residir no estranxeiro, ata que acedan a unha pensión da Seguridade Social ou a unha pensión pública de calquer Administración.

Lexislación

Disposición adicional primeira do Real Decreto 728/1993, do 14 de maio, polo que se estabelecen pensións asistenciais por ancianidade en favor dos emigrantes españois (BOE de 21 de maio) modificado polo Real Decreto 667/99 do 23 de abril (BOE do 8 de maio).
 
 
3. Pensións Asistenciais por ancianidadeVolver ao sumário
 

Quen pode ser persoa beneficiária

As persoas beneficiárias de pensións asistenciais por ancianidade recoñecidas ao abeiro do Real Decreto 728/93, do 14 de maio, que retornen ao Estado español poderán continuar beneficiando-se desta pensión se acreditan:

  • Reunir os requisitos esixidos para ser persoas beneficiárias dunha pensión non contributiva agás do periodo de residéncia no Estado español esixido no artigo 167.1 do texto refundido da Lei Xeral da Seguridade Social.

  • Ter sido beneficiária da pensión asistencial recoñecida conforme ao Real Decreto citado, no país de emigración, durante un período de dous anos consecutivos e imediatamente anteriores ao retorno.

Contia e efeitos da pensión

Será a que se fixe anualmente na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para as pensións de xubilación na sua modalidade non contributiva; os seus efectos económicos serán do dia primeiro ao mes seguinte ao da solicitude se reúne os requisitos exixidos.

Causas de extinción

  • Perda da condición legal de residente no Estado español ou translado da residéncia durante un período superior a noventa dias, agás causa xustificada.

  • Dispoñer de rendas ou ingresos suficientes de acordo coa normativa aplicábel para as pensións non contributivas.

  • Reunir os requisitos para acadar direito a unha pensión do Sistema de Seguridade Social noutra pensión pública ou subsídio.

  • Falecimento.

Onde se debe solicitar

  • Na Dirección Xeral de Ordenación das Migracións (Paseo de Pintor Rosales, nº 44, 28008 Madrid).

  • Nas Delegacións ou Subdelegacións do Governo nas Comunidades Autónomas.

Lexislación

Disposición adicional terceira do Real Decreto 728/1993, do 14 de maio, polo que se estabelecen pensións asistenciais por ancianidade en favor dos emigrantes españois (BOE do 21 de maio) modificado polo Real Decreto 667/99 do 23 de abril (BOE do 8 de maio).

Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2001