| ||
| Guía do retorno / Compéndio de textos legais que fan referéncia á emigración de retorno | ||
| Trámites prévios ao retorno | ||
| 1. Recuperación da nacionalidade española | ||
| Quen perdese a nacionalidade española poderá recuperá-la cumprindo os seguintes requisitos: a) Ser residente legal no Estado español. Este requisito non será de aplicación ás persoas emigrantes nen aos fillos/as de emigrantes. Nos demais casos, poderá ser dispensado polo Ministro de Xustiza cando concorran circunstáncias excepcionais. b) Declarar diante da persoa encargada do Rexistro Civil (Seccións Consulares das Embaixadas de España ou Oficinas Consulares), a sua vontade de recuperar a nacionalidade española e a sua renúncia á nacionalidade anterior, agás que esta sexa a dos países iberoamericanos, Andorra, Filipinas, Guinea Ecuatorial ou Portugal, nestes casos non será necesária a renúncia. No suposto das persoas que residen fóra do Estado español, deben-se dirixir aos Rexistros Civis das Seccións Consulares das Embaixadas ou ás Oficinas Consulares. c) Inscreber a recuperación no Rexistro Civil que corresponda. No suposto de quen resida no estranxeiro, a inscrición realizará-se no Rexistro Civil das Oficinas Consulares ou nas Seccións Consulares das Embaixadas. Non poderán recuperar ou adquirir, se é o caso, a nacionalidade española, sen prévia habilitación concedida discrecionalmente polo Governo: a) As persoas do Estado español que non o sexan de orixe e fosen condenadas por sentenza firme a sua perda e as que perdesen a nacionalidade española por entrar voluntariamente ao servizo das armas ou exercer cargo político nun Estado estranxeiro contra a prohibición expresa do Governo. b) Os que perdesen a nacionalidade sen ter feito o servizo militar español ou a prestación social substitutória, estando obrigados a iso. Porén, a habilitación non será precisa cando a declaración de recuperación se formule por varón maior de corenta anos. Nos supostos nos que a muller do Estado español perdese a nacionalidade española por ter contraído matrimónio cun estranxeiro con anterioridade á entrada en vigor da Lei 14/1975, poderá recuperá-la cumprindo co previsto nos apartados anteriores. | ||
| 2. Obtención dos documentos acreditativos da actividade laboral | ||
Para aceder ás diversas prestacións básicas previstas pola lexislación española no ámbito laboral, as persoas emigrantes e os seus familiares españois que se instalen no Estado español deberán acreditar documentalmente que realizaron no estranxeiro, desde a sua última saída do Estado español, unha actividade laboral por conta própria ou allea durante un período contínuo igual ou superior a seis meses. A título de exemplo, enumeran-se seguidamente os principais documentos acreditativos da actividade laboral: a) Traballadores/as por conta allea
b) Traballadores/as por conta própria ou autónomos/as
Todos os documentos que non sexan oficiais das autoridades laborais ou da Seguridade Social deberán-se legalizar polas Reapresentacións españolas (Consellarias Laborais e de Asuntos Sociais das Embaixadas de España ou Oficinas Consulares), en garante de autenticidade. Ademais do anterior, é conveniente que os traballadores/as españois/las nos países da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo e Austrália obteñan, antes do seu retorno, o correspondente certificado do organismo da Seguridade Social acreditativo dos períodos de cotización, seguro ou emprego e das prestacións por desemprego que, se é o caso, percebesen nestes países. | ||
| 3. Descontos en viaxes de retorno | ||
| O Ministério de Traballo e Asuntos Sociais subscrebeu un convénio coa Organización Internacional para as Migracións (OIM) en virtude do cal esta Organización facilita aos emigrantes españois e aos seus familiares que o soliciten, cando retornan definitivamente ao Estado español, billetes aéreos con prezo reducido. As persoas interesadas poden-se dirixir á sede central da OIM en Madrid (c/ San Bernardo nº 99 bis, bajo A, tfno. nº + 34 91 445 71 16, fax nº + 34 91 593 32 83), ou ás Consellarias Laborais, onde se facilitará a oportuna información sobre os requisitos e trámites a seguir para a obtención destes benefícios. | ||
| 4. Réxime de franquias para a importación de mobiliário e efeitos persoais por translado de residéncia | ||
Os bens e efeitos provenientes de países da Unión Europea e do Espazo Económico Europeo non están suxeitos a despacho alfandegueiro algun.
Documentación a apresentar na Alfándega
Obrigas
| ||
| 5. Automóbeis: franquia e matriculación | ||
| Franquia Os veículos provistos de motor mecánico para circular por estrada, os seus remolques, caravanas de cámping, vivendas transportábeis, embarcacións de recreo e avións de turismo, terán direito a franquia fiscal se fosen utilizados polas persoas proprietárias, na sua antiga residéncia durante un prazo non inferior a seis meses anteriores á data do seu translado e adquiridos ou importados nas condicións normais de tributación no país de orixe ou procedéncia e non se beneficiarán de nengunha isención ou devolución das cotas devengadas no momento da sua saída dese país. O prazo indicado de seis meses ampliará-se a doce meses se os citados meios de transporte se adquiriran ou importaran ao amparo de isencións establecidas nos réximes diplomático ou consular ou en favor de membros de Organizacións internacionais con sede no país de procedéncia das persoas interesadas. Matriculación Estarán isentos do pagamento do imposto especial sobre determinados meios de transporte aqueles que se matriculen como consecuéncia do translado de residéncia habitual da persoa titular desde o estranxeiro ao território do Estado español, cumprindo determinadas condicións establecidas na Lei de Impostos Especiais. Lexislación Directiva 83/183/CEE do 28 de marzo; Directiva 86/604/CEE publicada o 29 de novembro de 1989; Directiva 91/680/CEE, do 16 de decembro de 1991 (DOCE L-376 do 31 de decembro de 1991); Directiva 92/012/CEE publicada no DOCE L-76 de 23 de marzo 1992; Regulamento CEE 918/1983 do Consello, do 28 de marzo (DOCE L-105 do 23 de abril de 1983); Lei 37/1992 do 28 de xaneiro, do Imposto sobre o Valor Engadido (BOE do 29 de xaneiro); Real Decreto 1624/1992 do 29 de decembro, polo que se aproba o Reglamento do IVE (BOE do 31 de decembro); Lei 38/1992 do 28 de decembro, de Impostos Especiais (BOE do 29 de decembro), modificada nos seus artigos 65 a 70, entre outros, pola Lei 13/1996 do 31 de decembro, de Medidas Fiscais, Administrativas e de Orde Social (BOE do 31 de decembro); Lei 20/1991, do 7 de xuño (BOE do 8 de xuño); Real Decreto 1473/1992, do 4 de decembro (BOE do 12 de decembro) | ||
| 6. Pasaporte | ||
As/Os cidadás/áns do Estado español poden sair e entrar libremente no Estado español e teñen direito a obter un pasaporte desde o momento no que se efectua a sua inscrición de nacimento no Rexistro Civil. O pasaporte é un documento que acredita a identidade da persoa titular e debe ser expedido de xeito individual para cada unha das persoas maiores de 14 anos. Os fillos/as ou tutelados/as menores de 14 anos poderán figurar incluidas no pasaporte que se expida ao nome da nai, do pai, ou da persoa tutora legal mais non poderán facer uso do mesmo cando a persoa titular (nai, pai ou tutor) non as acompañe. Solicitude
Validez do pasaporte
Anulación do pasaporte O pasaporte deberá ser reemprazado por outro cando se empregasen todas as follas. Non está permitida a adición de follas soltas. O pasaporte será anulado cando apresente alteracións ou emendas, cando lle falten follas ou as tapas, conteña anotacións indebidas ou teña defeitos que dificulten a plena identificación da persoa titular. Sen prexuízo das responsabilidades a que puidese haber lugar, a persoa titular dun pasaporte anulado ou esgotado poderá solicitar a expedición dun novo, sendo a validez tal que non excederá da que tivese o pasaporte anulado ou reemprazado. Lexislación Real Decreto 1064/1988, do 16 de setembro (BOE do 21 de setembro). | ||
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/01/2001 |