|
||||||||||||||||||
| Introducción | ||||||||||||||||||
Galiza deixou de ser un país exportador de man de obra barata
para se converter en receptor de continxentes migratórios. Este fenómeno, definido en termos de emigración
e imigración, que ten o resto do estado español e a maioria dos países da Unión Europea,
dá-se tamén no noso país.O carácter terminal da nosa emigración (a mesma supera a média de 65 anos de idade) e a crise económica e social pola que atravesan moitos países que foron receptores dos nosos emigrantes poténcian un novo fenómeno nestes últimos anos, cal é o retorno á Terra, onde atopan unha situación de crise marcada polo paro e a precariedade de traballo. A sociedade galega ainda non está preparada para asumir este novo fenómeno migratório, que, lonxe de ser ocasional, ten unha tendéncia de constante aumento. Coa chegada das persoas retornadas chegaron tamén as persoas imigrantes, a maioria de orixe latinoamericana ou comunitária. Tamén na última década, e isto é extrapolábel ao resto de Europa, se asentou un colectivo de imigrantes económicos, na maioria dos casos das excolónias españolas e do norte de África. ![]() A Confederación Intersindical Galega, ante esta situación migratória que afecta á sociedade galega, ten en funcionamento un programa integral de información e integración para estes colectivos migratórios. Para iso manteñen-se en Galiza duas oficinas de información e asesoramento, unha na cidade de Vigo e outra en Santiago de Compostela. |
||||||||||||||||||
| Emigrantes | ||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||
A Confederación Intersindical Galega
ten en funcionamento un servizo de información para as persoas emigrantes galegas que residen no exterior,
asi como para as que retornan a Galiza. O obxectivo do noso servizo é poder informar aos nosos emigrantes
sobre os seus direitos e asesorá-los no caso de decidiren retornar ao noso país. Para iso dispomos
dun Departamento de Emigración, que atende ao público na sede central de Vigo e mais na de Santiago
de Compostela. Este departamento de emigración utiliza a rede de máis de cincuenta locais da CIG
distribuídos por toda a nación galega, onde os emigrantes retornados poden facer uso dos seus servizos
de información.A CIG durante estes últimos anos realizou distintas visitas aos países de maior presenza de emigración galega. Durante estas, asinaron-se dous importantes convénios de colaboración coas federacións de asociacións galegas de Arxentina e de Suíza, lugares en que os emigrantes se poden informar. A colaboración cos diferentes centros e federacións, asi como a conformación das agrupacións da CIG, farán posíbel unha maior comunicación e asesoramento dos nosos emigrantes no exterior. |
||||||||||||||||||
| Imigrantes | ||||||||||||||||||
|
|
||||||||||||||||||
![]() De Arxentina, Uruguai, Cuba, Brasil, Marrocos, Senegal ou da ex-Xugoslávia, homes e mulleres chegan á nosa Terra como imigrantes. O seu obxectivo, o mesmo que o dos nosos pais e avós: o desexo dunha vida mellor, de traballar, formar unha família, e se for posíbel, aforrar para lle botar unha man á família que quedou no seu país. As persoas galegas fomos, e ainda somos, un dos povos que máis emigrou na sua história. Tanto sabemos o que significa estar fóra da pátria que cando outras persoas veñen a Galiza a buscar un futuro mellor, solidarizamo-nos con elas, e non temos (e é a nosa responsabilidade que nunca teñamos) atitudes racistas. Porque sabemos o que é ter que emigrar. Porque sabemos que eles e elas son “emigrantes, coma nós”. |
||||||||||||||||||
| Servizos
|
||||||||||||||||||
|
||||||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 08/05/2004 |