-Migración

GalizaCIG-

Volver
Muller e retorno / Realidade socio-laboral da muller emigrante retornada a Galiza
3. Análise das variables
 

Esta enquisa a cal aborda a problemática da realidade socio-laboral da muller emigrante retornada, esta composta polos apartados que desenvolvemos a continuación cos resultados obtidos de cada ítem. Estes datos son o resultado de 350 enquisas realizadas en toda Galiza e en diferentes realidades da sociedade galega como é o lugar de asentamento, idade e países de retorno, o cal nos permitirá ter unha visión real das mulleres retornadas. O período de tempo establecido para a investigación foi que non transcorreran máis de dez anos desde o retorno, ou sexa que tomamos as mulleres retornadas desde o ano 1989 ata 1999.

A enquisa esta dividida nos seguintes apartados:

1.

Datos persoais

2.

Datos da emigración e retorno

3.

Axudas ou prestacións dos organismos oficiais

4.

Idioma galego

5.

Sanidade

6.

Vivenda

7.

Formación

8.

Estudios ou formación profesional (antes de emigrar, na emigración e ao retorno)

9.

Profesión

10.

Actividade laboral na emigración a ao retorno (traballos ou actividade laboral antes de emigrar, na emigración e ao retorno)

11.

Emprego

12.

Necesidades formativas para a incorporación ao mercado laboral

13.

Afiliación sindical

14.

Problemas que ten ou tivo á hora de buscar traballo

15.

Exposición de formación ou necesidades doutro tipo para incorporarse ao mercado laboral

16.

Observacións


1. Datos persoaisIr a apartados enquisa


O contido deste apartado está composto polos seguintes ítems: nome e apelidos, Documento de Identidade, enderezo, localidade, provincia, se vive no rural-urbano ou semiurbano, teléfono, idade, estado civil, lugar de nacemento, cantidade de fillos/as e idade dos fillos/as.

Reflectimos estes datos persoais nas seguintes porcentaxes:

Lugar de asentamento das enquisadas:

UrbanoVer gráfica49%
Rural40%
Semiurbano11%

Lugar de nacemento das emigrantes retornadas:

A CoruñaVer gráfica47%
Pontevedra24%
Ourense19%
Lugo08%
Estado español02%

Lugar de nacemento de emigrantes de primeira xeración (filla de emigrantes):

VenezuelaVer gráfica23,0%
Arxentina20,0%
Uruguai11,0%
México10,0%
Francia08,0%
Suíza06,0%
Brasil05,0%
Cuba05,0%
Alemaña03,0%
Australia03,0%
Perú01,5%
Portugal01,5%
Reino Unido01,5%
Rusia01,5%

Idades das enquisadas (as porcentaxes de maior a menor):

Entre 26 e 45 anosVer gráfica55%
Maiores de 45 anos34%
Menores de 26 anos11%

Estado Civil:

CasadasVer gráfica59%
Solteiras29%
Divorciadas07%
Viúvas05%

Fillos:

Das enquisadas un 66% ten fillos

Número de fillos/as:

1 fillo/aVer gráfica37%
2 fillos/as47%
3 fillos/as12%
4 fillos/as02%
5 fillos/as02%


2. Datos da emigración e retornoIr a apartados enquisa


Este apartado está composto polos datos de emigración e retorno como son: De que país retorna; a que países emigrou; ano de emigración ano de retorno; factores que determinaron a emigración e o retorno; e expectativas persoais e familiares co retorno.

Neste apartado diferenciouse á emigrante retornada e á emigrante retornada de 1ª xeración (filla de emigrantes)

Emigrantes retornadasVer gráfica74%
Emigrantes de 1º xeración26%

As emigrantes retornadas proceden de:

EuropaVer gráfica59%
América40%
Oceanía01%

País onde emigrou:

SuízaVer gráfica43,0%
Reino Unido16,0%
Venezuela10,0%
Arxentina07,0%
Alemaña03,5%
Brasil03,5%
Francia03,5%
México03,0%
Uruguai03,0%
Australia01,0%
EEUU01,5%
Italia01,0%
Irlanda01,0%
Holanda01,0%
Marrocos00,5%
Liechtenstein00,5%
Escocia00,5%
Panamá00,5%

Ano de retorno:

O período establecido para a investigación foi mulleres retornadas dende o ano 1989 ata o 1999.

Porcentaxes dos anos de retorno das enquisadas.

Anos:

198904%
199008%
199103%
199204%
199303%
199406%
199510%
199617%
199710%
199818%
199917%

Segundo os datos recollidos na nosa investigación os anos de máis retorno das mulleres foron o: 1998 (18%), 1999 (17%) e 1996 (17%). Estos resultados non teñen que ver cos datos estatísticos oficiais do retorno, senón co reflexo da mostra das enquisadas nesta investigación.

Ano de emigracion:

Vai desde 1945 ata 1998

Factores que determinaron a emigración:

Esta pregunta está composta por seis ítems: económicos, persoais, laborais, políticos, familiares e outros factores. Os factores son moi diversos, sen embargo intentouse guiar as respostas centrándoas nestes ítems e poñendo outros factores onde podían poñer os motivos que non estiveran enmarcados nestes ítems.

Destes ítems as enquisadas sinalaban un ou varios factores, ou sexa que as porcentaxes corresponden ao 100 % de cada ítem.

EconómicosVer gráfica60%
Persoais35%
Laboarais49%
Políticos00%
Familiares33%
Outros: estudiar, os pais estaban alá, foi co seu marido, casamento, aprender outro idioma, vivir mellor, o seu marido estaba alá, mellorar económica e socialmente.

Tendo en conta que as motivacións cara á emigración é moi diversa, podemos reflectir os factores combinados máis significativos:

As enquisas reflectían que os factores que determinaron á emigración as porcentaxes máis altas corresponden a:

Económicos-laboraisVer gráfica22%
Económicos-familiares07%
Económicos-familiares-persoais05%

Factores que determinaron o retorno:

Nesta pregunta a cal está composta por sete ítems: familiares, persoais, laborais, políticos, persoais, sociais e outros factores. Os factores son moi diversos, sen embargo intentouse guiar as respostas centrándoas nestes ítems e poñendo outros factores onde podían poñer os motivos que non estiveran enmarcados nestes ítems.

Destes ítems as enquisadas sinalaban un ou varios factores, ou sexa que as porcentaxes corresponden ao 100 % de cada ítem.

FamiliaresVer gráfica60%
Económicos19%
Laboaris12%
Políticos1%
Persoais49%
Sociais15%
Outros: morriña, fillos en Galiza, inseguridade cidadán, calidade de vida, educar aos seu fillos/as na terra, polos pais, enfermidade do seu marido, xubilación.

Tendo en conta que o retorno pode estar motivado por múltiples factores, podemos reflectir os factores combinados máis significativos:

As enquisadas reflicten na maior porcentaxe que o retorno está motivado por:

Familiares-persoaisVer gráfica19%
Familiares-económicos15%

Expectativas persoais e familires co retorno:

Atopar traballo /mellorar a calidade de vida/ mellorar a situación económica e social/ reagruparse coa familia/ voltar a terra/ morriña/ hai moita motivación de voltar os que teñen fillos/as para que se eduquen na terra por unha cuestión cultural (emigrantes de Europa)/ voltar polos fillos/as que quedaron en Galiza polo xeral ao coidado dos avós do rapaz/rapaza/ investir os cartos polo xeral nun pequeno negocio ou na aldea/ tranquilidade social/ xubilacón do seu marido/ integrarse na sociedade galega/ vivir nunha cultura a cal me sinto máis integrada/ coidado de familires enfermos como ser: os pais, sogro, irmáns, avós/ estudiar aquí na terra/ asistencia médica.

Neste apartado hai que aclarar que as motivación son diferentes de acordo se son emigrantes retornadas ou de primeira xeración, e dentro das emigrantes retornadas se son de Europa ou de América. Hai cousas que son coincidentes como o desexo de atopar traballo, voltar á terra, reagruparse coa familia, morriña, a busca de tranquilidade social e identificación cultural.

As mulleres que retornan de Europa as motivacións que moitas de elas amosan son que os fillos/as se eduquen na terra e fagan a escolarización aquí, investir na aldea os cartos aforrados poñendo un pequeno negocio ou unha explotación agrícola-forestal, o coidado da familia que quedou aquí, foi bastante usual que os fillos/as quedarán aquí ao coidado dos avós, é dicir que a motivación é voltar para vivir cos seus fillos na terra, xubilación do seu marido, arranxo ou construcción da vivenda, normlamente na aldea de orixe e a resposta «xa era hora de voltar».

Hai tamén dentro das mulleres que retornan de Europa outra diferencia e esta dada polas mulleres que emigraron nos últimos anos, as mesmas teñen máis formación académica, emigran en busca de traballo, formación e coñecer outros lugares, esta emigración e moi corta no tempo e as expectativas ao regreso é seguir formándose, estar coa familia e fundamentalmente atopar traballo.

As motivación máis comuns das mulleres que retornan de América son: a tranquilidade social, mellorar a situación económica e social, morriña, mellorar a calidade de vida, (tendo en conta que nos países de acollida estan atravesando graves problemas sociais e económicos, polo tanto a cobertura da saúde e moi precaria e a inseguridade cidadá vai en aumento), reencontro coa familia e coa terra.

Nas emigrantes de primeira xeración (filla de emigrante)polo xeral está mellor preparadas no seu nivel académico, quere dicir isto que a súa expectativa está máis vencellada co desenvolvemento profesional, o traballo, vivir máis tranquila, identificación cultural, necesidade de ter un lugar de pertenza, mellora no social, estar coa familia.


3. Axudas ou prestacións dos organismos oficiais recibidasIr a apartados enquisa


Neste apartado reflíctense ás porcentaxes das prestacións vencelladas co Retorno máis percibidas:

Subsidio de retornoVer gráfica72,0%
Ningunha axuda26,5%
RISGA01,5%

O Ítem outras axudas non está incorporado ao 100% da porcentaxe anterior, xa que estas axudas son percibidas independentemente de percibir ás anteriores.

Outras axudas: 6,5% (axudas como caritas, axuda por única vez do Ministerio, pensións por invalidez, Xunta, etc.).


4. Idioma galegoIr a apartados enquisa


Neste apartado a pregunta é: se fala galego e se gustaríalle aprender ou perfeccionar o galego:

Fala galego:

SiVer gráfica77%
Non23%

Gustaríalle aprender ou perfeccionar o galego:

SiVer gráfica51%
Non49%

Dentro dos (Non) está incluído aquelas mulleres que xa fixeron cursos de iniciación e perfeccionamento do idioma galego.


5. SanidadeIr a apartados enquisa


As enquisadas á pregunta de ¿Posúes cobertura sanitaria?

SiVer gráfica97%
Non03%

Esta pequena porcentaxe responde a que son retornadas que chegaron hai moi pouco e están tramitando a súa documentación e ainda non teñen cobertura sanitaria.


6. VivendaIr a apartados enquisa



Ítems deste apartado coa súa porcentaxe:

PropiaVer gráfica51%
Compartida (*)29%
Alugada17%
Emprestada03%
Pensión00%
(*) O 75% comparte a súa vivenda coa familia en primeiro termo coa nai e pai, e logo cos avós, fillos, sogros, irmáns . O 25% restante comparte a vivenda con compañeiras, coa súa parella ou amigas.


7. FormaciónIr a apartados enquisa



Esta é a orde na pregunta do nivel dos seus estudios abaixo o expresamos na porcentaxe maior á menor. Tamén a última pregunta está encamiñada en saber se as retornadas están interesadas en ofertas de formación, o cal representa a porcentaxe que si o estan e expresan algunha das formacións das cales está interesada.

7.1 Sen estudios: 5%

7.2 Estudios primarios: 28%

7.3 Graduado escolar: 19%

7.4 FPI: 4%

7.5 FPII: 6%

7.6 BUP-bacharelato: 9%

7.7 COU: 9%

7.8 Titulada grao medio: 6%

7.9 Titulada grao superior: 14%

7.10 Outra: 13% (O Item outra responde a mulleres que aparte da formación incluída nas porcentaxes de arriba teñen outra formación como pode ser: idiomas, costura, informática, esteticista, relacionadas coa saúde, masaxista, etc).

7.11 Está interesada en ofertas de formación:

SiVer gráfica77%
Non23%

¿Cales?: (Ordeadas de maior a menor nas porcentaxes)

Informática
Idiomas
Relacionadas coa confección
(costura, corte e confección, padroaxe, manexo de máquinas industriais textís, máquinas para talleres de costura, etc)
Asistencia á terceira idade
(axudante de xeriatría, coidado de anciáns, etc)
Cociña
Hostelería
Relacionado co cursos para tarefas admistrativas
Formación relacionada coa súa profesión
(aquí non se clasificou xa que é moi dificil dada a variedade de formacións das enquisadas)
Cursos en xeral
Formación que teña saída laboral

Nivel académico expresado coas porcentaxes de maior a menor

Estudios primariosVer gráfica28%
Graduado escolar19%
Titulada grao superior14%
BUP-bacharelato09%
COU09%
FPII06%
Titulada grao medio06%
Sen estudios05%
FPI04%


8. Estudios ou formación profesionalIr a apartados enquisa



Neste apartado esta composto por tres ítems:

a.- Estudios realizados ou formación recibida antes de emigrar

b.- Estudios realizados ou formación recibida no país onde residiu na emigración

c.- Ao retorno a Galiza realizou: cursos-estudios-outra formación, ¿cal?

a.- Estudios realizados ou formación recibida antes de emigrar:

A formación adquirida antes de emigrar é dun 80% de mulleres con estudios primarios, graduado escolar e unha pequena porcentaxe deste 80% sen estudios, o 20% restante ten estudios que van desde o BUP ata titulacións superiores.Ver gráfica

b.- Estudios realizados ou formación recibida no país onde residiu na emigración

Neste ítem temos que separar ás mulleres retornadas e ás mulleres retornadas de 1ª xeración (filla de emigrantes).

Mulleres emigrantes retornadas:

A formación predominante adquirida polas mesmas no país de acollida, fundamentalmente a través de cursos. O 40% das mesmas realizou na emigración cursos de idiomas ou vencellados cunha profesión. Estes cursos están relacionados coa formación dunha profesión xa sexa para mellorar no traballo ou cambiar de traballo.Ver gráfica

Emigrantes retornadas de 1º xeración (filla de emigrantes):

Neste caso a formación que predomina é a ensinanza reglada, un 60% ten unha formación que vai desde o FPII ata titulacións superiores. Temos que sinalar que estas mulleres son máis novas e que as oportunidades cara aos estudios son maiores, tamén sinalar que a porcentaxe maior proven de América e de grandes cidades onde a oportunidade de formación e maior.Ver gráfica

c.- Ao retorno a Galiza realizou: cursos-estudios-outra formación, ¿cal?

CursosVer gráfica48%
Nada40%
Estudios08%
Outra formación04%

Os cursos máis realizados ao retorno son de informática e cociña, logo le siguen os de xeriatría, costura, repostería, hosteleiría, da área administrativa, idiomas, etc. En outra formación podemos atopar enfermería, perruquería, esteticistas, idiomas, etc.


9. ProfesiónIr a apartados enquisa



Neste apartado non se fixo a súa cuantificación nas porcentaxes, xa que o mesmo reflicte tal diversidade de profesións que non hai unha profesión que poda ser cuantificada como moi representativa das enquisadas.

Dentro destas profesións encontramos: avogadas, psicólogas, enxiñeiras, camareiras, asistentas, administrativas, secretarias, masaxistas, costureiras, modistas, hosteleiras, empresarias, perruqueiras, artistas plásticas, artesás, etc. Poderiamos dicir que reflicte a diversidade de profesións que hai nunha sociedade, o cal é loxico xa que estas mulleres son parte desta sociedade e estan inseridas en distintas realidades desta sociedade.


10. Actividade laboral na emigración a ao retornoIr a apartados enquisa


Neste apartado está composto por tres ítems:

a.- Traballos ou actividade laboral realizada antes de emigrar.

b.- Traballos ou actividade laboral realizada no país onde emigrou.

c.- Actividade laboral ao retorno.

a.- O traballo ou actividade laboral antes de emigrar, está vencellada fundamentalmente co traballo nas tarefas do campo, logo co traballo de asistenta, ama de casa, costura, e unha porcentaxe pequena de camareira, obreira e profesoras.

Hai que ter en conta que o maior continxente de emigrantes que saíron de Galiza son das aldeas, onde o traballo está relacionado co agro, a explotación forestal e o gando. Estas mulleres proveñen dunha realidade que é a precariedade da vida no campo, o atraso na explotación agrícola, extrema subdivisión da pequena propiedade rural, desprotección do campo, esta situación da como resultado unha formación académica baixa ou sen estudios.

b.- Traballos ou actividade laboral realizada no país onde emigrou

Os traballos desenvoltos na emigración poderiamos clasificalos como: igual traballo un 6%, mellora significativa na emigración un 8%, estudiantes que comezan a traballar na emigración un 3% e no 87% restante estarían aquelas mulleres que o seu traballo realizado na emigración e no área dos servicios (limpeza, hostelería, camareira, etc.) e como obreira, temos que sinalar que para estas mulleres que na súa maioría proceden do rural e que desempeñaron tarefas agro-gandeiras, pasar a este tipo de traballo supón unha mellora sensible da súa actividade laboral. Por unha banda, pasa a ser asalariada coas avantaxes que isto supon e, pola outra, incorpórase ao mundo laboral onde ten outras oportunidades de relacións, retribución económica e perspectiva de cambio de actividade laboral e formación.

c.- Actividade laboral ao retorno

Á actividade laboral ao retorno é moi diversa. Unha porcentaxe alta é ama de casa, e o resto realiza actividades como autónoma, asistenta, dependenta, coidado de anciáns, profesora, costura, administrativa, traballo no campo, hostelería, etc.

É moi baixa a porcentaxe de actividade laboral ao retorno, e as actividades non sempre teñen que ver coa experiencia laboral ou profesión que estas mulleres desenvolvían no país de acollida, polo xeral son actividades peor remuneradas e de inferior cualificación.


11. EmpregoIr a apartados enquisa


Este apartado está composto pola pregunta: ¿Tés emprego? Si ou Non, Tipo de contratación, Actividade laboral que realizas na actualidade e empresa onde traballas.

Nos últimos ítems de actividade laboral e empresa onde traballas, non foron cuantificados, a razon é que as mulleres que traballan sen contrato non o querian cubrir e outras facíano constestando a actividade mais non a empresa, polo que estes datos non son cuantificados en porcentaxes. Das respostas dadas hai unha porcentaxe alta que traballa pola súa conta ou autónoma, xa sexa sendo propietaria dun pequeño negocio, desenvolcendo traballo no agro, gandeiras, e outras traballan de obreiras, administrativas, asistentas, profesionais, impartindo clases- profesoras, etc.

Das mulleres enquisadas ten emprego:

SiVer gráfica25%
Non75%

Do 25% das mulleres que traballan o tipo de contratación é:

Por conta propiaVer gráfica32%
Eventual26%
Sen contrato20%
Tempo parcial10%
Indefinido09%
Outra03%
Prácticas00%


12. Necesidades formatativas para a incorporación ao mercado laboralIr a apartados enquisa


A pregunta neste apartado é: ¿qué necesitas para incorporarte ao mercado laboral? Logo a modo indicativo se propoñian algúns cursos e tamén se deixaba un ítem para (outros, ¿cales?). Destes ítems os cales son 8 as mulleres sinalaba dos 8 os que lles parecía máis necesario, polo tanto as porcentaxes están feitos tomando as respostas de cada ítem en relación ao 100% en cada un delos.

Cursos de formación nas novas tecnoloxías34%
Cursos de idiomas (*)33%
Cursos de idioma galego24%
Cursos de actualización dos teus estudios22%
Cursos de formación na túa profesión23%
Cursos de formación en xeral21%
Cursos de cooperativismo, SA, pequena empresa, etc10%
Outros ¿cales? (**)42%
(*) Dentro deste 33% de idiomas as demandas son as seguintes: inglés 51%, francés 22%, alemán 16%, italiano 9% e portugués 2%.
(**) Neste ítem a porcentaxe maior ten que ver coa formación relacionada coa confección (padroaxe, corte e confección, manexo de máquinas textís ou para taller de costura, etc.), séguenlle nas porcentaxes: informática, cociña, contabilidade, relacionados coa sanidade, xeriatría, hostelería, turismo rural, autoxestión, para mellorar a explotación rural, novos cultivos, etc.


13. Afiliación sindicalIr a apartados enquisa



Neste apartado a pregunta é: ¿ten afiliación sindical? Si ou Non.

NonVer gráfica97%
Si03%

O 97% expresa que non ten afiliación sindical e o 3% que Si. O cal representa unha porcentaxe moi pequena de afiliación aos sindicatos.


14. Problemas que ten ou tivo á hora de buscar traballoIr a apartados enquisa



Esta pregunta era aberta o que supón unha dificil avaliación para poder representar todas as respostas, sen embargo collimos os problemas que máis se repiten nas mulleres enquisadas:

Os problemas que ten ou tivo á hora de buscar traballo son:

Idade.
Non ter experiencia de traballo demostrable en Galiza.
Convalidación de títulos, problemas no tempo de espera e nas titulacións as cales non sempre coinciden coas do país de acollida.
Problemas de desprazamento no rural cara aos centros urbanos onde hai máis posibilidades de atopar traballo.
Falta de información.
Falta de formación que lle permita acceder a un posto de traballo.
Adecuación ás novas tecnoloxías.
Discriminación por ser emigrante á hora de buscar traballo.
Falta de orientación e información para montar un negocio ou o traballo como autónoma.
Adecuación da súa experiencia laboral ao mercado laboral galego.
Baixos salarios e traballos sen contrato.
Petición de moita experiencia para pouco salario.
Maiores esixencias para un posto de traballo en Galiza que nos países de acollida.

Tamén neste apartado temos que distinguir a diferencia das mulleres que retornan de Europa, de América ou son de 1ª xeración.

A muller que retorna de Europa nunha porcentaxe importante volve a súa aldea, que é o que en realidade desexa mais á hora de atopar traballo sintese limitada xa que nas aldeas non hai traballo e o desprazamento moi dificil, por outro banda, a súa experiencia laboral non a pode demostrar e as actividades no agro están moi atrasadas, polo tanto reclama máis axuda e formación para o desenvolvemento das actividades no rural onde se poda modernizar a maquinaria, a forma de explotación agraria, a explotación forestal e innovar noutro tipo de cultivos ou o turismo rural, etc. Outra mulleres retornadas de Europa queren investir os seus aforros, mais non ten información nin formación para o desenvolvemento deste tipo de actividade como autónomas.

A muller retornada de América atópase con máis problemas á hora de buscar traballo, xa que a diferencia na tarefas laborais desenvoltas nestes países son moi diferentes, por unha parte o atraso tecnolóxico, moitos anos de estar fora da terra e non voltar con frecuencia como é o caso da emigración de Europa, problema na integración, falta de información, problemas económicos, idade, formación axeitada á requerida polo mercado galego, etc.

No caso das mulleres de 1ª xeración, o problema maior é o traballo e a integración social, estas naceron no estranxeiro e toda a súa formación academica e laboral fixérona alá e non teñen maneira de demostrar experiencia en Galiza. A isto súmase a falta de coñecemento da sociedade galega, a fala distinta, requerimentos laboaris diferentes. As mesmas encóntranse cunha formación que deben axeitar ao mercado laboral galego, formarse nas novas tecnoloxías, convalidación do seu título, dificultades na integración, falta de orientación na tarefa da busca de traballo, etc.


15. Necesidades para incorporarse ao campo laboralIr a apartados enquisa



Neste apartado a pregunta está orientada para que as mulleres enquisadas responderan amplamente as dificultades que teñen para se incorporar ao mercado laboral, xa sexan de formación ou doutro tipo (familiares, persoais, sociais, etc) como no anterior ao ser unha pregunta aberta é moi dificil agrupalas en porcentaxes, as respostas que máis se reiteran son:

Cursos de informática.
Cursos destinados á muller rural, novas maneiras de explotación forestal e do agro.
Axudas e formación na modernización do rural.
Cursos de formación para poder acreditar experiencia no Estado español.
Axudas e información para crear unha cooperativa ou un pequeno negocio.
Orientación, formación e axudas para traballos por conta propia, como poden ser os talleres na súa casa (aprendizaxe da utilización de maquinaria e o traballo por conta propia).
Información da realidade social, laboral e xurídica de Galiza.
Adecuación ás novas tecnoloxías.
Oportunidade de demostrar a súa experiencia laboral adquirida no país de acollida.
Subvencións para o desenvolvemento do turismo rural, para modernizar a explotación rural, pequenas empresas, negocios e talleres.
Cursos axeitados ás demandas do mercado laboral.
Máis oportunidades ás mulleres emigrantes e igualdade de oportunidades.


ObservaciónsIr a apartados enquisa


Este apartado enchérono as mulleres enquisadas cando querían engadir algo á Enquisa ou a enquisadora para desenvolver algún aspecto que lle parecía importante para á investigación.

Neste apartado o que quedaba patente nas respostas era a grande frustación para acadar a realización dos obxectivos plantexados polas mesmas á hora do retorno. Atópanse con dificultades de atopar traballo, falta de orientación en como investir axeitadamente os seus aforros, a xente nova está pensando na volta á emigración diante da falta de oportunidades, problemas familiares, económicos, de integración, desorientación e depresión, traballos sen contrato ou pouco cualificados, comparacións dos países de acollida con Galiza (o cal non sempre axuda á integración), problemas de adaptación cos fillos que quedaron aquí, etc.

Se ben hai problemas na integración socio-laboral, tamén se manifesta un desexo de volver á terra e á identificación cultural. Outras manifestan que non queren traballar, xa sexa pola idade, por que teñen que coidar algún familiar enfermo, prefiren coidar do seus fillos porque son pequenos, coidar das súas terras e vivenda, outras que retornan para xubilarse (elas ou seu home), etc.

Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/12/2000