| ||||||||||||||||||
| Muller e retorno / Realidade socio-laboral da muller emigrante retornada a Galiza | ||||||||||||||||||
| 2. Metodoloxía de traballo | ||||||||||||||||||
| Esta investigación tivo como referencia en canto aos datos cuantitativos aos Anuarios de Migracións do 1994 ata 1998 editados polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, tamén táboas e datos de emigración do libro de Alfonso Magariños «A emigración», editorial Laiovento e datos da Xunta de Galicia. No analise da problemática e ubicación historica, tivemos como guia a documentación e libros da biblioteca da CIG-migración. Esta investigación foi realizada a través de enquisa as mesmas desenvolvidas por enquisadores. A nosa tarefa situámola na investigación dinámica da muller retornada, sendo ela a fonte de información sobre a realidade da súa situación. O desenvolvemento estatístico estructurarémolo desde dúas vertentes: 1. A base serán os datos cuantitativos dos caracteres tidos como referencia, a clasificación en retornadas e os de 1º xeración (fillas de emigrantes, nadas no extranxeiro). País de procedencia destas mulleres retornadas. Nivel academico, traballos e estudios realizados na emigración e ao seu retorno. Esta diferenciación marcará as características propias de cada tipo de retorno. 2. A análise cualitativa será axeitada a unha estatística descritiva dos datos que están cuantificados. A información que se recolle na enquisa non posúe un valor estatístico cuantificable en si mesmo, senón que dentro da mostraxe se plasmen tendencias e problematicas, que comparadas permitan o achegamento ao coñecemento das condicións sociais e laborais das mulleres retornadas. As dificultades coas que nos enfrontamos é a disperción xeográfica das mesmas, e non poder acceder aos empadroamentos dos Concellos e o Ministerio de Traballo por ser estos datos confidenciais. Ainda que moitos dos Concellos e Ministerios de Traballo a tido unha boa respostas a través das Asistentes Sociais. Temos que valora a axuda emprestada polo Fondo de Formación o cal nos facilitou os listados de mulleres participantes dos cursos para emigrantes. Modelo da enquisa
Introducción
Antecedentes históricos A emigración foi un dos fenómenos máis salientables da historia de Galiza nos últimos séculos. A posesión da terra, a desproporción entre poboación e recursos e o abandono secular por parte dos distintos gobernos fixeron que a emigración se convertese nun fenómeno endémico. A perda de poboación activa lonxe de solucionar os problemas económicos significou unha auténtica sangría das súas forzas productivas afondando aínda máis o seu atraso económico. Paralelamente ao proceso de emigración, déronse en determinadas conxunturas históricas épocas de retorno. Este estaba condicionado pola situación económica ou política do país receptor. Por exemplo, despois da independencia de Cuba prodúcese un índice importante de retorno dos galegos e galegas residentes neste país. Outro dos factores determinantes sería a recuperación económica do Estado español a partir dos anos 60. Desde que a emigración no estado español se converte nun fenómeno social e demográfico, Galiza será historicamente o país con maior número de emigrantes e, por conseguinte, de retornados. Os datos oficias dos fluxos migratorios comezan no Estado español no ano 1882. Estas estatísticas indican que no período de 1885 a 1936 a emigración cara a América acadou un volume de cen mil emigrantes nalgúns deses anos, na década dos sesenta ocorre algo similar mais cara á Europa Occindental. A emigración galega comeza a tomar importancia a partir dos anos 1850, nesta primeira etapa comezou polos paises periféricos con maior desenvolvemento capitalista. O apoxeo da emigración cara a América deuse na década de 1951-1960 con 226.116 emigrantes (fonte datos R. Villares, «Historia de Galicia»), do 1960 en adiante a emigración cambia cara Europa, do período 1960-1980 a emigración galega cara Europa foi de 283.741 (fonte Estatística Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, Anuario 1998). Temos que sinalar que durante o século XIX a emigración foi netamente masculina, xa no século XX é cando a muller se incorpora ao proceso migratorio galego. Situación actual do retorno Galiza deixou de ser un país exportador de man de obra barata para se converter en receptor de continxentes migratorios. Este é o fenómeno que se dá no resto do Estado español e na maioría dos países da Unión Europea. Malia este cambio experimentado nas últimas dúas décadas, Galiza segue a ser un dos países europeos con maior número de traballadores fóra dos seus límites xeográficos. Segundo os cálculos da Xunta de Galiza, esta poboación achegaríase á cifra de 1.400.000 habitantes, sen contabilizar as segundas xeracións de emigrantes galegos. A crise económica e social pola que atravesan moitos países que foron receptores dos nosos emigrantes e o desexo de voltar a terra potencian un novo fenómeno nestes últimos anos: o retorno. Segundo os datos do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais (Anuario de Migracións) 10.532 galegos retornaron en 1992 a Galiza. A estas dez mil persoas contabilizadas a través das estatísticas de baixas consulares, habería que lles sumar unha porcentaxe complementaria polos membros da familia, que retornan pero que carecen de nacionalidade española (fillos ou persoas casadas con cidadáns galegos). Tamén existe un colectivo que retorna sen a correspondente baixa consular ou que realizou traballos no exterior, sen o permiso necesario, polo cal non se rexistra no consulado español. O ano 1992 foi o de maior retorno de Galiza, significando o 32% do total de retornados do Estado español. Durante este tempo, conxugáronse dous elementos importantes: as crises dos países receptores e a imaxe externa de prosperidade do Estado español, isto alentou que este ano se producise un salto cuantitativo de retorno. Logo no ano 1993 pasará a 5.798, no 1994 (5.085), 1995 (5.180), 1996 (5942), 1997 (6.056) e no ano 1998 a 3.534 de retornados. Outras bases estatísticas como poden ser os certificados de emigrantes retornados soamente cuantifican os que traballasen no exterior, excluíndo na maioría dos casos as mulleres e os fillos. Unha das dificultades que se observa á hora de obter datos de empadroamento dos emigrantes retornados é que os concellos non recollen ningunha referencia estatística da súa procedencia do exterior. Esta serie de dificultades non nos permite ter unha dimensión máis exacta do fenómeno do retorno. Malia ter bases comúns, os emigrantes retornados diferéncianse entre si pola orixe do país de que proceden, podendo desta forma separar a problemática dos procedentes de Europa, da dos que chegan de América. O retorno de Europa Os emigrantes de Europa son os que realizan un retorno máis planificado. Foron investindo algúns aforros en Galiza (compra de vivenda); o seu vínculo familiar é regular, xa que viaxaron unha ou dúas veces por ano ao seu lugar de orixe. Os motivos de retorno son a xubilación, a crise económica, a falta de integración, os fillos/as e o auxe de actitudes racistas. Os problemas á volta son: a carencia de información, a dificultade de integración dos fillos, as dificultades de integración sociolaboral, etc. O retorno de Europa significa o 60% aproximadamente da totalidade de emigrantes que voltan a Galiza. Unha das variantes de emigración que en Galiza ten certa incidencia é a emigración temporeira, a cal xera en forma constante a ida e volta dun colectivo numericamente importante. Dentro deste colectivo existe un sector de traballadores que realizan traballos temporais de xeito clandestino. Os mesmos, como é de supor, cando retornan carecen da acreditación necesaria para percibir os beneficios dos programas de actuación para emigrantes retornados. O retorno de América Os emigrantes galegos que retornan dos países americanos teñen como motivación a fonda crise económica e a inseguridade coa que se vive neses países. Entre os retornados, en América pódese diferenciar un grupo que se caracteriza por ter máis de sesenta anos, que retorna co obxectivo de obter unha pensión; e pola outra banda, a segunda xeración de emigrantes, nados en Galiza ou no exterior, mais que conservan a nacionalidade española. No caso dos emigrantes galegos que proceden de América, estes realizan o seu retorno habitualmente sen ningún tipo de planificación, dificultando esta circunstancia a súa integración posterior. En moitos casos, unha información axeitada nos países de residencia evitaría unha volta con serias dificultades de reinserción social. Entre os problemas que atopan no proceso de retorno, salientamos os seguintes: a falta de información, as dificultades de inserción no mercado laboral, a carencia de aportacións á seguridade social que lles permita xubilárense, a falta de vivenda e axuda para adquirila, os problemas de integración cultural e o desarraigo. Nos últimos dez anos produciuse un aumento considerable do retorno de América. Se ben este retorno tiña certa significación a mediados dos anos 70 e 80 procedente de Venezuela, será a partir de fins da década dos 80 cando se manifesta de xeito importante en emigrantes procedentes da Arxentina, Venezuela, Uruguai e o Brasil. As crises económicas destes países debido ás importantes débedas externas contraídas, as distintas medidas de conxelación dos aforros bancarios, a crise dos sistemas de xubilacións e a asistencia sanitaria, crearon as condicións para que un continxente importante decidise voltar a Galiza. Nalgúns destes países deberíamos sumar como elemento decisivo para determinar o retorno a situación de inestabilidade política e a inseguridade cidadá. A inseguridade dalgúns países determinou que moitas familias teñan que optar por formas atípicas de residencia. Por exemplo, o cabeza de familia segue a residir no país receptor, mentres que a muller e mais os fillos viven en Galiza, ou mandan a estes últimos para o noso país co fin de que estean máis seguros e de paso poidan estudiar. O retorno de América representa o 40% da totalidade. Segundo as etapas políticas ou económicas polas que atravesan os países receptores, os de maior dimensión son: Venezuela, Brasil, Arxentina e Uruguai. Dentro deste listado, poderiamos engadir os retornados ou fillos de emigrantes galegos en Cuba, os cales aumentaron nos últimos anos a súa presencia en Galiza. O perfil do retornado de América podémolo dividir en dous sectores. O primeiro corresponde aos que teñen unha idade media de 60 anos, pouco informados de cales son os seus dereitos como emigrantes e desvencellados da realidade sociolaboral. O outro sector que cómpre considerar son os retornados de idade intermedia, os cales partiron de Galiza sendo moi novos ou naceron no exterior. O prototipo deste segmento ten unha idade que vai dos 30 aos 45 anos, na maioría dos casos con formación profesional e procedentes de clases medias. Estes retornados na meirande parte das ocasións veñen coa súa familia composta por galego, a súa compañeira ou compañeiro estranxeiro e os seus fillos nacidos no exterior. Entre os retornados deste sector atopamos dificultades de integración cultural, observando discriminacións á hora de acceder a un emprego. Cómpre sinalar que estes retornados falan con acento latinoamericano, traen culturas distintas e mesmo nalgúns casos a súa cor de pel evidencia os casamentos mixtos producidos na emigración. A Muller en Galicia e a emigración A emigración galega nos seus comenzos foi fundamentamente de homes, motivo polo cal o rol da muller viuse substancialmete modificado. A comezos do século XX, segundo Luís Bello (xornalista da época) «as mulleres exercían o goberno práctico e efectivo da sociedade. Sen embargo, tratábase dun goberno con máis deberes que dereitos como consecuencia da emigración masculina. Exercían a función de reproducción e maternidade, a dirección da casa e dos labores domésticos, así como a responsabilidade absoluta da explotación agrícola e gandeira, engandindo ás sinaladas as actividades de tipo mercantil (compra-venda de gando e de excedentes agrícolas, domiciliaria ou no mercado)». Segundo Ramón Castro Lopez (párroco e escritor lucense) «a emigración nos homes estaba motivada fundamentamente pola miseria e a desproporción entre poboación e recursos, provocava unha situación de desaxuste entre os homes diponibles e a poboación feminina en idade de formar parella. Sobre todo no mundo pechado e incomunicado das aldeas galegas da época. Por ista razán ás mulleres non lles reservaba outro destino que compartir a emigración cos homes, sen embargo as motivacións eran distintas máis de orde sentimental (casamento, reagrupación familiar, etc.)». As estatísticas sobre emigración feminina indican, para o período de 1916-1931 un total de 109.067 mulleres emigradas representando taxas que oscilan entre o 18, 94% e o 47, 41%. Despois de 1920, tras a segunda guerra mundial a emigración feminima cara a América duplicouse. (Fonte destes textos o libro «A emigración» de Alfonso Magariños). Se ben a emigración masculina comezou sendo moito maior nas porcentaxes de emigración, á feminina a partir dos anos 1926 representa o 40% da emigración total, superando estas porcentaxes nalgún dos anos seguintes. A motivación da emigración feminina de orde sentimental son certas, pero non é a única causa, así hai que reflectir que as causas que afectaron aos homes na desición de emigrar son as mesmas que impulsaron á muller. O excesivo número de mulleres na indixencia, sen ter en que ocuparse, o atraso do rural, moitas en idade de casamento e cunha necesidade das mesmas de mellorar a calidade de vida, fixeron que as mulleres emigrasen xa fose a través do casamento, polo reclamo dalgún parente na emigración, por reagrupación familiar, etc. En realidade xa sexan homes ou mulleres estaban empurradas/os a este fenómeno doroso de perda que é a emigración. Na emigración máis recente cara a Europa a situación máis frecuente é que a muller acompañase ao seu marido, sendo as causas da emigración a situación económica e falta de traballo. Poderíase dicir que é a emigración unha decisión familiar, cos obxectivos de aforrar e voltar a súa terra en mellores condicións, habendo unha constante ida e volta á terra o que permite un retorno menos traumático. Hoxe tamén encontrámonos con outra realidade que son as mulleres novas que deciden emigrar diante da falta de oportunidades para acceder a un posto de traballo, tendo en conta que a perda de emprego e o acceso ao mercado laboral amosa maiores dificultades para estas mozas e para as mulleres maiores de 55 anos segundo as estatítiscas do INE. A característica é que as mesmas non botan moito tempo fóra, en relidade consiste nun ida e volta á emigración mais en tempos curtos, un ano ou dous anos. A realidade laboral de Galiza segundo as estatísticas do INE foi para o ano 1998 a perda de emprego nas mulleres novas e as maiores de 55 anos, a taxa de paro feminina situábase no 23,2% da poboación activa, case o dobre que a masculina que está no 12,6%. Neste ano o 43% de paradas son mozas novas. No primeiro e segundo trimestre do ano 1999 dunha poboación activa total de 1.115.000 persoas, 641.000 homes e 474.000 mulleres a taxa de desemprego sitúase no 11,1% para os homes e o 23,3% nas mulleres. Como vemos reflectido nas estatísticas a situación no ano 1999 non variou moito para a muller e segue significando esta taxa de desocupadas máis do dobre que a masculina. | ||||||||||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 27/12/2000 |