·Secretaría Confederal da Muller / Actualidade

GalizaCIG·

Volver a Colectivo da MullerVolver a Actualidade
08/03/2008
  Nesta II Edición, as galardoadas foron as traballadoras da empresa concesionaria do servizo de limpeza do Concello de Santiago, ISS Facility Services
-Premio CIG-Muller
Mantiveron unha folga de 60 días no Concello de Compostela até acadar a dignificación das súas condicións laborais
A CIG outorga o Premio do Día da Muller Traballadora ás traballadoras de ISS Facility Services
A Secretaría da Muller da CIG vén de conceder o premio do Día da Muller Traballadora, na súa II Edición, ás traballadoras de ISS Facility Services -empresa concesionaria do servizo de limpeza do Concello de Santiago de Compostela-, que protagonizaron unha folga de tres meses de duración.
  No estudo realizado analizouse a distribución do cadro de persoal entre homes e mulleres en base aos niveis salariais.
-Discriminación
CIG-Banca denuncia discriminación na carreira profesional e nos salarios
Estudo da situación da muller nas Caixas de Aforros galegas
Ante a conmemoración do Día da Muller Traballadora, a Federación de Banca e Aforro da CIG elaborou un estudo sobre a situación das mulleres nas Caixas de Aforros galegas do que se desprende unha clara discriminación no que respecta á carreira profesional e polo tanto nos salarios.
07/03/2008
  Na súa primeira edición, o Premio do Día da Muller Traballadora recaeu nas traballadoras da empresa téxtil coruñesa Mafecco
-Premio
Como recoñecemento na loita por dignificar as condicións socio-laborais e salariais das mulleres
A Secretaría da Muller da CIG entrega o II Premio do Día da Muller Traballadora
A Secretaría da Muller da CIG celebra hoxe, 7 de marzo, a II Edición do Premio do Día da Muller Traballadora, concibido como un recoñecemento a aquel conflito protagonizado por mulleres na loita por dignificar as súas condicións socio-laborais e salariais.
06/03/2008
  Con esta exposición, a CIG fai un percorrido en imaxes polo traballo desenvolvido polas mulleres nos máis de trinta anos de sindicalismo nacionalista
-Exposición
A mostra poderá visitarse no Fórum Metropolitano de A Coruña até o 10 de marzo
A CIG inaugura a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”
A Secretaría Confederal da Muller da CIG organiza a exposición “Mulleres no sindicalismo nacionalista da Galiza”, que se inaugurou o mércores 5 de marzo no Fórum Metropolitano de A Coruña. A mostra poderá visitarse até o día 10 do mesmo mes.
04/03/2008
  As direccións dos centros educativos están ocupadas maioritariamente por homes
-Plan Igualdade
Malia ser a maioría de docentes mulleres, segue a haber máis cargos directivos homes
A CIG demanda da Consellaría de Educación a elaboración dun Plan de Igualdade no Ensino
Anxo Louzao e Dores Fernández, secretarios nacional e da Muller de CIG-Ensino, presentaron un estudo que evidencia a baixa presenza das mulleres na dirección dos centros educativos malia ser maioría no profesorado. Por iso, CIG-Ensino demanda da Consellaría de Educación que se elabore un Plan de Igualdade para o Ensino.
01/03/2008
  A muller destina máis horas que o home por xornada laboral ás tarefas domésticas, de xeito que o fogar segue a ser o segundo centro de traballo para a muller
-8 de marzo
8 de marzo, Día da Muller Traballadora
Loitando contra a dobre presenza: dobre loita, dobre resposta
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar a súa campaña para este 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, baixo o lema “Loitando contra a dobre presenza: Dobre loita, dobre resposta”. Unha campaña que, alén de denunciar as condicións laborais ás que se enfronta a muller galega, alerta das graves repercusión que, para a súa saúde ten a dificultade de conciliar a vida laboral e familiar.
  Violencia? Non, grazas
-Xornadas
VI Xornadas da Muller
Unha reflexión sobre a prevención da violencia sexista desde a educación
No marco das VI Xornadas da Muller, organizadas pola AS-PG e a CIG-Ensino (coa colaboración da Deputación de A Coruña e da Obra Social de Caixa Galicia) máis de media ducia de investigadoras/es achegan experiencias sobre a prevención da violencia sexista nas aulas.
05/12/2007
  No seminario sobre o papel das mulleres en Europa participou Mari Carme López Santamariña, secretaria confederal da Muller da CIG
-Seminario FSM
O encontro versou sobre a situación da muller traballadora no continente
A CIG participa en Barcelona na reunión da sección europea da FSM
Corenta delegacións participaron na reunión organizada pola sección europea da Federación Sindical Mundial (FSM), que se celebrou en Barcelona os días 23 e 24 de novembro. Xesús Ramón González Boán e Mari Carme López Santamariña representaron a CIG no evento.
23/11/2007
  Sindicalismo feminino, logros e retos
-Encontros Muller
Sindicalismo feminino
Comezan os XII Encontros Sindicais da Muller en Vigo
Desde as nove da mañá, mulleres participantes das centrais sindicais comezaban unhas xornadas de traballo que xa son habituais ano pos ano na Comarca de Vigo. E é que daban comezo os XII Encontros Sindicais da Muller que este ano levaban por título “Sindicalismo feminino, logros e retos”.
22/11/2007
  Párao, denuncia, actúa; rematar co machismo é tarefa de homes e mulleres
-Campaña
Campaña nacional da CIG con motivo do 25 de Novembro
Rematar co machismo é tarefa de homes e mulleres
A Secretaría da Muller da CIG presentou a campaña nacional do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia sobre as Mulleres, baixo o lema “Párao, denuncia, actúa; rematar co machismo é tarefa de homes e mulleres”. A central deu a coñecer tamén a “Guía dos dereitos das mulleres vítimas de violencia de xénero”, elaborada polo sindicato en colaboración coa Xunta.
10/11/2007
  Sindicalismo feminino: logros e retos
-Encontros
Celebraranse en Vigo o próximo 22 e 23 de novembro
XII Encontros Sindicais da Muller
Baixo o título “Sindicalismo feminino: logros e retos” terá lugar a XII edición dos Encontros Sindicais da Muller, xornadas nas que se avalía desde unha perspectiva de xénero a participación das mulleres na actividade sindical. Serán o próximo 22 e 23 de novembro no Hotel Coia de Vigo.
09/10/2007
  Guía de saúde laboral desde unha perspectiva de xénero
-Guía
Trata de forma específica os factores que determinan a seguridade e saúde das mulleres no traballo
A Secretaría da Muller da CIG edita unha “Guía de saúde laboral desde unha perspectiva de xénero”
A Secretaría da Muller da CIG vén de editar unha Guía de saúde laboral na que se tratan de forma específica os factores que determinan a seguridade e saúde das mulleres no traballo. Factores insuficientemente abordados en estudos, estatísticas e na negociación colectiva que pretenden ser atendidos agora a través desta guía.
25/09/2007
  Aforo completo nas Xornadas de Conciliación e Igaualdade
-Xornada conciliación
Foron organizadas pola CIG da Comarca de Vigo
Máis de 100 persoas enchen o aforo das Xornadas sobre Conciliación e Igualdade no marco laboral
O venres 21 a sala de conferencias do Centro Social Caixanova de Vigo acollía as Xornadas sobre o novo panorama que se abre en cuestión de xénero despois dos cambios nas leis galegas e españolas. Debate, alto interese das ponencias e moi boa participación foron as notas dominantes neste encontro.
19/09/2007
  Mesmos dereitos no traballo e na sociedade!
-Conferencia
Oitenta delegacións de todo o Planeta participaron en Bruxelas neste encontro organizado pola Federación Sindical Mundial
A CIG estivo presente na Conferencia Internacional Sindical sobre a Muller
A secretaria confederal da Muller, María do Carme López Santamariña, interveu en representación da CIG na Conferencia Internacional Sindical sobre a Muller traballadora que se celebrou o 13 e 14 de setembro en Bruxelas, baixo o lema “Mesmos dereitos no traballo e na sociedade!”.
15/09/2007
  As axudas públicas deben discriminar positivamente en función do obxectivo que pretenden
-Axuda electoralista
Defende a súa concesión cun criterio redistributivo para favorecer ás rendas máis baixas
A CIG considera que a axuda de 2.500 euros por nacemento ou adopción é electoralista
O 17 de setembro remata o prazo de presentación de emendas ao proxecto de Lei do Goberno de Zapatero polo que se estabelece a dedución por nacemento ou adopción de 2.500 euros para a nai, nun pagamento único. Un proxecto que para a CIG é basicamente electoralista e non garante, como se pretende xustificar, o fomento á natalidade.
04/09/2007
  Xornadas Conciliación e igualdade no marco laboral
-Xornadas
O 21 de setembro desde as nove da mañá
Xornadas de conciliación e igualdade laboral no marco da Comarca de Vigo
A CIG da Comarca de Vigo, entidade socia da agrupación de desenvolvemento do proxecto Equal Conta con elas, organiza para o vindeiro venres 21 de setembro unha xornada de formación sobre o novo panorama laboral que se abre en cuestión de xénero despois das mudanzas normativas a nivel estatal e galego.
13/07/2007
  Corresponsabilidade dos homes no coidado de fillas e fillos
-Corresponsabilidade
Lamenta que as mulleres non teñan dereito a elas
A CIG avalía positivamente as axudas á redución de xornada de traballo para fomentar a corresponsabilidade
Desde a Secretaría Confederal da Muller e Servizos Sociais da CIG achegan unha serie de consideracións en relación ás axudas á redución de xornada de traballo como medida de fomento da corresponsabilidade convocadas pola Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galiza.
06/07/2007
  2.500 euros por filla ou fillo nacido desde o 3 de xullo
-Demagoxia
Valoración da Secretaría Confederal da Muller da CIG
2.500 euros por cada novo fillo/a, a demagoxia do regalo en efectivo
Valoración da Secretaría Confederal da Muller da CIG respecto da medida anunciada polo presidente do Goberno do Estado español, José Luís Rodríguez Zapatero, durante a primeira sesión do debate do estado da nación española, de dar unha axuda de 2.500 euros por filla ou fillo nacido a partir do 3 de xullo de 2007.
20/06/2007
  María do Carme López Santamariña, secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais da CIG
-Entrevista
María do Carme López Santamariña, nova secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais da CIG:
“É necesario que o nivel de afiliación feminina se reflicta na representatividade das mulleres nos órganos da CIG”
María do Carme López Santamariña asumiu hai días a Secretaría Confederal de Muller e Servizos Sociais logo da reestruturación da Executiva Confederal da CIG, que se produciu trala marcha de Fermín Paz Lamigueiro, substituído á fronte da Secretaría Confederal de Servizos e Afiliación por Elvira Patiño, anterior responsábel de Muller da central.
19/06/2007
  María do Carme López Santamariña, secretaria confederal de Muller
-Executiva CIG
Substitúe a Fermín Paz, que causou baixa por motivos de saúde
Incorpórase á Executiva Confederal da CIG María do Carme López Santamariña
O luns 11 de xuño, fíxose efectiva a substitución de Fermín Paz Lamigueiro, secretario confederal de Servizos e Afiliación, por María do Carme López Santamariña. A Executiva Confederal acordou que Elvira Patiño Ogea asuma a secretaría que, por motivos de Saúde, tivo que deixar Paz Lamigueiro, e que López Santamariña se ocupe da de Muller e Servizos Sociais.
  A CIG denuncia discriminación do SERGAS a unha embarazada
-Discriminación
A Administración dispón de mecanismos para facilitar que se realicen as probas
Demandan do SERGAS que posibilite examinarse a unha embarazada co parto previsto na data da convocatoria
A Secretaría Confederal da Muller da CIG e a CIG-Saúde veñen de denunciar a discriminación dunha muller preñada á que non se lle garante a posibilidade de realizar as probas de oposición ao SERGAS ao coincidir a data do parto coa data na que están convocadas as probas.
18/04/2007 Considera que algúns dos aspectos quédanse en simples declaracións de intencións
A Secretaría da Muller da CIG presenta a súa valoración da Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres en Galiza
A Secretaría da Muller da CIG vén de elaborar un informe no que se fai unha exhaustiva valoración a respecto dos distintos aspectos da Lei do Traballo en Igualdade das Mulleres en Galiza.
04/04/2007 Tamén, até o 15 de abril, o das escolas infantís
Aberto o prazo para solicitar axudas por filla ou fillo menor ao cargo
A secretaria confederal da Muller da CIG, Elvira Patiño, informa de que no DOG de 3 de abril aparece publicada a Orde do 27/03/2007 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillo/a menor de tres anos para o ano 2007.
20/03/2007 Recoñece expresamente aos Comités de Empresa competencias en tema de igualdade por mor de xénero
Lei Orgánica de Igualdade entre Mulleres e Homes
Desde a Secretaría Confederal da Muller da Confederación Intersindical Galega achegan unha serie de consideracións en relación á Lei Orgánica de Igualdade entre Mulleres e Homes do Estado español, aprobada no día 15 de marzo de 2007 no pleno do Congreso e pendente da súa publicación no Boletín Oficial do Estado.
09/03/2007
  Combate a precariedade laboral coa negociación colectiva
-Celebración
Conmemórase o 8 de Marzo con concentracións e asembleas en toda Galiza
A CIG defende a negociación colectiva como principal ferramenta para dignificar as condicións laborais
A CIG celebrou actos en todo o país con motivo do Día da Muller Traballadora e como preludio do Día da Clase Obreira Galega. Vigo acolleu o acto máis numeroso, cunha grande asemblea e unha manifestación de máis de 500 persoas, e o resto das comarcas conmemoraron esta data tamén con asembleas, concentracións e repartos de panfletos nas propias empresas.
  Agresión de Bayo de Enrique a unha muller
-Agresión
O médico empurrou violentamente unha muller na concentración do 8 de Marzo que, ao caer, bateu fortemente coa cabeza no chan
A CIG denuncia ao doctor Bayo de Enrique por agresión a unha muller e por omisión do deber de auxilio
Elvira Patiño, secretaria confederal da Muller, e Paulo Carril, secretario comarcal de A Coruña, denunciaron, en representación da CIG, ao doctor José Ángel Bayo de Enrique, propietario da clínica xinecolóxica privada Arggora, por agredir unha muller presente na concentración que organizou o sindicato nacionalista o 8 de marzo ás portas deste centro e por omitir o seu deber de auxilio a unha persoa ferida.
08/03/2007
  Exposición de 22 paneis contra as discriminacións
-Exposición
22 paneis contra as discriminacións
Unha exposición da Secretaría da Muller visibilizará nas rúas de Vigo a acción feminista
As mulleres da CIG pendurarán decenas de paneis ao longo do percorrido da mobilización que este 8 de marzo terá lugar na cidade de Vigo, despois dunha asemblea de delegadas e delegados na que se fará especial fincapé na importancia da introdución das políticas de igualdade na negociación colectiva para combater a precariedade.
  Recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista
-Publicación
Vén de sacar á rúa a publicación “Recomendacións para o uso dunha linguaxe non sexista no ensino”
CIG-Ensino aposta por avanzar na conciliación e na igualdade
“Avancemos na conciliación da vida laboral e familiar” e “Avancemos na igualdade de oportunidades para as mulleres” son os lemas cos que CIG-Ensino anima ás e aos docentes a celebrar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller Traballadora.
07/03/2007 Muller, participa e loita!
Asembleas e concentracións en todas as comarcas os días 7 e 8 de marzo
A CIG ten convocadas concentracións e asembleas de delegadas e delegados os días 7 e 8 de marzo en todo o país, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora e como mobilizacións previas ao Día da Clase Obreira Galega
  Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller
-Entrevista
Elvira Patiño, secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais:
“A negociación colectiva é a mellor ferramenta que temos as traballadoras para fixar a igualdade”
A participación activa das traballadoras na actividade sindical, como representantes do persoal nas empresas e a negociación colectiva como instrumento para atinxir a igualdade entre xéneros son os aspectos nos que incide a campaña da CIG do Día Internacional da Muller Traballadora.
06/03/2007
  Celebración do Día Internacional da Muller
-Celebración
Muller, participa e loita!
8 de Marzo, Día Internacional da Muller
A Secretaría da Muller da CIG conmemora este ano o Día Internacional da Muller baixo o lema “Muller, participa e loita!”. Un lema co que se quere facer unha chamada ás traballadoras para que se impliquen na loita pola mellora das súas condicións laborais e sociais.
  Informe sobre a situación sociolaboral da muller en Galiza
-Informe
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
A taxa de temporalidade da muller acadou o 38,6% en 2006
A Secretaría da Muller da CIG vén de presentar os resultados do traballo “Situación sociolaboral da muller en Galiza”, un estudio realizado polo gabinete de Economía do que se tiran datos alarmantes: no ano 2006, a temporalidade entre as mulleres incrementouse de media en case dous puntos.
19/02/2007
  Elvira Patiño e Elena Reynaga
-Entrevista
Elena Reynaga, secretaria xeral de AMMAR:
“Queremos ser recoñecidas como traballadoras sexuais cos mesmos dereitos e deberes que o resto”
Elena Reynaga, secretaria xeral de AMMAR, secretaria executiva de Redtrasex e secretaria de Actas da Mesa Nacional Executiva da CTA participou o 8 de febreiro nunha charla-coloquio organizada pola Secretaría da Muller da CIG. Reynaga visitou Galiza convidada pola Federación Galega de Asociacións de Emigrantes Fillos do Mundo.
26/12/2006
  Xornadas sobre Igualdade e Negociación Colectiva
-Xornada
Xornadas da Secretaría da Muller da CIG sobre Negociación Colectiva e a Lei Orgánica de Igualdade
A Secretaría da Muller da CIG vén de celebrar unhas xornadas nas que se analizou a forma de aplicación na Negociación Colectiva da Lei Orgánica de Igualdade entre Homes e Mulleres. A secretaria confederal de Muller e Servizos Sociais, Elvira Patiño, salientou a importancia de que as delegadas/os estean preparadas para que cando se aplique a Lei sexan quen de negociar coa empresa e pór en marcha un Plan de Igualdade.
14/12/2006 Martes día 19 de decembro en Compostela
Xornadas da Secretaría da Muller da CIG sobre a Negociación Colectiva e a Lei de Igualdade
O próximo martes día 19 de decembro terán lugar no Hotel Congreso, en Compostela, as xornadas organizadas pola Secretaría da Muller da CIG sobre Negociación Colectiva e a Lei Orgánica de Igualdade entre Homes e Mulleres
08/11/2006 O Parlamento aproba incorporar a perspectiva de xénero no Plano de Prevención de Riscos Laborais
O Parlamento de Galiza vén de aprobar por unanimidade a proposta do BNG de instar ao Goberno galego a seguir incorporando “de maneira efectiva e inmediata” a perspectiva de xénero, tal e como estaba previsto no Plano estratéxico de Prevención de Riscos Laborais
  XI Encontro Sindical da Muller
-Encontro
Organizado polas Secretarías da Muller da CIG, CCOO e UGT coa colaboración do Concello
XI Encontro Sindical da Muller “Camiñar pola igualdade” o 9 e 10 de novembro en Vigo
As xornadas “Camiñar pola igualdade” do XI Encontro Sindical da Muller terán lugar no Hotel Coia de Vigo o xoves 9 de novembro, de 9:30 a 19:00 horas, e o venres 10, de 9:30 a 14:30. Organizan as Secretarías da Muller de CCOO, UGT e CIG, e colabora a Concellaría da Muller
06/10/2006 Satisfacción pola setenza do TC de non considerar a gravidez enfermidade discapacitante
A Secretaría Confederal da Muller da Confederación Intersindical Galega vén de amosar a súa boa acollida da sentenza do Tribunal Constitucional quen acaba de sinalar que existiu discriminación por sexo por parte do INEM ao deixar de enviar ofertas de emprego a unha nai en paro mentres durou o permiso por maternidade
03/10/2006 A Secretaría Confederal da Muller da CIG rechaza con rotundidade a sinatura do acordo entre CCOO, UGT, patronal e goberno
Na Reforma da Seguridade Social non se tivo en conta a situación de desigualdade que sufren as mulleres
Desde unha perspectiva de xénero, a CIG rechaza con rotundidade a sinatura do acordo para a Reforma da Seguridade Social pactado entre CCOO, UGT, patronal e goberno, no que non se tivo en conta a situación de desigualdade que sofren as mulleres
27/04/2006 Valoración da CIG do Anteproxecto de Lei de Igualdade entre Mulleres e Homes
O mércores 26 de abril entraba a debate para o seu posterior ditame no pleno do Consello Económico e Social o do Estado español o Anteproxecto de Lei de Igualdade entre Homes e Mulleres. A Secretaría da Muller e o Gabinete Técnico da CIG fan públicas as súas valoracións ao respecto
10/03/2006
  Día da Muller Traballadora
-Reportaxe gráfica
As mulleres da CIG de Vigo celebran o 8 de marzo
As delegadas sindicais da CIG xunto con algúns compañeiros do sindicato levaron a cabo a marcha de “nomes de profesións en feminino e masculino” prevista para o día 8 de marzo, Día da Muller Traballadora, desde o local da CIG ata a Porta do Sol de Vigo
08/03/2006 O acto reivindicativo comezará ás 11 da mañá, no marco da campaña “Nomear en feminino evita discriminacións no traballo”
A CIG celebrará o 8 de marzo en Vigo cunha marcha de “nomes de profesións en feminino e masculino”
A Secretaría de Muller e Servizos Sociais da CIG ten previsto celebrar o Día da Muller Traballadora na Comarca de Vigo cunha asemblea de delegadas e delegados e un acto reivindicativo consistente nunha marcha polas rúas da cidade na que as e os manifestantes portarán carteis con nomes de profesións en feminino e masculino
07/03/2006 Informe “A muller no mercado laboral 2005”
A precariedade laboral afecta gravemente ás galegas, maioritariamente con contratos temporais

pdfDos parados que levan máis de dous anos desempregados o 70,4% son mulleres
Contratos temporais, maioritariamente no sector servizos, a media xornada e cunha alta rotación no emprego son características da situación laboral na que se atopan a maioría das mulleres. Un 40% leva máis dun ano no paro e representan o 70,4% dos parados que levan máis de dous ano no paro
03/03/2006
  Emprega o a
-Campaña
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
Nomear en feminino evita discriminacións no traballo
A Confederación Intersindical Galega pretende coa campaña “Nomear en feminino evita discriminacións no traballo” difundir o emprego dunha linguaxe con perspectiva de xénero. Un dos aspectos máis importantes na loita pola igualdade real entre mulleres e homes pasa por poñer fin ao uso sexista da lingua, que non só reflexa a desigualdade entre os sexos, senón que contribúe en gran medida a reforzar esta situación.
pdfGuía de linguaxe non sexista
A lingua non é sexista, pero si o uso que dela facemos. A linguaxe é o medio a través do cal nos comunicamos, polo tanto reflicte o pensamento colectivo e con el estamos a transmitir unha gran parte da formar de pensar, sentir e actuar de cada sociedade.
22/02/2006 Xornada da CIG no Día da Muller Traballadora
Con motivo da celebración do Día Internacional da Muller Traballadora, a CIG celebrará un Acto Nacional o día 7 de marzo que consistirá nunha Xornada promovida pola Secretaría Confederal da Muller, Servizos Sociais e Medio Ambiente, “dirixida a 25 compañeiras e compañeiros de todas as Comarcas da Confederación, especialmente a quen teñan responsabilidades en negociación colectiva”.
19/01/2006 A secretaria confederal da Muller remitiu un escrito á Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta coa proposta
A CIG solicita a modificación e mellora da Lei para a Igualdade de mulleres e homes en Galiza
A secretaria confederal da Muller, Servizos Sociais e Medio Ambiente da CIG, Elvira Patiño, vén de remitir unha carta a Carme Adán Vilamarín para que a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galiza impulse a modificación e mellora da actual Lei para a Igualdade de mulleres e homes en Galiza
10/03/2005 III Xornadas sobre Muller e Traballo
Acoso laboral e precariedade feminina
A Secretaría da Muller da CIG convoca para o venres 11 de marzo, no Hotel Congreso de Santiago de Compostela, as III Xornadas sobre Muller e Traballo, baixo o título Acoso laboral e precariedade feminina
09/03/2005 Día Internacional da Muller Traballadora en Pontevedra
Concentración en apoio aos catro sindicalistas por participar na folga de La Unión
A Secretaría da Muller da CIG de Pontevedra celebrou a concentración do 8 de marzo diante do Xulgado, baixo o lema “en defensa das liberdades, non á represión” para manifestar o seu apoio aos compañeiros que estaban sendo xulgados pola súa participación en 2001 na folga de Transportes La Unión
08/03/2005
  Emprego e oportunidades para as mulleres
-Celebración
8 de Marzo, Día da Muller Traballadora
Emprego e oportunidades para as mulleres
Dos datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística, a través da Enquisa de Poboación Activa, temos que subliñar, un ano máis, o dato da inactividade das mulleres, superior en 20 puntos ao dos homes. Os datos reflicten que a taxa de actividade dos homes é dun 63,8% e a das mulleres un 45,5%. É dicir, hai un 55,5% de mulleres inactivas fronte a un 36,2% de homes
Situación laboral da muller en Caixa Galicia
A Sección Sindical da CIG en Caixa Galicia vén de facer público un informe no que analiza a situación da muller dentro da empresa e a súa inserción na carreira profesional creada no Convenio de Aforro 2003-2006
07/03/2005 Entrevista a Elvira Patiño
As mulleres acceden a contratos a tempo parcial como única opción para conseguiren un posto de traballo
O próximo 8 de marzo celébrase o “Día da Muller Traballadora”. Con motivo desta data a Secretaría da Muller da CIG pon en marcha unha campaña baixo o lema “Emprego e oportunidades para as mulleres”. Elvira Patiño, secretaria da Muller, explica cal é a situación laboral na que se atopan as galegas.
04/03/2005 Tan só o 45,5% das mulleres galegas con máis de 16 anos están traballando ou engrosando as listas do INEM
A CIG demanda servizos sociais para facilitar a inserción laboral da muller en Galiza
A Secretaría da Muller da Confederación Intersindical Galega demandou, en rolda de prensa, “servizos sociais que protexan e permitan a conciliación da vida laboral e familiar” para favorecer a inserción laboral das mulleres en Galiza
Globomedia recoñece que o tratamento á muller en “Los Serrano” foi “inadecuado”
A directora de Comunicacións e Relacións Institucionais de Globomedia, produtora que realiza para Tele 5 a serie “Los Serrano”, vén de remitir unha carta á secretaria da Muller da CIG, Elvira Patiño, na que recoñece que “o tratamento do personaxe de Lola foi inadecuado”
As asistentes debateron sobre os métodos para abordar no ensino a violencia de xénero
Conclúese que a escola é fundamental na transmisión de valores nas III Xornadas da Muller
A importancia da escola é fundamental na socialización e na transmisión de valores, sen esquecer a familia e os medios de comunicación. Pero é a escola, se cadra, a que ten que asumir a responsabilidade da necesidade de formar en valores de igualdade, respecto e solidariedade
03/03/2005 A CIG considera insultante o tratamento que se lle dá á muller galega na serie de Tele 5 “Los Serrano”
A secretaría da Muller da CIG considera insultante, discriminatorio e vexatorio o tratamento que se lle dá á muller, e nomeadamente á muller galega, na serie de Tele 5 “Los Serrano”, e demanda que se mude a imaxe que se deu da galega que saíu no programa emitido o 23 de febreiro, adicándolle un capítulo no que se rectifique
25/11/2004
  Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
-Campaña
25/11, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
A violencia contra as mulleres afecta a todas as facetas da súa vida
Salarios máis baixos, contratos en precario, media xornada, economía somerxida, incompatibilidade da vida laboral e familiar, ausencia de servizos públicos, malos tratos... Estas son algunhas das manifestacións da violencia que a Secretaría da Muller da CIG considera que sofren as mulleres
20/11/2004 Campaña da Secretaría da Muller da CIG
25 de novembro: Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero
A violencia contra as mulleres atópase en tódalas esferas da vida e non podemos restrinxila aos malos tratos no ámbito do fogar. É un fenómeno social plasmado nos diferentes ámbitos da vida, nas relacións sociais, laborais e persoais, nos medios de comunicación...
10/11/2004 A Secretaría da Muller da CIG analiza a Constitución Europea desde unha perspectiva de xénero
O xénero afecta transversalmente a todos e cada un dos feitos sociais, polo que, de querermos realizar unha análise e avaliación ponderadas do Tratado Constitucional Europeo, é básico ter moi en conta esta visión -a de xénero- como elemento estruturador do todo o conxunto
 

CIG-Muller

Volver a Colectivo da MullerVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 11/03/2008
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta