-Secretaría Confederal da Muller / Principios e obxectivos

GalizaCIG-

Volver a Colectivo da MullerVolver a Actualidade
Principios e obxectivos
 
 

  Clic para aumentar
A Secretaría da Muller declárase feminista en canto que trata de mudar a orde social estabelecida para lograr a plena igualdade de xénero.
 
Proposta de transformación da Secretaría da Muller

A Transversalidade das políticas de xénero é un reto para o traballo sindical. Debe ser unha realidade que asuman todas as persoas que forman parte da central sindical e que alcance a todas as estruturas da organización.

Hoxe para camiñar parellos, mulleres e homes precisamos superar os obstáculos que limitan e impiden a plena participación das mulleres na nosa organización sindical, posto que o aporte das mulleres é esencial en todo proceso de renovación sindical. Non nos esquenzamos que estamos a falar das chamadas Accións Positivas, medidas de carácter temporal encamiñadas a compensar ou contrarrestar a situación de desventaxa social das mulleres.

A modificación dos nosos comportamentos, permitirá que dentro da CIG se desenrole un reequilibrio de roles e funcións, deberes e dereitos, aportes e sacrificios, sen ningún tipo de discriminación.

O gran reto da nosa organización é o trocar a mentalidade das traballadoras e traballadores que participan nela e integrar os criterios de igualdade e equidade nos principios, obxectivos e actividades da organización sindical.

Para lograr crear un sindicato cada vez máis forte, renovado e capaz de enfrontarse aos retos é preciso loitar contra o sexismo e a discriminación.

Por iso estamos convencidas de que a sindicalización da muller empregada e a promoción das mulleres sindicalizadas a cargos de dirección sindical son cuestións de vital importancia para o fortalecemento da nosa organización sindical.

A nosa proposta de transformación da Secretaría da Muller contempla a desaparición da Secretaría como colectivo de xeito que forme parte da estrutura de goberno do ámbito confederal, integrando a Secretaría da Muller dentro dos órgaos de dirección da Confederación, é dicer, dentro da Executiva Confederal, en cada unha das Executivas Comarcais, e en cada unha das Federacións, tanto a nível nacional como comarcal.

A persoa que ostente o cargo desempeñará funcións de colaboración coas distintas secretarías, gabinetes técnicos, etc., brindando orientación, asesoramento, propostas, definido as reivindicacións das traballadoras e denunciando as discriminacións por xénero, proponiendo solucións, etc...

Deberá, por outra banda, ter reunións periódicas coas outras responsábeis das comarcas, federacións, etc, co obxectivo de transmitir información e liñas de traballo e ao mesmo tempo recabar información directa da problemática que existe nos centros de traballo, a través das seccións sindicais nas que a participación da muller é activa.

Para que iso sexa posible é esencial crear redes de mulleres entre as distintas seccións sindicais para fomentar o debate e o intercambio de información e como cauce de participación.

Conseguiremos, xa que logo, fomentar a participación das mulleres na toma de decisións, a través da integración nos órgaos de dirección, representación e procesos congresuais, acadando así a asunción dos criterios de xénero a través da participación das mulleres en todas as estruturas da organización.

Para conseguir estes obxetivos, proponemos as seguintes modificacións estatutarias:

· Principios. Engádega Transversalidade:

A transversalidade das políticas de xénero é un reto para o traballo sindical. É a consideración sistemática das diferencias entere as condicións, prioridades e necesidades respeitivas das mulleres e dos homes no conxunto das políticas e accións sindicais, co obxectivo de aplicar a igualdade de oportunidades desde un enfoque global.

· Artigo 48 d)

· Artigo 51 d)

· Artigo 54 d)

· Artigo 65 d)

· Disposición Adicional 4ª Suprimir referencia á Secretaría da Muller.

· Disposición Adicional 5ª Suprimir “globalmente considerados”.


Ponencia base
Traballar desde o enfoque de xénero

A perspectiva de xénero é un instrumento que permite coñecer os obstáculos da participación equilibrada de mulleres e homes, evidenciando as orixes e as consecuencias das desigualdades e as discriminacións sociais sobre as que se debe intervir para conseguir a Igualdade de Oportunidades.

A integración do enfoque de xénero en todas as políticas é imprescindíbel para analisar diferentes cuestións relativas ao desenvolvemento sindical en termos de igualdade, benestar e calidade de vida, considerando cal será o efecto sobre mulleres e homes e evitando excluir ás mulleres.

A igualdade de oportunidades é a participación equilibrada das mulleres e os homes en todos os ámbitos do social tanto na esfera pública como na privada. Se constitúe como un elemento esencial na construcción social, económica e política da sociedade. Seu principal obxectivo non é beneficiar exclusivamente ás mulleres senon á sociedade no seu conxunto, significando unha ruptura coa asignación de roles tradicionalmente femeninos e masculinos.

As Políticas de Igualdade de Oportunidades son as medidas políticas postas en marcha para poder facer fronte ás desigualdades existentes entre mulleres e homes, promovendo a súa plena integración na sociedade.

A transversalidade é a consideración sistemática das diferencias entre as condicións, prioridades e necesidades respectivas das mulleres e dos homes no conxunto das políticas e accións sociais, co obxectivo de aplicar a igualdade de oportunidades desde un enfoque global.

As Accións Positivas son medidas de carácter temporal encamiñadas a compensar ou contrarrestar a situación de desventaxa social das mulleres.

Ten que haber unhas condicións de partida para que se dé a integración da Igualdade de xeito transversal nas políticas globais dun Sindicato: debe existir un compromiso claro, realizar unha análise da situación e identificación dos intereses de mulleres e homes, promover a formación en materia de Igualdade de Oportunidades, existir coordinación entre áreas, seccións, secretarías, fomentar a participación das mulleres na toma de decisións, aplicar actuacións de sensibilización, utilización dunha linguaxe non sexista, elaboración dun Plano de Igualdade.


Ponencia base
A perspectiva de xénero na negociación colectiva como instrumento da promoción da igualdade de oportunidades

A Secretaría da Muller propón incluir os seguintes pontos dentro do Apartado de Negociación Colectiva:

“A perspectiva de xénero na negociación é necesaria porque ainda que se porduciu un aumento da participación das mulleres no traballo, éste é en xeral precario e desregulado, atópase forra do ámbito legal e lexislativo, fóra da representación sindical e fóra da representación sindial e fóra dos convenios colectivos que o regulan.

Porque as mulleres son vítimas da segregación ocupacional tanto horizontal (sectores de traballo e profesións típicamente femininas) como vertical (ocupando postos máis baixos e peor remunerados).

Porque atópanse con maiores trabas ca os homes: maior precariedade nas condicións de traballo, sofren eventualidade na contratación, trabas na conciliación na vida familiar e laboral, trabas na promoción profesional, levan o protagonismo na economía sumerxida, e teñen menor cobertura da protección social na prática.

Porque as mulleres sofren discriminación laboral en canto ás diferencias de valoración do traballo que é desempeñado polas mulleres ou polos homes (concepcións culturais acerca do valor das acitivades e capacidades das mulleres, ocupan postos máis alonxados da toma de decisións e empregos peor remunerados).

A escasa incorporación dos temas de xénero na negociación colectiva débese a unha menor cobertura das mulleres nos procesos de negociación colectiva, a unha subrepresentación das mulleres nos segmentos máis precarios e desregulados do mercado laboral, á escasa presenza feminina entre os dirixentes sindicais e nas instancias negociadoras, á puca capacitación dos traballadores e traballadoras para negocia coas e cos empregadores cláusulas relativas á promoción da igualdade de oportunidades e de trato, e finalmente a unha viaza priorización do tema de xénero nas estratexias sindicais.

O obxectivo de apostar pola perspectiva de xénero na negociación colectiva é un desafío para o sindicato, xa que involucra principios democráticos, é un medio de mellora da concreción de principios e dereitos. A negociación colectiva supón un instrumento potencial para a eliminación de discriminación da muller no mundo laboral e asalariado, e un medio esencial para promover a igualdade de trato no traballo, oir e atender as perocupacións e intereses das mulleres. Supón conseguir acadar unha remuneración igual para un traballo de igual valor, é garante da ampliación da protección legal á maternidade e dos dereitos que promovan un maior equilibrio entre o exercizo da maternidade e a paternidade e o traballo e as responsabilidades familiares.

En definitiva, o obxectivo de aplicar á perspectiva de xénero na negociación colectiva é o de acadar a igualdade de oportunidades e de trato entre mulleres e homes, tendo as mulleres traballadoras presenza activa nos procesos negociadores, de xeito que teñan a posibilidade de presentar propostas e formando parte das mesas de negociación.

 
Volver a Colectivo da MullerVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 30/09/2006
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta