Paula Soto Viñas
Nota biográfica
Paula Soto Viñas naceu en Nigrán (Pontevedra) en 1966. Traballa como técnica de normalización
lingüística no Concello de Moaña e é profesora colaboradora da Dirección Xeral
de Política Lingüística e da Escola Galega de Administración Pública.
É coautora do Léxico de contrucción, arquitectura e urbanismo (castelán-galego) editado
polo Concello de Vigo e o Colexio de Arquitectos de Pontevedra. Igualmente é coautora do Manual de formularios
para policías locais, un manual que achega diversos documentos para facer máis doado o labor administrativo
das policías locais de Galiza, en proceso de edición.
Neste momento está traballando nun léxico para policías locais, como complemento ó
manual anterior. |