|
|||||||
| Base de datos de convenios colectivos en lingua galega (469) |
|||||||
|
|||||||
| Introdución | |||||||
Dentro deste esforzo, tamén propuxemos a creación dentro do Consello Galego de Relacións Laborais dun grupo de traballo, que ten como único fin a normalización do noso idioma nas relacións laborais. Esta base de datos de convenios colectivos en galego que damos en presentar –e que se irá actualizando de maneira periódica, a ser posible quincenalmente– vai permitir un novo paso adiante na galeguización da negociación colectiva, xa que un dos atrancos para esta galeguización ten que ver con que moitas veces nas mesas de negociación dos convenios non se dispón do texto no noso idioma. Así mesmo, é vontade da CIG que os convenios colectivos na súa totalidade recollan unha cláusula referida a dereitos lingüísticos, que estableza o dereito dos traballadores e traballadoras a usaren a nosa lingua nos seus postos de traballo e o compromiso das empresas a introducir medidas galeguizadoras no seu seo. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/11/2007 |
|||||||
|