-Normalización Lingüística

GalizaCIG-

Volver

“Asi como a Galiza dos traballadores sempre obedeceu âs verdades do sentimento, non podemos decir outro tanto dos que intentan rexir a cousa pública e mandar no povo, falando sempre en castelán, por ser a língoa soxuzgadora, e desprezando a língoa do povo que eles pretenden rexir.”
(Castelao, Sempre en Galiza)

 
 
CIG-Normalización
Servicio de Normalización Lingüística da CIG


Desde marzo de 1995 existe CIG-Normalización, o servicio de normalización lingüística da central sindical, que depende directamente da Comisión Executiva Confederal, a través da secretaría nacional de servicios e acción social.

As actuacións de CIG-Normalización atinxen á galeguización total das actividades da central, ao impulso do proceso normalizador no eido sociolaboral e finalmente á promoción do uso do galego no seo da sociedade. Realízanse tarefas de asesoramento lingüístico, corrección e traducción de textos, así como actividades e campañas para a extensión do uso social do idioma.

A aparición da páxina web de CIG-Normalización –dentro do sitio web da Confederación–, alén de ir adecuando o funcionamento do servicio ás novas tecnoloxías da comunicación e a información, pretende mellorar a actuación e as prestacións que o dito servicio lle dá ao conxunto da afiliación da central.
 
 
Ficha departamento
Responsábel técnico Rafa Villar
Enderezo CIG-Normalización - Sede Central da CIG
Miguel Ferro Caaveiro, 10
15703 - Santiago de Compostela
Teléfono / Fax 981 564 300 / 981 571 082
Enderezo electrónico normaliza@galizacig.net
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 18/11/2005