 |
Este departamento da CIG presentará os resultados
das actividades que desenvolveu ao longo de 2007
Saúde
Laboral presentará novas publicacións nunha xornada de formación o 11 de decembro
O Gabinete Técnico de Saúde
Laboral da CIG fará balance das súas actividades nunha xornada que se celebrará o 11 de decembro
no Hotel Congreso, en Compostela, a partir das 10:00 horas. Presentaranse as guías de Medio Ambiente e Sustentabilidade
no Traballo e de Acción Preventiva contra os Trastornos Musculoesqueléticos. |
Expertos de todo o Estado compartiron experiencias
durante dous días no Pazo de Mariñán
Clausurado
o Encontro de Prevención de Riscos Laborais nos CEE's
Concluíron o Encontro e a Xornada
de Expertos en Prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego (CEE's) que organizou o Gabinete
Técnico de Saúde Laboral da CIG no Pazo de Mariñán. Profesionais vidos de todo o Estado
español compartiron experiencias durante dous días. |
Os sinistros laborais aumentaron, nos oito primeiros
meses deste ano, un 6,67% con respecto ao mesmo período de 2006
Cada
tres días laborábeis hai un morto en accidentes no traballo en Galiza
Cada tres días laborábeis
hai un morto no traballo en Galiza. A sinistralidade aumentou entre xaneiro e agosto deste ano un 6,67% con respecto
ao mesmo período de 2006. A cifra total de accidentes laborais nos oito primeiros meses do presente ano
elévase a 33.934. |
Encontro no Pazo de Mariñán o próximo
25 de setembro
A prevención de Riscos Laborais nos Centros Especiais de Emprego
O Gabinete Técnico de Saúde
Laboral da CIG vén de organizar unhas xornadas sobre prevención de Riscos Laborais centradas especificamente
nos Centros Especiais de Emprego. O Encontro terá lugar o próximo día 25 de setembro no Pazo
de Mariñán e a el pódense apuntar as/os afiliadas/os interesadas/os, para o que se adxunta
a ficha de inscrición. |
A CIG presenta o martes 19 a Guía de Boas
Prácticas para delegadas/os de prevención
O
listado de enfermidades profesionais multiplícase por dez
O R.D. de enfermidades profesionais
multiplica por dez o listado vixente desde 1978 até a actualidade. Porén, para que sexa efectivo
é imprescindíbel que se habilite a formación adecuada en medicina do traballo a todos os médicos
do sistema sanitario público. Así o avalía o Gabinete Técnico de Saúde Laboral
da CIG. |
Silicose e asbestose, enfermidades derivadas do
traballo que para as autoridades sanitarias non existen
28
de abril, Día da Seguridade e a Saúde Laboral
A Confederación Intersindical
Galega dedica este 28 de abril de 2006, Día da Seguridade e a Saúde Laboral, aos traballadores e
traballadoras afectados polas inxustas condicións de traballo ás que se viron sometidos, enfermos
de silicose e asbestose, doencias que afectan a centos de traballadores e traballadoras en Galiza. |
Campaña 10 de Marzo de 2006
Sinistralidade laboral, responsabilidade patronal
Este 10 de Marzo debe amosarnos a prioridade
de loitar contra a sinistralidade laboral, porque as vítimas caen sempre do noso lado e porque en Galiza
duplicamos o índice de mortes con lugares como Catalunya ou o País Vasco e triplicamos a media de
Europa. Isto é por razón da precariedade e ten os seus responsábeis. Algo cambiará
cando consigamos que se persiga e se penalice xudicialmente aos culpábeis. |
Campaña contra os accidentes de traballo
mortais
Xornada
técnica “A protección no traballo e o emprego de calidade”
O martes día 15 de novembro tiña
lugar en Compostela unha Xornada Técnica sobre protección no traballo e emprego de calidade, organizada
polo Gabinete de Saúde Laboral da Confederación Intersindical Galega, na que participaron arredor
de 500 delegadas e delegados e se analizaron as propostas que defenderá a CIG nas mesas de negociación. |
28
de abril: Día da Seguridade e a Saúde Laboral
Desde a CIG promovemos o recoñecemento
do 28 de abril como a Xornada Internacional en memoria dos traballadores e traballadoras mortos e lesionados no
traballo, porque en Galiza morrer traballando estase convertendo en algo habitual sen que se tomen as medidas que
desde o sindicalismo vimos reclamando. |
Actividades
de Saúde Laboral programadas pola CIG para o ano 2005
Relación de actividades, cursos,
encontros, xornadas específicas e técnicas, programadas polo Gabinete Técnico de Saúde
Laboral da CIG para o período marzo/outubro de 2005. |
O índice de sinistralidade galego é
do 11% mentres que a nivel estatal foi dun 6,72%
Con
47.369 sinistros en 2004, Galiza é a única comunidade na que medran os accidentes laborais
Galiza colócase á cola
en materia de prevención de riscos laborais. Así o constatan os índices de sinistralidade.
Mentres a porcentaxe promedio estatal é do 6,72%, en Galiza producíronse un 11,06%, só por
detrás de Cantabria, onde se rexistraron un 12,71% dos accidentes laborais. |
Os
accidentes de traballo graves e mortais, lacra insoportable para Galiza
Segundo a conselleira de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais
os índices de sinistralidade no noso país melloraron nun 2,95 % sobre o número de accidentes
do 2002. Este dato que tratou como “magnífico” agacha dunha maneira burda e manipulada o verdadeiro drama
que padecemos en Galiza con relación aos accidentes de traballo |
I Encontro Nacional de Prevencionistas da CIG
O 70% das PEMES galegas non teñen organizada a prevención de riscos laborais
As enquisas do Gabinete de Saúde Laboral da CIG para o
programa de “Asesoramento técnico para a mellora das condicións da seguridade dos traballadores/as
da pequena empresa de Galiza” conclúen que a situación da prevención nas pequenas empresas
galegas é desoladora |
Xornadas
Técnicas de Prevención de Riscos Laborais para delegados/as e traballadores/as en xeral
Programación de actividades
organizadas polo Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, abertas a todos os delegados/as, traballadores/as
da CIG, do 25/09/2003 ó 13/11/2003 |
| Galiza
precisa dun centro para o análise e tratamento das enfermidades derivadas do traballo |
| Amianto,
¡perigo! |