| A Cultura Preventiva |
 |
| |
 |
| |
A lei de Prevención de Riscos Laborais no
seu artigo 19 expresa claramente o deber de protección do empresario para garantir que cada traballador/a
reciba unha formación teórica e práctica, abondo e axeitada, en materia preventiva. O cumprimento
deste precepto, como de todos os demais da Lei lamentabelmente depende da acción sindical que desenvolvamos
no seo das empresas, e mentres non consigamos facer valer os nosos dereitos non podemos deixar de cubrir esa necesidade
participando e facendo noso o deber de protección dos traballadores/as expostos a riscos.
Por iso, o Gabinete Técnico de Saúde Laboral da CIG, paralelamente ao labor de asesoramento cara
as Federacións e as Comarcas, asumimos a responsabilidade da formación porque consideramos que é
un piar fundamental da cultura preventiva.
A “Cultura Preventiva” pretende mostrar aos traballadores/as unha instantánea panorámica da prevención
de riscos laborais: os riscos, as medidas preventivas, como se organiza a prevención na empresa... Para
adquirir un exemplar pódese contactar co Departamento de Saúde Laboral saudelaboral@galizacig.net |
 |
| A Saúde Laboral na Negociación Colectiva |
 |
| |
 |
| |
Desde que existe Negociación Colectiva os
negociadores/as fomos conscientes de que esta parcela das relacións laborais requiría certa especialización
e desenvolvemento a través da negociación colectiva. Porén, outras urxencias, fundamentalmente
o emprego e os baixos salarios, e por que non recoñecelo, a falta de capacidade dos negociadores, impediron
un avance significativo no ámbito da Prevención, da Saúde e da Seguridade no Traballo.
Aínda hoxe, son os menos preventivos os máis habituais, e sen embargo este recoñecemento axudará
a que a situación mude, se non definitivamente, si para afrontar a negociación colectiva con máis
contidos e máis intensidade, o que redundará en mellores condicións de vida no traballo.
A introdución e o tratamento de aspectos, tanto do punto de vista da organización do traballo (xornada,
descansos e pausas, nocturnidade, horas extraordinarias, control da subcontratación, contratación
con empresas de traballo temporal) como da mellora dos dereitos dos traballadores/as e os seus representantes e
o avance nos aspectos técnico-preventivos, son cuestións centrais á hora de abordar o proceso
de negociación colectiva.
Partindo destas premisas elaboramos un documento de traballo que non pretende ser un capítulo dun convenio
colectivo tipo, senón unha serie de apuntamentos para que, en poder dos representantes sindicais, xunto
cos demais temas a negociar, compoñan a plataforma reivindicativa necesaria que axudará a conquistar
as melloras nas condicións de traballo e na calidade de vida.
Para adquirir un exemplar pódese contactar co Departamento de Saúde Laboral saudelaboral@galizacig.net |
 |
| Condicións de traballo no sector da madeira |
 |
O libro “Condicións de traballo no sector
da madeira” parte dos conceptos básicos en materia de prevención e os aspectos máis destacados
da Lei para analizar despois as condicións de seguridade que se deben garantir nos espazos de traballo,
as máquinas e equipos de seguridade, a manipulación manual de cargas, a electricidade e a prevención
de incendios.
O texto explica tamén cales deben ser os equipos de protección individual, a sinalización
na industria (cores de seguridade e tipos de sinais) e a iluminación, de cara a previr riscos derivados
dunha iluminación inadecuada. Pero tamén ten en conta os contaminantes físicos, químicos
e biolóxicos e recolle unha metodoloxía para a avaliación de riscos.
Para adquirir un exemplar pódese contactar co Departamento de Saúde Laboral saudelaboral@galizacig.net |
 |
| Guía básica de medio ambiente no
traballo |
 |
| |
 |
| |
O Medio Ambiente está de actualidade desde
hai uns poucos anos. É un tema sobre o cal a maioría da xente xa ten definida a súa propia
posición persoal; uns máis conservacionista, outros máis intervencionista.
Ante esta situación, a CIG, como organización de defensa e representación dos traballadores/as,
e guiada polo seu forte compromiso social, tamén debe posicionarse perante a problemática ambiental,
e colaborar no posíbel na defensa do medio, como paso imprescindíbel cara á mellora da calidade
de vida da clase traballadora.
Unha formación ambiental é esencial para aumentar a concienciación da necesidade de cambiar
a dirección que está levando este novo sistema globalizante. É por iso que, con esta guía,
tamén estamos cumprindo unha das recomendacións da Estratexia Galega de Educación Ambiental,
que dedica un apartado aos sindicatos e organizacións profesionais como axentes importantes á hora
de promover esa necesaria conscienciación ambiental. Así, nunha das súas recomendacións
sinala, literalmente, que é necesario, “impulsar a formación dos representantes sindicais dos traballadores
en materia de saúde e seguridade na empresa asociando estes aspectos ás condicións ambientais
e á proteccióndo medio ambiente en xeral”.
Para adquirir un exemplar pódese contactar co Departamento de Saúde Laboral saudelaboral@galizacig.net |
 |
| Guía de prevención para delegados
e delegadas |
|
 |
A Lei 31/1995 de Prevención de Riscos Laborais,
no seu capítulo V, regula de xeito detallado os dereitos de consulta e participación dos traballadores/as
en relación coas cuestións que afectan á seguridade e a saúde no traballo.
Partindo do sistema de representación colectiva vixente, a Lei atribúe aos denominados Delegados
e Delegadas de Prevención o exercicio das funcións especializadas en materia de riscos no traballo,
dotándoos para eses fins das competencias, facultades e garantías necesarias.
Descarga a edición de 2004 da Guía de Prevención para delegados e delegadas ou consúltaa en liña. |
 |
 |
 |
| Guía para a prevención de riscos
de orixe psicosocial |
 |
| |
 |
| |
Con esta guía para a prevención do
estrés laboral, preténdese que os traballadores e traballadoras coñezan o que é o estrés,
que características ten, que tipo de respostas provoca nos traballadores a nivel físico, psíquico
e de conduta e, por riba de todo, que se teña consciencia de que existen uns métodos de avaliación
do estrés e técnicas moi eficaces para superalo e manexalo axeitadamente.
O estrés e a síndrome de Burnout son algúns dos riscos laborais máis importantes na
actualidade, motivados polas novas exixencias do proceso de produción, onde un maior número de traballadores/as
deben mellorar os resultados e estar preparados para constantes cambios e adaptacións.
O estrés pódese definir como a resposta fisiolóxica e de comportamento dun individuo que trata
de adaptarse as presións de orixe tanto interna como externa. Xurde cando se dá un desaxuste entre
a persoa, o posto que desempeña e a propia organización.
A Directiva Marco da Unión Europea, en materia de Seguridade e Saúde, obriga ao empresario a recoñecer
os factores de estrés e a corrixilos.
Nesta guía preténdese trasladar a información e formación que requiren os profesionais,
para coñecer o estrés e saber distinguir as alarmas de viso que nos dá o noso organismo. Para
adquirila pódese contactar co Gabinete Técnico de Saúde Laboral en saudelaboral@galizacig.net |
 |
| Normas e condicións de traballo no Sector
Naval |
 |
A Federación do Metal da CIG, en colaboración
co gabinete de Saúde Laboral da CIG pon a disposición dos delegados de Prevención e membros
dos Comités de Seguridade e Saúde esta Guía preventiva para traballos na Construción
Naval.
Preténdese que, sen ser unha guía que recolla todo o saber en materia de Saúde e Seguridade
no traballo, si sexa complemento da anterior, Riscos Laborais na Construción Naval, e polo tanto recolla
normas de actuación preventiva tomando como base toda a lexislación referida á prevención
en traballos no Sector Naval.
Para adquirir un exemplar pódese contactar co Departamento de Saúde Laboral saudelaboral@galizacig.net |
 |
| Riscos Laborais no lugar de traballo con pantallas
de visualización de datos |
 |
| |
 |
| |
O manual está dirixido fundamentalmente a
delgados e delegadas de prevención, que teñen que coñecer que nas oficinas tamén existen
riscos para a saúde dos traballadores e traballadoras, e exixir que cada posto de traballo sexa adaptado
conforme á normativa para eliminar os efectos nocivos para a saúde.
O manual ten en conta que as aplicacións das novas tecnoloxías no mundo do traballo son un feito
que previsibelmente vai marcar as relacións de traballo nun futuro próximo. Obviamente é o
sector terciario onde se produce o maior número de aplicacións informáticas, pero tamén
se aprecia a súa introdución a sectores como o primario e o secundario.
Así, aos habituais traballos de oficina (tratamento de textos, base de datos, etc.) engádense os
usos en áreas tan dispares como a administración, o mundo científico, o traballo a domicilio,
os bancos, bibliotecas, centros de saúde, librarías, farmacias e un sinfín de traballos que
requiran xestión de stocks. A todo isto, hai que engadir o tempo de lecer dedicado ao ordenador no entorno
do fogar.
Por iso, o texto ten interese tamén para traballadores e traballadoras e usuarios/as de ordenadores. Pódese
adquirir poñéndose en contacto co Departamento Técnico de Saúde laboral da CIG no enderezo
de correo electrónico saudelaboral@galizacig.net |
 |
|