|
|||
|
CIG-Saúde Laboral
Ainda que o desenvolvimento da nosa política de saúde laboral va a depender dos recursos materiais e humanos dos que podamos dispoñer parece imprescindible sinalar os aspectos esenciais da mesma: 1. Promocionar unha cultura laboral de prevención que implique os/as traballadores/as na loita por unhas condicións laborais e ambientais saudábeis, e que traslade a responsabilidade sindical dende as simples denuncias á Inspección de Traballo á negociación sobre a organización e condicións de prestación de traballo. 2. Control e vixiancia constante para un efectivo cumprimento da normativa laboral vixente e dos planos específicos sobre seguridade e saúde no traballo. 3. Reivindicación e negociación sobre aqueles aspectos que a Lei non recolle e que son fundamentais para asegurar unha protección eficaz da saúde laboral como, por exemplo, o recoñecemento da figura do delegado/a territorial - con atención preferente as empresas de menos de seis traballadores/as - con crédito horario específico garantido para o desenvolvemento das súas funcións. 4. Formación xeral e específica en saúde laboral para os/as traballadores/as, con especial atención naqueles sectores ou subsectores de actividade que polas súas características así o demande (mar, construcción, mineiría...). 5. Concreción de “mapa de riscos” en cada sector ou subsector de actividade que faciliten a aplicación de planos de prevención específicos para cada empresa. 6. Desenvolvimento dunha acción sindical participativa que recolla e defenda os puntos de vista dos compañeiros/as de traballo, reclamando o seu apoio para modificar as condicións laborais insalubres e obrigar os empresarios a aceptar a coxestión da prevención. 7. Incrementar a acción institucional a todos os niveis para que os organismos de participación existentes cumpran realmente as súas funcións e, máis alá destas, sirvan de marco para chegar a aspectos concretos, reclamando da Administración un papel máis activo respecto á potenciación do diálogo da negociación. 8. Reclamación diante do Ministerio Fiscal para que se persiga de oficio e se aplique o Código Penal nos delitos contra a Seguridade e a Saúde Laboral e implantación de requisitos mínimos en materia de Saúde Laboral por parte da Administración á hora de realizar convocatorias de axudas ás empresas. 9. Creación do Instituto Galego de Saúde Laboral con competencias plenas nestas materias. Reivindicación de mayores medios humáns e materiais das Inspeccións de Traballo co fin de garantir unha actuación inspectora eficaz en tódolos ámbitos laborais. 10. Integración na problemática xeral da Saúde Laboral a específica de acoso sexual no traballo. Reclamación de parámetros ergonómicos que contemplen as diferencias anatómicas e fisiolóxicas de homes e mulleres. 11. Pular pola ampliación do cadro de enfermidades profesionais ca inclusión específica das doenzas de tipo psíquico. Considerar , se é o caso, a orixe laboral de patoloxías como drogodependencias e alcoholismo para adoptar un tratamiento propio de saúde laboral desenvolvendo campañas formativas e defendendo medidas non represivas tendentes a facilitar formas voluntarias de reinserción. 12. Fomentar unha cultura de prevención a nivel social, instando a Administración a artellar programas específicos dende as primeiras fases do sistema educativo, así como en Formación Profesional e carreiras técnicas. 13. Considerar a problemática da seguridade e saúde no traballo como de especial relevancia na negociación dos convenios colectivos. Para a consecución destes obxetivos a CIG dotarase da estructura e dos medios humáns necesarios e, nese senso, por acordo do III Congreso constituiese o Gabinete Técnico de Saúde Laboral dependente da Secretaria Confederal de Saúde Laboral, coa estructura e funcionamento xa aprobados pola Executiva Confederal e que por tanto non é preciso reproducir e cuias funcións principais serán:
|
|||
|
|||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/02/2005 |