Actualidade CIG-Comunicación- O secretário xeral da CIG, Suso Seixo, participou na manifestación de Santiago, na que expresou nun mitin final que estas mostras de protesta “poñen de manifesto o rexeitamento da CIG ás políticas de asfíxia contra a clase traballadora que pretende impor o PP”. Seixo criticou que se pretenda “centralizar en Madrid a negociación colectiva, o que levaría na prática a que se inutilizarían os convénios negociados a nível provincial e autonómico”. Seixo defendeu o marco galego de relacións laborais que xa demostrou na prática a sua validez porque os logros deste marco veñen sendo superiores aos do Estado nos últimos anos”. Seixo criticou a política de incrementos porcentuais de salários que só incrementan as diferenzas salariais entre os traballadores galegos en relación á meia do resto do estado. O secretário xeral da CIG fustigou o IPC “fraudulento do governo central, o que sabe de antemán que non se cumprirá e só pretende furtar-lle aos traballadores incrementos nas pensións, no salário mínimo interprofisional e os incrementos xustos nos salários este ano”. Fronte a esto, Seixo criticou as subas desproporcionadas en servizos, taxas e impostos que afectan maiormente aos traballadores, mentres se lles reducen os impostos aos que maís ingresos teñen”. Os distintos secretários comarcais da CIG difundiron mensaxes semellantes nas distintas manifestacións que se desenvolveron este 7 de marzo que se convirten no início dunha campaña máis ambiciosa que levará adiante a CIG no transcuros deste ano. | |||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 09/03/2002 |