Actualidade Volver


Vigo, 21 de maio de 2002

Perto de 5.000 persoas mobilízanse en defensa da lingua en Santiago de Compostela
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com



 Clic para aumentar
Clic para aumentar
A mobilización reuniu a varios miles de persoas, que malia o tempo decidiron esixir na rúa o direito dos nenos e nenas galegos a aprender na lingua do país, e polo tanto: denunciar o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística (ver reportaxe gráfica).
Clic para aumentar
 
Os chuvascos, a primeira hora da mañá en moitas comarcas de Galiza, non alentaban moito a saír á rúa e aínda menos desprazarse ate a capital da nación. Malia estes antecedentes, así como o silencio sobre a convocatoria na gran maioría dos meios de información, a manifestación foi un éxito.

Ao principio da protesta, na praza da Alameda en Santiago de Compostela, un chisquiño de sol entre nubes fixo recrear a crenza aos presentes de que o tempo non desluciría a manifestación. Mais, ao entrar a columna na parte vella da cidade comezou a chover e durante o acto final caia auga a chuzos.

A mobilización reuniu a varios miles de persoas, que malia o tempo decidiron esixir na rúa o direito dos nenos e nenas galegos a aprender na lingua do país, e polo tanto: denunciar o incumprimento da Lei de Normalización Lingüística, sen que a Xunta de Galiza se de por informada. Os comentarios sobre a manifestación eran: “foi un éxito”... “estivo máis que digna”... “magoa que o tempo non axudou”... “a presencia dos nenos deulle emoción”...

Se cadra a maior novidade da mobilización deste Día das Letras Galegas respeito a anos anteriores, ademais dun maior número de participantes, foi que na cabeceira non ía a pancarta das forzas convocantes, senón varias ducias de cativos en idade preescolar. Tamén foi un éxito e deulle cor á manifestación a actuación que realizou “Migallas”, eso si moi curta, porque a chuvieira ameazaba con acabar cos que resistían como podían debaixo dos paraugas, mentres os soportais ateigaban de manifestantes, de xeito tal que había tanta xente detrás do palco como adiante, mentres outros optaron por buscar un lugar seguro fora da praza.

Non hai dúbida que se puído facer mellor, por exemplo: fan falla máis bandeiras, piruletas e fundamentalmente megafonías e persoas que toquen a gaita, un tamboril ou batan nunha tixola, dándolle deste xeito máis ritmo á manifestación. Agora ben, este ano houbo máis xente, con máis presencia de nenos e a actuación de “Migallas” foi un aporte. Aínda que houbo máis xente este ano que as 3.000 persoas dadas polos meios no 2001, segundo a policía local había desta volta 2.000 manifestantes (El Correo Gallego) e Europa Pres rebaixa o número a 1.000. En fin que, cando se trata do nacionalismo, sempre funciona a maquina de restar. Dados reflectidos nas páxinas WEB deste xornal e da axencia de noticias.

A leitura do manifesto fíxoa Bernardino Graña en nome das forzas convocantes: A Mesa, AS-PG, BNG, CAE, CAF, CIG, Nova Escola Galega, e SLG.

 
Volver

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/05/2002