ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 21 de abril de 2003

Convenio da Banca Privada
Comunicado nº 5
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


O venres día 11 de abril, na reunión da Mesa Negociadora do Convenio, tratáronse os puntos de Salario e Igualdade de Oportunidades, tal e como quedara acordado na anterior reunión do día 3.

Igualdade de Oportunidades: coincidindo cos demais sindicatos en que é necesario eliminar barreiras que dificulten a plena integración da muller no noso sector, para o que sería necesario levar adiante actuacións que contemplasen criterios de discriminación positiva e favorecesen a plena conciliación da vida familiar e laboral, a CIG formulou, como medida ineludible para empezar a afrontar con seriedade este problema, a eliminación das horas extras ilegais e o rigoroso cumprimento do horario establecido en convenio.

A isto a patronal contestou que hai un horario regulado en convenio e que os bancos actúan dentro da legalidade.

Sobre os outros temas que lles foron formulados sobre Igualdade de Oportunidades, tomaron nota e quedaron en contestar nunha próxima reunión.

Salario: a día de hoxe, non temos coñecemento da proposta concreta da AEB a este respecto.

Dende a CIG reiteramos a nosa proposta do 6% con cláusula de revisión á alza do IPC + 2 puntos. Así mesmo, reincidimos na importancia do concepto de recuperación do poder adquisitivo que consideramos é compartido polo resto dos sindicatos da mesa.

Chegados a este punto cunha clara manobra por parte da patronal de dilatar as negociacións e sen concretar nada, dende a CIG reiteramos a necesidade dunha actuación conxunta por parte de tódolos sindicatos para facer fronte á patronal e conquerir un convenio xusto o antes posible.

Quedaron fixadas novas reunións para os días 29 de abril e 8 de maio.


Galiza, 14 de abril de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/04/2003