ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 21 de maio de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 4
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Vai para longo

Na xuntanza da mesa negociadora do día 20 de maio, a ACARL continuou sen concretar as súas pretensións. Voltou repetir o seu discurso tremendista sobre a situación económica actual e manifestou que aínda había que agardar algún tempo para ir despexando algunhas incertezas, como por exemplo o IPC.

Así mesmo, deixou dito:

  • As demandas formuladas polos sindicatos, de cumprilas, non permitirían competir no mercado.

  • Demandan unha clasificación profesional máis “fluída” que permita a multifuncionalidade (¿Aínda máis?).

  • Concederían unha suba salarial, mais sempre a cambio de outras concesións.

  • Están dispostos a unha negociación ampla, xa que retarda-los problemas actuais prexudicaría o futuro das caixas.

Dende a CIG manifestamos que o actual proceso de expansión das caixas, as súas crecentes inversións, incluso mercando bancos, indica unha boa saúde económica. É necesario pois, sen máis escusas, aborda-los problemas do sector, reflectidos na nosa plataforma. Entre outros:

  • Establecer unha carreira profesional, cunhas funcións concretas para cada categoría, atendendo ás necesidades do mercado, e cunha remuneración axeitada.

  • Máis tempo libre, de cara á xornada de 35 horas, coas tardes dos xoves libres.

  • Rematar coa discriminación actual que sofre o persoal de nova entrada, igualando o número de pagas a percibir.

  • Crear emprego de calidade en resposta ó proceso de expansión actual, coa recuperación das oposicións, mediante fórmulas a negociar, como modo de ingreso nos cadros de persoal das caixas.

A vindeira xuntanza está prevista para o día 10 de xuño. Nela, a ACARL concretará as súas pretensións, segundo se comprometeu na mesa negociadora.


Galiza, 20 de maio de 2003.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/05/2003