ActualidadeVolver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade


Vigo, 26 de novembro de 2003

Convenio de Aforro
Comunicado nº 11
 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


A Asemblea de delegados/as de Aforro dá un SI ao Preacordo pero con matices

O día 25 novembro, os delegados/as do sector de aforro da CIG reunidos en Asemblea aprobaron un si crítico ao preacordo acadado o día 20.

Este convenio, malia o ámbito estatal, representa o triunfo do noso modelo sindical, a reivindicación e a loita como medio de conquerir melloras tanxibles para os traballadores/as. Outro modelo de convenio é posible, podemos rachar coa dinámica de perdas na negociación colectiva para recuperar dereitos.

  • Recuperamos parcialmente as pagas para o persoal de nova entrada. Este dereito fora inexplicablemente liquidado no Convenio 95-97.

  • Créase unha carreira profesional. Os/as auxiliares compran o ascenso coa súa antigüidade, cámbianse trienios por salario base. Continuarán facendo o mesmo traballo que os antigos Oficiais Primeira e Superiores, recibindo menos salario. Pero reducimos a fenda que os separaba.

Agora queda o máis difícil: redactar o texto definitivo e posteriormente negociar a aplicación do mesmo en cada unha das empresas. Hai que renegociar practicamente tódolos acordos existentes a nivel de empresa.

Mais o Convenio ten puntos "negros" dos que os demais sindicatos no seu triunfalismo non queren falar. A antigüidade no sector queda seriamente tocada. Xa non é un dereito de todo o persoal. Por outra banda os novos apoderados/as terán salarios máis baixos.

En vindeiras datas convocaremos asembleas de traballadores/as co fin de explicarvos a aplicación do mesmo e para facervos co-partícipes da nosa decisión final de asinar o Convenio definitivo.


En resume:

  • O preacordo recolle parte das reivindicacións da CIG para os colectivos menos beneficiados.
  • Este convenio representa o triunfo dun modelo sindical baseado na reivindicación e na loita sindical. Outro modelo de Convenio é posible.
  • Os auxiliares que reclamaron ante as empresas fixeron posible modificar unha situación inxusta.
  • Convocaremos asembleas para explicar a aplicación e tomar unha decisión en común.


Galiza, 25 de novembro de 2003.


pdfImprime e difunde.

 
Volver a Negociación ColectivaVolver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 27/11/2003