ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 22 de novembro de 2003

Por un convenio galego ¡xa!
Numerosa manifestación da Federación de Banca da CIG na cidade de Pontevedra

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


 Clic para aumentar
A manifestación ía encabezada por unha pancarta co lema “Convenio Galego ¡XA!, eiquí traballamos, eiquí negociamos” e ía precedida por un cadaleito que contiña o convenio colectivo da banca, como símbolo das pretensións da patronal de enterrar a negociación colectiva e impoñer unilateralmente as condicións de traballo para os seus empregados e empregadas. (Ver reportaxe gráfica).
Clic para aumentar
Clic para aumentar
 
Máis de 300 delegados e delegadas de tódolos comités de empresa de Galiza do sector financeiro participaron na Manifestación Nacional convocada pola Federación de Banca da CIG ante a ruptura unilateral por parte da patronal AEB da Mesa de Negociación do convenio colectivo da Banca Privada o pasado día 13 en Madrid.

A manifestación saíu ás 11 da mañá e percorreu as rúas da cidade nas que están establecidas as oficinas principais de distintas entidades bancarias. Ía encabezada por unha pancarta co lema “Convenio Galego ¡XA! – Eiquí traballamos, eiquí negociamos”.

Tamén ía precedida por un cadaleito que contiña o convenio colectivo da banca, como símbolo das pretensións da patronal de enterrar a negociación colectiva e impoñer unilateralmente as condicións de traballo para os seus empregados e empregadas.

Durante o percorrido, escoitáronse berros alusivos á situación do convenio, entre os que destacaban “Convenios dignos na nosa terra”, “Eiquí traballamos, eiquí negociamos”, “Suba salarial como a patronal”, “Recuperación poder adquisitivo”...

A medida que se chegaba ás oficinas bancarias, algúns representantes sindicais entraban nelas para contarlles aos empregados e empregadas a situación do convenio e repartir comunicados sobre o mesmo, mentres o resto da mobilización quedaba na rúa coreando as consignas.

Responsables da federación xa comunicaron que esta mobilización de hoxe sería unha máis das que se están a facer durante todo o ano pola prepotencia da patronal AEB na mesa negociadora, e que no vindeiro mes de decembro habería máis mobilizacións en distintas cidades galegas.


Vigo, 21 de novembro de 2003.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 22/11/2003