Actualidade CIG-Comunicación-
Entre estes publicacións e actos que teñen como finalidade lembrar un anaco importante da nosa historia nacional, na que o movemento obreiro e especialmente o sindicalismo tivo un papel sobresainte, están:
Para a realización destes actos e material a CIG conta coa colaboración económica de Deputación e concellos, e persoas que contribuíron con material para facer paneis, libros e polípticos.
As folgas do ano 1984 xurden pola oposición do conxunto da povoación galega á pretensión de desmantelar o sector naval. Agora ben, ademais deste motivo, sen dúbida incidiu tamén a mala situación económica e o aumento do desemprego. Foron durante ese ano tres os paros xerais: 14 de febreiro, 12 de xullo e 29 de novembro. O primeiro convocado exclusivamente pola INTG e os doutros dous pola INTG e CCOO. A folga xeral do 14 de febreiro de 1984 foi convocada exclusivamente polo sindicato nacionalista INTG, aproveitando a convocatoria unitaria de paros comarcais contra a “reconversión” en Ferrol e Vigo. As demais centrais sindicais pensaron que a extensión da folga pola INTG ía ser un fracaso e opuxéronse activamente. Trabucáronse, e o paro tivo unha gran incidencia en Ourense e varias vilas do País, e conseguiu folgas parciais no resto das cidades. Ou sexa: foi un éxito. Ademais demostraba que, contra o que argumentaban partidos e sindicatos estatais, a clase obreira galega tiña unha fonda conciencia de clase e nación, que non se movía só por problemas que lle atinxían directamente, é dicir por temas moi primarios e inmediatos. O atrevemento do sindicalismo nacionalista, ademais de dar pulo ao nacionalismo como forza, eliminar ideas erróneas e que infravaloraban ao noso povo e o seu nivel de conciencia política, permitiron que se convocara unitariamente entre a INTG e CCOO as outras dúas folgas xerais durante o ano, e ao éxito das mesmas. Non debemos esquecer a nosa historia, toda ela, porén especialmente a máis recente. Máxime cando de novo hoxe o sector naval galego pasa por graves problemas, xa que se está dislocando carga de traballo a outros estaleiros do Estado. O que compre facer para frear este novo desmantelamento tamén ten exemplos no pasado, aínda que cada momento histórico teña seus ritmos, contextos e correlación de forzas, que debemos ter en conta. A historia tamén é parte do presente, da nosa riqueza.
| |||||||||||
ÚLTIMA REVISIÓN: 14/02/2004 |