ActualidadeVolver a Actualidade


Vigo, 12 de marzo de 2004

A CIG celebra o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega
Máis de 500 persoas marchan en Compostela

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


Ás oito da tarde, a faixa de cabeceira baixo o lema “contra a precariedade, o desemprego e a represión, mobilicémonos” saía da Alameda de Compostela. Desde ese ponto da cidade centos de persoas lembraban a loita de Amador e Daniel, dous traballadores dos astaleiros de Bazán, asasinados pola ditadura franquista en 1972, dos despedidos, dos feridos e represaliados.

A manifestación percorreu nun ambiente combativo e coreáronse consignas como “Amador, Daniel, a loita continúa!” ou “contra a represión, mobilización”, “traballo digno na nosa terra”.

Esta mobilización rematou na Praza de Praterías, onde o secretario comarcal da CIG-Compostela, Anxo Noceda, deu lectura a un manifesto no que expresou a necesidade de continuarmos a traballar no sindicalismo nacionalista para conseguirmos unha Galiza ceibe e sen explotación.

 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 12/03/2004
cig.informatica