Actualidade Vigo, 11 de marzo de 2004
A CIG celebra o 10 de Marzo, Día da Clase Obreira Galega Mobilización de seiscentos delegados e delegadas en Vigo
| |  | | A CIG da comarca de Vigo fixo unha asembleia e posteriormente unha marcha ate a Inspección de Traballo co gallo do Día da Clase Obreira Galega. (Ver reportaxe gráfica). |  | | Ao remate da proxección do vídeo interveu Manuel Mera, secretario confederal de Formación Sindical e Migración da CIG, sobre “Globalización e precariedade”; a continuación Adao Mendes, coordinador dos Sindicatos de Braga CGTP-IN, analizou a situación laboral actual en Portugal e as propostas do seu sindicato; e finalmente Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG-Vigo, que fixo referencia á campaña da CIG contra o desemprego e a precariedade laboral, ás sentenzas inxustas de Lugo contra tres compañeiros, e á necesidade de mobilizarse para impedir que a dereita siga no Governo central, así como ás razóns para votar nacionalismo galego de esquerdas. (Ver reportaxe gráfica). | | | En todas as cidades do País a CIG convocou actos para conmemorar o 32 aniversario dos tráxicos acontecementos de Ferrol, nos que a clase obreira galega deu o mellor de si, e para loitar “Contra a precariedade, o desemprego e a represión”. En Vigo, Pontevedra, Lugo e A Coruña os actos realizáronse pola mañá, mentres que en Ferrol, Compostela e Ourense fixéronse polo serán.A CIG da comarca de Vigo fixo unha asembleia e posteriormente unha marcha ate a Inspección de Traballo co gallo do Día da Clase Obreira Galega. As dez da mañá proxectouse un vídeo sobre as folgas de 1972, en Ferrol e Vigo, e o posterior nacemento do sindicalismo nacionalista organizado. Ao remate da proxección do vídeo interveu Manuel Mera, secretario confederal de Formación Sindical e Migración da CIG, sobre “Globalización e precariedade”; a continuación Adao Mendes, coordinador dos Sindicatos de Braga CGTP-IN, analizou a situación laboral actual en Portugal e as propostas do seu sindicato; e finalmente Xerardo Abraldes, secretario comarcal da CIG-Vigo, que fixo referencia á campaña da CIG contra o desemprego e a precariedade laboral, ás sentenzas inxustas de Lugo contra tres compañeiros, e á necesidade de mobilizarse para impedir que a dereita siga no Governo central, así como ás razóns para votar nacionalismo galego de esquerdas. A partires das 12 horas os seiscentos delegados e delegadas presentes na asembleia percorreron varias rúas céntricas de Vigo en manifestación, concentrándose ao remate fronte á Inspección de Traballo onde se fixo entrega dun escrito, que reproducimos a continuación:
| |  | | Os seiscentos delegados e delegadas presentes na asembleia percorreron varias rúas céntricas de Vigo en manifestación, concentrándose ao remate fronte á Inspección de Traballo onde se fixo entrega dun escrito. (Ver reportaxe gráfica). |  | | | A asemblea de delegados e delegadas da CIG-Vigo, reunida hoxe, 10 de marzo de 2004, Día da Clase Obreira Galega, perante esa Inspección de Traballo, quere manifesta-lo seguinte:
- Esta asemblea considera que a precariedade laboral –paro, traballadores sen contrato, con “xornada parcial”, eventualidade, etc.– constitúe neste momento o máis grave problema que sofre a clase traballadora, tanto polas súas consecuencias (pobreza, exclusión, baixa natalidade, sinistralidade laboral, etc.), como polo número de persoas afectadas (máis do 50% da poboación activa).
- Entendemos que a Inspección de Traballo é o organismo oficial que máis competencias e maior responsabilidade ten na vixilancia, inspección, sanción e corrección destas situacións de precariedade.
- Fronte a iso, atopámonos cunha realidade ben distinta: a Inspección ten falta de medios; non actúa de forma eficaz pola súa lentitude, e nalgúns casos concretos por desidia, e mesmo ás veces polas malas prácticas, de todos e todas coñecidas, de determinadas persoas que, entendemos, polo momento non é necesario explicitar. Pero existe unha causa máis grave: desde o goberno do Partido Popular estanse dictando criterios de actuación da Inspección puramente economicistas, baseados na recadación pura e dura, esquecendo outros ámbitos de actuación importantísimos.
- Doutra banda estamos constatando que, cada vez en maior número, existen empresas, e inclusive sectores económicos enteiros, que semellan “intocables” para a Inspección de Traballo: sectores que incumpren frecuentemente a legalidade e que dificilmente son sancionados e obrigados a cumpri-la Lei.
- Non queremos esquece-lo noso recoñecemento ao labor que desde a Inspección están desenvolvendo determinadas persoas sque con altos criterios éticos e profesionais están levando a cabo un traballo serio e eficaz.
Por todo o dito, e cunha clara oferta de colaboración, a nosa máis enérxica e firme petición a esa Inspección para que este estado de cousas mude, para que se actúe con rapidez, eficacia e contundencia contra quen incumpre a Lei, e mais para que, facendo facultade de tódalas súas competencias, a Inspección de Traballo se convirta nunha poderosa arma na loita contra a precariedade: nese camiño contará coa axuda e o apoio da Confederación Intersindical Galega. Vigo, 10 de marzo de 2004, Día da Clase Obreira Galega. En nome da Asemblea, Xerardo Abraldes Fernández, secretario comarcal da CIG-Vigo.
|