|
Actualidade CIG-Comunicación-
O día 8, farase o reparto do díptico editado pola Secretaría da Muller sobre Precariedade e Negociación Colectiva, a partires das 11 da mañá polas rúas céntricas da cidade.
Os actos desenvolveranse o día 17, coa proxección dunha película con argumento relativo á precariedade, e posterior debate sobre a mesma, no local do sindicato.
Haberá unha concentración o propio día 8, ás 11 horas diante do Edificio da Xunta en San Caetano, na que se levará a cabo o reparto do díptico da Secretaría da Muller.
Celebrarase unha Mesa Redonda o día 11 de marzo ás 19:00 horas, no salón de actos do sindicato, na 8º planta. Debaterase sobre a Precariedade Laboral e o Acoso no traballo. Intervirán Cristina Gómez, avogada do sindicato, e María Teresa Díaz, inspectora de traballo.
Haberá unha Asemblea de delegadas e delegados o día 8 de marzo ás 10:00 horas no local do Sindicato en Vilagarcía e a continuación se celebrará unha concentración na Praza de Galiza.
Celebrarase unha Asemblea de delegadas o día
8 de marzo ás 11:30 horas no Salón de Actos do Sindicato en Vigo, para explicar a campaña
deste ano así como o Informe elaborado polo Gabinete Técnico da CIG, Posteriormente se dirixirán cara á zona peonal do Calvario, para levar a cabo o reparto dos dípticos e información ás traballadoras dos comercios e demais empresas desa zona, concentrándose diante do Mercado do Calvario. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 06/03/2004 |