|
Actualidade CIG-Comunicación-
Coa aplicación do convenio prevista polas Caixas de Aforros producirase en tódolos casos unha importante diminución no importe a percibir polo ascenso. Ante esta situación a CIG solicitou, como paso previo, que se reúna a Comisión Mixta Interpretativa que integran os asinantes do Convenio: ACARL en representación das empresas e CCOO, UGT e CSICA pola parte sindical. De xeito oficioso tense coñecemento de que a reunión terá lugar o vindeiro día 23 de novembro. Todo indica que as Caixas manterán a súa interpretación, xa que así o acordaron na ACARL. O resto dos sindicatos deberá tomar posición: • Se CCOO, UGT e CSICA apoian a interpretación máis beneficiosa para os traballadores/as, é dicir a que plantexa a CIG, non habería acordo na Comisión e polo tanto debería solicitarse unha arbitraxe. A arbitraxe consiste en procurar unha “persoa boa” que decida cal é a interpretación correcta. • Se pola contra, o resto das Centrais sindicais apoian a interpretación máis beneficiosa para as empresas, sería esta a que se aplicaría. Neste caso a CIG presentaría un Conflicto Colectivo na Audiencia Nacional. Sublíñase que aquí caben dúas interpretacións: unha máis beneficiosa para as empresas e outra máis beneficiosa para os traballadores/as. Cóntase con que o resto dos sindicatos de clase apoien ao persoal afectado; non podería ser doutro xeito. |
|||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/11/2004 |