|
Actualidade CIG-Comunicación-
O paro de seis horas (tres en cada quenda) do persoal non sanitario e técnicos superiores do Servizo Galego de Saúde tivo un seguimento maioritario no país, ao que acompañaron concentracións e mobilizacións nos distintos centros de saúde e fronte as delegacións provinciais do Sergas. A mobilización céntrase de novo na reivindicación dunha carreira profesional digna e xusta para todo o persoal, e que non sexa desproporcionada ás que xa se teñen negociado noutras categorías como a de médicos ou enfermeiras. Este colectivo, que agrupa a máis de 14.000 traballadores e traballadoras en toda Galiza, reclama que na negociación desta carreira se teña en conta a proporcionalidade e reciban un complemento retributivo xusto pola carreira profesional, os mesmos anos de percorrido profesional necesarios que sexan semellantes aos das outras categorías, que o persoal laboral e o funcionario non queden excluídas nesta carreira, e así como solucionar os conflitos que poda haber entre promoción interna e o mantemento da carreira profesional. O martes 24 está convocada, debido á forte presión realizada cos paros e mobilizacións, a Mesa Sectorial que tratará a negociación da carreira profesional para estes colectivos. De non haber avances e en función do que decidan as asembleas de traballadores e traballadoras da proposta que presente o Sergas, o 26 de abril está convocada unha nova folga xeral no Sergas. Na Comarca de Vigo de novo nesta xornada de folga tivo lugar unha manifestación desde o Hospital Xeral que saíu ás 13:00 horas e que rematou no interior da Delegación Provincial do Sergas, no que de novo se volveron ocupar as instalacións para demandar esta carreira xusta e para todos e todas. |
|||||||||||||||
Informacións relacionadas
|
|||||||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 21/04/2007 |
|||||||||||||||
|