ActualidadeVolver a Actualidade


Santiago, 19 de setembro de 2007

Acordo na negociación do Convenio de Limpeza de Hospitais
O persoal das contratas equiparan as súas condicións económicas ás do persoal subalterno do SERGAS

 

CIG-Comunicación-

cig.prensa@galizacig.com


  Limpeza hospitais, convenio xa!; clic para aumentar
Desde a CIG de Ourense valóranse moi positivamente as melloras acadadas e o propio acordo, que mantén a equiparación das condicións económicas iguais que as do persoal subalterno do SERGAS. (Foto: Concentración ás portas da oficina de Ferpesa, no centro de Ourense, o 27 de xuño de 2007. ©galizacig.com).
 
Tras dun longo período de mobilizacións e de innumerábeis xuntanzas chegouse a un acordo para asinar o Convenio que afecta a traballadoras/es das contratas de limpeza dos hospitais do SERGAS da provincia de Ourense, actualmente representadas por EUOLIMP e a UTE FERPESA-EXTRACO.

O acordo ten unha vixencia de 1 ano e inclúe un incremento salarial igual ao do persoal do SERGAS, dun 2% sobre o salario base, complemento de destino, complemento de produtividade e complemento específico. Ademais, os atrasos do Convenio serán abonados polas empresas no mes seguinte á súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

Desde a CIG de Ourense valóranse moi positivamente as melloras acadadas e o propio acordo, que mantén a equiparación das condicións económicas iguais que as do persoal subalterno do SERGAS.

O secretario comarcal da CIG de Ourense, Etelvino Blanco, salienta ademais que foi conseguido “grazas á unidade e capacidade de loita amosada polas traballadoras que, ademais das mobilizacións que levaron a cabo, estaban dispostas a secundar unha folga no sector para o vindeiro mes, que xa foi desconvocada, se non se producía o acordo”.

 
 
Informacións relacionadas
28/06/2007 Este martes e mércores en Ourense
Dúas xornadas de mobilizacións das traballadoras de limpeza do CHOU polo Convenio
22/06/2007 Folga indefinida a partir do 1 de outubro
A asemblea das traballadoras do servizo de limpezas hospitalarias do CHOU decide continuar as mobilizacións
20/06/2007 Catro concentracións diante do CHOU
As traballadoras de limpezas hospitalarias mobilízanse pola negociación do convenio
 
Volver a Actualidade

Volver ao princípio


Ir á páxina de inicio
Confederación Intersindical Galega
www.galizacig.com

ÚLTIMA REVISIÓN: 19/09/2007
cig.informatica


 

web-espello en www.galizacig.org
e
www.galizacig.net (mirrors)


Para estar ao día da actualidade sindical en Galiza, subscríbete á lista de correo da CIG e recibe puntual notificación das
novas informacións, artigos, documentos, publicacións, convenios colectivos... que ofrece a CIG na sua páxina web galizacig.com.

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/galizacig/alta