|
Actualidade CIG-Comunicación-
Os alumnos e alumnas da Escola de Artes e Oficios de Vigo aínda non contan con profesorado para atender a demanda de cursos e o numeroso alumnado. Este motivo, así como a demanda dunhas condicións de traballo dignas e que se teña en conta ao alumnado, foron as razóns que levaron a un bo numero destas alumnas e alumnos a concentrarse este mércores 17 de outubro diante do Marco de Vigo ás oito da tarde. Na rúa Príncipe, con unha amena e combativa concentración musical, explicaron a súa situación e reclamaron “que empecen as clases xa, e que estas aulas sexan impartidas por un profesorado que teña unhas condicións de traballo dignas, e reclamamos que se teña en conta o alumnado desta Escola de Artes e Oficios”. Así mesmo os alumnos e alumnas “facemos partícipe e responsábeis a este goberno municipal que non creou a situación laboral necesaria para o noso profesorado, o que provoca que a día de hoxe aínda non coñezamos a data de inicio das nosas clases”. Os alumnos e alumnas, ademais de tocar pezas de música tradicional galega, berraron consignas como “as clases xa, queremos empezar”, “non ten pase que non teñamos clase”, ou “concelleira mentireira”. |
||||||||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 18/10/2007 |
||||||||||
|