|
Actualidade CIG-Comunicación-
Raquel Pazos, secretaria comarcal de CIG Muller, interveu na presentación destas xornadas reclamando “a nosa porción de todo aquilo que aportamos á sociedade e ao mundo laboral”. Así, a secretaria de Muller sublimaba que “a igualdade en letras maiúsculas aínda é un soño herdado, un soño imposible, que grazas ao traballo das mulleres é xa un soño accesíbel”. Raquel Pazos animou a todas ás mulleres, e sobre todo ás máis mozas, a que traballen na loita e defensa dos seus dereitos “porque non é certo iso de que xa acadamos a igualdade”. Natividad López, economista do Gabinete Técnico da CIG, abordou nunha conferencia, a seguir da apertura das xornadas, as taxas de ocupación feminina e as transformacións no mundo do traballo, e como afectaron estas mudanzas á vida das mulleres. Natividad López explicou as características do emprego feminino na actualidade que é “emprego asalariado, contrato temporal, con discriminación salarial alta, con pouca presenza nos postos de responsabilidade, e moi presente na economía mergullada”. A economista da CIG expuxo os principais retos aos que se enfrontan as mulleres e as estruturas sindicais: “eliminar a discriminación desde o acceso ao emprego até ás estruturas de empresa, e conciliar a vida laboral, familiar e persoal”. |
||||
Informacións relacionadas
|
||||
|
ÚLTIMA REVISIÓN: 23/11/2007 |
||||
|